Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta centro de saúde enquisa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta centro de saúde enquisa. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20240117

Nota de prensa. Enquisa sobre asistencia ó centro de saúde de Ribadeo

 

Nota de prensa

Enquisa sobre asistencia ó centro de saúde de Ribadeo

    En días pasados, un grupo de voluntarios de MODEPEN – Ribadeo estivo a desenvolver unha enquisa entre os usuarios do centro de saúde de Ribadeo.

    O cuestionario, que ó final foi contestado por 162 persoas que acudiron ó centro de saúde entre mércores 10 de xaneiro, xoves 11 e venres 12, foi deseñado para recoller datos sobre diversas características dos asistentes. Entre elas figuraban a idade, sexo, departamento sanitario de asistencia, procedencia da vila ou do rural e, sobre todo, medio polo que se achegaban ás instlacións. A recollida de datos fíxose en dous días con asistencia a analíticas, mércores (mercado en Ribadeo, como se sabe, e maior afluencia de xente do rural ó pobo) e venres, e un sen ela, xoves. Nos dous primeiros recolleuse algo menos de un terzo do total cada día, e no último, algo máis. Polo demais, non houbo incidencias particulares, aínda que se recolleu tamén algún detalle extra en enquisas e momentos concretos, para o seu análise particular

    O seu deseño foi realizado para poder contrastar as afirmacións mantidas por cada parte na xuntanza que se tivo o pasado día 21 de decembro entre o alcalde e unha representación de MODEPEN. O que se falou alí estivo relacionado co futuro do emprazamento e condicións do Centro de Saúde, polo que se realizou esta enquisa para o estudo dos desprazamentos da xente que acode á súa atención sanitaria en Ribadeo, e así procurar o apoio da realidade en favor das diversas opcións que aínda son posibles para a renovación das actuais instalacións ou a construción dunhas novas afastadas do centro da vila.

    Déixase en baixo un resume dos resultados, entre os que destacan:

    - a relación 76 % de xente que acode a pé fronte a só o 24 % de xente que se achega en coche.

    - que a relación a anterior coincide abondo ben coa porcentaxe de asistencia de xente que reside na vila e no rural (estea ou non censada no lugar onde reside efectivamente!), porcentaxe que é dun 80 % para residentes na vila fronte a un 20 % de residentes no rural.

    Asemade, a conclusión:

    A xente que se despraza a pé veríase en xeral negativamente afectada pola localización que se pretende do centro de saúde nas aforas da vila (de feito na parroquia de Ove), dificultando o desprazamento a pé, mentres que á xente do rural seríalle indiferente, se ben en moitos casos a situación do Centro de Saúde nas aforas suporíalle o ter que mover o coche para facer xestións no pobo.

    É dicir, nun tema fundamental en relación ó acceso sanitario, non se aprecian para os usuarios avantaxes da construción dun novo centro de saúde fronte á estación de servizo á entrada de Ribadeo, en contraposición a unha ampliación do centro en funcionamento ou o uso dun lugar non moi afastado do actual para a construción dun novo. Todo dito, sen contar con que necesita unha variación do PXOM ou un orzamento adecuado, e sen que á súa vez, ambas cousas interfiran na dotación de persoal do centro, minguada dende hai tempo.

Resume dos resultados, táboa e gráficos, da enquisa sobre o transporte utilizado polos usuarios do Centro de Saúde de Ribadeo. 

 





20240614

Nota de prensa. PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE

O Centro de Saúde de Ribadeo na actualidade, no Google Maps

 

PLATAFORMA POLA DEFENSA DO CENTRO DE SAÚDE
 
        Como é sabido o Concello de Ribadeo e a Consellería de sanidade da Xunta de Galicia veñen presentando, dende hai mais de dous anos un proxecto de construir un novo Centro de Saúde en Ribadeo que podería ter algunas ventaxas con respecto ao actual e tamén algúns inconvintes. Por este motivo un grupo de veciños e veciñas tivemos unha serie de xuntanzas e intentamos analizar os pros e contras deste proxecto e imos exponer aquí un resumen do que levamos falado para coñecemento da veciñanza e que cada quen poida opinar como considere oportuno.
        En primeiro lugar debemos suliñar que non temos nengún inconvinte en que se constrúa un novo centro se sirve para mellorar o servizo actual, ¡faltaría mais¡ pero por ahí empezan as dúbidas. Non coñecemos - porque non se publicou – nengún informe técnico que especifique cales son as carencias do centro actual e porqué non se poderían suplir con unha reforma do mesmo, que sería moito mais barata.
        En segundo lugar, e esto é o que mais nos preocupa, preténdese construir o novo centro nun solar situado en fronte da estación de servizo, ou sexa a un km do centro actual e do miolo do casco urbano, o cal significa que a gran maioría dos usuarios e usuarías terían que desplazarse a pe ou en coche particular ou en taxi para recibir asistencia sanitaria.
        Para coñecer mellor estes detalles fixemos unha serie de estudos e aquí van os datos concretos que poden interesar á veciñanza: Cada día de luns a venres acuden ao centro de saúde unhas 600-700 persoas por diferentes motivos (análisis, consultas, trámites burocráticos, urxencias, etc). Somente para análisis son 50-60 persoas (non todos os días). Fixemos unha enquisa entre as persoas que acudían a facer análisis e un 75 % aproximadamente desplazanse a pe, mentras que un 25 % veñen en coche. Dos que van facer análisis, arredor dun 67 % son persoas de mais de 65 anos, moitos de eles con dificultades de desplazamento como calquera pode entender.  Outra cousa que fixemos foi ponernos diante da estación de servizo entre as 8:30 e 13 horas da mañana en seis días distintos de semana e contar os automoveis que pasaban dando como resultado que a media foron entre 7 e 14 coches, furgonetas ou camións por minuto nese tramo horario. Pode entenderse fácilmente o que esto significa se se engaden outros 400 ou 500 coches entrando e saíndo do aparcamento do centro de saúde que agora se pretende levar a esa zona da Cantalarrana. Serían entre 800 e 1000 vehículos movéndose por aquela curva con mala visibilidade e ca estación de servizo enfronte. Esto son números que calquera pode comprobar, aquí non hai demagoxia nen política de nengún tipo. E téñase en conta que estes datos foron recollidos no mes de marzo, a ver qué pasa no vran.
       Tamén debemos informar que o 21 de decembro de ano pasado tivemos unha entrevista co Sr. Alcalde e outras persoas do concello e dado que non chegamos a convencernos uns e outros quedamos en que nos citarían para unha nova charla con presencia de un técnico da Consellería de Sanidade pero o tempo foi pasando e ninguén nos chamou para ese novo encontro.
       O último que sabemos é que no Pleno Municipal do dia 14 de maio tomouse o acordo de iniciar os trámites para recalificar  os terreos destinados a este novo centro de saúde en fronte da estación de servizo.
        Aquí deixamos esta información. Dende o noso ponto de vista sería un erro histórico levar o centro de Atención Primaria para Cantalarrana tendo como temos un servizo accesible e cómodo no centro do casco urbano, ao que poden acceder a pe a gran maioría dos veciños como todos sabemos. Que se pode mellorar xa o sabemos, como todo na vida.
       Non entramos nas promesas da Xunta de Galicia. Só suliñar que temos a impresión de que queren suprimir o servizo de radioloxía, o que suporía unha perda de prestacións e ter que desprazarse a Burela cando se precisase unha radiografía sinxela. E poñendo os pés na terra non podemos esquecer que a Consellería de Sanidade non é capaz de garantir a consulta de Pediatría dende hai moitos meses, como todo o mundo sabe. O único que propoñemos aos veciños é que se informen e pensen o que mais nos convén, a ver se nos van cambiar as orellas polo rabo.
        Pola nosa banda iniciaremos unha serie de accións informativas das que daremos conta oportunamente.

20240606

Sobre a xuntanza pensionista de sábado 1 de xuño


    O pasado sábado foi a última, polo momento, xuntanza mensual (primeiros sábados de mes) de pensionistas en Ribadeo. Nela leuse un comunicado de Modepen e logo, tamén por Evaristo Lombardero, un pequeno informe relativo á última xuntanza a nivel Galicia. Aquí quedan ambos:

Primeiro, o comunicado a nivel europeo.

Resumo do manifesto acordado no Encontro de Plataformas de Pensionistas e Sindicatos de Europa

As plataformas e movementos de pensionistas e as organizacións sindicais que subscriben este comunicado, pertencentes a diferentes pobos da UE, valoramos positivamente o Encontro realizado en Bilbao e facemos pública a nosa determinación de facer fronte común ás reformas dos sistemas de pensións que se están a impoñer tanto dende as directivas e recomendacións da Comisión Europea como dende os Estados.

Aínda que a situación dos sistemas de pensións nos diferentes pobos europeos non é homoxénea, coincidimos en que as reformas que se están impulsando en relación coas pensións e os sistemas públicos de repartición caracterízanse por:

a) Redución progresiva das prestacións dos sistemas públicos de pensións (SPP), consecuencia tanto da perda de poder adquisitivo dos salarios e o aumento da precarización do emprego, como das reformas lexislativas que afectan negativamente ás persoas pensionistas.

b) Establecemento de pensións mínimas moi insuficientes, cada vez máis desvinculadas dos salarios mínimos en vigor en cada Estado.

c) Perpetuación da fenda de xénero, que se sitúa entre o 30% e o 40%, debido á escasa envergadura das medidas adoptadas para eliminala.

d) Redución da taxa de remprazo das pensións e aumento das vantaxes fiscais e de cotizacións sociais para promover as pensións privadas.

e) Cada vez maior número de pensionistas en Europa ven como as súas condicións de vida empeoran e vense obrigados/as a complementar a súa pensión prolongando a súa vida laboral en precariedade.

f) En definitiva, a voracidade neoliberal para incrementar os beneficios empresariais acentúa o desigual reparto da riqueza producida polos traballadores/as, base do chamado estado do benestar, incrementando os prezos das mercadorías e os servizos, reducindo salarios e pensións e utilizando recursos públicos para mellorar a súa conta de resultados.

Tralos debates mantidos no Encontro, demandamos:

1. Derrogar os aspectos regresivos das reformas que recortan os nosos dereitos e pensións.

2. Garantir o SPP de reparto e ingresos suficientes en cada un dos pobos europeos que permitan ás persoas pensionistas acceder a unhas condicións de vida digna.

3. Aumentar as taxas de remprazo entre salario e pensión, especialmente dos salarios máis baixos.

4. Medidas efectivas para eliminar a fenda de xénero en salarios e pensións.

5. Incorporar na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE o dereito a pensións públicas decentes e aos SPP de repartición.

6. Incorporar na Carta Social Europea o dereito a unha pensión pública mínima, concretada polo menos no 60% do salario medio.

7. Reforzar a obrigatoriedade dos Estados a manter unha Seguridade Social satisfactoria e a protexer socialmente ás persoas de idade avanzada.

8. Derrogación da norma europea que regula os plans de pensións individuais privadas.

9. Plans concretos para impulsar a repartición equitativa da riqueza, a creación de emprego de calidade e pensións decentes nos diferentes pobos europeos.

10. Acceso a pensións dignas ás persoas que, malia traballar en Europa, non teñen recoñecida a nacionalidade europea, así como a súa regulación inmediata.

Por todas estas razóns, facemos un chamamento a realizar unha mobilización compartida no conxunto de pobos da UE, que se concretará nos próximos meses.

Estas demandas serán presentadas ao Parlamento Europeo, á Comisión e aos distintos Parlamentos dos Estados membros para o seu cumprimento efectivo.

Como se ten demostrado, a mobilización consegue resultados e é a mellor garantía para conseguir os nosos obxectivos.

Este comunicado está aberto á adhesión de cantas organizacións de pensionistas e sindicatos europeos o queiran subscribir.

Os nosos dereitos non caducan coa idade!

Esta batalla ímola gañar!

Bilbao, 24 de maio de 2024.

E o informe dos últimos movementos nos que tomaron parte xentes de Ribadeo, a nivel Galicia:

O luns seis de maio participamos na concentración de Modepén de A Coruña, fomos 15 e tamén houbo unha concentración en Vigo, formando parte das concentracions en todo o estado español promovidas pola Unidade de Acción e nas que se leu un comunicado cas reivindicacións que vimos defendendo nos últimos anos e que se concretaban nos puntos tratados.

Tamén o pasado domingo fomos á manifestación de Palas de Rei contra o proxecto da macropranta de celulosa que a empresa protuguesa Altri pretende instalar nese concello, como sabedes de chegar a realizarse tería unha extensión de 366 has, tomaría 46 millóns de litros de auga diariamente do embalse de Portodemouros e devolvería uns 30 millons de auga tratada e contaminante, ademais das emisións de gases cargados de partículas e productos químicos por unha chiminea de 70 metros de altura. O caso é que fumos un autobús de 55 persoas de toda a Mariña e alí xuntámonos con compañeiros e compañeiras de Vigo, Ferrol e outros de MODEPEN que levaban unha pancarta do noso grupo. Anque non é un tema específico das pensións, MODEPEN quixo estar presente e poñer o seu graíño de area neste movemento galego tan importante. Foi unha gran xornada de loita con mais de 20 000 persoas de toda Galicia.

Temos que comentar que para o día 14 de Xunio estaba prevista a Asamblea anual de Modepen en Valdoviño, perto de Ferrol, creo que non o comentamos na concentración do catro de maio porque estaba sen fixar a data, pero resultou que os compañeiros e compañeiras de Ferrol que se encargaron de organizar a xornada atoparonse con nun nproblema de última hora co restaurante que se comprometera e agora ten facer unhas obras e vaise aplazar a asemblea; de momento non se sabe o día definitivo, que se saberá o martes nun concello nacional que se vai celebrar ese día, pero estase barallando o 21, que aínda non é definitivo, xa o comunicarei no grupo de whatsapp. Pero se alguén se quere apuntar, que saiba que será por esas datas. Eu se é o 21 non vou poder ir por consulta médica en Oviedo e non a quero cambiar porque xa levo tempo agardando.

Outro tema que temos pendente é o do centro de saúde. Como recordaredes o 21 de decembro tivemos unha entrevista varios dos que estamos aquí co Sr alcalde e outras representantes do concello e nela expuxémoslle as nosas críticas ao proxecto do novio centro de saúde, sobre todo a localización onde o queren poñer que está a un km do casco urbano o do cenbtro quen é moito mais accesible para o uso dos v eciños. Eles deron unha serie de explicacions e promesas que non nos convenceron e quedamos que veria un técnico da consellería de sanidade para ter unha nova entrevista pero vilñeros as eleccions autonómicas e non se cedlebrou a devandita entrevista á que se comprometerá o alcalde e finalmente no pleno municipal do 14 demaio aprobouse seguir cos trámites para recalificar os terreos enfronte da estación de servizo e seguir adiante co proxecto demencial e descabelado de levar o centro de saude á esa zona enfronte da estación de servizo. Neste tempo tamén fixemos dous traballos: un foi facer unha enquisa a primeira hora da mañan ás persoas que viña nao dentro de saúde e preguntarles se viñan a pe ou en coche, e mais do 75 % veñlen a pé. A esta enquisa respostaron 260 persoas maiormente de idades avanzadas e outra cousa que fixemos foi poñernos diante da estación de servizo en distintas horas da mañá e contar os coches que pasan e puidemos comprobar que circulan unha media de 10 a 14 coches por minuto por esa zona en días de semana. Fumos seis veces, ou sexa que a proba e bastante representativa. Agora hai que pensar no que significa engadirlle 300 ou 400 coches diarios a ese punto, das persoas que accedan ao centro de saúde. Outra cousa que nos decatamos é que proxectan suprimir o servicio de radioloxía. Agora lanzan a mensaxe de que xa está todo feito e non se pode cambiar, pero esta é a eterna disculpa. Pola nosa banda segueremos loitando para que se desbote este proxecto e se valore restaurar o antigo centro ou construir o novo perto do casco urbano.

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE

20250219

Pleno Ribadeo 20250218 extraordinario

Pleno en Ribadeo 20250218, extraordinario


    Onte celebrouse un pleno extraordinario, que, mirado dende certo punto de vista, tamén foi un extraordinario pleno para reflexionar sobre o xeito de facer política na actualidade e en particular dende o concello de Ribadeo.

    Vaia por diante que o audio, tomado dende a zona de público do Salón dos Alcaldes, ten un corte de medio minuto a partir do 44:22 por mor dunha confidencia que me fixeron no momento, quedou gravada e estimo non está contrastada aínda, polo que lle podería traer problemas a quen ma fixo.

    Estabamos de público un grupiño de xente en contra de que se instale o novo centro de saúde ás afóras de Ribadeo (ó final, un do grupo díxolle a unha concelleira que terían que poñer liña de autobuses ó centro de saúde), grupo que entre outras cousas fixo xa hai máis dun ano unha enquisa na que resultou claro a improcedencia do lugar, e xa comezado o pleno entrou outra persoa máis. Por parte dos concelleiros, estaba ausente Pablo Vizoso.

    O que poda comentar aquí pódese escoitar de primeira man no audio, mais aínda así deixo un par de notas como orientación.

    A primeira, algo que xa notei en audios anteriores referidos a algún pleno, sobre as respostas do alcalde: se lle falan de algo que se está a facer mal agora e corrixible, ou ben considera opinións o que son feitos ou ben (ou  tamén) ponse a falar de cousas que segundo el sucederon en mandatos anteriores e só adica un pouco de tempo á contestación propiamente dita, ás veces mesmo con argumentacións que testemuñano contrario do que está a dicir, como no caso da compra dun camión o ano pasado, antes da aprobación dos orzamentos, nos que non entrou, e a pagar este ano cunha modificación orzamentaria. Na contestación tamén é normal que remate afeando ó seu interlocutor a súa disposición, o seu desoñecemento, ou outras cousas, veña ou non a conto (esto último, o máis probable)

    Por outra banda, e en relación ó centro de saúde, motivo polo que estabamos alí, a aprobación unánime da tramitación da expropiación, aínda con discusión sobre a falta de médicos en Ribadeo. Nin goberno nin oposición se fixeron eco das preocupacións documentadas que se teñen manifestado. Tampouco saíu -non era o tempo- que 'de saída' o novo centro de saúde non está previsto que teña Raios X, co que se perde xa un servizo dos que viña prestando.

    Unha última cousa: a excepción dun erro, a convocatoria parece que foi un segredo (aínda que houbera unha nova na prensa que alertou sobre o tratamento do centro de saúde), pois non a vin aparecer nin nas notas do concello nin na sede electrónica, nin chegou de ningún outro xeito. Unha costume que sería cousa de erradicar, o de non saber ó detalle os puntos que se van tratar...

 


 



20240514

Esta tarde, pleno

    A comezos de ano (en ribadeando, o día 17 de xaneiro) un grupo de xente relacionada con MODEPEN demos a coñecer unha enquisa sobre o uso do centro de saúde de Ribadeo, a conto da pretensión de facer un novo centro de saúde ás afóras da vila. Antes, tiveramos unha entrevista co alcalde.

    Pois vben, hoxe, 14 de maio, hai un pleno que vai tratar non os datos ofrecidos, nin a falta de explicacións por parte da Xunta que foi ofrecida e disposta na xuntanza co alcalde, senón a recualificación de terreos no PXOM para facer o centro sen cambios. Asemade, tratarase da bandeira e escudo e Ribadeo, pero non se tratará do tema que estes días está dando tanto que falar en relación á sanidade en Ribadeo, a praza de pediatría no centro de saúde de Ribadeo:



20160109

Oio soar o vento, non a 'música do Nadal'

O día 7 de xaneiro unha lembranza automática nunha rede social retrotraeume por un momento a un ano pasado coa mensaxe deixada naquel momento por outra persoa: era sete de xaneiro e en Ribadeo estarían soando os altofalantes reclamo coas pretendidas cancións de Nadal. Este sete non tocaban os altofalantes. Nin o fixeron tampouco o seis, nin o cinco...
Este inverno na Coruña ou en Xixón non había altofalantes inundando a rúa con cánticos de Nadal. Quizais iso fixo que este ano foran máis visibles os comentarios contra desa práctica en Ribadeo, que ten unha 'tradición' orixinada cara comezos de século. Comentarios, protestas e demais que deron lugar a algún altofalante clausurado por molestar (recoñecendo polo tanto causar prexuízo) xa a comezos deste período, e que remataron (o proceso concreto non sei cal foi) por eliminar os cánticos sobre as rúas a partir do día 3 de xaneiro, despois de estar mesmo ano novo soando á mesma hora de sempre, aínda que o pavimento non tivera por riba máis que o ceo a media mañá. E, co ceo, chega con cerrar os ollos. Co son, non chega con tapar os oídos.
É dicir, ó final desta tempada de Nadal, Ribadeo igualouse á Coruña, (e, dentro de Ribadeo, as zonas 'sonoras' coas 'non sonorizadas') despois de ter comezado cun horario máis racional que outros anos e cunha intensidade sonora máis adecuada que a atronadora dalgún outro (aínda que con diferenzas apreciables entre as diversas obras). De calquera xeito, máis de dúas semanas de música controvertida ben pola súa existencia, ben pola elección, pola repetición... xa deixaron máis de 100 horas de 'panxoliñas' mesturadas, en número de 100 (din, que non as contei, aínda que algunhas podíanse escoitar ao menos tres veces ó día).
Altofalante en Rodríguez Murias

Quero lembrar as razóns esgrimidas para poñelas, que coido se resumen no contido dunha entrada nunha rede social: "as ventas en Ribadeo, pueblo de servicios, son muy importantes nas Navidades". En relación a iso, levo anos abondo na procura dalgún estudo que diga que o ruído estimula as vendas, pero non o dou atopado, e si moitos que confirman que é malo para a saúde. E sobre a música, a cousa varía segundo cal, como e en que circunstancias, sen considerar que a máis das vendas, habería que ter en conta á xente: unha vila non é (ao menos só) un centro comercial. Polo demais, díxose que se fixo unha enquisa e saiu que si (entendo que sería entre os comerciantes que responderon), que había 100 cancións, tres horas de música para que non se repetiran...

Deixo como ilustración algunha cousa que se puido ver nas redes en contra da 'ambientación musical do Nadal':