20211210

Sobre a charla 'Eólicos na Mariña, así non'


    Onte venres, no cine teatro de Ribadeo, tivo lugar a charla de #eolicosnamarinhaasinon para a información e concienciación sobre os novos parques eólicos na Mariña e alén. Unha charla que coido que foi interesante (non puiden estar a toda ela), con información de todo tipo relacionada coa construción, funcionamento e efectos dos parques eólicos. Feitos con monstros de 220 m de alto, os novos parques non daría opción a D. Quixote, que non chegaría a rozar as pás co pico da súa lanza nin alzándose sobre a montura. Unha das diapositivas usadas por Iván Lombardero na súa exposición deixaba ben claro a escala, comparando un muiño e a Torre dos Moreno, case dez veces máis baixa. Consideracións económicas, ambientais, de sostibilidade... pasaron por diante dos presentes co apoio das diapositivas.

    Unha charla para aprender e comprender antes de decidir e obrar (a lembrar que mañá, día 11, hai manifestación en Foz, ver convocatoria ó final). Deixo abaixo un pouco máis dunha hora dela.

    Na charla tamén participou xente de Oscos-Eo, que o domingo terán asemade unha difusión nas Figueiras:

    A convocatoria de mañá:

Ningún comentario: