20220514

A Bretaña que hai en nós, a presentación da exposición

    Onte tivo lugar a presentación da exposición 'A Bretaña que hai en nós', na oficina de turismo de Ribadeo, e que estará ata o 30 de maio. Participaron o alcalde, Fernando Suárez Barcia, Anxo Martínez, presidente da Asociación de irmandamento Ribadeo-Loctudy, Nadine Chaminand, présidente du Comité de Jumelage de Loctudy, Xoán Carlos Garrido, o autor da exposición, e Pierre Yves Rougier, que, a máis da intervención musical coa súa compañeira Ugía Pedreira, fixo unha pequena pintura desta terra a mans dun bretón que a coñece ben.

    Deixo en baixo o cartel anunciador, as intervencións de Fernando Suárez (en audio) e o resto de intervintes en orde (en vídeo, a excepción da música, que foi a primeira que soou) e as fotos/pdf da exposición.

Verbas de Fernando Suárez.






Ningún comentario: