20130621

Adeus ó "Dura lex, sed lex"

Deixo a ligazón á última viñeta de Manel Fontdevila na que un operario está a levarse un carteliño ben feito coa lenda "Dura lex, sed lex", mentras baixo da estatua representado a xustiza equilibrada un pudente e un togado escriben de xeito chapuceiro, aínda que tentando poñer tento, 'to er mundo e güeno'.
Cabe lembrar que a lenda retirada tradúcese como que a lei pode ser dura, pero é a lei. A morea de casos nos que xente con poder parece escaquearse das consecuencias de exercelo a conta dos demais, de moitos xeitos diferentes, xunto co entorpecemento ó acceso ó exercico da lei poñendo un raseiro de entrada cada vez máis elevado, e á falta de transparencia institucional/dificultade para ver que fai o poder e, de xeito asimétrico, a total transparecia do cidadán común, xustifican ó meu ver a viñeta de Manel.
Hoxe mesmo levanteime coa idea de reseñar no blog unha nova marca hispánica: o aumento de millonarios (coido que un 5%, en plena recesión e diminución da renta per cápita, co que ó resto nos toca aínda máis diminución, claro) en España, pero atopei que dito aumento é unha consecuencia, e polo tanto, debe darse prioridade ás causas que son capaces de producilo, entre outras consecuencias. E a percibida asimetría legal é unha delas.

Ningún comentario: