Amosando publicacións coa etiqueta #cortesdeluzRibadeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #cortesdeluzRibadeo. Amosar todas as publicacións

20240209

20240208 varios cortes, un moi longo #cortesdeluzRibadeo

    Despois dunha tempada sen cortes destacables, onte (xoves 8F) tiveron lugar diversos cortes de luz que afectaron a todo o concello, dende as dúas da tarde en diante. Primeiro, curtos ou duns poucos minutos, separados por retornos de tensión tamén moi curtos. Logo, un longo, dende cousa das dúas e cuarto ata ás seis menos cuarto (no pobo).

    O culpable parece ser o forte vento desenvolto a raíz de Karlotta, que afectou a cables e postes de alta tensión en Fórnea ó tempo que producía o incendio que se declarou onte na zona de Vidal.

    #cortesdeluzRibadeo

20230326

11:55 20230326 corte de luz

    20230326 Zona: centro Ribadeo. Hora: 11:55. Duración: menos de un segundo

    Hai tempo que non me coincidía reseñar #cortesdeluzRibadeo, non porque non os houbera, senón porque naquel momento non podía facer a reseña e logo perdía a referencia para facelo. O caso é que segue a habelos, e sigo a pensar que o dicir nas rede que existen, cando e as súas características, axuda á súa solución, tanto pola presión social que significa difundir a súa existencia como pola axuda que pode significar para detectar o mellor xeito de evitalos por parte de quen ten a misión de que non ocorran.

20220127

#cortesdeluzRibadeo Un novo corte

    20220117 13:57 duración, uns 5 minutos, en dúas partes. Afección: polo menos, a zona centro de Ribadeo.

20210912

9:53 20210910 Corte longo de luz #cortesdeluzRibadeo

   Había tempo que non se producía un corte de luz tan longo en Ribadeo. Polo camiño quedan, nestes últimos tempos, unha ristra de microcortes, e algún non tan micro, como o do día da patroa. E queda tamén, claro, a suba do custe da electricidade, meteórica este ano.

   No seu momento, deixara de reseñalos coa etiqueta #cortesdeluzRibadeo pensando en que estaban camiño de solución. Non era a nova liña de alta tensión e subestación construídas as que nos ían sacar deste tema ata esquecelo, e o principal motivo escrimido para construíla en contra de diversos temas que facían oposición a ela? Pois a liña está aí, non se solucionaron, e tampouco os cortes de luz.

   Quedan sen reseñar moitos microcortes, pero nesta 'nova serie' da que haberá que haberá que comezar a tomar nota, aí van dous:

   20210908 Zona: todo Ribadeo. Hora: 2:30. Duración: segundos

   20210910 Zona: todo Ribadeo. Hora: 9:53. Duración: 9 minutos aprox.

   Coido que este traballo de procurar información dos cortes de luz debe ser colectivo: beneficia a todos, facilita os tratos dos usuarios coas compañías, presiona ás elećtricas, facilita as reclamacións de seguros... As queixas e mesmo as notas de prensa, sexan de ACISA, do concello ou de quen sexan, teñen máis forza con datos precisos. A etiqueta #cortesdeluzRibadeo segue a ter uso. Deceas de cortesxa a levan e por ela pódesen procurar. É escribir a historia dos cortes de luz en Ribadeo.

   Nota: naturalmente, admítense referencias para ir incorporando no blog e no meu arquivo, aínda que coa etiqueta poden colocarse mesmo nas redes sociais.