20110228
O aumento do consumo en Ribadeo
Unha alegoría fotográfica do consumo acelerado da nosa civilización, no noso concello: os depósitos que se poden ver nas fotos, en Noceda, non necesitan de explicación complementaria. Foron construídos para alimentar á mesma poboación, dun xeito sucesivo, en catro fases. A necesidade de auga, sinxelamente, considerouse que aumentou. O feísmo é patente, pero non se trata diso neste caso, senón do aumento do consumo e das necesidades e circunstancias que levaron a ó incremento sucesivo da capacidade de subministro.
Hai algún tempo falei da 'obsolescencia programada', e onte veume a lembranza das fotos tomadas de xeito recente ó ver unha carta na prensa facéndose eco dun tema curioso: os anuncios e ánimos para que reciclemos as novas lámpadas de baixo consumo por seren perigosas para o ambiente e pola necesidade de recuperación de materiais. Isto, cando dende hai moito se coñece o xeito de fabricar lámpadas de duración ilimitada e foron precisamente as empresas fabricantes as que fixeron un pacto para que non se fabricaran e así maximizar ganancias en contra da outra opción: diminuír o impacto sobre o planeta e a necesidade de traballo, liberando á xente máis tempo. Claro que a segunda opción necesita un cambio da estrutura económica que se mira como lonxano dende hai tempo pola xente que controla a propia estrutura e que vería decaer o seu poder no cambio necesario, que daría lugar a unha nova estrutura e que podería montarse de xeito bo para o planeta e beneficioso para todos.
A terceira foto foi tomada esta fin de semana no parque do cargadoiro, e non se trata de falar sobre a valla totalmente caída e podre nos cementos, senón do punto central que se pode observar na magnífica vista que dende alí se ten do fondo da ría de Ribadeo. Neste caso, por cousas do sol que iluminaba a zona da Veiga, aparece destacada a estrutura que se montou alí dun asteleiro deportivo (a entrada referida na cita anterior e outras relacionadas: 1, 2) Que o impacto non ten que ver co consumo? Direitamente co consumo e a estrutura económica que sustenta o seu incremento.
Publicado por
agremon
ás
2/28/2011 07:22:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
economía,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
Medio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario