20220131

Residencia, normalidade, memoria

Residencia, normalidade, memoria

    O pasado venres 28 de xaneiro tivo lugar un pleno do concello de Ribadeo. A destacar que foi un pleno 'do' concello, que non un pleno 'no' concello, no salón de plenos. Cousas do coronavirus e as posibilidades da tecnoloxía, agora poden darse plenos así, onde os concelleiros se vexan a cara entre si so nunha pantalla. Os concelleiros, pois por ningures apareceu a posibilidade tecnicamente factible, de seguir o pleno a quen non somos concelleiros. Coido que é un proceso máis de afastamento forzado do pobo dos asuntos que lle (nos) atinxen: non só é que non teñamos voz no pleno de pleno dereito -valla a redundancia-, algo consagrado polo sistema, ou que as preguntas da xente común sexan relegadas a ser presentadas con anterioridade, por escrito a través dunha asociación para ser lidas xa rematado o pleno, se cadra, senón que agora os plenos non conservan tampouco a publicidade. É dicir, non son públicos por graza ... da tecnoloxía? Co que haberá que esperar ás actas -se se publican, que ás veces non- para ter unha idea do pleno. Ter unha idea, pois a correspondencia acta - realidade do pleno ás veces non está moi clara, non podendo recoller un acta matices e relacións que poderían levar a unha interpretación diferente da que remata sendo oficializada na práctica polo poder instituído.

    Mais o título non corresponde ó dito no parágrafo anterior, que só actúa a modo de introdución, se non á correspondencia entre o que transcendeu ós medios do pleno do 28 de xaneiro e o pleno de 23 de outubro de 2018, en relación á nova residencia de maiores de Ribadeo, para a que foi proposto no seu día o nome de José María Rodríguez. O caso é que vai para catro anos, o convenio sobre a residencia entre a Deputación e o Concello foi selado, e no pleno de outubro de 2018 sacáronse adiante tres documentos básicos para o seu funcionamento, en particular, o Regulamento de Réxime Interno. Ese regulamento foi alegado pola Plataforma pro Presidencia, apreciando -segundo aparece na acta- un informe interno do concello varios puntos, e desbotando outros. Aínda así, por mor de non turbar a rapidez do proceso -nunha residencia que levaba xestándose anos- e da 'homoxeneización' dos regulamentos cos de outras residencias que naqueles momentos estaban a ser tramitados ó largo da provincia para conveniar coa Deputación, o alcalde adquiriu o compromiso de levar á primeira reunión da comisión os cambios propostos, non aprobando e integrando nin os informados favorablemente no texto daquela. Na p. 12 da acta dese pleno de 2018, aparece, posto en boca do alcalde e como resposta á intervención de Aurora González Ginzo, que "existe ese compromiso de levar á primeira reunión da Comisión polo que pensa que na votación non debería romperse a unanimidade como se mantivo ata o de agora." Unha unanimidade procurada en todo momento polo presidente da Plataforma impulsora, José Mª Rodríguez, e que non se rompeu tampouco neste caso, despois da promesa realizada.

    E aquí estamos, case catro anos despois, renovando o convenio nun clima de normalidade, despois de ter amosado a dirección da residencia un navegar durante este tempo que a fixo saír mellor parada que a maioría das residencias, e non só da provincia. Por suposto, non todo foron luces no desenvolvemento da residencia, nin antes da súa posta en funcionamento nin despois, aínda que as sombras quedaran relegadas e o discorrer xeral fora positivo, como remato de dicir. Pero non se trata furar nos posibles puntos negros, senón de preservar o mellor futuro, e por iso a lembranza da promesa de revisar o Regulamento de Réxime Interno ou o Regulamento de acceso, que tamén se alegou e sobre o que se fixo a mesma promesa. Dende outubro de 2018, aínda que non tivemos noticia directa das xuntanzas da Comisión de xestión da residencia ribadense, a razón de dúas previstas ó ano, xa deberan terse feito varias. Non obstante, se non se tivo constancia das xuntanzas, menos aínda do tratamento de reformas dos regulamentos, Unhas reformas que, entendemos no seu momento quen as propuxemos, introducían a lóxica nalgúns dos procesos da residencia e permitían a colaboración dos familiares e sociedade, axudando ademais a garantir o mantemento do seu bo funcionamento.

    Seguimos a crelo así.

--

Complemento: Nota de prensa do concello sobre o pleno do pasado venres.

Coronavirus en Vilalba, luns 20220131

    394 casos, non remata de encamiñar a baixa. Incidencia de 2798 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Ribadeo, luns 20220131

    286 casos. Pquena baixada. Incidencia de 2860 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.
 

Cien días después. José María Rodríguez Díaz (2007)

    Análise dos comezos do mandato no concello en 2007.

Jueves, 27 de septiembre de 2007

CIEN DIAS DESPUES

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:41

Pasaron ya los famosos cien días de gracia que se les concede a los gobiernos cuando se estrenan. Los datos sobre los resultados de estos cien días no parecen ser relevantes en el cumplimiento programático del BNG gobernante. Pero tampoco parece que se hayan cometido errores serios o chapucerías que arrastren consigo un coste social. Parece seguro, pues, que si ahora se hiciera una encuesta la nota media podría llegar fácilmente al aprobado y con perspectivas de evolución positiva.

Pero la calma suele ser casi siempre el preludio de la tormenta. Es la ley del péndulo. Algunos de la oposición, resentidos sicut canis reversus ad vomitum suum(1), van a presentar batalla, sin importarles quien salga perjudicado. Y quien da la cara es el portavoz de la UPRI, Francisco Rivas, aunque no sabemos si lo hace en nombre propio o habla por boca de ganso. El pueblo ha de estar presto a observar los movimientos futuros para juzgar.

Un tema que había quedado aparcado en espera del resultado electoral vuelve a estar ahora de actualidad. Acaba de ser presentado para volver a ser tratado en el pleno municipal el tema de los edificios llamados ilegales. Los dona ferentes no duermen y reclaman lo suyo. Se pide legalizar los edificios que no se ajustaron a las normas vigentes impuestas por el Plan de Urbanismo vigente. Edificios que se construyeron al margen de la legalidad, mientras ciertos alcaldes miraban para otro lado con las manos abiertas detrás. Se pide una modificación del Plan General para que esos edificios puedan entrar en la legalidad por la puerta de atrás, sin tener en cuenta, ni el agravio comparativo que eso implica para aquellos constructores que respetaron las normas, ni los efectos perjudiciales que se van a seguir para la villa. Estamos ante el peligro de una posible toma de acuerdos que pueden significar que se puedan seguir cometiendo impunemente irregularidades futuras. Estamos ante el tratamiento de unas irregularidades que significaron millonarias ganancias para algunos a costa del quebrantamiento de las normas, sin que ahora ni se les obligue a retornar a la legalidad, ni se les imponga sanción alguna por tales quebrantos, como sería reintegrar al concejo el importe de la plusvalía que percibieron por dichas irregularidades. Estamos ante una disimulada usurpación de las normas. Y aunque la modificación sea legal no es ética, como nos enseña Séneca cuando dice: 'Quod non vetat lex, hoc vetat fierit pudor'(2), 'no siempre lo que es legal es moral'

Y mientras tanto que acechan próximas tempestades en el horizonte, las fiestas de Ribadeo pasaron sin pena ni gloria. Unas fiestas en el que hoy lo comercial priva sobre lo lúdico y lo artístico, adjudicando a lo comercial los mejores espacios que tiene la villa en detrimento de lo artístico, y que nos hace recordar y añorar otros tiempos pasados. Se ha caído en un excesivo afán recaudatorio en menoscabo de lo que antes eran las fiestas: el público reunido en el parque escuchando las intervenciones de los conjuntos musicales. ¿No será hora de recuperar el antiguo estilo de celebrarlas?

Se acaba de tener lugar un nuevo intento en Madrid para promocionar turísticamente el recién formado Club de las Villas Marineras de la España Verde, del que Ribadeo forma parte. Su objetivo es dar a conocer los aspectos y curiosidades más sobresalientes de las villas que forman el Club y potenciar sus productos estrella con el fin de atraer turismo desestacionado. La idea no es mala. Pero, ¿cuenta Ribadeo con las infraestructuras necesarias para acoger a estos posibles turistas y evitar que con el turismo crezcan los problemas, o es sólo un intento para la galería y una excusa para divertir a los políticos como pasó tantas veces? Mientras tanto, Ribadeo vuelve otra vez a su vida normal y académica, recuperando la monotonía otoñal, sin que el reconocimiento internacional de la UNESCO sobre la cuenca del río Eo como Reserva de la Biosfera le haya quitado los sueños. quizás, escarmentado de tanta protección incumplida y tanto abandono, deje ya de tomarse en serio estas cosas. Total, como dijo recientemente una consejera del Principado, 'es un título honorífico'. Una expresión que refleja el poco interés de las Administraciones por este tema, como lo confirman las últimas actuaciones sobre la Ría de Ribadeo. Al fin, como dice el viejo refrán, 'cuando el abad juega a los naipes, ¿Qué harán los frailes?'. -

1 De proverbios 26, 11: "Como perro que vuelve a su vómito, así es el necio que repite su necedad."

2 Outra tradución: 'O que non veta a lei, vétao o pudor'.

 

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20220130

AMariñaXa sinala a Illa Pancha de man de Covadonga Suárez

    Hoxe, A Mariña Xa publica a entrevista que lle fixeron a Covadonga Suárez, presidenta de 'Por Nuestro Faro', onde salienta diversos aspectos da ocupación privada do ben común que é a Illa Pancha. A máis da ligazón xa posta, copio o texto:

 

Entrevista: “O alcalde de Ribadeo non valora o faro como elemento histórico”

30 xaneiro, 2022

Covadonga Suárez, presidenta da Asociación de Veciños Por Nuestro Faro fala da problemática que está a sufrir a Illa Pancha que alberga dous faros, o antigo, de planta cadrada e actualmente rehabilitado como aloxamento turístico, e construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX e erguido sobre unha torre circular de formigón

Vostede é presidenta da Asociación Por Nuestro Faro, non?

Sí, en efecto. A asociación como tal constituiuse hai unhos meses, pero existimos como colectivo dende o ano 2015. Todo comezou cando me enterei pola prensa de que querían privatizar a Illa Pancha para montar un hotel. Nun primer momento quedei asombrada de que algo así fose posible.

Eu, e coma min moita xente, pensaba que a illa estaba pechada ao público por motivos de seguridade, pero o máis importante é que iso iba contra a idea de que o patrimonio público non se podía ‘vender’ nin ‘alugar’, e aínda menos un lugar emblemático como a Illa Pancha.

 

Aínda non sabía cando, cómo, nin qué empresa ía facelo pero enseguida tiven a percepción de que se trataba dunha maniobra política que non tiña en consideración, non só ao pobo de Ribadeo senón aspectos fundamentais como son o concepto do público, e o respeto dunha zona protexida pola Rede Natura 2000 (lugar de interese comunitario, LIC, et Zona de especial protección das aves, ZEPA).

“Unha das condicións da licencia de apertura do hotel era o acceso libre á illa á cidadanía en xeral, algo que non se está cumprindo e que conta coa complicidade do Concello de Ribadeo, que non esixe que se cumpla”

Hai moita xente implicada nela?

Despois disto abrín un grupo en Facebook e púxenme a recoller firmas en Avaaz. E de seguida copezou a xuntarse xente arredor á idea. Así, hoxe o grupo conta con 804 membros. A asociación como tal formouse hai pouco para facilitar a xestión das nosas iniciativas, cun núcleo permanente de dirección que se reúne periodicamente.

Cales son os principais obxetivos? Cal é a problemática do Faro?

Como dicimos no noso grupo de Facebook: queremos unha illa Pancha libre, protexida e pública, e son dereitos que non se están a respetar. Hoxe sabemos, despois de moito indagar, que unha das condicións da licencia de apertura do hotel era o acceso libre á illa á cidadanía en xeral (non só aos clientes do hotel), algo que non se está cumprindo e que conta coa complicidade do Concello de Ribadeo, que non esixe que se cumpla. Tampouco existe o informe de impacto medioambiental, necesario nunha zona protexida. E ben sabido que os intereses particulares, personalistas ou partidistas son incompatibles coa defensa do público. E eses intereses comezan a facerse evidentes no momento mesmo no que o Goberno central de Rajoy decide levantar unha lei que prohibe a explotación dos faros para uso hoteleiro: a anulación de esta lei ten lugar en maio de 2015, mentras que as xestións privadas xa empezaran en decembro de 2013. É dicir, que cando saíu a noticia nos xornáis, en abril de 2015 o faro estaba ‘apalabrado’xa facía moito tempo.

A continuación foi unha odisea tentar de reunir información que xustificase as decisións das institucións ata o punto de ter que recurrir ao Defensor del Pueblo de Madrid, que chamou ás portas pertinentes para acabar dándonos a razón, aconsellou paralizar as obras do hotel e manifestou a necesidade dun informe simplificado de avaliación medioambiental. Puertos de Ferrol-San Cibrao comprometeuse a aportalo pero nunca foi presentado, e o Goberno local púxose de perfil. Nada cambiou, fíxose o hotel e pechouse a illa aos ribadenses. Despois comezou a tramitación dunha cafetería que abriu este verán por sorpresa, coa que, aseguraba a empresa promotora, abrirían a illa a todos, pero a día de hoxe, a illa segue pechada. O muro co que se atopa a nosa asociación é a falta premeditada de información nunha tramitación feita de irregularidades e de silencios.

Non entendemos por qué a illa está pechada na súa totalidade se a concesión comprende un espazo de 500 metros. Outra cousa que non se entende é por qué é necesario un hotel para abrir a illa a unhos poucos, e unha cafetería para abrila a todos, eso sí só nos horarios dos negocios privados que a ocupan.

 

No que se refire á cafetería, por exemplo, sabemos que contou coa licencia de obra. Soupémolo tarde e pola prensa, como xa é costume. Esa licencia foi acordada no período de confinamento, o ano pasado, é decir, en silencio, sen público. Entón fixemos alegacións, por exemplo lembramos que aínda non había estudo de impacto medioambiental e que a fosa séptica estaba sen legalizar (e iso xa dende os tempos do hotel), pero non foron aceptadas. Agora en vez da licencia de apertura existe a ‘comunicación previa’, unha declaración da empresa promotora na que asegura que todo está correcto. O problema é que o Concello de Ribadeo 5 meses despois aínda non formulou a acta de inspección municipal, que é como dicir que o cren cegamente.

Que dixo a Valedora do Pobo? O Concello responde as vosas cuestións ou demandas?

Hai unhas semanas decidimos recurrir á Valedora do Pobo para obter respostas. Sinxelamente, o alcalde de Ribadeo non contesta a ningunha petición de información pola nosa banda, e vémonos obrigados a dirixirnos á Valedora, que é a institución que garantiza a transparencia. Enton, recibimos un correo coas respostas do Concello pero sen a información que requeríamos. É dicir, limítanse a decir que todo está en orden, pero eles mesmos recoñecen que aínda non hai acta de inspección municipal, polo que non poden saber se todo está en orden. E esperpéntico.

Ou sexa, seguimos sen saber por qué non se respeta o acceso libre á illa, se os horarios de apertura da illa son os que se anuncian nas redes sociais e se foron autorizados, cómo se aplica a lei de Costas que especifica que non se pode pechar a beira do mar, se as obras realizadas e engadidos (varandas, camiños, terrazas, escaleiras, etc,) se axustan ao proxecto, se a nova actividade non engade riscos de afección medioambiental, se a fosa séptica segue sen legalizar,…

Así que, Por Nuestro Faro volveu dirixirse á Valedora para pedirlle que profundice nas súas investigacións no procura de estas informacións

O alcalde ou o equipo de Goberno non valora que o Faro e a Illa Pancha sexa un elemento histórico da vila e polo tanto de acceso libre?

E así, o Concello vai facendo tempo. O Goberno local de Fernando Suárez nunca fixo presión de ningún tipo, ao contrario, como pode verse non da información, non resposta aos nosos correos. Cando a noticia saiu nos xornáis en 2015, o alcalde declarou que poñer un hotel na Illa Pancha era un premio para Ribadeo e a súa contención urbanística no pasado. O problema é que o premio é para a empresa privada que a explota e para os clientes do hotel que non son de Ribadeo e que desfrutan da exclusividade dun lugar único. Nin promociona o turismo xa que ten o acceso pechado, nin da diñeiro a Ribadeo porque está lonxe do centro, nin crea postos de traballo, como é normal nun hoteliño de dúas suites.

Non o valora entón.

Non cremos que valore o faro como elemento histórico porque, como xa dixera nun xornal o 9 de xuño de 2017, a él dáballe igual que montaran alí un hotel, unha cafetería ou unha tenda de roupa, unha declaración que está moi lonxe de sacralizar o espazo da illa Pancha. Por outra banda, o acceso libre, contemplado na licencia de apertura do hotel e concedida polo propio Concello, non foi respetado nin garantizado. E agora permite que os horarios dunha cafetería decidan a apertura de toda a illa no verán. Pero para ser sinceros, o silencio e a opacidade co que trata todo o tema xa é proba suficiente.

Que lles parece a descisión da creación do hotel e da cafetería?

Cremos que a decisión de permitir a implantación dun hotel e unha cafetería é absolutamente arbitraria, que non respeta o que entendemos que non é explotable, un símbolo patrimonial, e unha zona protexida polas leis europeas, españolas e comunitarias. Pero aínda máis, o noso obxetivo como asociación é coidar dun ben público e servir á veciñanza. Por eso, e dado que as institucións non o fan, Por Nuestro Faro seguirá de cerca todo o que pase na illa e informará aos ribadenses pertinentemente da situación sempre que sexa posible.

Como se atopa agora mesmo? paralizadas as obras ou pola contra seguen adiante? Conta coas licenzas pertinentes?

As obras están acabadas pero nin sequera se sabe cal é o horario da cafetería nin si hai un horario oficial de apertura da illa, nin quen o decide, nin quen pecha ou abre a illa. Sabemos que está pechada aos ribadenses.

“Non cremos que o alcalde valore o faro como elemento histórico porque, como xa dixera en xuño de 2017, a él dáballe igual que montaran alí un hotel, unha cafetería ou unha tenda de roupa”

 

 

 

 


Coronavirus en Ribadeo, domingo 20220130

    289 casos, continúa a baixada pronunciada. Incidencia de 2890 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, domingo 20220130

    389 casos. Incidencia de 2763 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Isto vai a saltos, pode que debido á realización de probas dous días á semana.

Anteriores.


20220129

Los cien días de gracia. José María Rodríguez Díaz (2007)

    José María saca neste artigo un tema que ten resistido o paso do tempo: a contratación dunha secretaria particular para o alcalde, enfocándoo en contrposición á secretrí do concello. A máis, xaca a relucir comidiñas entre os grupos municipais comentadas na rúa.

Lunes, 24 de septiembre de 2007

LOS CIEN DIAS DE GRACIA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 8:23

Parece que algo va mal en el ayuntamiento de Ribadeo. La contratación de un secretario personal que se vio obligado a hacer el alcalde habla a las claras de que algo está fallando en el consistorio. Se trata de una nueva figura que, al parecer, nunca antes existió en el organigrama del personal del concejo. Los muchos alcaldes que antes gobernaron en Ribadeo lo hicieron con el asesoramiento del secretario municipal, persona que tiene como misión asesorar al alcalde de turno y a la Corporación municipal en su toma de decisiones, independientemente de sus simpatías y afinidades personales.

¿Qué está ocurriendo en el concejo para que el alcalde actual se vea en la necesidad de contratar a otra persona como secretario particular? ¿No se apagaron aún los rescoldos de las hogueras pasadas? ¿No satisface las exigencias del alcalde la labor que desarrolla el actual secretario del concejo? Son preguntas sin respuesta, por el momento, que se hace mucha gente en la calle por la gravedad y trascendencia que tiene hacia el futuro la creación de una nueva figura en el organigrama municipal. Sospechamos que el problema es más grave de lo que parece y a mucha gente no lanar le gustaría conocer las verdaderas razones que han movido al alcalde a tomar esta decisión. El pueblo no debe estar al margen de los entresijos que se cuecen en el gobierno municipal.

Se habla estos días de la labor desarrollada por el alcalde y su equipo durante estos primeros cien días de gobierno. Son los cien días de gracia en una etapa de puesta a punto de la máquina gestora del concejo. Celosos de su protagonismo se cruzan acusaciones de pactos entre las distintas formaciones políticas como mutuo reproche. Pero a juzgar por el ambiente de tranquilidad que se respira en la calle parece que todo marcha con normalidad, sin las estridencias a las que nos tenía acostumbrados el equipo anterior. La ciudadanía pone sus inquietudes en las manos del gobierno elegido y de la oposición. Una oposición que parece muy constructiva por parte del grupo popular que antepone a todo los intereses del pueblo. Otros, como los socialistas, andan dedicados a la 'caza', en vez de hacer oposición constructiva, como manifestaba en la prensa su portavoz cuando afirmaba que 'un militante socialista entró en el salón en donde nacionalistas y populares mantenían su reunión y los cazó in fraganti'.

Esperemos que la labor de este equipo que hoy gobierna los destinos de Ribadeo empiece a dar sus frutos, con la colaboración de los partidos de la oposición, acometiendo con el apoyo de todos los muchos e importantes temas que este concejo tiene pendientes. Pasaron las fiestas sin pena ni gloria. Un evento en el que lo comercial supera a lo lúdico. ¿No será hora de recuperar el antiguo estilo de celebrarlas? Mientras tanto, Ribadeo vuelve a su vida normal y académica, recuperando la monotonía otoñal.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Comentarios

• Fecha: Lunes, 24 de septiembre de 2007

• Hora: 17:34

Autor: a333

http://boplugo.diputacionlugo.org/boplugo.asp?id=28914 Secretaria=administrativo, nada que ver co Secretario Xeral do Concello, Di "figura que nunca existió" non figura na RPT (por certo sen RPT estamos) Non nace de consenso cos sindicatos.

• Fecha: Lunes, 24 de septiembre de 2007

• Hora: 17:38

Autor: a333

A obriga de contratar para a CGT non é entendible mais que como derroche, máxime cando existen figuras con esas funcións de Secretario do Alcalde na RPT e que xa se lle está pagando a dous funcionarios. Un acto de nepotismo digno de tempos pasados.

Coronavirus en Vilalba, sábado 20220129

    388 casos, baixa acelerada. Incidencia de 2756 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores.

Coronavirus en Ribadeo, sábado 20220129

    305, baixa importante. Incidencia de 3050 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores.

20220128

20220127

#cortesdeluzRibadeo Un novo corte

    20220117 13:57 duración, uns 5 minutos, en dúas partes. Afección: polo menos, a zona centro de Ribadeo.

Coronavirus en Vilalba, 20220127

    448 casos, incidencia de 3182 por cada 100 000 habitantes ós 14 días, indicando unha nova baixada...

Anteriores.
 


Coronavirus en Ribadeo, xoves 20220127

    363 casos, baixa a incidencia a 3630 por cada 100 000 habitantes ós 14 días e a curva debuxa de xeito claro a baixada...


 

Anteriores.


Convocatoria de pleno

    Adxunto a convocatoria do próximo pleno no concello de Ribadeo, collida da sede dixital. A notar que se fará por videoconferencia:



20220126

Coronavirus en Vilalba, mércores 20220126

    467. Non remata de comezar a baixar, segue a subir. Incidencia de 3317 por cada 100 000 habitantes a 14 días...

Anteriores.


Coronavirus en Ribadeo, mércores 20220126

    380. Parece que a baixada vai en serio, aínda que comparado con ondas anteriores (ver gráfico), sobrepásaas con moito. Incidencia de 3800 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

Anteriores.


20220125

Coronavirus en Ribadeo, martes 20220125

    Nótase xa a baixada, aínda que segue a ser pequena: 393 casos, incidencia de 3930 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

 Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, martes 20220125

    Comeza a baixar. 454 casos, e, como anunciaba días anteriores, pola tendencia dos contaxios a 7 días, seguirá a baixar. Pero iso non quere dicir que non siga a haber que coidarse, máis aínda cando a baixada é mínima...

Anteriores.


20220124

Neno! Volve ó rego!

    Neno, nena... a consideración dun ou outro sexo para o caso dá (-me) igual. O que non o dá é que cousas como a guerra sobre a linguaxe inclusiva se usen para desviar a atención. E iso, unha vez chamada a atención, volvamos ó tema. E o tema é a dependencia. A dos nenos ou a dos vellos? Non. A túa, non fai falta que vaias máis lonxe, nin tan só ás residencias de anciáns, e os seus castigados hóspedes, por exemplo. Comeza pola túa, non é o peor medio para procurar tamén a súa propia independencia e benestar.

    'Trátannos coma nenos' é unha frase que se pode escoitar en moitas versións. Non se menciona normalmente que ese 'tratar(nos) coma nenos' leva consigo o de querer levarnos polo rego que nos indican: está implícito.

    Para evitar despistes, creo que hai que facer unha pequena digresión para considerar a historia. Somos seres sociais. Dende hai moito tempo temos construído sociedades e cada individuo necesita o apoio do resto da comunidade para sobrevivir. O mesmo que a sociedade necesita ós individuos da comunidade, sen os que por definición non existiría. Como paso seguinte á constitución da sociedade, a súa estrutura foi tentando novidades, evolucionando e ó tempo, cristalizando e escachando unha e outra vez ata o que hoxe chamamos estado. En certo xeito, un herdeiro da sociedade, pero sen lograr abranguer todo o que representa e significa a comunidade, organizada en sociedade na que se asenta a estrutura estatal. Aínda así, o estado, nado para organizar a vida comunitaria nunha sociedade cada vez máis complicada, foi collendo ó seu cargo a organización desa dependencia que temos as persoas. E hoxe, por poñer algúns casos, son competencias das estruturas estatais ou semellantes o asegurar canles para mellorar as relacións e intercambios (estradas ou telefonía...) o coidado dos maiores (competencias en residencias de anciáns), ou a saúde (rede sanitaria). En todos os casos, delegación da comunidade na estrutura estatal e estruturas relacionadas en niveis inferiores. Mais ese ente complexo que se foi tecendo como representación comunitaria, hai tempo que está acompañado de xeito crecente por outras entidades que non teñen o mesmo espírito nin base comunitaria, senón individual, 'privado'. Entidades que hoxe participan, moitas veces con máis dereitos efectivos que as persoas, na estrutura social e provisión de servizos. Véxanse se non todos os exemplos que puxen máis arriba, nos que empresas collen as atribucións do estado e a partir de aí fan negocio.

    Así, a nosa dependencia da sociedade foi trasladada en parte e para facilitar a súa xestión, a unha estrutura, o estado, E dende que as máis primitivas estruturas de tipo político -chamémoslles 'pre-estados'- emerxeron, as persoas á fronte da xestión moitas veces distinguíronse por unha actitude de 'deixádeme a min, que son o encargado', ou 'ti de isto non sabes nada, fai o que eu che digo'. Ou sexa, o típico controlar unha persoa ó resto, que, caso de pasar polo aro, pasan a ser dependentes directamente da persoa que controla ou da rede controladora. Coa cesión de servizos ás empresas e/ou a permisividade coa súa actuación, a cousa tomou outro cariz: xa non hai consideración co 'contrato social' entre o ente estatal e a comunidade, por moi desleixado que fose, pois ás empresas non as manda o pobo nin son postas aí 'por deus'. Pero para facer cartos, en particular con servizos (RAG: “1.Acción e efecto de servir -Dar ou subministrar aquilo que alguén necesita-. 2 Traballo ou actividade de utilidade pública e organismo que asegura a súa realización.”) necesitan á xente, canta máis e máis tempo actuando de ‘consumidores’, mellor. E para iso, tentan coller tempo e datos, xa máis que cartos 'contantes e soantes': máis que moedas ou papel garantido polo estado, pezas que están por desaparecer en favor das transaccións electrónicas controladas de xeito exclusivo por empresas ás que antes chamaríamos bancos e agora non sabemos ben como chamar.

    O caso é que seguimos a ser dependentes. Antes, da sociedade por necesidade e de xeito compensado, hoxe, por delegación, do estado, e por deixamento deste, de entidades privadas que non podemos compensar se non é co noso propio ser. É dicir, deixando de ser nós para pasar a ser delas, entregándolles os nosos pensamentos e doando as nosas accións: aí está toda a propaganda para dirixir os nosos actos e toda a recollida de metadatos das redes sociais que ó pouco tempo de uso saben máis de nós que nós mesmos.

    Isto, en liñas xerais. Representa un avance ou algo do que nos temos que separar para vivir unha vida plena?

   

Coronavirus en Ribadeo, luns 20220124

    403 casos, incidencia de 4030 por cada 100 000 habitante a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, luns 20220124

    455, incidencia de 3232 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


20220123

LA ATALAYA DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2007)

    José María volve aquí á súa faceta de historiador, con incidencia no arte sacro, para seguir cun tema recurrente, a política local.

Viernes, 21 de septiembre de 2007

LA ATALAYA DE RIBADEO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 23:43

LA ATALAYA

Hablar de la Atalaya es hablar de la capilla más antigua de Ribadeo. Su puerta frontal, con su rara decoración en zig-zag, perteneciente al gótico del siglo XIV, nos da testimonio de su antigüedad. Todo el conjunto es depositario de una gran parte de la historia de la villa de Ribadeo. La capilla, bajo la advocación de La Trinidad, fue importante centro de devoción de los fieles en tiempos pasados en los que fue utilizada como iglesia parroquial de la comunidad y, al mismo tiempo, lugar de reuniones para la toma de acuerdos para el buen gobierno de esta villa.

Y hablar de la Atalaya es hablar, también, del rincón más pintoresco, quizás, y más romántico que aún permanece inalterable en el casco viejo de esta villa. Un lugar llamado a satisfacer las mayores exigencias de los turistas que lo visitan para disfrutar de sus panorámicas vistas sobre la Ría de Ribadeo y las poblaciones de la ribera asturiana.

Un lugar cargado de historia, antiguo baluarte de defensa de la villa como indican los cañones afincados allí, en donde los vecinos de Ribadeo se daban cita para celebrar sus encuentros, tanto de carácter administrativo como sociales y de ocio. allí se celebraban los famosos 'concejos abiertos' de la villa hasta bien entrado el siglo XVII.

En estas mismas páginas me ocupaba hace ya tiempo sobre el estado de abandono en que se encuentra sumido actualmente este hermoso rincón. Tan abandonado se encuentra que su visita no es hoy recomendable, ni a los turistas, ni siquiera a la gente del pueblo.

Los módulos instalados allí en tiempos del gobierno anterior por la Gerencia de Dinamización Turística de Ribadeo, de triste recuerdo por su ineficacia, para la ejecución de la iluminación del conjunto de ese espacio y de la capilla, fueron entonces muy criticados por su falta de estética y su inadaptación al entorno. 'Una instalación formada - se decía en el comentario citado - por unos elementos de pésimo diseño y que chocan frontalmente con el entorno, tanto por su exagerada y violenta forma y volumen cubista, estructuras muy ajenas a ese marco paisajístico, como por la calidad de la materia de que están hechos'.

El estado de abandono en que hoy se encuentran esos elementos, pagados por los ciudadanos, es deplorable. De los nueve módulos que componen el sistema de iluminación elegido, cuatro se encuentran arrinconados formando un montón de chatarra herrumbrosa; y los cinco restantes están inutilizados, con los cristales rotos y cubiertos de pinturas de los grafiteros.

Por lo que toca al estado actual de conservación en que se encuentra la capilla, el deterioro es evidente. La pintura de sus paredes se encuentra totalmente abandonada, recubierta, también, por las pintadas de los grafiteros. En la puerta principal la pintura está desteñida y desconchada por todas partes, quedando la madera sometida a la inclemencia del tiempo.

Todo el conjunto forma una imagen de auténtica ruina, expresión del pasotismo del equipo que gobernó Ribadeo en el mandato anterior. Un equipo que derrochó el dinero a manos llenas dejando exhausto al concejo, sin que por ningún lado se aprecien los resultados de las inversiones realizadas.

Y se supone que el abandono en el que se halla sumido este bello rincón de la villa desde el mandato del PSOE no se debe a la falta de dinero en las arcas del concejo, pues el dinero sobraba, como lo confirmaban las respuestas del entonces alcalde, Sr. Pérez Vacas, a las brillantes intervenciones del concejal del PP, Sr. Valín, cuando respondía con sorna a las preguntas de este en los plenos: ¿¿Será por dinero??.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Coronavirus en Vilalba, domingo 20220123: case 1 de cada 30 vilalbeses foron infectados nos últimos 14 días

    424, incidencia de 3225 por cada 100 000 habitantes ós 14 días. Iso significa que case 1 de cada 30 vilalbeses foron infectados os últimos 30 días. A pesar diso, como a incidencia a 7 días xa é menor da metade, comezará a baixa a incidencia a 14 días xa esta semana. Deixo dúas gráficas, a de sempre e a que represeta o ano en conxunto, para comparar:


Anteriores.


Coronavirus en Ribadeo, domingo 20220123

    Previsible próxima baixada, pero polo momento, aumenta aínda despois de ter afectado a unha de cada 25 persoas de Rbadeo os últimos 14 días. 406 casos, incidencia de 4060 por cada 100 000 habitantes a 14 días, pero os datos a 7 días son menos da metade, indicando un próximo descenso. deixo a gráfica de sempre, e a de máis dun ano, para comparar:


Anteriores.


20220122

Coronavirus en Vilalba, sábado 20220122

    E segue a sumar: 451 casos, incidencia de 3203 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Ribadeo, sábado 20220122: 1 de cada 25 ribadenses estivo infectado nos últimos 14 días.

    1 de cada 25 ribadenses estivo infectado nos últimos 14 días.Iso é o que significa que haxa 401 casos, incidencia de 4010 por cada 100 000 habitantes a 14 días...

Anteriores.


20220120

Augas turbias en Ribadeo, onte

    A imaxe presenta unha mesma xarra chea onte, nun caso, con auga collida da billa, e no outro, con auga mercada embotellada. Aínda que a foto non é moi boa, coido que se pode observar ben a diferenza de turbidez, que non sei a que achacar, pois levamos varios días sen incidencias meteorolóxicas que poideran causar esa turbidez. Nun caso, sen ela. No outro, sen ser moi abundante, é evidente. Son de beber auga da billa, coido que debe ser tan boa como a vendida no supermercado, e é abondo máis ecolóxica no seu tratamento. Pero, as augas turbias non apetece bebelas, aínda que non chegue ó límite que indica a normativa, non si?



Coronavirus en Ribadeo, xoves 20220120

    349 casos, segue a subir... Incidencia de 3490 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, xoves 20220120

    410 casos, mantense. Será desta o punto máis alto? Incidencia de 2912 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


20220117

Coronavirus en Ribadeo, luns 20220117

    Acadando máximos: 301 casos, incidencia de 3010 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, luns 20220117

    Segue a subir. 380 casos, incidencia de 2699 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Consumo, recursos, servizo

    Estamos afeitos a mirar as cousas dun determinado xeito, e moitas veces é difícil sacarnos de aí para ter outra visión máis ampla, para poder ampliar a nosa base de pensamento. Como cando dicimos 'macrogranxa' e non imaxinamos que, poñamos, 7000 cochos xuntos podan producir tanta merda ou mexos como toda a vila de Ribadeo, ou de Vilalba. Iso, sen aprezar tampouco a diferenza que supón que a extensión das vilas sexa moitas veces superior á extensión das granxas, cos cochos semiinmobilizados e xuntiños de xeito que iso da 'separación social' que empregamos contras os contaxios na sociedade humana é un imposible que leva á xeralización da medicación dos cochos que nos van servir de alimento. Ou que o sistema de saneamento dunha granxa teña pouco que ver co sistema de saneamento dunha vila comparable en volume tratado. Ou o de limpeza nas habitacións e aseo persoal co de limpeza nas xaulas (si, xaulas) e aseo dos porcos. Pero, como iso das macrogranxas entrou en campaña electoral, podemos mirar artefactos máis próximos a nós. Poñamos, un coche.

    A ver se me explico. Collo un coche que coñezo, o meu actual. Vai vello, aínda que ten resultado moi bo e de baixo consumo. Leva case 400 000 km ás costas ó noso servizo, e se fose persoa, xa tería sido chamado a votar algunha vez. Para chegar a ser, foron necesarios uns 1400 kg de diversas substancias, a meirande parte, ferro. Unha masa case vinte veces a miña e un ferro que, por certo, tivo que viaxar, que ser transportado, milleiros de km antes de chegar a ser coche, pasando polas fundicións, claro. Curioso que, mercado novo ó peso, custara uns 10 €/kg. Abondo máis caro que calquera alimento 'normal' daquela.

    En todas as viaxes que fixo foi abondo frugal: calculo que 'só' consumiu uns 20 000 L de gasóleo, 17 000 kg. Para facernos idea, un camión cisterna. Un peso de combustible máis de 200 veces o meu. Unha cantidade equivalente a pouco menos da metade da cantidade de auga que bebe unha persoa na súa vida duns 80 anos, catro veces máis lonxeva que o coche. Combustible que tivo que manufacturarse (co conseguinte consumo enerxético) e traerse tamén de varios milleiros de km de distancia. Por certo, só a cantidade de dióxido de carbono que lanzou a atmosfera en todo ese tempo sobrepasa as 54 toneladas, ou, en volume no aire, os 27 millóns de litros, 27 000 m3 (unha ‘piscina’ de 100 m x 100 m cunha profundidade uniforme de 2,7 m). As outras cousas que emitiu non sabería calculas todas.

    Claro que, 400 000 km de servizo supoñen, de haber estrada, 10 voltas á Terra polo ecuador ou polos polos. Ou a distancia á Lúa e algo máis. Ou, camiñando a unha velocidade nin rápida nin lenta, 100 000 horas: a oito horas diarias, uns 33 anos. Dito doutro xeito, para emular o recorrido, tería que ter camiñado unha xornada laboral un día de cada dous dende que nacín. E teño claro que moitas veces non podería levar a carga correspondente comigo...

    Ou sexa, un grande servizo dunha marabilla tecnolóxica, por moito que haxa outras máis marabillosas e actuais. A costa dun consumo de recursos para un cuarto dunha vida humana que podemos dicir que marabilla tanto como que espanta.

20220116

It's not street art, but seems it!

    Non, non é 'arte de rúa', graffitti ou semellante, senón natureza en vivo, facendo deseño  e esculpindo a obra humana. Pero parecer, paréceo!

    Pode verse na ribandense praciña de Álvarez Miranda, por baixo de varios graffitti nunha parede non hai tanto restaurada.




    A situación da praciña e a parede fotografada (en amarelo) no OpenStreetMap:


 

Coronavirus en Vilalba, domingo 20220116

    Xa é tradición: volve subir. 372 casos, incidencia de 2542 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.


Coronavirus en Ribadeo, domingo 20220116

    Segue a tradición: novo aumento. 283 casos, incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes: 2830.

Anteriores.


20220114

Combatendo a desinformación. Informe sobre o galego en Asturias.

    Par que informar se se logra vender máis desinformando? Esa parece ser a liña dalgúns medios supostamente informativos. Liña que se ve de xeito claro en cuestións que controlamos máis de preto ou das que podemos procurar información máis doada.

    Estes días levantouse unha polémica sobre a 'petición de oficialidade' do galego en Asturias. A cousa ven do informe que deixo abaixo, "Informe da Real Academia Galega sobre o galego de Asturias e a súa oficialidade na reforma do Estatuto de Autonomía do Principado", e que parécese ó que din os medios polemistas como o ovo ós gusanos que comeu a galiña para poder facelo. Por iso, polo momento, non comento máis. Só deixo o informe abaixo, como dixen, para ler aquí mesmo ou descargar, a máis da ligazón anterior da Real Academia Galega, noutro par de sitios onde está cargado.  

    Informe sobre o galego de Asturias e a súa cooficialidade (en Issuu).

    Informe en Slideshare.

Coronavirus en Ribadeo, venres 20220114. Despois do axuste, segue a subir

    213 casos, incidencia de 2130 por cada 100 000 habitantes. Segue para arriba.   

Anteriores.


Coronavirus en Vilalba, venres 20220114. Despois do axuste, segue a subir.

    Despois do axuste, polo cambio de xeito de medición segue a subir. 286 casos, 2031 de incidencia a 14 días por cada 100 000 habitantes.

Anteriores.


20220113

Coronavirus en Ribadeo, xoves 20220113

    Aumento nunca visto. 208 casos, incidencia de 2080 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

Anteriores.