20071005

Pasos no paseo


Están comezando a facerse os pasos /barrerias no paseo marítimo. Polo momento, e mentras non rematen as obras, dous cortes laterais en cada un dos pasos poden despistar ós condutores. Os cortes son para acomodar as 'costas' de pedra que levan ó paso 'elevado'. Un obstáculo máis á circulación para permitir ós viandantes unha maior comodidade, aínda que apostaría que hai quen nono ve así.
Ribadeo non ten aínda os 10000 habitantes que saíron nos xornais hai pouco: unha rebaixa no censo do ano pasado (nada menos que 158 persoas) fai que haxa que esperar. A rebaixa foi a conta da anulación por parte do instituto nacional de estatística dunha serie de altas. O por que?, aventuro que quizais por dar de alta a xente que non tiña documentación ou que estaba dada de alta noutro sitio.
A foto, de Porcillán cunha perspectiva un pouco diferente da que se soe tomar.

Ningún comentario: