20091223

Cousas do comercio e a industria

Hai algúns días que, despois dunha nova de oferta de ostras da ría de Ribadeo, naveguei ata a empresa ofertante, ACUEO, para curiosear por ela. Esta mañá quedaban 5950 ostras da oferta, co que parece que os prazos de venda non van como se prevía, e van polo tanto a quedar ostras sen vender en tempo. Pero non ía a iso, senón á iniciativa dunha empresa ribeireña da ría no comercio por internet cunha base de aproveitamento de recursos acuáticos, a partires dunha industria tradicional adaptada a tempos modernos cunha web sinxela pero práctica e ilustrativa.
En certa forma no extremo oposto, pois está terminando a súa andadura, os últimos restos de 'La Innovación' están de resaldo, podendo observar, por exemplo, pantalóns marcados a 60 ou 90 € agora ofertados por 2€ pola mesma empresa. Unha xeración (máis ben dúas) de ribadenses e lugareños de moitos quilómetros a unha e outra beira da ría tivéronna de tenda de referencia para roupa. Xa non.

Ningún comentario: