20071015

Coido que non puxen nunca, e, se o puxen, non ven mal repetilo:


Para comezar a semana, dúas citas na liña do blog, pero abondo anteriores a el (1921).
'Ya no va siendo negocio ser súbditos incondicionales de un estado que nos niega todo'. Frase atribuída a Joaquín Costa por Lois Peña Novo no seu libro 'La mancomunidad gallega'. Básicamente, trátase de exercer a cidadanía para facer efectivos os dereitos.
Collo outra da folla anterior, irónica, coa petición de substituír 'tierra' ou semellante por industria, comercio ou dereitos, a gusto do lector: ...'para proteger "por patriotismo" nuestra agricultura. ¿que el pueblo de vez en cuando crispa sus puños y deja oír su ronca protesta? El pueblo es un sinn fein, no tiene patria, porque no tiene tierra; no tiene patria más que para morir por ella; pero para gozarla estamos nostros, porque somos sus dueños; después de todo, ¿no viven ellos a nuestra costa?; después de todo... ¡nosotros debemos mandar y ellos deben obedecer!'
Que eu saiba, Lois Peña non era comunista, anarquista ou así... era máis ben rexionalista galeguista.
A foto, o venres a ría de Ribadeo en marea baixa, dende o observatorio das aves preto de Reme.

1 comentario:

Anónimo dixo...

http://www.turismovilalba.com/index.php?idMenu=8&idIdioma=2&idMenuPadre=8&int1=2

Non sei si funcinará pero e un enlace sobre Lois Pena "nacionalista en Galicia, resultando elixido no Concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920.

Lois Peña Novo foi, con varios libros e centos de artigos, un dos principais estudosos da realidade socioeconómica galega do primeiro terzo do pasado século, e servidor da II República tantos en cargos que exerceu (Gobernador Civil de Sevilla, Valencia, Cáceres e Gobernador Xeral de Estremadura) como na súa defensa na caída da mesma ante a sublevación militar de 18 de xullo de 1936."

Discriminados