20060208

Comentando unha sentencia


Coido que, aínda sen poñer no blog a sentencia completa, mesmo para min, debo poñer por escrito un pequeno comentario á mesma.
Así, cal é o resume? Pois que o concello é culpable por non poñer os medios para solucionar unha situación de ruído nouturno. Como consecuencia de eso, asúmese que a desvalorización da vivenda é 60€/mes.
Así, xa temos unha visión xeral: un culpable, o concello, e unha pena, un pago.
E, é positivo ou negativo? Ben, eu esperaba abondo máis, non cartos, senón recoñecemento de que hai sxente sufrindo, o que no meu ver non está recollido. Hai algunha dúbida sobre a mesma sentencia, que está sendo preguntada ós xuíces, pero non creo que cambie nada fundamental: O considerado é a desvalorización da vivenda, non os danos ás persoas nin aplicación directa sobre os locais. Está visto que o concello ten por diante a opción de pagar mensualmente unha cantidade e deixar que a cousa siga a sí. Nese caso vánlle chamar a atención de tódolos sitios, a parte de que a débeda acumulada ata finais de mes son 4500€. Logo parece evidente que vai ter que actuar. E tamén que vai ter que deixar de dar longas, porque agora é el quen vai ter que amosar que o problema está resolto.
Xa comezou por outra banda o baile de acusacións: 'eso era do alcalde antgerior, é unha herdanza'... Pois non, é do ano 93 (aínda que a sentencia abrangue só dende o 99) e polo tanto abrangue a alcaldes dos tres partidos políticos que están hoxe no consistorio, pois esta fin de semana aínda se mediu na miña casa un ruído de intensidade perto de 1000 veces o permitido (58dB fronte a 30dB). é dicir, que ningún alcalde dos últimos lle bote a culpa a outro tentando liberarse el mesmo: Un deixou que comenzara a crecer, outro deixou que chegara ó culme e o terceiro anunciou que ía facer e rematou parado.
Por outra parte, un ex alcalde aconselluo que se recurrira a sentencia. Ben, o mesmo estou pensando eu, pero polo momento tamén estou valorando posibles defectos de plantexamento que estimo pode que sexa máis convinte para min comezar outro pleito diferente. De calquera xeito, e a falta de falalo máis detidamente co avogado, se é a outra parte quen recurre coido que dame a min un xogo maior e uns riscos menores.
Non sei se coa sentencia máis xente se atreverá ou non a plantearlle unha situación semellante ó Concello, pois evidentemente na miña casa non é o único lugar onde se sofre a movida. Evidentemente, gustaríame que así fora, e cara a medio prazo, se non se soluciona o problema, así será. De xeito inmediato, non creo que pase moito. xa veremos.
En fin, tería abondas máis cousas que dicir, pero o tempo pasa e teño tgamén outras cousas que facer. Ata mañá.

1 comentario:

Anónimo dixo...

noraboa pola sentencia antonio. alégrome que che deran a razón, porque a tes.

ainda que eu me sinto un chisco con parte da culpa por que son un deses que fago ruido polas noites. pero por suposto tes toda a razón.

unha aperta amigo.