20151105

A relatividade do tempo en Ribadeo

Hai tres semanas, publicaba o artigo Fotos de Ribadeo. Serie 'os desastres da guerra', no que incluía entre outras estas fotos de Ramón González e do aparcadoiro de Rosalía de Castro:

As fotos fóronme subministradas por unha persoa que se queixou á autoridade competente máis dunha semana antes, sen resultado. Unha semana despois do artigo, o concello xeraba unha nota de prensa sobre un sofá abandoado preto da rota da costa, chamando á lóxica colaboración colaboración ós veciños. Naquel momento, os dous puntos das imaxes enriba estaban peor, con lámpadas polo chan á beira do depósito (lámpadas non de filamento, máis contaminantes, escachadas no chan).
O da última foto foi retirado do chan ó varrer.
Onte tiña pensado publicar este artigo; non o fixen e non sei se hoxe o lixo segue dando guerra nos mesmos lugares, separados case no punto medio por un mural en marcha, tres semanas despois do artigo no blog e máis de catro de ser avisada a autoriade, e dúas despois do chamamento á colaboración veciñal do alcalde. Seguirá? Hai 100 anos que Einstein xeralizou a teoría da Relatividade. O efecto debeu chegar a Ribadeo. Haberá que comprobalo.

Ningún comentario: