20111107

Cousas de hoxe

Comeza unha nova semana na que tentan convencernos de que hoxe, precisamente hoxe, luns, vexamos unha confrontación entre os dous candidatos (so os demáis non contarían) á presidencia do goberno de España. Os outros partidos e candidatos, subíndose polas paredes, incluíndo o presunto merlo branco de Equo, que nas enquisas do CIS case non sae.
Aquí, as cousas van por outros camiños. Agora, de novo porque non é a primeira vez, descobren restos valiosos na ría, e levaránnos fóra para expor, declarando que próximamente haberá unha presentación oficial do recollido. E vénme á cabeza xa hai máis de dous anos, cando unhas catas no castro das Grobas produxeron 300 restos arqueolóxicos, segundo se declarou, e fomos avisados de que 'nuns meses' se daría a coñecer o informe. Daríase a coñecer, pero levo tentando enterarme do informe longo tempo hai, e polo momento, nin rastro... [para memoria sobre o castro, unha pequena escolma no blog: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, ...]
Mentras, outros actos culturais se desenvolven a menor escala en Ribadeo. Por exemplo, obras de teatro, como Atra bile, de Laura Ripoll, con cinco actores e actrices, dirixida por Etelvino Vázquez, representada onte no Hernán Naval. Unha comedia negra que tenta representar o submundo de intrigas nun ambiente cerrado que se identifica co popular galego.
Imaxe de promoción de Atra bile
Ou a presentación do libro 'vivencias desde la discapacidad', de Irene Piñeiro, cunha Casa das Letras a tope nunha presentación emotiva. Para quen non a coñeza, unha persoa que se define así na súa recén creada páxina de facebook:
"Irene Piñeiro
Nació en la Costa Lucense. Sufrió una lesión cerebral al mismo instante de nacer. Publicó artículos en diversos medios de comunicación. Participa en encuentros socioculturales y en colectivos de la discapacidad."
Pero, se consultamos as novas (as que trae) nos xornais, é posible que nos atopemos con algo 'de outro tempo' políticamente falando: un anuncio dun ministro que anuncia que ten un gran compromiso por Lugo, en plan clientelismo decimonónico, esquecendo a igualdade de representación a escala estatal. Poñerán o mesmo anuncio, poñamos, en Madrid? Non creo ... e se o puxeran, cal sería o 'compromiso maior'?

Ningún comentario: