Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta verquidos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta verquidos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20151007

A RIA DE RIBADEO NOS PROGRAMAS ELECTORAIS. Artigo de Evaristo Lombardero Rico

Neste escrito analízase a presencia da Ría de Ribadeo nos programas electorais dos grupos que obtiveron representación nas últimas eleccións municipais.
A efectos espositivos encadramos en catro apartados os complexos e múltiples problemas pendentes da solucionar na ría, sen perder de vista que todos están íntimamente interrelacionados. A saber:
1.- Necesidade urxente de dotar á ría dun Plan de Protección Medioambiental. Como xa temos publicado repetidamente esta norma é preceptiva dende novembro de 1989 pola inclusión no Rexistro Europeo de Zonas de Especial Protección de Aves e despois polo Convenio RAMSAR, NATURA 2.000, etc. A competencia é das CCAA e do estado. Os concellos poden facer unha gran labor exixindo o cumplimento da norma e aportando información.
2.- As actividades de interés económico e promocional, que en gran medida estarían inseridas ou reguladas no ponto anterior. Aquí poderíamos incluir actividades industriais (asteleiros), turísticas, portos, pesca, marisqueo, explotacións que impactan directa ou indirectamente na ría, como agroforestais, lecer, etc. Obviamente a conta é amplísima.
3.- O nome da ría. Algunhas administracións públicas seguen utilizando a denominación incorrecta e ilegal “Ría del Eo” pesie ao acordo da Comisión de Nombres Geográficos de 8 de Marzo de 2008. Concretamente o alcalde de Ribadeo participa na Agrupacion Puente de los Santos e na Reserva de la Biosfera Rio Eo e Terras de Buron que utilizan sistemáticamente a denominación incorrecta.
4.- Competencias municipais directas, verquidos, saneamento etc.
Deseguido preséntanse os datos obtidos na revisión dos programas electorais seguindo este esquema.
BNG:
1.- Non fai nengunha referencia ao Plan de Protección da ría nen directa nen indirectamente.
2.- Hai varias referencias: Ponto nº 10 “Propoñeremos á Xunta un novo dragado…” Ponto nº 21“…introducción no mercado… dos produtos… da ria” . 27: “…aproveitamento da ría para deportes…” 74: repite o 27. 95: Repite con outra redacción o 21.
3.- Cítase a ría cinco veces, pero non se utiliza ningunha vez a denominación Ría de Ribadeo. Tampouco hai nengunha referencia nen directa nen indirecta á problemática do uso incorrecto do nome da ría por organismos oficiais.
4.- 102: “Seguiremos avanzando no saneamento das parroquias…” Non hai referencias aos verquidos nas Aceñas, Vilavella, Praia dos Bloques, Porto de Porcillán, etc.
CIUDADANOS:
No programa electoral deste grupo cítase unha soa vez á ría ca seguinte frase: “Poner en valor nuestra ría, nuestras playas…”. Para non enfastiar ao lector non repetimos o desglose por pontos como fixemos anteriormente. Tampouco atopamos referencias indirectas aplicabeis a eses pontos.
PARTIDO POPULAR
No Programa publicado polo PP non aparece citada nengunha vez a Ría de Ribadeo, nen co seu nome completo nen sequera como “a ría”. No apartado adicado á Zona rural , no ponto 3 di: Aposta firme polo saneamento do rural. Pero non se especifica nada concreto sobre os verquidos citados anteriormente.
PSOE
O PSOE presentou un documento con formato de díptico, incluindo 20 pontos e outro documento dixital, na sua páxina WEB (http://agrupacionpsoeribadeo.es), con 100 pontos. O primeiro é un resumen do segundo polo tanto faremos referencia este ao citar a numeración dos apartados.
1.- Non se fai nengunha referencia expresa a un Plan de protección Ambiental da ria.
2.- O ponto 97 di: Promoveremos o dragado e saneamento da ría diante das distintas institucions.
3.- No ponto 56 cítase a “Ria de Ribadeo” ao facer unha proposta oara uso do Forte de San Damián, sen aludir ao problema da denominación da ría.
4.- Podemos citar outravolta o ponte 97 onde se fala do “saneamento da ría” debendo suliñar que non se teñen en conta os verquidos que citamos anteriormente e outros que poidan existir.
En resumen, ésto foi o que atopamos nunha revisión dos programas electorais difundidos polos catro grupos que obtiveron representación nas eleccións municipais do pasado mes de maio.
Respecto do apartado 1: Nengún deles se prantexou a necesidade de conquerir un Plan de Protección, de axuntar información ou de concienciar á veciñanza e as administración sobre este tema.
Respecto do apartado 2: Hai algunas referencias, pero non parece que a ria por si mesma sexa un elemento de atención preferente dende o ponto de vista das actividades económicas e promocionais.
Respecto do apartado 3: So un grupo utiliza por unha soa vez a denominación Ria de Ribadeo. Nengún grupo se prantexa o problema do uso incorrecto e ilegal da denominación da ría por parte de moitos organismos da administración española.
Respecto do apartado 4: Nengún grupo menciona os verquidos que citamos mais arriba e a necesidade de establecer un rexistro de actividades de todo tipo que poidan afectar á ría.
Anque a sua ubicación física está no Rio de Vilaselán debemos suliñar que nengún grupo fai referencia á supervisón, funcionamento e impacto dos verquidos da depuradora nin ao saneamento do Rio de Vilaselán.

20190326

Verquidos: ate a próxima


Si, xa o sei: o dos verquidos tocaba hai un mes, non agora.
Pero diso se trata, os verquidos volverán a ser actualidade cando nos volte afectar de xeito directo. E mentres? Non habería que ir loitando para que non volvera ocorrer? Porque denuncias, habelas, hainas, reproches, tamén, pero solucións, iso de 'problema resolto', coido que non. Ou é que me perdín algo?
Así, no próximo episodio voltaremos ás andadas de paso que tamén voltramos a sufrir o episodio.
Coido que se se puxo algunha solución, debera ser algo público e verificable. Que se as denuncias non teñen visos de veracidade, deberan tamén ter ter o mesmo tratamento: desmentido con datos e verificable. E, noutro caso, se 'non hai total seguridade', tamén debera ser público e verificable todo o proceso e os reforzos de seguridade para que se volve a ocorrer un 'episodio' quede totalmente claro que a fonte non é a denunciada anteriormente.
Mentres, se non se fai algo parello, voltaremos a estar nas mesmas. O único que queda é a posibilidade de apostar sobre se sucederá antes ou despois ou será denunciado por uns ou polos outros en primeiro termo. Hai moita vontade de armala, pero parece que abondo menor de solucionar o problema. O caso non é o único con esta disposición...

20170216

Noticia! Dous meses sen novas de verquidos do CAVI!

Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na 'Voz' dese día deixa clara a situación: "Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo Es lo mismo que ocurrió en reiteradas ocasiones en los últimos años". Ditos verquidos, producidos polo Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños, íntegramente dependente da Cooperativa Irmandiños, hoxe integrada en CLUN, rezuman ata a cuneta (non sei se entraría en funcionamento o sistema de depósito para atravesar a LU-133) e rematan no rego de Lexoso, augas arriba do encoro de Vilamariz que subministra auga a Ribadeo (aínda que del se extraia na actualidade unha porcentaxe menor).
Dende aquela non sairon novas aclarando que xa estaba en marcha a corrección, ou que se impuxo unha vixinacia dura (en teoría, vixiancia xa estaría habendo dende hai moito tempo), ou plans da empresa para atallar o problema.
Non. É dicir, volveremos a ter calquera día novas doutro verquido. Apostamos?

20091031

Apostillando a entrada sobre o estrangulamento económico dos concellos

Despois da entrada sobre a dependencia dineraria dos concellos respecto do urbanismo, atopo no mesmo xornal unha reportaxe sobre a futura nova normativa de urbanismo e unha entrevista, da que entresaco abaixo unha parte. E pregúntome se as dúas novas non son en parte, contraditorias.
"Todos os estudos anteriores incidían no problema da contaminación por fecais como o máis relevante. Pero coido que o problema medioambiental grave que ten Galicia é a ordeación do territorio. Ordear o territorio significa ter moi claro onde se constrúe, onde se pon cada un dos elementos necesarios para o desenrolo. Galicia, por problemas que non son novos, como as formas de asentamento e a dispersión dos núcleos, ten favorecido un modelo que explica esta cantidade de verquidos.
-Pero parece que este ordenamento desordenado aínda é alentado dende as Administracións.
-Foi favorecido polo 'desarrollismo' dos últimos anos, que non só non corrixiu a dispersión, senón que a aumentou. De aí que sexa moi difícil controlar centos de verquidos."

20151203

DRAGADOS NA RIA DE RIBADEO, artigo de Evaristo Lombardero Rico


O BOPA (Boletin Oficial Provincia Asturias) do día 2 de decembro publica o anuncio do proxecto de dragados na canle de As Figueiras para o período 2016-2019 e mais o Estudo de Impacto Ambiental que pode leerse en www.asturias.es. Anúnciase ademais un periodo de alegacións de 30 días, suponse naturais.
Nunha primeira ollada semella que o punto mais conflictivo van ser os verquidos dos materias extraídos nos dragados. Aínda non tivemos tempo de leer os volúmenes que se van dragar pero resulta obvio que serán moitos miles de toneladas. Respecto dos pontos de verquido puidemos apreciar que se estudan tres posibilidades, todas elas no radio dunha milla da boca da ría. Cando téñamos mais información publicaremos estes datos. Namentras convidamos aos interesad@s a participar nestas alegacións, estudar o proxecto e ponerse en contacto para facer un traballo de equipo.
Come é sabido o Principado de Asturias leva varios anos realizando dragados na canle de As Figueiras e verquendo os materiais extraídos a menos dunha milla da boca da ría según temos calculado repetidamente e teñen observado tanto profesionais en activo como xubilados. A opinión xeral é que unha parte deses verquidos volven entrar na ría ou quedan na boca contribuíndo a incrementar o volume da barra natural e dificultando a navegación. Ate agora temos remitido denuncias ás consellerías galega e asturiana en varias ocasións sen conquerir nengunha resposta. Tamén é certo que nunca tivemos a habelencia necesaria para implicar a concellos, partidos políticos, sociedades deportivas e outros colectivos ecoloxistas, profisionais, etc. Cecais agora que estamos na fase de Estudo de Impacto Ambiental se poida facer unha presión mais efectiva; falta saber se se quer.
Polo demais engadir que a nota do BOPA e mais o Estudo de Impacto Ambiental poden ser recurridos en lei, porque fan referencia unha ría imaxinaria, á que chaman “Ría del Eo” e como todo o mundo sabe esa ría non existe e esa denominación non pode ser aceptada en documentos oficiais, pero ao ver as fotos que figuran no expediente decatámonos de que debería ser un erro tipográfico xa que se estaban referindo á Ria de Ribadeo.
No centro, a canle das Figueiras. Foto de http://sigpac.mapa.es/fega/visor/

No centro, a canle das Figueiras. Foto de Google Maps

20081019

Asimetría

Vexo a nova de que o Concello de Castropol foi multado por Medio Ambiente con 600 € polos verquidos en Penarronda, procedentes do Polígono Industrial de Barres. Algo que xa saíu no blog con anterioridade e que fixeron ver os 'Amigos del concejo de Castropol', que tamén teñen alertado das deficiencias dos verquidos á ría de Ribadeo tanto de Castropol como da Veiga. Pregúntome cánto sería multa se en troques dunha institución, quen o fixera fora un particular.
En Asturias valoran positivamente en termos de vidas humanas o 'búho' entre Puerto de Vega e Ribadeo. Non dan detalles de uso. Coido que se lles esquece facer unha valoración sobre a incidencia a curto, medio e longo prazo das costumbres que implica o uso do búho, e que debera ser feita. De calquera xeito, parece que os búho si comezan a funcionar, forzada a xente pola diferenza de custe dos traslados entre transporte colectivo e individual, a parte da vixiancia da Guardia civil co alcoholímetro. E a promoción do transporte colectivo polo día, para cándo queda?
Onte a nova na prensa local e provincial foi a limpeza con que José Carlos Rodriguez Andina saíu do embrollo xudicial no que o metera o fiscal Izaguirre. Para aledarse non só el, senón todos, tanto porque todos contribuímos ó orzamento provincial como porque todos contribuímos á composición da Deputación e sufrimos ou desfrutamos das súas accións e decisións. O malo que teñen os procesos deste tipo (e de case calquera) é que sempre queda a sombra da dúbida, nun sentido ou noutro. Por exemplo, foi unha manobra política o metelo no caso? Ou, pola contra, o que non se logrou foi demostrar os feitos, non que non os houbera? E é que cos xulgados (e falo por experiencia propia aínda que valería coas novas que de cando en vez aparecen na prensa sobre algunhas decisións xudiciais), e cos seus xuízos, pode verse aquelo de 'os camiños da xustiza son inescrutables...'

20100120

Sobre o pleno de 20100118 (II)

Sobre o pleno de 20100118, parte 1ª.
O punto seguinte foi a ordenanza de verquidos, cuxa actualización parece ser que esixe a Xunta. é neste punto onde se aplicou o que dicía UPRi días atrás na prensa de duplicidade de cobro pola taxa de depuración, mantendo un pequeno turno de explicacións, rematando cunha votación de 8 a favor contra 5 en contra, cunha aclaración do PP de que aceptaba a ordenanza tendo en conta que cando fora asumido o control da xestión de verquidos pola xunta habería que reprantearse as taxas, algo co que o BNG estivo de acordo.
No punto 7º deuse a unanimidade nas licenzas de 1ª ocupación propostas.
Foi entón cando se fixo a presentación das dúas mocións de urxencia. A primeira, polo PP, sobre o regulamento do asilo, para facer unha variación no punto que trata sobre as admisións. A raíz do caso de dúas persoas concretas, solicitaron a urxencia e propuxeron variar a necesidade de estar empadronados alomenos durante os 2 anos anteriores para pedir praza, esxpoñendo que Ribadeo é terra de emigración e houbo xente que son ribadenses pero que pasaron os últimos anos fóra. Considera o alcalde que habería que falalo antes para ver os termos, pero razónase que é unha primeira aprobación e logo hai a exposición pública de 1 mes, polo que se poden modificar cousas despois. É aceptada a urxencia e debátese, presentando a alcaldía o que chama un 'informe rápido' do asistente social que di esixir máis que o que di o PP, 10 anos + a baixa consular para estranxeiros. Apróbase con 9 votos 4 abstencións (BNG)
A outra moción de urxencia foi por parte de UPRi, sobre a comida dos maiores no piso tutelado de Rosalía de Castro, 10,1º. Usan os servizos do piso 7 persoas, 6 homes e 1 muller, e alega UPRi que só 2 ou 3 persoas comen o catering, pedindo que as comidas se fagan no piso e que se revisen a diario os menús a parte dos do piso tutelado. A urxencia é aceptada, pero con diverxencia de opinións do que pode ou non resultar urxente entre o PSOE e o PP. O debate complícase por varias razóns, entre as que están a discriminación segundo está a proposta entre a xente do piso tutelado e o resto de receptores do catering, o contraste das queixas por aprte dos servizos sociais, a diferenciación entre queixas de calidade e queixas por motivo de paladar, o refrendo de días pasados realizado polo colexio de médicos provincial sobre o menú, a oferta realizada hai xa tempo por parte do asistente social de cambiar o menú se non gustaba e se podía, ... ó fin, queda só sobre a mesa a segunda parte da proposta, a revisión continuada. Queda a cuestión de quen e como o revisa, sendo votado por 9 votos a favor e 4 abstencións (BNG).
Este último punto deu lugar a varios momentos curiosos. Por exemplo, unha proposta irónica de que se levaran os menús do día ó pleno para o seu testado. Eso si, por sorpresa.
Eran nese momento ás 10 e 10, e comezou o turno de rogos e preguntas.

20240125

Os nosos problemas socioeconómicos non se amañan con fotos. Pablo Mosquera

Os nosos problemas socioeconómicos non se amañan con fotos

Escoitaba hoxe a Cándido Méndez nunha desas tertulias de cedo. "Fagamos virtude da necesidade". "Se as bólas brancas de plástico -polietileno- serven para concienciarnos de como os nosos mares están plagados ou contaminados por plásticos, teremos aberto a luz á conciencia sobre os vertidos e as súas consecuencias".

Pero, por favor, deixen de facer fotos ridículas!!! Non hai nada máis estraño que un pailán/a con traxe de domingo recollendo unha a unha bólas do vertido nunha praia só para facerse unha foto. Afortunadamente, este non é ese chapapote que como unha negra sombra nos invadiu no inverno de 2002-2003.

Pero debemos aumentar as alertas, as antenas e os vixiantes contra os verquidos terrestres, marítimos e aéreos. Especialmente os compostos por metais pesados, tanto pola súa acción directa contra a saúde humana como contra os efectos sobre a cadea alimentaria. E aquí non exclúo a ninguén por debates xurisdicionais, mesmo debo incluír aos comités de empresa das fábricas cuxa cadea de produción é moi sospeitosa de producir verquidos cuxa denuncia choca con "coidados" para evitar malas noticias que xustifiquen peches por outros custos insostibles.

 Lía estes días dúas noticias en colisión. O incremento das pensións para facer fronte aos compromisos que impiden a perda de poder adquisitivo dos que levamos máis de 45 anos cotizado -o meu caso- fronte aos ingresos para a hucha dun dereito que, xunto coa sanidade e a educación, conforman o núcleo intanxible do Estado do Benestar.

Á dispersión poboacional sumouse a pirámide poboacional da nosa Galicia. "Galicia necesitaría 370 000 cotizantes máis para soster as súas pensións". Pechamos o 2023 cun 27% dos cidadáns galegos con 65 anos cumpridos. E unha tormenta insolidaria. Tanto Euskadi como Cataluña pretenden xestionar a Seguridade Social. O que se suma ao Convenio Económico que, disfrazado de Dereito Constitucional Histórico, segue sendo un privilexio desigual no Estado das Autonomías.

Sabemos perfectamente que as cotizacións son ingresos do sistema que se ven afectados pola calidade do emprego, sendo inimigos da loita contra a precariedade e a temporalidade. Pero tamén hai un mapa que amosa desigualdades e desequilibrios territoriais que poñen en cuestión os principios progresistas de equidade e igualdade interterritorial e é aí onde agardamos que a conduta dos dirixentes sexa capaz de garantir a cidadanía da calidade que dan estes dereitos sociais no tratamento sanitario, educativo e social, especialmente para atender a dependencia. Isto último lévame a lembrar a envexa de que pasei cinco mandatos no Parlamento Vasco e tres no Parlamento Foral de Álava, vendo como esa "foralidade" lles permite ter máis recursos, mesmo para atender á poboación rural campesiña ou pescadora, isto o último con plans de renovación da flota e dos portos que me lembraron a miña infancia e mocidade vendo como traballaban os nosos mariñeiros en barcos de segunda man comprados aos arrantzales biscaíños e guipuscoanos.

Naquelas parroquias que son o tecido social e cultural da miña querida Galicia, sempre quero ver aos dirixentes facéndose fotos nos Centros de Saúde con todo o persoal sanitario necesario.

Pablo Mosquera Mata




20121017

¿QUE E UN PORNA? - artigo de Evaristo Lombardero Rico

¿QUE E UN PORNA?
Dende hai varios anos vimos insistindo na necesidade de que a Ría de Ribadeo conte con un PORNA, pero coido que nunca explicamos o que significa esta palabra.
PORNA son as iniciais de PLAN DE ORDENACION DOS RECURSOS NATURAIS.
¿E qué importancia ten ésto de ter un Plan de Protección dos Recursos Naturais da Ría de Ribadeo?. Para respostar a esta pregunta hai que botar man do sentido común e mais da lexislación vixente en materia de medio ambiente.
O sentido común dinos que esta ría é un espacio que compartimos varios miles de persoas e hai unha serie de actividades como son os recheos, os verquidos, os portos, as industrias, as obras, os deportes, o marisqueo etc. que xeneramos as persoas. Vivimos a carón da ría e vivimos da ría e queiramolo ou non, xeneramos unha contaminación e un deterioro do medio natural derivado do tipo de vida da sociedade moderna. A custión é a seguinte: ¿Queremos facer algo para conservar este medio natural ou pensamos que non é necesario molestarse porque a ría pode con todo?. Facer “algo” significa establecer unhas normas de protección para conservar o que hai e que cadaquén non teña barra libre para dispoñer ao seu antoxo do qué pertence ao conxunto da sociedade.
Vexamos o estado da legislación vixente. No ano 1989 aprobouse unha lei de Protección dos Espazos Naturais, posteriormente derogada e ampliada no 2007 (Lei 42/07 de 13 de decembro, BOE 14-12-07). Estas leis obligan ao goberno español e aos gobernos autonómicos a redactar eses plans de protección que chaman PORNA. Ademais a lexislación europea tamén exixe a redacción destes plans de protección para os espazos naturais incluidos no Rexistro de Zonas de Especial Protección de Aves, Convenio RAMSAR, Rede NATURA 2000 e Reserva da Biosfera.
De xeito moi resumido o PORNA é unha norma de obligado cumplimento que debe establecer unha serie de elementos naturais, biolóxicos, paisaxísticos, culturais, urbanísticos, etc. que deben ser preservados para o futuro e as actividades humanas estarán controladas e deberán respetar estes elementos e adaptarse a esa norma. Por exemplo as normas urbanísticas municipais teñen que adaptarse ao PORNA.
O primeiro problema que temos é que dende 1.989 ata hoxe non hai nengunha proposta ou proxecto dos gobernos autonómicos, do goberno español, dos partidos políticos ou das maiorías ou minorías dos parlamentos e dos concellos que prantexasen a necesidade e mais a obriga de acadar esa norma de protección. Por decilo dalgún xeito existe un consenso negativo para eludir este plan de protección. Porque xa pasaron 23 anos dende marzo do 89, e xa pasaron polos concellos, polos gobernos e polos parlamentos varios centos de persoas e duas ducias de partidos políticos e resulta moi choqueiro, por non dicer sospeitoso, que a ninguén se lle ocorrese prantexar esta custión. Mesmo, cada pouco celebránse xornadas e xuntanzas sobre medio ambiente, acuden conferenciantes a nivel de cadeiradegos, directores xerais, directivos de sociedades ecoloxistas de sona mundial pero ninguén fala e ninguén escoita a necesidade de ter unha norma obligatoria de protección.
O segundo problema, que interactúa co primeiro é que nas sociedades humanas que habitan a carón da ría hai moi pouca información e escasa sensibilidade sobre a necesidade de ter unha norma de protección que suliñe os valores positivos a protexer e mesmo impida obras e verquidos como que o que denunciamos recentemente.
A miña impresión persoal é que un colectivo organizado, chámese plataforma ou como se queira, segue sendo absolutamente imprescindible para conseguir algún ano destes unha mínima mellora do actual estado da ría.
Evaristo Lombardero Rico.

20160505

DE DRAGADOS E VERQUIDOS (Segunda volta) , por Evaristo Lombardero Rico

Un novo dragado da ría foi avisado. De novo, coller a area e tirala demasiado cerca, sen máis. Evaristo Lombardero fixo unha reseña para entrar no meollo do que está a pasar cos dragados. Só algún apunte máis antes de deixarte coas súas palabras: 1 milla náutica = 1852 m é a distancia máxima á que se depositarán areas equivalentes a encher o campo de fútbol do Ribadeo, pouco máis de 6000 m2, cunha altura de area de preto de 40 m, que se retirará da canle de Gondán. A unha distancia que podería, ademais dos destrozos que cause nas proximidades do lugar de verquido, voltar entrar na ría.
O lugar sinalado na composición fotográfica sinala aprosimadamente a milla naútica de distancia á Punta da Cruz da que se fala no artigo de Evaristo.

"
O Boletín Oficial de la provincia de Asturias do día 3/5/16 ven de publicar a resolución pola que se formula declaración de Impacto Ambiental do proxecto de dragado n acalde de As Figueiras. A resolución, naturalmente, é favorable ao proxecto “con tódolos pronunciamentos”.
Lembraremos brevemente que o proxecto consiste no dragado de 225.000 metros cúbicos de materiais sedimentarios entre Asteleiros Gondan e a Ponte dos Santos, repartidos en catro anualidades de 55.000 m3 cada unha. O dragado leva aparellado o verquido destes materiais aproximadamente a unha milla ao norte da Punta da Cruz. A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo presentou unha alegación en tempo e forma ao ponto de verquido. Suliñamos o problema da colmatación progresiva na boca da ría, nos canais e nos resto dos espazos. Lembramos a evidencia destes datos, confirmados, entre outros, polos estudos batimétricos realizados para a confección das cartas mariñas oficiais e o amplísimo consenso entre os profesionais. Prantexamos como alternativa que o ponto de verquido se desprazase ao norte e que se fixese un seguimento do impacto do verquido con estudos batimétricos previos, perante e ao remate dos dragados. A resposta está na páxina www.asturias.es, “Consultas e información pública de trámites ambientales”. O sustantivo é a frase seguinte: No se contempla realizar estudios batimétricos de la zona de vertido, ni durante ni a la finalización del vertido, por no ser un requisito obligatorio (al tratarse de un vertido inferior a 250.000 metros cúbicos y de materiales de categoría A, tal y como establecen las directrices del CIEM en su artículo 46.3.V).
Despois de revisar as directrices do CIEM (Comisión Interministerial de estrategias marinas 2015) entendemos que a declaración de impacto ambiental fai unha lectura sesgada das devanditas directrices e concretamente do todo o capítulo VII (art 29 e seguintes) do cal somente imos suliñar os seguintes apartados pola sua extensión: 

   Art 29. Evaluación de las zonas de vertido
   1 Para aquellos materiales pertenecientes a las categorías A o B y cuya alternativa de gestión resulte ser el vertido al mar, el promotor de la actuación deberá proceder a la selección de la zona más adecuada para el mismo. Para considerar y evaluar las diferentes alternativas se deberá disponer de la siguiente información referente a cada zona y su entorno.
      i Características batimétricas de la zona.

     iii Localización de áreas amparadas por cualquier figura de protección autonómica, nacional o internacional, con determinación expresa de la distancia mínima hasta las mismas.
      iv. Identificación de otros usos legítimos del mar que pudieran resultar afectados por la actuación, con especial atención a la existencia de zonas sensibles y caladeros de pesca.
     v. Identificación de zonas degradadas, especialmente zonas de vertido de material dragado o de cualquier otro tipo de desecho, o contaminadas e información sobre las causas que originaron dicha situación y los contaminantes implicados.

   5. Sobre la zona finalmente seleccionada y cuando no se disponga de la información necesaria a través de estudios previos en la misma, se deberá proceder a la realización de campañas de reconocimiento y de toma de datos y muestras en campo con el siguiente alcance:
     i. Levantamiento batimétrico. 

Mais adiante as directrices recomendan que se teñan en conta especialmente as zonas incluidas na Rede Natura 2000 e prohíbe os verquidos onde haxa menos de 25 metros de calado. Se temos en conta que a propia resolución de impacto rexeita a posibilidade de realizar estudos batimétricos que os últimos oficiais publicados teñen mais de dez anos darémonos de conta cómo se están incumplindo outravolta as normas de protección da ría e mesmo dándolle un aer de legalidade a través dunha lectura parcial e sesgada das mesmas.
Fronte a esta situación hai varias vías. A xurídica, económicamente inviable e de eficacia nula. A política que agora pode ter alguna porta aberta pero fora na nosa comarca, onde non hai con quen contar. Debemos suliñar mais unha vez a papel do alcalde de Ribadeo e o seu grupo que non ten ninguna actividade nen proxecto de promover ningunha iniciativa pola protección da ría. Finalmente queda a vía da información e movilización sociocultural, tamén de escasos resultados."

20110428

A xestión da ría de Ribadeo: dous 'modelos'


Ría de Ribadeo cerrada ó marisqueo. Así podería rezar hoxe un cartel. A causa: Marea vermella. Un fenómeno natural, tendo neste caso como fondo unha diferenza de tratamento do tema entre Galicia e Asturias. Tanto de manexo da nova como de acción para evitar os efectos e reverquer a situación.
Na parte asturiana da ría de Ribadeo hai unha industria de recollida de marisqueo que na actualidade é máis importante que o que se poda recoller na galega. En Galicia leva unha semana cerrada a posibilidade de marisquear, de xeito preventivo. En Asturias, só onte se deu a orde.
Diferenza de información? Non creo que iso poda explicar máis dun día. Queda outra media ducía. Coido que a causa é sinxelamente económica. Pódese revisar a prensa e ver que outros episodios de marea vermella na zona das rías baixas, segundo a época, requeriron da administración actuacións diferentes, pois aí os intereses económicos son máis fortes.
A ría está contaminada. Ista contaminación non ten que ver coa dos barcos, ou coa dos verquidos, aínda que todo poda influír. Neste caso é unha 'enfermidade' que se ten manifestado xa no 2004, 2005, 2006 ou 2008, e que se cura de por si soa se se deixa as augas en paz. Isto último, o de deixar as augas e paz, tamén está cada día máis complicado... E, por certo, onde queda o plan conxunto para a ría entre as admistracións galega e asturiana? Está dito dende hai tempo que polo menos mentras non haxa una actuación conxunta e coordinada, a ría irá sen rumbo fixo, protestando os dunha beira cando fan algo os da outra, e viceversa, sen ter unha memoria conxunta, senón selectiva e vendo a palla no ollo alleo, pero non a viga no propio.
Sobre a marea vermella, noutro lugar.

20140804

Imaxes do verquido no CAVI

Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Irmandiños hai efluvios que van parar ó río grande (aínda Rego de Porto Bragán ó seu pé), antes do embalse de Lexoso que subministra a Ribadeo. O movemento implicou a diversas institucións, e polo silencio posterior, diríase que a cousa amañouse. Non é así. Onte mesmo, domingo, pola mañá verquía a una taxa maior que polo atardecer, cando están tomados o vídeo e as fotos, e cando o caudal era reducido. Pero parar, non parou, e é máis, non parece lóxico que vaia verquer precisamente na fin de semana. Sinxelamente, a cousa continúa. Perigosidade? Descoñezo o resultado das análises; máis aló de dicir que é malo, non podo ir.


As fotos: a primeira, na taxea antes de atravesar a estrada
 A segunda, despois de atravesar a estrada
 E na terdecira, o que se ría a 'fonte' actual. A dicir que no vídeo vese por onde manaba antes, que quedou limpo, sen maleza que poda medrar; agora mana un pouco máis embaixo, por entre a maleza
O mapa, centrado no lugar do verquido:
Anteriores sobre o tema:
Na mesa de asociacións
Nunha nota de prensa de O Tesón
Foto de peixes mortos no embalse de Cedofeita (non conectado coa nova, si coa contaminación xenérica)
Recapitulación anterior

20151007

Do (noso) mar... contaminado

Sabido é que o mar estase a converter nun vertedoiro. Contaminación nun lugar onde todo vai parar ou acumulación de residuos de plástico, con illas inmensas no centro dos océanos súmanse á sobreexplotación de especies e o desequilibrio ecolóxico consecuente.
Esta semana, coa xunta de confrarías en Burela e a xuntanza desta tarde do Grupo de acción Costeira A Mariña-Ortegal, parece que a atención da zona se centra un pouco máis nese veciño imponente e imprescincible.
Así, enterámonos de algo que informe de augas de Galicia, pero que ten dificultade para abrirse paso ata as nosas cabezas: mesmo nunha zona tan pouco contaminada relativamente como a nosa, hai detectados 19 verquidos contaminantes.
A pregunta xurde de xeito inmediato: por que non se frean? A resposta non a teño, aínda que despois de seguir un verquido continuado no CAVI (ou aquí, ou aquí...) ou outros tipos de contaminación como electromagnética ou acústica, ocórreseme algunha hipótese.
Mentres, tamén se expón que a acuicultura, tal e como se está a practicar, perxudica o marisqueo e a pesca. Non é novidade, e lémbrome a loita contra a planta que se pretendía implantar en Meirengos, e que deixou como restos a lagoa Cascos.
Para completar o panorama, esta tarde tentará decidirse a inversión / subvención de varios millóns de euros por parte do grupo de Acción Costeira. Xuntanza aberta en Celeiro, pero coido que non moita profundidade de estudo para ver o seu rendemento.
E mentres, en Ribadeo parece que miramos ó mar máis para bañarnos que para outra cousa... e é un lugar grande, extenso, poboado de vida como para mirar para el como se dunha bañeira xigante se tratara.
Deixo algún complemento interesante para investigar sobre a nosa costa:
http://visorgis.cmati.xunta.es/dhgc/
Normativa do plan hidrolóxico Galicia-Costa

20090711

É a irrigación boa?


Hai veces que nos preguntamos cousas que parecen contra natura. Como vai ser a irrigación mala? as terras irrigadas producen máis cantidade de vexetación, mellores resultados económicos... Todo parece bo, verdade?
Algúns proxectos con bondades semellantes propóñense para diversos lugares, mesmo para a ría de Ribadeo.
Pero ... hai que ollar algo máis aló. Aí están casos como a salinización das terras na media lúa fértil de Oriente Medio ou o antigo Mar de Aral, que ilustran como as cousas enganan con falicidade e supostos beneficios inmediatos e continuados en realidade enxendran perxuízos moito maiores. Hoxe paso a traducción dun artigo da ESA sobre o Aral, un caso documentado en infinidade de textos en papel e internet, e fotos, e...
"O declive do Mar de Aral"
"Estas imaxes do Envisat ilustran a dramática recesión da costa do Mar de Aral de 2006 a 2009. O Mar de Aral foi en tempos o cuarto reservorio de auga do mundo, pero durante os pasados 50 anos estivo continuamente crebándose, desde que os ríos que o alimentan foron verquidos en proxectos de irrigación.
Cara a fin dos 1980, tíñase partido en o pequeno Mar de Aral (ó norte), en Casaquistán , e o Grande Mar de Aral (ó sur), en forma de ferradura, compartido poer Casaquistán e Usbequistán.
No 2000, o Grande Mar de Aral partius en dous – un lóbulo este e outro oeste. Como é visible nas imaxes, o lóbulo este diminuiu ostensiblemente entre 2006 e 2009. Parece ter perdido un 80% da súa auga dende 2006, cando tiña unha lonxitude de uns 150km e anchura duns 70 km.
Espérase que toda a sección sur do mar esteña seca cara a 2020, centrándose os esforzos de salvación na parte norte.
O dique Kok-Aral, un proxecto entre o Banco Muncial e Casaquistán , foi construído entre as seccións norte e sur do mar para previr o fluxo de auga cara ó sur. Dende que se completou no 2005, o nivel de auga medrou na sección norte unha media de 4m.
A evaporación do Mar de Aral deixa detrás unha zona de 40 000 km2 de terreo seco, salgado, chamado agora deserto Aral Karakum. Cada ano, violentas tormentas de area levan máis de 150 000 tm de sal e area do Aral Karakum e transpórtana durante centeas de quilómetros, causando severos problemas de saúde á poboación local e facendo os invernos rexionais máis frios e os veráns máis quentes. Nun intento de mitigar istes efectos, está a ser plantada no antigo fondo marino vexetación que sobrevive en condicións de seca e salinidade.
No 2007, o goberno casaco conseguiu outro préstamo do BM para implementar un segundo paso, qeu inclúe a construcción dunha segunda presa tendendo a reverquer o desastre medioambiental causado pola man do home."
... pode observarse a diferencia entre a foto da galipedia e a recente que poño no blog, ou a máis antiga que tamén aparece arriba, turnándose coa actual.

20100119

Sobre o pleno de 20100118

14 persoas, no punto de maior ocupación, estiveron onte no pleno como observadores.
Os puntos, quitado o de aprobación de actas anteriores ó comezo e rogos e preguntas ó final, foron sobre resolucións de pago da alcaldía, deixación sen efecto de resolución anterior sobre a travesía cedida por fomento, e o acordo de aprobación do proxecto modificado sobre o mesmo tema, a aprobación da taxa do cemiterio, a taxa da ordenanza de verquidos e uso de sistema público de saneamento en baixa, as licenzas de primeira ocupación e dous temas que se debarteron como mocións de urxencia de urxencia, unha variación do regulamento de réxime interno do hospital asilo e outro sobre a revisión de comida para maiores.
No primeiro tema fixéronse diversas preguntas sobre facturas aboadas, incluídos algúns desacordos sobre a forma de presentación das mesmas.
En relación ó segundo e terceiro, sobre o proxecto da travesía, díxose que era a proposta da mesa de contratación tras conseguir a variación das anualidades polo concello, que agora estarían para 2010 e 2011, e ter observado diversos erros no proxecto anterior. Foron aprobados ambos con 8 votos a favor (BNG e PP) e 5 abstencións
En canto a aprobación da regulación do cemiterio, dende o comezo houbo unha distinción entre a necesidade da 'literalidade' normativa e a fiscalidade, pero a regulación é unha e había que votala por xunto, segundo aclarou o secretario. Díxose que existía lista de espera para os nichos, e falouse da necesidade de poñer un freo para a consecución de nichos, defendendo os dous anos de empadroamento en Ribadeo. Pasouse ó debate, onde se falou das diversas porcentaxes das subidas e de que non era tanta a urxencia por o aumento de incineracións. Asemade, tamén se baraxaron diversos outros números. Así, o aumento previsto de 1 101€ a 1 450€ nos nichos de 3 ocos. A xustificación final por parte do alcalde como achegamento ó custe dos servizos, cando se parte dunha base reguladora moi baixa, non surtiu efecto, e despois da negativa do PP á suba de taxas, que foi aplaudida por parte do público, a proposta foi rexeitada por 4 votos a favor e 9 en contra.
(2ª parte)

20180302

Un problema ambiental

Dende hai tempo véñense sucedende episodios de verquidos no CAVI,instalación que os Irmandiños (recentemente integrada en CLUN)teñen en Barreiros, entre o rego de Porto Bragán e o rego das Teixeiras, na parte superior da conca do río Grande. Agora, a fiscalía ven de instar ó xulgado a abrir un expediente, ó parecer a instancias do concello de Ribadeo, despois de anos de ter de cando en vez algunha multa administrativa. Antonte, ó facerse pública a nova, o concello de Ribadeo emitiu un comunicado cunha especie de 'por fin nos fan caso' mentres a cooperativa fixo o propio un día despois con outro ó que non tiven accesopor non estar nin na súa web nin nas redes sociais, pero coa mensaxe implícita 'a min que me rexistren', do que se fixeron eco Voz e Progreso (con títulos Os Irmandiños: «El CAVI no ha generado problemas ambientales significativos» e Os Irmandiños nega que xerase problemas ambientais "significativos").
Botando unha ollada á páxina de calidade de CLUN, parece contradicirse coas prácticas das que é acusado o CAVI, mais a contaminación da auga de subministro de Ribadeo está aí...
Situación do CAVI

20190331

O que non din sobre ALCOA. Pablo Mosquera Mata

Sei de certo que o que a continuación publico é "políticamente incorrecto" pero débome á miña conciencia de profesor de Saúde Pública na UPV.
O que non din sobre ALCOA
O diario nacional de máxima tirada en España, "El País", publicaba o 17 de marzo do 2010, un artigo titulado "Un estudo confirma contaminación por flúor preto de Alcoa". Nun radio de polo menos tres quilómetros a empresa con sé en Pensilvania e factoría aluminera entre San Ciprián e Xove, emitía partículas con alto contido en flúor. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) confirmaba o resultado dos estudos levados a cabo pola Universidade Compostelana. Pero non era a primeira vez nin a última. E é que o 9 de abril de 1979, hai unha reunión no Goberno Civil de Lugo coa asistencia de Eduardo Fernández Combarro, o Secretario Xeral, Delegado de Industria, Corporación Municipal de Xove, Confraría de pescadores de San Cibrao e altos cargos de Alúmina-Alumio, para poñer en funcionamento as medidas correctoras anticontaminación. É dicir, antes da inauguración da planta en 1980 hai preocupación e compromiso en relación aos cambios sobre o medio ambiente.
O que está escrito pode lerse e queda... En outubro de 1987 hai un movemento socio político en defensa da planta transformadora de aluminio ante a noticia da posta en marcha doutra planta no País Vasco, pero non se perdan o comunicado dos axentes sociais: "si Galicia soporta industrias altamente contaminantes como Aluminio Español, etc., debe terse a cambio algunha partida dos produtos obtidos nelas".
Máis recente, o 28 de xullo do pasado 2018, Ecologistas en Acción colocaron unha das súas 43 bandeiras negras ao Complexo de ALCOA POR CONTAMINACIÓN E MALA XESTIÓN AMBIENTAL. Por certo, non era a primeira vez que gañaban tal "galardón". Pero o publicado era "aglaiante": "Alcoa desfixo por completo unha zona costera de gran valor ecolóxico". "Os verquidos de sosa caústica están afectando á saúde das persoas e á contorna mariña". Avisábannos de algo que hoxe máis que nunca debería preocuparnos tanto ou máis que os custes energéticos da empresa: "o risco medioambiental que supón a acumulación de residuos tóxicos xerados no proceso de produción, lodos vermellos que se están acumulando nunha balsa de grandes dimensións".
Hai medo para dar argumentos que faciliten a deslocalización. Así se manifesta o médico Laureano López da coordinadora ecologista de Asturias, a mesma que recibe fotos de operarios de Alcoa con denuncias de irregularidades que impactan no medio ambiente, pero esixindo que non as fagan públicas por medo a perder o posto de traballo. Mentres tanto, convén lerse o informe realizado o pasado ano 2018, por vez primeira, polo Grupo Español do Cancro de Pulmón, formado por 463 expertos, e que debuxou por vez primeira o MAPA DO CANCRO DE PULMÓN EN ESPAÑA.
E agora, logo de todo o que nos deron entre traballo e contaminación integral -terra, mar e aire- din que se van e poñen como desculpa o prezo da enerxía, esa mesma que pagamos os fogares a prezos insostibles para o poder adquisitivo das xentes.



20210417

SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO . Evaristo Lombardero

 

A ría, no OpenStreetMap

SOBRE O PORNA DA RIA DE RIBADEO

    Estes dias estase falando outra vez do nome da Ria de Ribadeo. Estou agardando recibir o informe que a D.G. de Política LLingüistica do Principado de Asturias remitiu á DG do Instituto Geográfico Nacional para coñecer exactamente a sua proposta e cecais escribir algo.

    Namentras quixera lembrar que a Ría de Ribadeo debera contar con un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais se se cumplise a Ley 4/89 de "Protección de los Espacios Naturales y de la Fauna y Flora Silvestre" e a declaración de Zona ZEPA o 23 de Novembro do mesmo ano. A Lei 4/89 foi derogada posteriormente, pero hai outras normas que esixen un Plan de Protección da Ría de Ribadeo, mesmo a nivel europeo e que siguen sen cumplirse como son os mínims requisitos que se estableceron para a Rede Natura 2000 e como é ben sabido, no caso da Illa Pancha o Concello de Ribadeo autorizou uns apartamentos e unha cafetería sen que se fixese o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o art 7.2 da Lei 21/2013 de Evaluación Ambiental. Tamén é amplamente coñecido que o Defensor del Pueblo emitiu seis informes esixindo o devandito Estudo Simplificado que o concello de Ribadeo non quixo aceptar.

    Na historia da protección da Ría de Ribadeo poderíamos suliñar que nos 31 anos trascurridos dende que a lei esixe que debe dispoñer de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais o PSOE gobernou en Asturias durante 26, o PP 4 e Foro 1. En Galicia gobernou o PP durante 24 anos e o PSOE en duas coalicións os sete restantes. No concello de Ribadeo o goberno foi do BNG uns 20 anos, oito do PP e catro da coalición PSOE-BNG. Ao longo de estes anos, nengún dos gobernos devanditos nen dos partidos da oposición prantexou o cumprimento da obriga legal de iniciar o estudo de un Plan de Ordenación dos Recursos Naturais e polo tanto a ría segue sofrindo un deterioro ambiental progresivo e vanse perdendo oportunidades, en primeiro lugar de conquerir o coñecemento imprescindible para correxir as eivas detectables e en segundo lugar para aplicar normas eficaces na mesma dirección. Tampouco nos concellos de Castropol, Vegadeo, San Tirso de Abres e Trabada, pesie ao enorme despoboamento e decrecemento que veñen sofrindo nestes 30 aos ten xurdido nengunha voz, nen nos gobernos nen nas oposición que quixese levar a protección da ría a algún pleno e de aquí á respectiva comunidade autónoma e ao gobernó central.

    Compre lembrar que un PORNA non é un so unha disculpa para contar os páxaros e pasar o tempo como siguen pensando algúns. O PORNA é un traballo de longo percorrido para estudar todolos factores que inciden nun espazo como é a Ría de Ribadeo, incluíndo os elementos biolóxicos, a sedimentación, as correntes, a contaminación, o impacto das obras, os verquidos etc. Finalmente o PORNA é, ou pode ser, un recurso chave para coñecer porqué se acabaron os longueirós, os berberechos, as anguias, as lampreas etc. e polo tanto un medio de desenvolvemento económico e recuperación de recursos propios e naturais que sigue estando ahí e non somos quen de aproveitar porque botamos o tempo facéndonos fotitas asubiándolle ao nordés.

    Pero tamén podemos seguir así, tan contentos de ternos coñecido.

    Evaristo Lombardero Rico

    Abril 2021

20190110

Illa Pancha: acudindo á valedora do Pobo.

ASUNTO FOSA SEPTICA DENUNCIA A VALEDORA DO POVO GALEGO Pasados dous meses e medio dende que o colectivo “POR NUESTRO FARO” solicitara información ao concello sobre o proxecto de fosa séptica e verquido na Illa Pancha e diante do silencio voluntario do Sr. alcalde, o noso grupo ten decidido dar un paso mais e dirixirse á Valedora do Povo Galego para denunciar o non respeto á lei de Transparencia por parte do noso concello. 
Asemade declaramos rotundamente que nos parece vergoñento que o goberno local rexeite dar unha información que lle solicita repetidamente un colectivo veciñal, con desprecio absoluto de calquer principio democrático. Como saben os lectores, o colectivo POR NUESTRO FARO ven solicitando información ao concello de Ribadeo sobre a construcción dunha fosa séptica na Illa Pancha dende o sete de setembro do pasado ano sen recibir nengún tipo de resposta. O primeiro escrito rexistrouse no concello, na data devandita. Dado que non se recibiu resposta, o día dez de outubro presentamos un novo escrito ao abeiro da lei de Transparencia. Ao dia de hoxe seguimos sen ter contestación.
O paso seguinte cando se incumple a Lei de Transparencia, negando información, é remitir o caso á Valedora do Povo de Galicia. E neso estamos. Lembraremos brevemente que a empresa adxudicataria da concesión na Illa Pancha presentou un proxecto para legalizar unha fosa séptica, que a Xunta de Galicia somete a exposición pública con data do 18.8.18. No mesmo proxecto xa se indica que a fosa está construida dende abril de 2017. Deseguido o colectivo POR NUESTRO FARO presenta unha serie de alegacións suliñando, entre outros pontos, o extrano de que a obra xa esteña executada sen permiso algún, maiormente nunha zona protexida pola Rede Natura 2000, que contempla un verquido nunha zona non concesionada con outo risco de ir directamente ao mar; que a normativa aplicada no documento técnico non se axusta á lexislación medioambiental actual por estar amplamente desfasada no tempo, e outra serie de consideracións que xa publicamos no seu momento. Ao mesmo tempo comunicamos ao concello as nosas alegacións e formulamoslle unha serie de preguntas. Resultado: silencio absoluto.
O concello non explica cómo se concedeu a licencia de apertura sen ter resolto o problema dos verquidos de residuais, nen por qué mira para outro lado cando está perfectamente documentado que esa obra se fixo sen legalizar, posto que se presenta o proxecto ano medio despois de que esteña rematada. Tampouco quere de explicar por qué non quixo presentar alegacións ao proxecto dentro do plazo legal, como sería a sua obriga, deixando indefensos os intereses dos veciños. Ainda mais o verquido que se proxecta presenta serias dúbidas de que non acabe saíndo directamente ao mar dado que o sistema de filtrado é moi sinxelo e pasa por debaixo do camiño de acceso ao edificio do faro e aos aparcamentos colindantes. Polo tanto os automoveis pasarán de cotío sobre a canle de filtrado e, obviamente, son moi altas as probabilidades de que acabe totalmente obstruído dando lugar a que as augas residuais vaian parar directamente ao mar. Extendémonos neste ponto porque foi unha das nosas alegacións que comunicamos ao concello antes de que rematase o prazo legal para presentalas, pero o noso alcalde non se deu por aludido. Repetimos que non entendemos que se tolere un verquido, por parte do concello de Ribadeo, nunha zona de pesca e mesmo protexida pola Rede Natura 2000. Pola nosa banda só podemos manifestar unha vez mais o que non é nengunha sorpresa: o concello de Ribadeo informa do que lle interesa, como lle interesa e cando lle interesa e nega aos veciños o dereito democrático mais elemental, para favorecer os intereses dunha empresa privada que usa un espazo e edificio público para lucro persoal.
COLECTIVO POR NUESTRO FARO
Ribadeo, 9 de Xaneiro de 2019

20160615

Irmandiños, Ribadeo

Vai ser a xuntanza anual da cooperativa Os Irmandiños, e a conto dela os medios teñen recibido información  previa, que difunden.
A cooperativa é tratada como un referente do cooperativismo en Galicia, algo que, co permiso de Coren, coido que ten algo de realidade. Nada diso aparece na web da cooperativa, que é totalmente comercial e cunha mínima información sobre o nacemento da cooperativa. Tampouco nngunha referencia a Ribadeo, dirección fiscal que nas novas tan pronto se ve favorecida como tal nos bos momentos como esquecida nos malos: aí están as informacións sobre a contaminación do CAVI (Centro de alimentación vacuno Irmandiños) á que me teño referido unhas cantas veces (por exemplo, aquí) ó longo do tempo ou o aluguer ó concello dun terreo (longo tempo abandoado xa)  para unha plantación de froitos silvestres. con subvención europea e rendemento inexistente (pois non chega a terceiromundista, non se plantou)
Os irmandiños, din as novas publicadas, vese afectada pola crise láctea, algo que adiantaba de xeito máis contundente un comentario deixado no blog aló polo comezo do ano 2009 nunha entrada sobre a opacidade dos datos, en particular, na economía ribadense.
O descenso, coido, está case desenganchado da crise do sector lácteo debido á importnaci doutras actividades que foron nacendo arredor da principal. Así, mentres que baixan as vendas de pensos, fertilizantes e servizos agrícolas, os ingresos da tenda seguen aumentando (aínda que só de xeito residual), e a gasolinera, aínda que ocn atrasos pola crise, pronto estará lista para competir coa instalada en Ribadeo, as dúas da área comercial do Vilar e outras máis tamén próximas.
En fin, a cooperativa é unha empresa con 1091 socios e 91 empregados máis oito membros do consello rector (74% do persoal, varón), cun patrimonio estimado en 7,2 M€, despois de incrementarse o pasado ano en case medio millón de € (6,78 %), o que levaría a unha 'ganancia' de arredor de 1,5% sobre facturación.
--
Nota posterior:
Hoxe mesmo sae unha nota na web do concello na que, a conta dunhas declaracións do alcalde de Barreiros aparecidas na prensa tamén hoxe, o rexedor de Ribadeo se enzarza con el a conta dos lixiviados verquidos no CAVI, que como dixen enriba, é unha sección de irmandiños.