20110202

A lama pégase

Agora que está de moda noticieira que varios países do norte de África tenten rebelarse contra gobernantes corruptos, que non deixa de estalo as manobras que fan políticos en activo en España para non só esquivar o cárcere, senón ganar votos a conta da śua popularidade co tema, que se ve que non é patrimonio un só grupo político, senón que está amplamente extendido, etc, coido que é cousa tamén de pensar na substitución das redes clientelares e fraternais que fan posible o mantemento e mesmo o fortalecemento da gobernanza corrupta, alimentada de diversos xeitos.
Evidentemente, quen está no poder, ten resortes de poder. E úsaos. E tenta mantelos posteriormente. De tal xeito que é difícil substituílo, aínda que se queira. Son redes extensas que fan que sexa difícil non voltar caer noutro lugar delas. Temos o exemplo de Túnez, que obrigou a marchar ó ditador '1', pero que non foi quen de facer unha substitución da camarilla, pois segue a encabezar o país xente relacionada con ela e con el. Teñen a rede. Coñecen os fíos. teñen os medios. E mentras que a xente que obrigou ó ditador a saír do país está durmindo na rúa frente ó pazo para tentar facer presión, son xente doutros pazos os que substitúen as cadeiras vacías. E en fronte, a ameaza constante do caos por falta precisamente dun sistema que permita vertebrar as protestas e o descontento fora das redes, máis ben teas de araña, que atrapan a quen tenta pasar a traverso delas sen decatarse nin de que existen.
Aí está Exipto, onde onte mesmo a nova principal na prensa, tras o peche de internet, era que os exilados estaban a voltar para tentar facerse cargo de encabezar a oposición. Que non había líderes entre a xente que se está a mobilizar, para encabezala. E os 'líderes' no extranxeiro seguen a considerarse como tal ó teren disposición das redes e os medios...

As transicións máis suaves, por outra banda, manifestan exactamente o mesmo problema. Aí está o mesmo exemplo hispano, onde os primeiros momentos da transición tiveron que ser a ritmo suave para non remover moito as augas, non fora a ser que as forzas fácticas e non fácticas ruxiran de novo. O resultado, que considero que non foi malo de todo, é que seguimos en transición, non só cara a democracia, senón cara a transparencia, mantidos por redes de poder semellantes ás que había naqueles comezos; con caras novas, pero tamén vellas caras. E pedindo que a transición se complete dunha vez ... algo que non parece posible ó estar a sociedade impregnada das taras anteriores e mentras se ve que máis ben está sucendendo unha regresión que a continuación da transición.
A foto, unha zona de Ribadeo emblemática, a media luz. Non o que se entende por media luz distribuída, xeral, senón cunha separación fundamental entre a luminosa parte superior e a sombra que cobre a parte baixa, onde está a xente. O momento, un acto que congregou abondo público, a carreira de fin de ano, na que se observa o patrocinio, dun xeito ou outro, a aportación de cartos, da Coca-Cola.

Ningún comentario: