20091205

Para os contedores


Hai tempo que andaba na procura dunha foto como a que deixo hoxe. Pódese comparar o espazo desaproveitado nos cobrecontedores de Ribadeo e nos de Allariz, na foto. E polo tanto, a diferencia de suxección, a diferente orde visual e o aproveitamento de espazo por fóra. Aaparentemente, son iguais. Pero hai unha non moi grande diferencia de tamaño. Evidentemente, os de Ribadeo saen perdendo.

Ningún comentario: