20071230
Do concerto de onte
Un par de correccións de última hora: 'Concerto di Natale' non se tocou. O acordeón non foi tocado por Dolores Fernández, senón por Alejandro Martínez.
52 músicos (incluído director e reforzos) deleitaron a noite, incluído un bis do Lyric Waltz.
Por certo, por que algunhas cousas son novas só antes de sucederen e outras só despois? Foi algo que plantexei escribindo esta entrada, a conto de que non creo que o próximo día que sallan as 'Mariña' a prensa saia nada desto, un concerto que congregou a unha cantidade de xente que pouco lle faltou para encher o aforo do 'Hernán Naval', e que polo tanto, congregou a máis xente que calquera outro acto esta semana.
Lembro que para ver ampliadas as imaxes hai que premer sobre elas...
20071229
En que se gastan os nosos cartos?
Ó final, con esta, xa van tres entradas no blog a cargo de hoxe. Para compensar, esta non irá moi longa.
Trátase de dúas cousas que vin en poucos minutos. Chegou unha carta urxente (hoxe, sábado 29 de decembro) da Xunta para o Club de Xadrez. O primeiro, non sabendo que er cousa do club, asusteime e extraneime: quen envía hoxe cartas urxentes?. O sobre, de papel satinado traslúcido, estaba moi ben pegado... e traía o que se ve á beira (se alguén se aclara, que mo explique; polo momento, non fun á web para enterarme)
A outra, unha nova de "La Comarca" de hoxe (que por certo, segue sen publicar a miña carta) co título 'El Concello regula las subvenciones para actividades sin ánimo de lucro, dando a noticia sen dicir que está atrasada, xa que o prazo de presentación xa pasou (ver 'cinco días'). En fin, alomenos neste caso supónse que as actividades xa se realizaron, e aínda que o prazo di moito sobre a convocatoria en canto a posibilidades de distribución, é de supoñer que os cartos sexan ben empregados.
Hoxe toca concerto
Só unha pequena apostilla: ando fastidiado de saúde e outra vez a plaga da concorrencia de pubs, autoridades e xente fixeron que a noite fóra chunga. Teño algunha entrada máis preparada, pero polo momento, aí queda.
Pleno para un día dos inocentes
28 de decembro, 10 da mañá. Coa falta de Begoña (PP) comezaba un pleno que podía resultar un pouco raro.
O pleno, extraordinario, comezou coa aprobación da cobranza de recibos pola Deputación. Dende tempos do PP véñense cobrando algúns recibos do concello ós veciños por parte da Deputación. Comisión, 6%. Votado en tempos de maioría abasoluta do PP. Hoxe, o BNG (e os outros grupos apoiáronno), prorrogou o sistema, engadíndolle outros impostos máis ó sistema, e tendo que pagar un 4% en troques dun 6%; ademáis, haberá un adianto de cartos para dispoñer de liquidez o primeiro mes do ano. A remarcar só que o PP lembrou que aogra haí máis persoal que antes (cousa que o BNG negou) e o BNG en tempos votara en contra. Chamoume a atención que o BNG se chamara a que houbera pouco tempo para esta decisión: 15 días. Coido que houbo anos para pensalo, pero...
No medio desta discusión alcei por un ratiño un cartel de protesta, ata que o alcalde o viu de xeito patente. É o que está fotografado nas escaleiras da casa do concello. Xa falei con alguén máis sobre o tema: non é algo de inocentes.
O seguinte punto, unha subvención para a redacción do PXOM, a pesares de que crin entender que implicaba unha reducción do orzamento pensado, pasou sen oposción.
Veu despois a elección de representantes do concello na Mancomunidade, que quedaron en mans do BNG (Fernando e suplente, Vicente)e do PP (José Carlos e suplente José Luis). O PSOE comezou a andanada de acusacións de connivencia PP-BNG para deixar sen representatividade ó resto, usándose no discurso termos como 'ostracismo' e 'cachondeo' (por sorte, a exaltación non chega a anteriores cotas). Este partido, (PSOE), tiña pensado facer unha proposta diferente á emanada da comisión informativa, pero non a fixo.
Despois, os representantes no CCA. Resultaron 2 do BNG e Begoña (PP), coa oposición de PSOE e UPRI, que consideraron que houbera unha informalidade porque na xunta de portavoces decidírase outra cousa, e logo fora convocado Paco (quen estaría indicado pola xunta) para unha xuntanza que non se deu celebrado, etc. o caso é que a xunta de portavoces non é un órgano de aprobación, snón de deliberación, e o resultado quedou así. Por certo, ó que parece levaba 2,5 anos sen haber ningunha xuntanza das correspondenteds ó CCA, o que non deixa de ser raro.
A adxudicación do depósito de residuos e os contedores amarelos, xa tratado (ver a serie 'pleno ó 13', por exemplo na ligazón final sobre o pleno en Ribadeo, Ribadeando ou o mes de novembro, pois son 5 entradas, e o post sobre a enmenda de UPRI en Ribadeo historia, a falta de conseguir máis documentación por parte do concello). Falouse de dose de mala fe, de espectáculo lamentable, e de que o punto se retirara o pleno anterior só por defectos de forma, non de fondo. En fin, ó pouco de comezar marchei, pero polo que parece, a resolución vai a consultas a Santiago nun tema no que os intereses abranguen moitas ramificacións,polo que se deixa entrever. Polo que me dixeron, houbo unha loita Balbino vs. Horacio co alcalde atemperando, e, se non responde unha nova entidade consultiva creada en Santiago antes de 1 mes, quedaría a concesión a Urbaser, pero dixéronme que sen necesidade nese caso de apsar polo pleno, o que non vexo claro.
Quedaban dous puntos máis, que parece que non tiveron dificultade.
... e ese foi o pleno do (día dos) inocentes, que tivo pouco de inocente.
20071228
Poñer unha entrada o día 28 de decembro
20071227
Prova d'orchestra, unha terceira de hoxe lembrando a Hernán Naval
Fonte: La Comarca del Eo (semanario ribadense)
Título:PROVA D´ORCHESTRA
Autor: HERNAN NAVAL
Descrición: (Refereida por Fuji) ARTIGO, toma o titulo dunha pelicula de Fellini e prantexa os delicados equilibrios entre democracia e liberdade que se dan nunha agrupacion profesional
Comentarios: Artigo o fío dunha actuación da Sinfónica de Galicia en Ribadeo no ciclo de Inverno, a sinfonica de Galicia, de recente creacion, compartiu ano de creacion coa banda municipal de Ribadeo. Igual nunha que noutra desataronse polemicas coa sua creacion cada unha o seu nivel.
“Prova d´orchestra”
“Para Sabas Calvillo, quen logo do concerto, frente a unhas cervexas, convenceume doutro fraseo para “Negra Sombra”
Até hai pouco, como en Galiza non había unha soa Sinfónica, como aos sucesivos ocupantes de Raxoi non lles caía a cara de vergoña porque nen trazas de que a fora haber houber, como a Xoven Orquestra era moi xoven e intermitente, algúns andabamos coa teima pretenciosa: as Bandas han de ocupar o lugar das Orquestras. Iso é, nen Sinfónicas eran as Bandas existentes (agás, a médias, a da Coruña) e aquí dispostos a atacar a Titán de Mahler frente a trinta educandos. Enton, un día, o faraón herculino anunciou con europeica fachenda que á cidade do Obelisco virian quedaranse, para tocar…, músicos dos tres pontos cardinais, ou sexa, do Leste e do Oeste. E viñeron. Axiña se extendeu un lado patrioteiro: ¡”Só nove españois, e nen un só galego”!. Houbera audicions de captación en Londres, en Moscova, na Julliard de Nova Iorque, dixeron. No entanto, os músicos daquí intentábamos un dolce no trío de Ponteareas.
Ouvimos á Orquestra Sinfónica da Galiza aquí, en Ribadeo, que para algo é un Concello do Bloque e algúns sabemos de ópera, de estratexia militar e, seguramente, de extinción de chamas de papel… Mozart, Dvorak e unha Negra Sombra sen excesos fraseísticos. O grupo é formidabel. Ficaron en volver. E tocarán outravolta en Ribadeo o 11 de decembro, con Cristobal Halffter, como director convidado, á batuta.
Os xornais deron conta de que na Orquestra Sinfónica de Galiza comezaran as hostilidades, permítasenos o eufemismo bélico aprendido en televisión cando a Guerra do Golfo. O cosmopolistismo, o tecido internacional do grupo humano (músicos rusos, ianquis, sulamericanos, centroeuropeos…) non nos fixeron nunca pensar que no seo da orquestra se pudese viver a guerra fría. Extremo a confirmar, of course, e en todo caso se se acredita no suposto que contiña unha das primeiras informacións dun diario galego sobre a crise sinfónica: estariáse a producir un enfrontamento entre ós músicos norteamericanos e os do grupo de antigos países comunistas. E nós “da capo” Lug-Ferrol, pero a carón da Orquestra Sinfónica, do grupo de gospel The Fairfield Four, do dueto Airapetiante e do Coro “Airiños de Ribadeo”, nese Ciclo de Inverno parido por Balbino nun acto de nepotismo concertante sen precedentes.
Unha das máis fermosas películas de Federico Fellini. Prova d´orchestra (Ensaio de orquestra) , tal vez conteña, na súa filosfía, algún elemento de interpretación do que pudo ocorrer na orquestra. Fellini sorprendiase a si proprio tratando coa cámara unha cuestión difícil: cómo unha orquestra de formación tan heteroxénea, con xentes sempre a piques da contenda persoal, lograba tal harmonía final? Prova d´orchestra é, segundo J. M. Latorre, “unha metáfora sobre os traballadores da música, sobre a delimitación de competencias no feito e no terreo da criación artistica e sobre a música mesma”, e lembra o crítico o tema bufo de Nino Rota, o autor da banda sonora, empregado para unha secuencia na que se desata a histeria dun profesor de orquestra…., aínda que é máis común que sexan os directores quen ceiben a neura.
¿Crise na Sinfónica? Ao fondo albiscaríase unha controversia natural sobre as limitacións democráticas nun colectivo musical e, se se empeñan, sobre as relacións Leste-Oeste… Imposible xa outra crise dos misis, veña a crise dos atrís. E os autóctonos tamén valemos para o círio. A Banda de Vigo esta en fase terminal desde que o alcalde Soto quixera facer dela unha Orquestra de Cámara (era humilde de máis e así e todo, porque o que había que facela era Sinfónica). Algo debe ocorrer na de Compostela se no periódico saen cartas que falan de presuntas irregularidades e posteriores desmentidos do mestre Santos Bartolomé. O conflicto da de Lugo tivo estalido sindical polo San Froilán, cando os músicos apontados á CXTG non quixeron que a Sabeliña de Freire e de Trapero chorase ao escoitalos. Mentras estas notas tecleamos en limpo soan n aparato unhas pezas para clavecin de F. Couperin que se titulan As barricadas misteriosas… En Ribadeo, nada. Nada de contemplacións, quero dicer. Con permiso correlixionairo, ensaiamos Suspiros de España.
-Dire, a ver cando cobramos a última saída. E a ver se facemos un descanso de dez minutos. E ademáis, paréceme que os “tresillos” éstes de Suspiros… non son así.
- Ti toca e cala, ou encerrate no water co instrumento a “facer labio” a base de “notas tenidas”.
HERNÁN NAVAL
Dúas convocatorias en Ribadeo (para hoxe e mañá)
Esquecíanseme.
A de hoxe, de Amadores da música, á beira.
A de mañá, pleno ás 10, no que se tratará, entre outras cousas, do outorgamento do punto limpo, que xerou tanta polémica e suspensión do punto correspondente da orde do día o pleno pasado.
A favor da cultura
E a eso ven a segunda referencia. atópome nun xornal do domingo un manifesto de publicidade 'A favor da cultura': unha folla chea de nomes, que remata con un 'e millerios de autores, artistas, intérpretes, produtores e demáis traballadores da cultura.' A propaganda non é a favor da cultura, senón apoiando ós que tres días antes (só 3 días para organizar a tanta xente, da que aparecen só 'uns cantos' nomes?) votaro a favor do canon. é dicir. Algo así como agora xa temos os cartos porque somos bós e nolos merecemos. Coa nota de que os cartos son nosos que irán parar ós seus petos sen que teñan que facer nada para conseguilos máis que estár rexistrados nunha sociedade de autores (que obviamente foi quen pagou a propaganda) a conta de ter rexistrado algo cultural e telo sabido vender. Que a nós non nos interese para nada porque é hip-hop e nos gusta a música clásica, ou viceversa, ou non nos gusta ningunha ninguha das dúas, ou sinxelamente queremos o usb para levar traballo a casa non significa nada: tanto o autor do hip-hop correspondente como o que o ú nico que fixo foi poñer o silencio ese que non nos gusta na partitura de Mozart cobrarán.
Hai, dentro das entidades que según se di na folla citada 'apoian a cultura', unha que me chamou a atención: "Amiguetes entertainment, S.L.". Chamouma porque parece unha especie de paradigma do tema: o canon irá a unha serie de amiguetes que entreñen porque non hai outra cousa, non teñen competencia, ó tempo que por ser eso, amiguetes, non deixan entrar non negocio a outros que poideran desbancalos (sexan autores, discográficas, editoriais, ...).
20071225
O vídeo sobre D. Gregorio Sanz
Aquí van os primeiros minutos (son 6 partes)
Cargarei máis cando arranxe o problema do son...
20071224
Esquecíaseme: agasallo de Nadal
Bo Nadal
20071222
Agora si, xa estamos no Nadal
Por se alguén o dubidaba, á beira, a mostra das celebracións... comerciais, de ocio/culturais... de novo un cambio que é observable nunha soa xeración. Mentras, na prensa, falan da 'milla de ouro' de Ribadeo, a zona na que están asentados os comercios e se pagan altos alquileres de baixos comeriais cando por outra beira se di que hai crise económica.
20071221
Mapa mundi para facer pensar
Collido da revista de Unicef, feito por SASI Group, da Un. de sheffield, e Mark Newman, da Un. de Michigan, dou publicidade a este mapa un pouco estrano a primeira vista, pero que se comprende de xeito moi doado:o tamaño dos países ven dado pola cantidade da súa mortalidade infantil. Se Asia está a rebosar, África estáo moito máis, fronte ás agora escuchimizadas Europa e América (incluída a do sur, pero non a central).
Hai moitos máis mapas referidos a outros moitos criterios na súa web, pero este é chamativo polo seu significado nun Nadal: morte de nenos.
S.D. Ribadeo no día máis curto do ano
Mañá, 22, é o día máis curto en luz do ano. Ás 6 e pouco da mañá é o solsticio, o que fai pasar esa curtedade ó 22 este ano (cando máis normal é que sexa o 21). E é o día elixido para presentar unha das páxinas que en pouco tempo será das máis visitadas de Ribadeo, http://www.sdribadeo.es que xa está aberta agora mesmo.
Polo demáis, comezan a chegar felicitacións de nadal. As comerciais, por correo ordinario. As de amigos e coñecidos, por correo electrónico de xeito moi maioritario. Estase a completar unha variación nos xeitos de felicitación, pos cada quen fai a súa máis ou menos á súa medida, e non comezan a chegar con tanta antelación como o fan as luces do Nadal, senón que neste caso, ó ser unha chegada inmediata, achégase moito máis a felicitación ó día da celebración, o Nadal (ó contrario que no caso das luces). É algo sociolóxico que se complementa cunha certa competición entre os 'deseños' postais (en troques de elixir a serie de postais máis caras, por exemplo).
Pensei facer unha felicitación co Cantón como fondo, pero mellor, visto en detalle, non.
20071220
Cinco días
Como segunda de hoxe (ver a primeira), un tema que remato de ver na prensa.
Ata o 27 (pode que polo tema dos Santos Inocentes, para que non se confunda) teñen as asociacións sen ánimo de lucro para pedir subvencións ...polas actividades xa realizadas. O convocante, o concello de Ribadeo.
É unha tendencia que non comprendo, pero que non aplica só o concello de Ribadeo. Primeiro hai que realizar as actividades 'a cegas' e logo, de presa e correndo, se te enteras, pedir a subvención. Eso implica ter cartos de xeito previo e tempo para facer os trámites cando se te presentan, entre outras cousas, co que coido que ó final os cartos que sexan non se reparten entre os máis necesitados senón entre os máis preparados para recibilos, cousa ben diferente.
Sobre as fotos xa falei. Unha da nova barreira no xardín para protexer que a xente non pase nunha zona próxima á Virxe do Camiño, o que ameazaba ó xardín alí. A outra, o calexón da antiga vía do ferrocarril recén liberado, tan recén que coido que a xente non o sabe aínda e non se atreve aínda a pasar por alí (cara ó fondo aínda ten algo na beira); é dicir, por fin, a recuperación dun espazo público como agasallo de Nadal ó pobo de Ribadeo.
Carta ó alcalde
"
Estimado sr. alcalde de Ribadeo:
Aclarar primeiro que o anterior non é un formulismo, senón que realmente estímoo.
Paso a dicir que o pasado fin de semana, como habitualmente, perdín por culpa da música das locais de copas contiguos unhas 10 horas de noite. Se bota vostede as contas proporcionalmente para unha persoa de algo máis de 70 anos, a esperanza de vida por estas terras, saen uns cinco anos de vida. Nada desprezable. Menos aínda se se ten en conta os efectos secundarios, tanto fisiológicos como psicolóxicos, e que un ten familia. É certo, como atenuante do anterior, que 'só' veño denunciando a partir do ano 1993.
Tampouco é desprezable para considerar o que vde dispoña de documentación, denuncias e probas suficientes para retirar a licenza ao local que por si só mantívome esperto de venres a sábado e non o faga. Iso, sen importar que nesa documentación non estean só cuestións de ruídos, senón de seguridade, pois carece de saída de emerxencia, por poñer un exemplo doutras irregularidades.
Tampouco o é, respecto doutro local, que siga mantendo a licenza de taboado flamenco por cuestións de permisividad horaria cando nunca se realizou alí un acto dese estilo nos seus xa abondos anos de funcionamento.
Podería seguir con múltiples temas relacionados, pero vostede xa debese coñecelos. Só engado que, como comprenderá, non estou disposto a regalar anos de vida, a miña saúde e ademáis sufrir acoso moral así como así. Eu tamén teño copia de boa parte desa documentación, e seguirei loitando por min e polos meus. Tamén sei que non somos os únicos que estamos sufrindo, e coa razón por diante non lle caiba dúbida de que gañaremos a tranquilidade que merecemos; imos camiño de iso tras gañar dous casos xudicialmente. Coñézoo algo e espero que siga o camiño xusto, pero despois de máis de medio ano como alcalde, cabe a dúbida de se vde eligirá a prevaricación ou a xustiza. Iso é cousa súa: confío en vostede.
Atte.
"
20071219
De novo
De novo aparece unha noticia sobre o porto deportivo. Esta volta, ampliación da concesión (do terreo concedido por portos) para a construcción dun surtidor para os barcos. Ben... estará exposto en Ribadeo o proxecto? parece que vai estar durante 30 días exposto, pero non aquí. Ou equivócome? Como en Ribadeo non se protesta, coido que non. Mentras, as novas da rúa de hoxe pasan pola recollida de lotería e cousas polo estilo. Quen se lembra xa da falta de gas por conducción de hai dúas noites? A resposta da compañía, ó día seguinte: 'non hai queixas oficiais'. Dun día para outro, a xente que temos que traballar, non soemos facer as queixas tan rápido 'de xeito oficial'...
As fotos, moi obscuras, de primeira hora do día, do calexón despexado no xardín e da ampliación do polo deportivo vello, xa rematada na práctica por fora.
20071218
Avistada a Navarret
Disfrutemos mentras podamos. Onte á tarde collín a volta da Navarret na Illa Pancha, xusto antes de entrar na ría. Ningún barco máis no horizonte próximo, encadrada entre a Pancha e a península, seguida de gaivotas, primeiro ocorréuseme que traía boa pesca, e logo a imaxe propia da volta en solitario, exceptuadas as delatoras aves. Idílico mentras a crise da pesca non fai máis que subir e agora mesmo hai unha disputa coa UE a conto das cotas a recoller de diversas pesquerías.
E a nova é que non hai novas. Levamos unha tempada suave onde parece que vivimos no mellor dos mundos (esa é unha sinal: que non hai novas), e hai que recoñecer que non é nada malo en comparación con outros, pero tamén que se pode mellorar moito, ou que se nos despistamos, esto pode empeorar de xeito rápido. E diso dan conta as pequenas novas que se apunta a prensa: unha nova comunicación da Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo sobre o nome, rexeitando imposicións que queren cambialo por intereses políticos do Principado e outra sobre que debido ó frío hai que botar sal nas estradas. Frío que por certo xa minguou, pois agora mesmo, 8 da mañá, o termómetro exterior marca 8ºC, uns cantos máis que antonte.
As fotos, de obras, xa teñen varios días e pertencen á r/ Ramón González e ó Paseo do Parque. Mañá poñerei (espero) da foto do calexón que leva varios anos pechado por unha obra, por fin aberto.
20071217
Fridom Spik
A obra de Jaureguízar tivo onte representación teatral en Ribadeo, no Hernán Naval, a cargo de xente da terra. Sen ler antes o libro, nada máis que por referenciads, podo dicir que a representación foi abondo semellante, mimética, do mesmo: tres ducías de narracións curtas das que algunhas, alomenos para min, resultaron crípticas, pero non exentas de interese no seu conxunto. A posta en escea, chamativa, parecía máis ben un xeito de escapar do monólogo tedioso tentando crear outras espectativas. Coido que en conxunto a obra resultou do agrado do público, aínda a pesares do adxectivo 'bravú' como equivalente a incomprendido.
Voltando á vida fóra do teatro, coido que hai unha avaría do gas cidade en Ribadeo dende onte á noite...
E a outra imaxe, que chamei fridom spik003, vina onte na prensa e non me contiven de poñela por se alguén quere mercar o 'Libro da felicidade' de www.moleiro.com. A relación? fridom spik, o choque entre dous xeitos de vida que non se comprenden entre si nin con cartos polo medio aínda que non se podan ignorar. E Ribadeo? Ó fondo...
20071215
Gregorio Sanz
Onte, da man de Chemi Lombardero, foi presentada unha visión de Gregorio Sanz, D. Gregorio. Unha persoa humana (se cabe a redundancia) da que Ribadeo se beneficiou boa parte da súa vida. A conferencia forma parte das conmemoracións polos dez anos do seu pasamento que organiza o Colexio Público que leva o seu nome. O resto de actividades son máis ben interiores ó centro escolar, que colleu o nome aínda en vida do mestre. O salón de actos da Casa do Mar estivo cheo. Moitos mestres e xente que recoñece a súa labor, pero aínda así, sorprendeume a baixa asistencia de mestres e profesores doutros centros de Ribadeo.
A parte da información, a charla de Chemi resultou amena e ilustrativa, como pretendía, para amosar o entorno no que viviu e como o comprendía. Coido que sería unha boa idea a realización dunha obra sobre el. Non tería por que ser un libro 'enteiro', podendo cinguirse a un folleto ou unha serie de artigos, pero a experiencia da conferencia debera ser recollida.
Amósanse un momento da conferencia (á espera de colgar na rede un vídeo de baixa de calidade que tomei) con Chemi e o Director do centro, e o separador de follas que se repartiu.
20071214
Radares
Non sei por que, pero parece que se chama así a unha iniciativa á que se va acoller os centros de medias de Ribadeo: un par de rapaces ou rapazas de medias van actuar de radares de detección de problemática de conflictos. Coido que algo parello está actuando de xeito piloto dende hai varios anos en centros doutras comunidades. Aquí haberá unha beca para cada un/unha de 50€/mes e tanto a como mediación (como neses outros sitios) terán a función de detección. Polo momento, os centros de Ribadeo non son conflictivos en xeral, e estes mediadores poden contribuír a que non o sexan no futuro.
A falta de máis saber, a diferencia principal que noto con outros programas que xa llevan tempo e resultados é o cobro por parte dos alumnos. A segunda, o nacer do propio centro e non ser acollido a ningún programa dun ente. Outra, derivada da primeira con abonda probabilidade, o ter limitado o número de mediadores a 2. Son diferencias importantes, que poden incidir de xeito radical no resultado. Poden, pero tamén nos centros poden tomarse medidas para tentar contrarestar esas diferencias aproveitando que a conflictividade polo momento é pequena e aínda non se comezou o programa. Despois pode ser moito, moito, máis dificultoso.
A foto, das 'casas de profesores', que hi algúns días apareceron co terreo valado de novo, separándoas do IES, e limpado, co montón que se ve. Parece que a cousa de facer algo con ese edificio comeza a tomar corpo, pero o monón de terra que se ve xa leva aí parado uns cantos días.
20071213
Mestre
Supoño que a maioría da xente que le de xeito continuado o blog terá pasado pola biografía de D. Gregorio Sanz, mestre en Ribadeo. Agora, mañá venres 14 de decembro, terá oportunidade de asistira a unha visión algo máis extensa, unha charla titulada 'Gregorio Sanz e a súa época', impartida por Chemi Lombardero, mestre no colexio Gregorio Sanz, no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 8 da tarde.
Eran outros tempos cando comezou Don Gregorio na Granxa Escola Pedro Murias. Daquela, con moita máis escasez e teóricamente incultura (o da definición de cultura sempre se me escapou do diccionario), os emigrantes valoraban a educación e facían por ela, de xeito que os rapaces vían que quen triunfaba na vida a valoraba. Algo que quedou truncado pola guerra, que trouxo outros valores e destruiu aqueles: non só representou un asoballamento e dictadura/perda de liberdade, foi algo máis.
Unha escola que funcionaba naquela época era a de Obe, doazón de D. José López Rego e restaurada de xeito recente como se pode ver á beira.
20071212
Pola lectura... 3ª de hoxe
POR LA LECTURA
Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso los sábados por la mañana aunque no tenía clases porque allí, en un despachito que le habían cedido, atendía su biblioteca circulante. Era suya porque la había creado él solo, con libros donados por amigos, instituciones y padres de alumnos. Sus ‘clientes’ éramos jóvenes y adultos, hombres y mujeres a quienes sólo cobraba cincuenta céntimos al mes por prestar a cada cual un libro a la semana. Allí descubrí a Dickens y a Baroja, leí a Salgari y a Karl May.
Muchos años después hice una visita a un bibliotequita de un pueblo madrileño. No parecía haber sido muy frecuentada, pero se había hecho cargo recientemente una joven titulada quien había ideado crear un rincón exclusivo para los niños con un trozo de moqueta para sentarlos. Al principio las madres acogieron la idea con simpatía porque les servía de guardería. Tras recoger a sus hijos en el colegio los dejaban allí un rato mientras terminaban de hacer sus compras, pero cuando regresaban a por ellos, no era raro que los niños, intrigados por el final, pidieran quedarse un ratito más hasta terminar el cuento que estaban leyendo. Durante la espera, las madres curioseaban, cogían algún libro, lo hojeaban y a veces también ellas quedaban prendadas.Tiempo después me enteré de que la experiencia había dado sus frutos: algunas lectoras eran mujeres que nunca habían leído antes de que una simple moqueta en manos de una joven bibliotecaria les descubriera otros mundos.
Y aún más años después descubrí otro prodigio en un gran hospital de Valencia. La biblioteca de atención al paciente, con la que mitigan las largas esperas y angustias tanto de familiares como de los propios enfermos, fue creada por iniciativa y voluntarismo de una empleada. Con un carrito del supermercado cargado de libros donados, paseándose por las distintas plantas, con largas peregrinaciones y luchas con la administración intentando convencer a burócratas y médicos no siempre abiertos a otras consideraciones, de que el conocimiento y el placer que proporciona la lectura puede contribuir a la curación, al cabo de los años ha logrado dotar al hospital y sus usuarios de una biblioteca con un servicio de préstamos y unas actividades que le han valido, además del prestigio y admiración de cuantos hemos pasado por ahí, un premio del gremio de libreros en reconocimiento a su labor en favor del libro.
Evoco ahora estos tres de entre los muchos ejemplos de tesón bibliotecario, al enterarme de que resurge la amenaza del préstamo de pago. Se pretende obligar a las bibliotecas a pagar 20 céntimos por cada libro prestado en concepto de canon para resarcir -eso dicen- a los autores del desgaste del préstamo.
Me quedo confuso y no entiendo nada. En la vida corriente el que paga una suma es porque:
a) obtiene algo a cambio.
b) es objeto de una sanción.
Y yo me pregunto: ¿qué obtiene una biblioteca pública, una vez pagada la adquisición del libro para prestarlo? ¿O es que debe ser multada por cumplir con su misión, que es precisamente ésa, la de prestar libros y fomentar la lectura?
Por otro lado, ¿qué se les desgasta a los autores en la operación?.¿Acaso dejaron de cobrar por el libro?. ¿Se les leerá menos por ser lecturas prestadas?.¿Venderán menos o les servirá de publicidad el préstamo como cuando una fábrica regala muestras de sus productos?. Pero, sobre todo: ¿Se quiere fomentar la lectura?, ¿Europa prefiere autores más ricos pero menos leídos?.
No entiendo a esa Europa mercantil. Personalmente prefiero que me lean y soy yo quien se siente deudor con la labor bibliotecaria en la difusión de mi obra.
Sépanlo quienes, sin preguntarme, pretenden defender mis intereses de autor cargándose a las bibliotecas. He firmado en contra de esa medida en diferentes ocasiones y me uno nuevamente a la campaña.
¡NO AL PRÉSTAMO DE PAGO EN BIBLIOTECAS!
José Luis Sampedro, escritor y filósofo.
Si estas de acuerdo, pásalo.
Finlandia
Na xeración pasada, Finlandia tiña para os peninsulares unhas características de descoñecemento ás veces bordadas por tópicos como o país do Papá Noel, a sauna, grandes bosques, frío ... poucas eran as persoas que, ademais, sumaban os lagos ós bosques, a guerra coa Unión Soviética e posterior fronteira a modo de Finisterre na guerra fría e cousas polo estilo.
Nesta xeración xa soa máis o finlandés, de man de Nokia e as papeleiras, ó que se engade a sustentabilidade dos bosques, o alto nivel de vida e, relacionado, os primeiros postos na economía do coñecemento. Agora tamén se engade PISA. E pasa o país da realidade a moderno mito de terra onde atan os cans con longanizas. Todo, ó tempo no que cada vez se din cousas máis dispares sobre educación.
Rematan de sinalarme un artigo de Vicente Verdú sobre o tema PISA e a contestación (ó meu ver, moito máis atinada) de Antonio Muñoz Molina, que coido só ten un defecto: a súa cortedade, pode que debido a querer acentuar a contundencia ou por crer que non merece máis atención. Pero Finlandia si merece máis atención. Non para quedar mirando o seu sistema educativo, a súa cultura e o seu lugar punteiro en educación e en economía 'do coñecemento'.
Fálase de que en Finlandia, país campión das tres edicións do 'Informe PISA', que ademais incrementa a súa puntuación, dedícanse máis cartos á educación que aquí, que hai máis igualdade (a pesares de que aquí está demostrado que somos dos máis igualitarios), que a educación ten máis consideración que na nosa terra (e tamén os educadores teñen máis consideración). Tamén se fala de que non deixa de ser unha estatística, e polo tanto cunha marxe de erro, que os resultados non parecen depender das leis, e polo tanto de cousas como a centralización/descentralización de programas, que hai pouca variación entre os resultados das diferentes edicións (lóxico se pensamos que a formación dunha persoa non é cousa dun día, co que é previsible que os próximos resultados correspondentes a España non sexan moi diferentes dos actuais)...
Todo eso, e moitas cousas máis, parece ser certo, semellan ser 'verdades como puños'. E non digo que non o sexan, pero pararíame en algo diferente. Ó PISA dáselle moita importancia como xerador de opinións e logo de polémica, de movemento. E está ben que se teña movemento sobre educación, porque fai falta centrar o debate, pero tamén opino que boa parte desa importancia ven dada por transferencia: non se lle da directamente á educación, procúrase un chivo expiatorio e fálase. É abondo probable que os finlandeses en xeral esbocen un sorriso en pensen en seguir traballando para mellorar a educación en troques de comentar e discutir sobre a súa boa posición nos resultados do informe.
A educación é o resultado dun proceso incremental no que o que conta é o individuo. Si ou non? Se é así, a estrutura pode axudar, pero o que conta é a dedicación de todos e cada un. Se non é así, sigamos a comentar PISA e non ó día a día educativo.
A confedereación, en prealerta
A hidrográfica do norte, pola seca. E é que a pesares de que na Mariña si o está a facer (algo), non chove e hai seca. O bonsai atlántico, a parte de sere enanizado, agora non ten auga, e a que ten está sendo contaminada de xeito sistemático dende hai anos sen moita solución polo momento: non é a primeira vez que digo no blog algo que sabe todo o mundo (tense dito máis dunha vez por exemplo nas xornadas de medio ambiente de Ribadeo),pero que se prefire ignorar, que os puríns mal tratados estánse a filtrar e emponzoñar a terra e a auga que se filtra a traverso dela. Leva o seu tempo, pero despois queda contaminado para moito tempo máis.
As fotos, detalles diversos da 'casa do Cubano', empregada no parque como pantalla de proxección de vídeos, e nun estado de conservación que hai que mirar antes de pasar por baixo dos seus soportais. Ten algunha característica curiosa, como as calzas entre columnas e teito, que non se aprezan moi ben, ou a feitura das columnas. O teito do soportal e o tellado necesitan reparación de urxencia.
20071211
E a ría de Ribadeo foi unha festa
Na realidade, eso foi domingo (onde se anunciaron ondas de ata 9m no mar, non no interior das rías, e por aí andarían), pero as fotos son máis ben da resaca desa festa, do luns, e non quedaron moi aló (a parte de que están sacadas coa marea a media altura, e todos sabemos que as ondas na ría entran mellor en marea alta)... pero serven para dar unha idea, con esta pegada vendo como unha onda choca co novo faro das Carrallas do que se ve a punta na final. A xente apiñouse a ver o espectáculo, e repetiu luns de xeito menos numeroso (e menos espectacular). Tamén serven para dar unha idea de por que estivo amarrada a flota (a pesares de que onte pola mañá, luns, un barco de carga deu entrado en porto)
Festa tamén a que se pegaron lobos en Piñeira segundo di a prensa, ó matar un animal.
E aínda festa adiantando o Nadal co mercado en Ribadeo, polo que din que pasaron 10000 persoas. Se contamos as repes, non andará moi descamiñada a cousa. Pero chama a atención que tamén diga hoxe a prensa que a ocupación hostaleira na ponte foi do 50% na Mariña. Paréceme algo contradictorio despois de ver o ambiente. En todo caso, os propietarios dos pisos deberon de vir todos para compensar...
20071210
O refinamento do silencio
O mundo está a cambiar. Este Nadal está comezando o acoso e derribo do gasto superfluo en luces. Aínda tardará, pero xa comezou outro xeito de facer Nadal. E atópome que nese outro xeito está incluído tamén o silencio. Cun 'ás cidades modernas sóbranlles tantos quilovatios como decibelios' un artigo de Andrés Trapiello ("Ruido de luces", Magazine, 9/12/2007, p.16) manifestaba dun xeito un tanto optimista á vista dalguén cunhas cantas noites seguidas soportando ruído de movida: '... se o silencio comeza a se considerado como un grao superior de refinamento e cada día impónse en máis lugares públicos (trens, cafés, restaurantes, salas de espera), algo parello debera estar sucedendo cos nosos alumeados.'
Para as fotos tamén valería o silencio, facendo notar que son da ría de Ribadeo e que a estrutura para ampliación da ponte xa comeza a estar situada.
Hoxe continúa o vento,e polo rumor parece que a parte da choiva, tamén as maxestuosas ondas de mar que non fotografiei onte. a ver se hoxe.
20071209
Contrastes (non moi grandes...)
Hai xa días lin nun periódico que os Gates se propoñían erradicar a polio (mielitis). E xurdíronme diversos pensamentos: Como non pensaron neso antes? como pode haber unha parella tan poderosa como pensar neso por si sós? É lóxico (xa non ético) que algúen poda acumular en parte da súa vida tantos cartos? ... e moitas máis.
Mentras, en Ribadeo pensábase (quen o pensaba?) nun 'Nadal mantible', se eso existe e cando parece que hai unha contradición interna entre pensamentos e actitudes.
Apúntome por eso a unha entrevista que trae hoxe a Voz á Mª Luisa, da Librería Santiago / Casa das Letras.
E tamén, nesta entrada de hoxe domingo, vou festexar a un amigo da xuventude, Alfonso Carrasco Rouco, ós fregueses de quen xa felicitei polo seu novo posto. Eso de ser bispo de Lugo coido que o vai facer ben: aínda que eu non sexa da súa diócese (equivalente a dicir que non coñezo a problemática nin me achego moito ós actos correspondentes), coñezo ó persoeiro e confío nel.
20071208
Artistas ribadenses
Achégase o Nadal e con el nótase máis os artistas ribadenses. Na música e tamén noutras artes. O cartel da beira é dun deles, por exemplo, en espera de ter fotografado os correspondentes ás actuacións en Ribadeo. Mentras, lembrar que hoxe hai algunha actuación no mercado de Nadal (que se pode ver referida en Ribadeando.
Contrastando, van hoxe outras poucas fotos para lembrar que hai partes de Ribadeo en moi mal estado de conservación (xa chegarán tamén as das obras que se están a facer). Aquí, a da casa que pecha a rúa Trinidad por abaixo, a casa de indianos que chega á atalaia e que ten o muro tirado dende tempo hai (o que permite ver ben as súas liñas na parte do edificio que da ó xardin, algo que recomendo sempre que non se vaia a meter un nas cagadas de cans), a ruína que é nestes momentos a aduana vella de Porcillán e un detalle dun rexistro de desaugue mesmo no porto deportivo (hai cousas que non cambian...). Como dicía o outro día, cría que a nova normativa se ía aplicar para que todos estos edificios xa estiveran amañados, e obras ou en xeral, en vía de solución do seu abandono. Coido que aínda se pode facer.
20071207
En espera de continuar, dúas reseñas tecnolóxicas como segunda de hoxe
Agora, vía Marsop, dou conta de Google fight, onde podemos poñer a 'loitar' as veces que dúas verbas (ou frases) se atopan na rede. Pódese comparar, por exemplo, 'ribadeando' con 'ría de Ribadeo'. Un só detalle: en ámbalasdúas referencias é diferente poñer 'ría de Ribadeo' que ria de Ribadeo, entendendo no segundo caso que as palabras poden atoparse soltas na páxina que se procura, co que obteremos maior número de resultados. Comparar así, por exemplo, 'ría de Ribadeo' con ría de Ribadeo (por certo, non esperemos unha extema fiabilidade destes sitios...)
Ribadeo segue caendo
Hai xa preto de dous anos que saíu 'Ribadeo falls', e parece que fora onte: Ribadeo en moitos lugares segue sendo un desastre parello, e nalgúns outros, aínda peor. O entorno da Praza de Abaixo coido que se merece outra cousa. O Colexio (a pedra do balcón foi referida no blog a semana pasada) e a casa veciña, na r/Trinidad, o cine Colón e o edificio dos Moreno ou a casa que fai esquina con Amando Pérez son exemplos para non ter en conta. Debe haber no blog hai cousa de dous anos unha referencia relativamente extensa a unha normativa a cumprir que foi levada adiante polo actual alcalde e que pretendía ser unha ferramenta para que edificios deste tipo (e máis chamativos, do tipo da Torre dos Moreno, que poñerei máis adiante) foran recuperados. En troques, soliviantou ós veciños que teñen as casas mantidas e non amañou (ao menos polo momento) o tema. Mágoa...
Seguiremos.