20111108

Lo que se pierde en unas elecciones, puede recuperarse en otras

Esa era a idea de Azaña, e segundo di el, repetida moitas veces (Causas de la guerra de España, -na versión de Público, 2011, na p.73-). E hoxe, no post debate, cabe lembralo, ó tempo que se lembra que hai unha elección cada catro anos, que se tenta reducir a un único momento e dúas posibilidades que tenden a parecerse con matices, ... mentras a vida segue, hai pleno mañá en Ribadeo (segundo di a prensa, que na web parece que xa non se avisa de novo, revisarase as taxas da escola de música e a ordenanza e taxas sobre terrazas -incluídos bocois-), as pezas atopadas na ría o mes pasado -que din abondantes e representativas- marcharán fóra, mesmo para informar, mentras o atopado nas Grobas hai xa anos segue no limbo, teremos de agora en diante en teoría máis información da zona por ampliación do suplemento da Mariña da Voz ós luns -a tódolos días da semana-, ou, a nivel España, tamén a Voz proclama públicamente que 'Sen Gürtel non hai Campeón' para indicar que cada partido ten as súas cousas que ocultar, e para que non llas destapen os outros, 'colabora' ocultado á súa vez as dos outros ... Coido que mentras non consideremos as eleccións como un día máis de participación, non elixiremos; elixirán por nós.

Ningún comentario: