Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta biblioteca. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta biblioteca. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20091103

De novo co bookcrossing

Dúas referencias para quenes queran coller/deixar libros en Ribadeo ou zonas próximas:
1. últimos libros censados en Ribadeo:
Investigación y ciencia - 1994 (II)
Néveda
O castelo de Pambre
Memorias dunha terra (II)
Proel
Despertar
Pórtico das letras
Ribadeo no Tempo, a través das imaxes (Outro Ribadeo foi posible)
Sobre os castros de Ribadeo
Lorenzo Varela
Carlos Casares
Fillos de Lugo. Leiras Pulpeiro
Un home que xaceu aqui (Medusa)
Fillos de Lugo. Noriega Varela
Xaquín Lorenzo, "Xocas"
Oito poemas en lingua galega
Gallegada e outros textos en prosa
Estudos sobre Os Eoas de Eduardo Pondal
Os Eoas (tomo I)
Folerpas
Olladas Ribadeo 08
Territorio comanche: Un relato (Novelas ejemplares) (Spanish Edition)
Wilt
Mazurca para dos muertos/ Mazurca for two dead Men (Biblioteca breve) (Spanish Edition)
Sombra del Aguila, La (Spanish Edition)
Zalacaín el aventurero
La isla del tesoro
Novelas ejemplares
Abeiro nº3
Anos dificiles
2.Zonas oficiais Bookcrossing en Galicia e Asturias
A Coruña (25)
* Bar Desmadre: c/ Forcarey 5 (A Coruña)
Web: desmadre2007bar.es
* Biblioteca de la Diputación Provincial de A Coruña: c/ Riego de Agua 37 (A Coruña) - Tlf.981 080 342
Web: www.dicoruna.es/biblioteca/
e-mail: biblioteca.archivo@dicoruna.es
* Biblioteca Municipal del Fórum Metropolitano: c/ Río Monelos 1 (Parque Europa) (A Coruña) - Tlf.981 184 298
Web: www.coruna.es/bibliotecas
e-mail: bforum@coruna.es
* Biblioteca Municipal Infantil y Juvenil - Casa de Cultura Salvador de Madariaga: c/Durán Loriga 10 Bajos (A Coruña)
Web: www.coruna.es/bibliotecas
e-mail: binfantil@coruna.es
* Biblioteca Municipal Monte Alto: Vereda del Polvorín 4 3º (A Coruña)
Web: ww.coruna.es/bibliotecas
e-mail: bmontealto@coruna.es
* Biblioteca Municipal Sagrada Familia: c/ Antonio Pereira 1 (A Coruña)
Web: www.coruna.es/bibliotecas
e-mail: bsagradaf@coruna.es
* Café Macondo: c/ San Andrés, 108 (A Coruña)
* Cervecería Green ST.: c/ Emilio González López, 2 - Los Rosales (A Coruña) - Tlf.981 149 584
* La Tienduca: Av. del Pasaje, 32 Bajos (Frente Materno Infantil - Detrás de Gasolinera) (A Coruña) - Tlf.685 50 47 43
e-mail: latienduca@mundo-r.com
* Telocompro 1: c/ San José 3, Bajo (A Coruña) - Tlf.981 229 454
* Telocompro 2: c/ General Sanjurjo 128, Bajo (A Coruña) - Tlf.981 297 644
* Manantío (Comercio Xusto): Av. del Ferrol 53 (As Pontes)
* Café Bar Alborada: Avda. da Mahía 45 (Bertamiráns - AMES)
Web: www.cafebaralborada.com
e-mail: info@cafebaralborada.com
* Café Plaza: Av. de Castilla 2 (Betanzos) - Tlf.981 77 27 45
* Area Portátiles: c/ Uruguay 23-25, esquina c/ Villasoledad (Ultramar) (Ferrol)
* Cafetería Zucre: c/ Magdalena 170 (Ferrol)
* Telocompro 3: c/ Arce 33, bajo (Ferrol) - Tlf.981 350 555
* Cervecería Cardebelle: Ctra.de Castilla, 542 (Narón)
e-mail: lacervecería@cardebelle.net
* Multitienda galica: Avda. Párroco Villanueva (Sada) - Tlf.981 622 946
e-mail: multitiengalica@telefonica.net
* Ateneo Valle-Inclán: Praza Compostela 11, 1º (Santa Uxía de Ribeira) - Tlf.658 241 870
Web: www.riveira.net/barplaza/ateneo.htm
e-mail: ateneovalleinclan@gmail.com
* m* cafe e copas: Fonte de Santo Antonio 15 Bajo (Santiago de Compostela)
Web: www.mcafecopas.blogspot.com
e-mail: mcafecopas@gmail.com
* Biblioteca Pública de Santiago "Anxel Casal": Avda. Xoan XXIII s/n (Santiago de Compostela)
Web: www.rbgalicia.org/santiago
* Biblioteca Santiago (Obra Social Caja Madrid): Casa Reais, 14 (Santiago de Compostela) - Tlf.981-57-13-47
* Biblioteca-Lounge Van Gogh Book: Rúa Travesa, 20 (Santiago de Compostela)
* Castillo de Vimianzo: Castillo de Vimianzo (Vimianzo) - Tlf.981 716 001
Web: www.vimianzo.es
e-mail: normalizacion@vimianzo.es
Asturias (3)
* Asociación Juvenil Abierto Hasta el Amanecer: c/ Luis Braille 21 Bajos (Gijón) - Tlf.985 313 401
Web: www.abiertohastaelamanecer.com
e-mail: aha@abiertohastaelamanecer.com
* Escuela Oficial de Idiomas de Gijón: c/ Puerto Vegarada (Gijón)
* Centro Juvenil Santullano - Programa La Noche es Tuya: Fernández Ladreda 48 (Oviedo) - Tlf.984 083 723 / 25
Web: www.ayto-oviedo.es/es/areasMunicipales/juventud/laNocheEsTuya/laNocheEsTuya.php
e-mail: lanocheestuya@ayto-oviedo.es
Lugo (4)
* Biblioteca Municipal de Lugo: Av. Coruña s/n (Parque Milagrosa) (Lugo)
* Muralla Discos: c/ Progreso 42 (Multicentro los Porches) (Lugo)
e-mail: muralladiscos@yahoo.es
* O Bretón: Plaza Campo Castelo, 37 (Lugo)
* Oficina Municipal de Turismo: C/ Dionisio Gamallo Fierros, 7 (Ribadeo)
Ourense (2)
* Pub Dickens: C. Valle Inclán, frente a Maristas (Ourense)
* Café Meigallo: c/ Irmáns Moreno 11 (Verín)
Pontevedra (11)
* Balcón Café: Plaza de Arriba (O Grove)
* Facultade de Belas Artes: Rúa da Maestranza 2 (Pontevedra)
* Facultade de Ciencias da Educación: Avda. Bos Aires, s/n (Pontevedra)
* Facultade de Ciencias Sociais (Zona wifi): Campus A Xunqueira, s/n (Pontevedra)
* IES de Tomiño: Solleiro s/n (Tomiño) - Tlf.986 623 346
* Audivisual F7: C. Zaragoza, 14 (Vigo)
* Café De Catro a Catro: C. Gerona, 16 (Vigo)
* Cafetería "Lenda Moura": c/ Hernán Cortés 17 (Vigo)
* Casa da Xuventude: C. López Mora, 3 (Vigo)
* Sabores de crianza: Avda. Alcalde Gregorio Espino, 65 (Vigo) - Tlf.986 123 285
* Verbum Casa das Palabras: Avda. de Samil 17 (Vigo)

20230626

Unha biblioteca

 Unha biblioteca

Publicación polos 50 anos da BPM El viejo Pancho

     Hai pouco tempo que se xubilou a por moitos anos bibliotecaria de Ribadeo, da Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, Mª Jesús Rañón. Repasando un semanario atrasado na que un artigo de Chemi Lombardero mo lembrou, tamén se me viñeron á cabeza non só a publicación polos 50 anos da biblioteca, á que xa me teño referido algunha vez, senón outras lecturas, conversas e historias vividas en relación coa biblioteca -coa nosa/miña biblioteca de Ribadeo-, con bibliotecas ou mesmo dentro delas.

    A máis, a partir dun artigo de Jorge Mira, atopo no BOE que o ter unha biblioteca é obrigatorio nos concellos de máis de 5000 habitantes (Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, Art. 26). O anterior, e collendo datos do IGE, implica que en Galicia poderían quedar sen soporte bibliotecario público de xeito legal preto do medio millón de persoas, case un quinto da poboación total. E, na realidade, entre os concellos con menos habitantes que teñen biblioteca e os de máis habitantes que poden estar incumprindo a lei por diversos motivos, mesmo de xeito temporal, despois dunha pequena comprobación por internet, coido que os números anteriores poden achegarse abondo á realidade.

    É certo que vivimos na era de internet, pero non o é menos que a biblioteca xenérica -pública, aberta, a máis das privadas, que se supoñen a gusto dos seus donos ou donas- segue a ser un lugar tranquilo que permite adquirir coñecementos e construír con eles un mundo interior ó tempo que unha relación social non mediatizada. Entre outras cousas, e a máis dese acceso a internet que ás veces non é sinxelo nin barato conseguir nos arredores. É dicir, internet complementa, e compleméntase coas bibliotecas, pero non as suplementa máis ca dun xeito moi concreto de procura de información, mesmo considerando a diferenza de capacidnde e immediatez coa que non pode competir nin unha boa biblioteca.

    Así, a máis de servizo público en canto a cultura e educación, as bibliotecas ofrecen en xeral un remanso de paz, de tranquilidade ‘descansada vida la del que huye del mundanal ruïdo, y sigue la escondida senda, por donde han ido los pocos sabios que en el mundo han sido’, de benestar calmo no seu interior. Benestar que ás veces logra traspasar a parede da nosa pel e pasar a ser benestar calmo no noso interior. Crédeme, non estou a tratar de potenciar un turismo de biblioteca, mais non estaría de máis un pouco máis de recoñecemento bibliotecario, tanto no sentido de re-coñecer, coñecer ou coñecer de novo, como no de outorgar agradecemento a unhas institucións como as bibliotecas públicas que ben o acreditan. E tanto en relación a aquelas que organizan multitude de actividades porque son coidadas, apoiadas e xa recoñecidas dalgún xeito, como tendo na mirada aquelas outras máis humildes ou descoidadas que limitan a súa actividade a manter o acceso libre a unhas páxinas esquecidas e pouco anovadas. Aínda así.

20220617

Biblioteca

Biblioteca

    Si, teño libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca pública cunha certa asiduidade. Noutros momentos, á procura de títulos. Agora, máis ben á procura de datos, feitos, ideas... e si, tamén libros.

    De visita a unha vila de novo, procuro incluír algunha biblioteca pública. O seu porte, o seu contido, o número de usuarios, a súa adicación á lectura, o xeito no que se observa silencio, entre outras moitas cousas, son non só datos a valorar para calibrar aspectos da cidadanía e a cidade, mais tamén, fonte de desfrute e enriquecemento coas peculiaridades observadas.

    A biblioteca de Vilalba, da que a piques estiven de ser bibliotecario (esa é outra historia) marcou para min o acceso á diversidade lectora, enriquecendo as miñas posibilidades. Tamén marcou momentos da miña vida que moitos anos despois rememoro con agrado.

Portada do libriño do 50 aniversario da BPM El Viejo Pancho

    A antiga biblioteca santiaguesa dos Amigos do País marcou outras liñas de desenvolvemento nos curtos tempos que pasei por alí. Os fondos, maiores e máis variados, ou o vello edificio que lle daba acubillo deixáronme ás claras que se as bibliotecas tentan recoller mundos, tamén son mundos de por si.

    E de aí, a gozar da non tan pequena biblioteca da Veiga, o paso á nova (polo edificio) de Tapia de Casariego, co botar de menos o ambiente da vella, as dispares bibliotecas provinciais de Lugo e a vella provincial de Ourense, as chamativas (ao menos para min) de Vilanova de Cerveira ou Aveiro, as grandes bibliotecas de cidades como Valencia ou Valladolid, ou as concibidas co que nalgún momento se podería chamar outra mentalidade como a de Bregenz, ou a do parisino centro Georges Pompidou, ou polo contrario, as pequenas bibliotecas en centros sociais ou antigos teleclubes das aldeas (algunhas, en completo abandono), todas elas, forman un ecosistema non só de cultura, senón tamén de humanidade.

    Escribindo dende Ribadeo, un aparte meréceo a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho. Quizais non na que pasei máis tempo, pero si a que máis levamos aproveitado na familia. Por suposto, particular no seu edificio actual, e a que máis levo recomendado. Cando no seu 50 aniversario se editou un pequeno libro -sen depósito legal, sen ISBN- as colaboracións das súas páxinas, máis ca un descubrimento foron un redescubrimento de cousas que, nunha biblioteca como esta intúense por transpiración, sen por iso dalas por sentado. Os artigos, de Santiago Sanjurjo a Eva Moreda, pasando polo moito máis extenso de Daniel Cortezón ou os realizados por outros lectores/escritores agradecidos, son para descubrir en directo. Por exemplo, na mesma biblioteca.

    Bibliotecas. Un mundo que parece destinado a ser estrangulado polos medios dixitais e polo torniquete económico ó público. Non quero saber a cantidade de bibliotecas que, despois de ser abertas e mantidas con sacrificio por diversas entidades, teñen agora pechadas as súas portas. Os libros necesitan lugar, coidados, orde. E a atención ten un custe. De adicación, e de cartos. E, mentres nas casas pasouse de non haber libros a mercar enciclopedias para adorno, ou, máis recente, de non ler a ler de pasada nunha pantalla móbil, o repouso das ateigadas -de libros- bibliotecas é non tanto minusvalorado como esquecido, camiño da perda de consideración e a indiferenza da xente.

    Unha biblioteca é das cousas que non se valora ben ata que non se ten. Mais despois, xa é tarde.

20070823

De 8 a 8

Onte, de casualidade, souben que a biblioteca de Burela estaba aberta 12 horas seguidas, co que pensei na de Ribadeo, que estivo aberta no verán menos da terceira parte dese horario. Na realidade, hoxe mesmo, o horario aumentou e abre non só a mañá, senón mañá e tarde, aínda que en menor horario que a burelesa.
De calquera xeito, é apra pensar a que se adican as bibliotecas. Despois do canon por préstamo de libros imposto en certo xeito pola UE (é dicir, máis ou menos cada biblioteca pública ten que pagar unha cota anual polos libros que ten; a solución a ese pago debe facela o titular, neste caso o concello), imaxino que as bibliotecas públicas xa non son tan públicas (aínda que polo funcionamento burocrático do tema en moitos casos non se debe de estar a pagar). Por outra parte, no verán, no que se supón que moita xente ten máis tempo para ler, a biblioteca reduce horario. E nos últimos días de agosto, cando moitos estudantes comezan a preparar os exames de setembro (parece unha contradicción que sexa nos últimos días, pero é a realidade), entón aumentan o servicio, prestando a imaxe de sá de estudio abondo ateigada, como pode verse estes días.
Entón, o que queda daquela función de difusión cultural aparece totalmente desdibuxada, e máis aínda cando a maioría dos que usan esa sá de estudo son universitarios e Ribadeo non optou nunca (a pesares das miñas indicacións de fai xa dúas décadas, non é a primeira volta que o digo no blog) a unha sé univeristaria como na actualidade teñen Viveiro ou Foz.
Ben, a sá fai un servizo. O fondo bibliotecario, menos. Coido que habería que reorientar o servizo para aumentar a dinamización do fondo de que dispón a Biblioteca Municipal Viejo Pancho, que está entrando xa nos actos da celebración do seu 50 cabodano, o que sería un momento idóneo para relanzar a utilidade e uso deses fondos. Por pór un exemplo, hai moita xente de aluvión que veu a Ribadeo vivir e que non sabe onde está a biblioteca. Ou outra que non sabe que nela disponse de cintas de vídeo e DVD, unha colección que foi medrando pouco a pouco e que representa fondos que necesitan moitas horas para velos. Ou que se dispón asemade de servizo de ordenadores conectados a internet (complementados polos máis numerosos da Casa da Xuventude á súa beira) Ou que as revistas que alí hai, aínda sendo abondo numerosas que noutras bibliotecas, dan pé a unha lectura variada. Ou que alí pode verse a historia de Ribadeo día a día a traverso das coleccións de A Comarca e outros xornais locais xa desaparecidos, ou ben a máis recente das seccións da Mariña de El Progreso ou La Voz de Galicia. Ou mesmo, como descubriron xa moitos estudantes, dispor dunha sá tranquila en xeral para ler.
En fin, non teño visto tampouco moitos carteis que indiquen dende calquera parte do pobo a situación da biblioteca, e os actos de animación á lectura son para escolares, que se ben son máis doados de facer e seguramente de maior rendemento que para os máis maiores, non deberan ser os únicos. E aí está a Casa do Libro que fai, como entidade privada, unha promoción cara á lectura a traverso da venta que non fai a BMVP a pesares da diferencia de custe de uso dos resursos bibliográficos que pode ofertar. Ó mellor era bó facer un concurso de ideas para a promoción da BMVP e da lectura: ás veces asombra o que pode saír de aí. Claro que hai que estar dispostos a levar a cabo as ideas, e eso implicaría con bastante probabilidade o aumento do orzamento adicado.
Algunha idea?

20200423

O día do libro: Nunha biblioteca

biblioteca de Merced, CA, EEUU

Nunha biblioteca
Érase unha vez unha biblioteca pública. Primeiro, nos EEUU. Varios sen teito vense abocados a gorecerse da calor no seu interior. Mesmo a botar unha sesta. Ou a manter un pouco de hixiene. a falta de servizos sociais, a cultura ofrece os seu manto recortado de axudas.
Varios anos despois, na península. Unha bandeira bicor ondea fóra dun centro cultural. O que hai aberto, a biblioteca, está ateigada de xente. A maioría, estudantes, pero tamén xente de diversa etiquetaxe, de 'persoa maior' a 'ocioso', entre outras categorías nas que se pode aplicar 'lector'. Vou ó baño. Un sen teito afeitándose déixame sitio para usar o lavabo. E lembro a bilbioteca nos EEUU, un magnífico edificio case baleiro de xente, pero con máis sen teito e máis desesperados: este estaba a coidarse aparentemente de xeito concienzudo, as posibilidades dunha institución pública pensada para outros menesteres.
A cultura da acubillo non só ó esprito.
--
Serie 'O día do libro':
1. Dous días, e libros
2. Viaxe sensible
3. Nunha biblioteca

20221103

Crónica dunha viaxe / 09 Soria - Calatayud

Crónica dunha viaxe / 09 Soria - Calatayud

    Etapa na que chega o profundo da España baleirada, como expresa o feito de que, ó saír de Soria, pensei en parar na estación de servicio que vin para inchar os pneumáticos, que non revisaba dende o comezo da viaxe. Parei e, falando coa gasolineira, apuntoume que fixera ben, que non hai outra gasolineira antes de Calatayud, cen quilómetros en números redondos, porque pechárase hai non moito unha a uns vinte quilómetros de Soria. Ó final, puiden comprobar que si había unha uns quilómetros antes de Calatayud... Lembro que a estrada é de categoría 'nacional', a N 234. Ese feito alertoume e fixo que, polo que poidera atopar, o camiño fora todo por estrada, sen determe moito ata estar preto de Calatayud. Un feito favorecido polo trazado moi pouco inclinado, plano, dende pouco despois do cruce do Douro ata a entrada en Aragón, e, de aí, baixada suave ata Calatayud. De feito, foi a única etapa, exceptuada a final, na que non fixen debuxo algún ata chegar a destino.

    Luns despois de festa, a vila de Soria parece con resaca. Xusto saíndo dela, o río cabeceira de toda a conca que levo recorrendo dende a Cruz de Ferro, o Douro.

O Douro en Soria.
    Nada máis atravesar o Douro, subir á meseta e afastarme un pouco do polígono industrial no que estaba a gasolineira, presentáronseme os versos de Antonio Machado como imaxe do camiño. Para entrar en ambiente, serven estes:

"Veréis llanuras bélicas y páramos de asceta

-no fué por estos campos el bíblico jardín-

son tierras para el águila, un trozo de planeta

por donde cruza errante la sombra de Caín."

    E o mesmo que as verbas evocan unha imaxe, a imaxe corresponde ás verbas:

Campos de Castilla. Fotos semellantes sucédense.
    Puiden comprobar, tentando coñecer os pobos sen determe e baixar da bicicleta, que a poboación enteira deles dende a saída de Soria ata preto de Calatayud ben se podería meter no comedido de tamaño auditorio de Ribadeo. E sobrarían prazas.
John testemuña que me veu en Almenar de Soria.
    En Almenar de Soria, o concello, cerrado, a farmacia, cerrada (ambos, atenden determinados días, o concello, só un á semana), o bar, sen selo, pero cun par de ingleses retirados por alí tomando algo. Era cedo, pero aproveitei para o café e acertei, pois despois, ata ben pasado o límite con Aragón non había onde tomalo para facer un descanso cun mínimo ambiente. E claro, tampouco onde comer, o que fun facer a só 15 km de Calatayud, en Cervera de la Cañada. Mesmo no pobo anterior, Villaroya de la Sierra, non había auga na fonte e a biblioteca non parecía ter movemento algún dende tempo atrás. Así, non é raro que o labio aberto polo aire seco tivera que esperar a Calatayud para comezar a ser atendido, mentres que as pernas 'bicor' (con cor segundo a zona estivera tapada polo calzón ou exposta a aire e Sol) seguiron a torrar a parte vista.

A biblioteca, con aspecto de levar tempo pechada.
    Nunha etapa así, mesmo parece que a bicicleta comeza a facer algún ruído, aínda que polo momento non sexa preocupante. En canto a min, a máis do labio, e o nariz e perna vermellos, o cu acusa as horas sobre a sela, pero nada importante.

    Ó final, 95 km salvando un desnivel duns 300 m, unhas cinco horas sobre a bicicleta.

    E pola trde, unha volta por Calatayud. Deu tempo para mercar algo para os labios, visitar unha biblioteca con vida arredor dun claustro / patio e usada por rapaces que non eran de oito apelidos aragoneses, e mesmo de cortar o cabelo nunha das prazas do pobo ou tomar un refresco nunha terraza ó atardecer. 'Se vas a Calatayud... pregunta pola biblioteca!' (a Dolores non creo que podas vela xa)

Fachada do edificio coa biblioteca de Calatayud.

    Unha etapa longa, e solitaria dentro dunha viaxe dun só viaxeiro. A chegada a Aragón pola provincia de Zaragoza abandonando Castela pola provincia de Soria, e despois de pasar o 'alto' da Bigornia (1100 msnm, e vindo de Castela, non parece tal, pola chaira - subida) foi unha pequena alegría tanto por marcar un fito como porque comezaba a costa abaixo despois da subida que case non era.

    Cambio de conca. Do Douro ó Ebro, do correr da auga ó Regato de Vega, afluente do Rituerto pola chaira soriana, á do Manubles, e logo, a 'outro' rego da Vega, que, este pola rambla Ribota, aflúen ó Jalón. E o aumento da seca, visible nos leitos sen auga, pero máis patente nas forzas da erosión.

Erosión á beira da estrada, entrando en Aragón.
    ... mesmo formando conxuntos curiosos, como o 'castelo' que, mirado a distancia, preguntei para asegurarme se era feito polo home ou pola natureza a uns gardas de tráfico nun control á beira da estrada. Resultou que tamén eran ciclistas e me aconsellaron sobre o tramo seguinte (como veremos, non debín entendelos moi ben)

Castelo construído pola erosión á altura de Torralba de Ribota.

     En resume, unha etapa descansada a pesar da lonxitude recorrida.

    Crónica dunha viaxe

    Crónica dunha viaxe / 0 Atravesando a península 

    Crónica dunha viaxe / 01 Ribadeo - O Cádavo

    Crónica dunha viaxe / 02 O Cádavo - Ponferrada    

    Crónica dunha viaxe / 03 Ponferrada - Astorga

    Crónica dunha viaxe / 04 Astorga - León

    Crónica dunha viaxe / 05 León - Villarmentero 

    Crónica dunha viaxe / 06 Villarmentero - Burgos

    Crónica dunha Viaxe / 07 Burgos - Santo Domingo de Silos 

    Crónica dunha viaxe / 08 Santo Domingo de Silos - Soria

    Crónica dunha viaxe / 09 Soria - Calatayud    

    Crónica dunha viaxe / 10 Calatayud - Calamocha 

    Crónica dunha viaxe / 11 Calamocha - Teruel  

    Crónica dunha viaxe / 12 Teruel - Teruel

    Crónica dunha viaxe / 13 Teruel - Barraques  

    Crónica dunha viaxe / 14 Barraques - La Vall d'Uixó 

    Crónica dunha viaxe / 15 La Vall d'Uixó - Sagunto  

    Crónica dunha viaxe / 16 Sagunto - Valencia 

    Crónica dunha viaxe / e 17, rematando

20221109

LEONARDO FERNÁNDEZ- REINANTE: Músico e compositor ribadense. Por Celia Castro

LEONARDO FERNÁNDEZ- REINANTE:

Músico e compositor ribadense.

Por Celia Castro

Coñecín a Leonardo Fernández-Reinante de cativa na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho”, onde iba a pasar moitas tardes sobre todo no veran. Él era entonces o encargado, o que nos daba os libros, aconsellábanos lecturas, e facíanos gardar silencio, esto último non o conseguía moi ben a pesar dos seus continuos esforzos. É comprensible, éramos novos.

Tamen ás veces escoitábao tocar o armonio na Igrexa Parroquial, esto e o coñecer que daba clases de música fixome saber que o seu papel no campo cultural ía máis aló que as súas tarefas na Biblioteca.

Un día, hai xa moitos anos, atopéi na casa unha vella fotografía manchada de tinta, na que figuraba él con outros tres músicos que compoñían o cuarteto Os Ribanova. A fotografía tiña o selo de Foto Sáez e non levaba escrita ningunha data,como era frecuente ata hai moi pouco tempo.

Lám 1. Fotografía nunha festa. Foto Sáez, Ribadeo.Ca1932-1936. Colección particular.

Polo aspecto do vehículo engalanado con banderines de papel e con bandeiras, podemos pensar que se tratase dalgún evento festivo, probablemente as Festas de Ribadeo, ou de algunha parroquia próxima como Villaselán ou Ove. A bandeira que adorna a carroza, co nome de Tintorería Americana explica a presenza do meu tío avó Xosé Manuel Fernández Candia que aparece sentado na fila inferior, no centro, flanqueado por outros dous personaxes que non coñezo. Meu tío Xosé Manuel, emigróu a La Habana moi novo, e establecéuse en Ribadeo cara a 1931, aquí fundóu dous negocios: La Casa Americana- de sastrería e confección- e a Tintorería Americana, que lle traspasaría ao meu avó en 1937.

Detrás dos personaxes sentados aparece o cuarteto ribadense Os Ribanova, vestidos co traxe típico galego.

De esquerda a dereita:

Leonardo Fernández-Reinante (caixa), Ramón Manso (gaita), Etelvino Méndez (clarinete) e Manuel Martínez (bombo) (1). Todos eles, xunto con o Fernando Salgado, Primitivo Díaz, Ramón Fuertes ( El Valenciano), e outros moitos, foron importantes figuras da música popular ribadense nos dous primeiros terzos do S.XX, xunto con Carlos Álvarez e Fernández-Cid, organizador e músico destacado tamen na música clásica e sacra.

E así comecei eu a interesarme pola figura de Fernández-Reinante que, neste campo, era para mín un descoñecido. Según os datos que aparecen na Gran Enciclopedia Galega (2), naceu en Ribadeo en 1906. Estudou no Colexio dos Agustinos solfeo ao mesmo tempo que cantaba como tiple na capela. Desde os 12 anos tocou na Banda de Música da vila, primeiro a caixa e despóis o clarinete, rematando a os 23 os estudos de solfeo, violín e piano. O seu labor como compositor comezou compoñendo tres pasodobles, unha marcha fúnebre para banda, e, algunhos bailables para piano.

En 1928 créase o cuarteto de música galega Os Ribanova, do que formou parte, que se mantería ata xuño de 1936, disolvéndose por mor da Guerra Civil. Tivo moito éxito, actuando en moitos lugares de Galicia e o occidente asturiano.

Pero tamén Fernández-Reinante tería un papel importante noutros ámbitos da cultura ribadense.

Colaborador da Biblioteca Popular Circulante de Ribadeo, creada en 1927 pola iniciativa de Gregorio Sanz García, Amando Suárez Couto e Camilo Barcia Trelles, xogaría máis tarde un importante papel na súa conservación e custodia.

Lám 2. Leonardo Fernández- Reinante na sede da Biblioteca popular Circulante. Ribadeo. Ca 1930. Colección particular

En 1923 o artista e intelectual ribadense Amando Suárez Couto creou o coro galego Cantigas da Mariña, que sería presentado oficialmente no Teatro de Ribadeo o 2 de setembro de 1924, co gallo das festas patronáis. Nun principio foi dirixido polo mesmo Suárez Couto, e, despois dun tempo sin actuar- vivindo Suárez Couto en Madrid- renaceu por iniciativa de Claudio Pérez Prieto, pasando a dirixilo Leonardo Fernández-Reinante en 1933. En 1934, pola renuncia deste, tomou a dirección Etelvino Méndez (Álvarez Lebredo , 2003: páx 116-117).

Lám 3 : Coro Cantigas da Mariña. Fotografía anónima. Ribadeo. 1933. Fototeca Ribadeo na memoria

O coro, en varias ocasións, interpretou composicións de Fernández- Reinante, que xa tiña un nome como compositor, como subliñei. Nas Riberas del Eo do 21 de xullo de 1928 (3) menciónase, con ocasión dun festival artístico celebrado no Teatro da vila a interpretación por parte da orquesta do seu pasodoble, La muñeca japonesa, aclarando nunha nota, que:

En esta velada se tocará por primera vez un bonito pasodoble compuesto por el joven músico ribadense Leonardo Reinante”

Durante o tempo no que dirixíu Cantigas da Mariña, nos festivais, actuacións, e veladas teatrais nas que a agrupación participaba, interpretáronse varias composicións polifónicas del, todas elas de temática galega, sempre dentro da liña que se pretendía dar a dito grupo coral, como reseñóu na súa presentación D. César López Otero:

A finalidade dos coros , que buscan a conservación do canto popular, para que no seu día sirvan eses cantos de orixe e fundamento a unha música de categoría, que sendo esencialmente galega, sexa ao mesmo tempo de universal aceptación (4).

Airiños Aires foi composta en 1933, tomando a letra do poema de igual título de Rosalía de Castro. É un madrigal que foi estreado no Teatro de Ribadeo o día 12 de abril de 1933, e interpretado máis tarde en varias ocasións. Outras pezas son Alalá de Ribadeo, Pobre Velliño, Miña Ruliña, e Mala Fola, as dúas últimas con letra do escritor Inocencio González.

Inocencio González Remior, nado en San Miguel de Reinante , emigróu a La Habana, onde residiu un tempo. Retornou a Ribadeo cara a 1932, e desde este ano ata 1936 foi un colaborador frecuente do semanario Las Riberas del Eo. Escribíu poemas, cantigas, relatos e artigos de opinión, en castelán e en galego, sempre desde unha perspectiva intelixente e moderada. A súa colaboración nos eventos da vila, e especialmente co coro Cantigas da Mariña, sería recollida na prensa contemporánea:

Mañana dará dos funciones en el Teatro de esta villa el coro < Cántigas d’a Mariña>, con un interesante programa, en el que figuran las obras de nuestros amigos D. Fernando Salgado <La Despedida> y <Miña Ruliña> de D. Inocencio González, con música del director del coro D. Leonardo F.Reinante” (5).

Nestas actuacións interpretábanse tamén composicións doutros autores afincados en Ribadeo como Etelvino Méndez ou o castropolense Fernando Salgado, á vez que de compositores galegos de sona, como Baldomir, Pascual Veiga,ou Xoan Montes.

En 1934 Fernández-Reinante abandonou a dirección do coro por discrepancias có presidente do mesmo, Jesús Díaz López, explicando os seus motivos nunha carta datada o 16 de agosto de 1934, e publicada en Las Riberas de Eo uns días despois (6). Desde a súa dimisión ata 1936 Cantigas da Mariña foi dirixido por Etelvino Méndez.

Con todo ata 1936 Fernández-Reinante seguíu participando nos eventos musicáis da vila formando parte de Os Ribanova-que actuaban en festas e romarías da comarca, e outros puntos de Galicia e Asturias- e dirixindo o Orfeón Obrero, que, aínda que non tan popular como o cuarteto de música galega, foi moi ben recibido polos ribadenses. Posiblemente a última actuación oficial deste Orfeón foi o 1 de maio de 1936 co gallo da celebración en Ribadeo da Festa do Traballo. O semanario Las Riberas del Eo describe con minuciosidad os diversos actos celebrados en varios lugares da vila, actos conmemorativos, ofrendas florais, mitines, reprentacións teatrais, e especifica que ao longo da xornada, e no remate da mesma, o Orfeón Obrero interpretou varias pezas que foron acollidas con gran éxito por parte do público.

Durante los diversos actos celebrados cantó con mucha afinación varios himnos el Orfeón Obrero, bajo la dirección del joven y competente maestro compositor Leonardo.F.Reinante”.

Al final de la obra el Orfeón Obrero interpretó bajo la experta dirección de Leonardo.F.Reinante los himnos proletarios, La Unión y La Internacional. Siendo al final de ellos efusivamente ovacionados” (7).

A partir do 18 de xullo de 1936 co levantamento militar e o posterior desencadeamento da Guerra Civil, foron paralizadas todas as actividades culturáis, que máis tarde, despois da toma da zona polo bando nacional iríanse recuperando en parte.

Fernández-Reinante, vinculado ao Ateneo e á Biblioteca Popular Circulante, xogou un importante papel na garda dos fondos bibliográficos da mesma, que custodiou persoalmente para evitar que foran requisados ou destruidos, devolvéndoos máis tarde, cando xa non corrían perigo.

Tras a Guerra Civil dedicouse a dar clases de piano e violín nun establecemento que tiña alquilado na rúa San Francisco, onde tamén afinaba pianos e vendía partituras e instrumentos musicáis. Tamén tocaba o armonio e o órgano nos servizos relixiosos e nas festividades nas que se lle requería.


Lám 4 : Anuncio de Leonardo F. Reinante. Las Riberas del Eo. 28 de marzo de 1942. Páx 4

Con todo no deixou de crear melodías. Escribiu duas serenatas, unha para piano e outra para violín. En 1945 compuxo a música dun tango , Todo en la vida es mentira, con letra do asturiano Conrado Villar Loza. Ambos dedicáronlle esta peza, composta para piano ao barítono gijonés Antonio Medio, “ en señal de admiración”.

Conrado Villar Loza, nado en Taramundi en 1873 escribiu varias cancións e libretos para obras musicáis en colaboración con outros músicos ribadenses. Quizáis a máis coñecida é Un feixe de tapiegadas, con música do mestre afincado en Ribadeo

Etelvino Méndez, é un sainete lírico con unha serie de cadros escénicos, que tivo grande éxito. Algunhas das melodías, interpretáronse soltas, facéndose moi populares.

En 1943 por iniciativa do músico ribadense Carlos Álvarez e Fernández-Cid -que tanto fixo pola música en Ribadeo- naceu o proxecto de crear unha Banda de Música como houbera no pasado. Para elo fundouse tamén unha Academia de Música co fin de formar aos estudantes que máis tarde serían os compoñentes de dita Banda.

Las clases se daban en lo que había sido el Club Republicano Radical, en los bajos del Cantón Bar, y comienzan con Ramón Fuertes Cruces (el Valenciano), Leonardo Fernández-Reinante y Faustino Pulpeiro Acebo (Gallopín), como profesores” (8)

Nos anos 60 Leonardo formou parte da exitosa orquestra L. Parinni, creada polo músico ribadense Rafael Parinni La Granda (Falucho), integrada ademáis por Gonzalo Montero, Trompeta, Antonio e Mocín. Fernández-Reinante tocaba o contrabaixo. Actuaban en festas populares e salóns de baile en Galicia e Asturias, sendo un dos grupos musicáis máis populares e contratados na época.

Lám 5 : Orquestra L. Parinni. Fotografía anónima. Ribadeo. Fototeca Ribadeo na memoria.

Ademais destas actividades musicáis, Leonardo proseguiu coas colaboracións no campo da cultura.

En 1957, inaugurouse oficialmente a Biblioteca pública El Viejo Pancho, tomando Amando Suárez Couto parte activa e desinteresada na empresa, como fixera anteriormente coa Biblioteca Popular Circulante. Ademáis de supervisar a organización da mesma deseñou os espazos e o mobiliario, e, pintóu in situ o enorme retrato sobre táboa (320 x 220 cm) de El Viejo Pancho, José María Alonso y Trelles Jarén, ribadense afincado en Uruguay onde foi gloria nacional e señeira figura das letras. Fernández-Reinante foi nomeado encargado da Biblioteca, función na que moitos o lembramos.

Cara a 1959 dátase esta fotografía, que agrupa a unha serie de artistas ribadenses que traballaban en varios campos da cultura. Nela aparece tamén Leonardo.

Lám 6 : Amigos da Arte. Ribadeo .Ca 1960

Sobre esta fotografía hai poucos datos, os únicos que se teñen son os publicados por Chemi Lombardero nun artigo en La Comarca del Eo en xaneiro do 2014 (9).

Según Lombardero o motivo da xuntanza non está claro, quizáis se pretendéu formar un grupo para realizar actividades en diversos campos das artes. O autor recoñece:

De esquerda a dereita, e ao fondo a Carlos Díaz Suárez (violinista e discípulo de Leonardo Fernández-Reinante e Paco Espina), a María Baixeras (pianista), Carlos Álvarez e Fernández-Cid ( Farmacéutico, músico, e creador de varias orgaizacións musicáis en Ribadeo), Lolo Rego Saavedra (debuxante e pintor),Amando Suárez Couto (músico e artista pástico), Pepe Cuervo (pintor e escritor), Emilio Carricoba (director de banda e compositor), Ramón Fuertes- El Valenciano-( músico, compositor e profesor de guitarra).

Na fila do medio: Dionisio Gamallo ( escritor, investigador e xornalista), Suso López Mosqueira ( pianista e pintor), Amador Fernández Mejeras ( escritor).

Na primeira fila: Antonio López García (músico e debuxante), Maximino Aramburu Mejeras (pintor), Leonardo Fernández-Reinante (músico e compositor), e Ramón Gutiérrez Raimunde ( ebanista e debuxante).

A partir de 1960, máis ou menos, as súas colaboracións no plano musical redúcense, penso, a dar clases e a tocar o armonio e o órgano nas funcións relixiosas da parroquia.

En xuño de 1971, doou ao Patronato Rosalía de Castro a partitura da súa composición Airiños airiños aires, sobre o poema do mesmo nome da escritora compostelana, séndolle agradecido o seu xeneroso xesto polo presidente de dito Patronato, D. Agustín Sixto Seco.

Tras unha dura enfermidade falecéu en Ribadeo en 1994.


Bibliografía:

Álvarez Lebredo,Carlos. Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid. Diputación provincial de Lugo 2003

Gran Enciclopedia Galega.” Leonardo Fernández-Reinante Fernández”. T.17. Ed Novos vieiros.A Coruña. 1974. Páx 127

Gutiérrez Fernández, Eduardo. Do vello Ribadeo. Agrupación Cultural Francisco Lanza. Ribadeo. 2005

Lombardero Rico, Chemi. “Artistas ribadenses en 1960”. La Comarca del Eo. 4 de xaneiro de 2014.Ribadeo.2014. Páx 4
 

Periódicos e Revistas:

Las Riberas del Eo. Ribadeo 21 de xullo de 1928. Páx 6.

Las Riberas del Eo. 21 de octubre de 1933. Páx 6

Las Riberas del Eo. 25 de agosto de 1934. Páx 6

Las Riberas del Eo. 2 de maio de 1936. Ribadeo. Páx 6


Webgrafía:

osespigueiros.blogspot.com/2018/08/inocencio-gonzalez-remior.html

https://www.vivirasturias.com/arte-cultura-deporte/c/0/i/54824018/villar-loza-conrado

--

Notas:

1 Carlos Álvarez Lebredo. Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid. Diputación provincial de Lugo 2003. Pp 155-156.

 

2 Gran Enciclopedia Galega.” Leonardo Fernández-Reinante Fernández”. T.17. Ed Novos vieiros.A Coruña. 1974. Páx 127

 

3 Las Riberas del Eo. Ribadeo 21 de xullo de 1928. Páx 6.

 

4 Eduardo Gutiérrez. Do vello Ribadeo. Agrupación Cultural Francisco Lanza. Ribadeo. 2005. Pp 9-10

 

5 Las Riberas del Eo. 21 de octubre de 1933. Páx 6

 

6 Las Riberas del Eo. 25 de agosto de 1934. Páx 6

 

7 Las Riberasdel Eo. 2 de mayo de 1936. Ribadeo. Páx 6

 

8 Carlos Álvarez Lebredo. Cincuenta años de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid. Diputación provincial de Lugo 2003. Páx 75

 

9 Chemi Lombardero Rico. “Artistas ribadenses en 1960”. La Comarca del Eo. 4 de xaneiro de 2014.Ribadeo. Páx 4

Nota do blog: Este artigo foi puvblicado de primeiras no libro das festas patronais de Ribadeo 2022.

20210909

INFORME SOBRE DOCUMENTOS E MAPAS ONDE APARECE REFLECTIDA A DENOMINACIÓN RIA DE RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico

INFORME SOBRE DOCUMENTOS E MAPAS ONDE APARECE REFLECTIDA A DENOMINACIÓN RIA DE RIBADEO


INTRODUCIÓN


    O presente informe consta de tres apartados. No primeiro apórtanse unha serie de documentos dos séculos XVI e XVII onde aparece a denominación “Ría de Ribadeo” ou a mesma fórmula aplicada a outras rías galegas. No segundo inclúense dous materiais literarios do século XXI de especial relevancia pola categoría científica e académica dos seus autores e no terceiro figura unha listaxe de Mapas e Cartas Mariñas onde aparece reflectida a denomina
    O obxectivo é exclusivamente informativo, facendo declaración expresa de eludir calquera tipo de polémicas. Calquera particular ou entidade queda autorizada para facer o uso que estimen axeitado destes materiais, sen ningún tipo de limitacións. Asemade este informe está aberto a críticas, suxestións au aportes de novos materiais que poden achegar as persoas o desexen.
    Tódolos materiais que se citan inclúen a referencia das fontes utilizadas. Os materiais da Biblioteca Nacional (11 515 documentos) foron revisados entre o día 20 de abril e o 30 de maio de 2021. E posible que en datas posteriores se teñan incluído novos documentos. Os materiais procedentes do Museo Naval foron facilitados por persoal de este organismo, pero non revisamos persoalmente todos os fondos de esta fonte. Non se incluíron materiais de tipo turístico ou informal. Tampouco se incluíron materiais de grafía dubidosa (por exemplo R. de Ribadeo) ou borrosa.
    Tomouse especial precaución en evitar duplicacións, de xeito que cando aparece mais de un documento do mesmo autor débese a que corresponden a distintas edicións. Os achádegos preséntanse por orde cronolóxica da data de edición, que non sempre coincide ca data que figura no documento.
    No apartado I so incluímos materiais dos séculos XVI e XVII porque lle demos prioridade á procura dos documentos mais antigos.
    O número de persoas que colaboraron neste traballo é moi amplo. So citaremos, por ser especialmente significativas, as aportacións de D. Francisco José Campos Dorado, D. Antonio Gregorio Montes, D. José Mª Lombardero Rico e D. Víctor Moro Rodriguez, sin embargo os erros e carencias son responsabilidade unicamente do asinante.
    Respectouse a grafía en linguas castelá, inglesa e francesa dos orixinais.


RESUMO


    Preséntanse dous documentos literarios do século XVI onde aparece a denominación “Ría de Rivadeo”, un libro onde se utiliza a fórmula “Ría de unha vila ou cidade” en tres rías galegas e cinco actas notariais que utilizan a mesma expresión. Do século XVII recóllense numerosas citas da mesma fórmula nas obras do cartógrafo Pedro de Teixeira e 110 actas notariais de operacións comerciais na Ría de Ribadeo. Ademais exponse unha carta de un particular ao rei de España ca mesma denominación.
    Polo que atinxe aos mapas e cartas mariñas apórtase un mapa de Pedro de Texeira do século XVII xunto cas citas xa mencionadas que acompañan aos mapas. Do século XVIII preséntase nove mapas ou cartas mariñas de diferentes autores, unha de elas alemá. Do século XIX expóñense 75 mapas ou cartas mariñas, dúas inglesas, catro francesas, dúas alemanas e dúas belgas. Do século XX inclúense 35 mapas, deles dous franceses, un norteamericano e dous ingleses. En un mapa de 1999 figura a dobre denominación “Ría del Eo” e “Ría de Ribadeo”. Do século XXI preséntanse cinco mapas ca fórmula “Ría de Ribadeo”, todos eles de autores españois. En total son 124 mapas de organismos oficiais ou de publicacións acreditadas nos que figura a denominación “Ría de Ribadeo” e un no que aparece a dobre denominación “Ría del Eo” e “Ría de Ribadeo”. Polo que atinxe á nacionalidade da publicación tres son alemás, catro inglesas, seis francesas, unha norteamericana e dúas belgas. As restantes son españolas.
    Apórtanse, asemade, dous documentos literarios do século XXI asinados por coñecidos investigadores universitarios de moi alta cualificación onde ratifican a denominación Ría de Ribadeo.


I.- DOCUMENTOS LITERARIOS DOS SÉCULOS XVI E XVII ONDE APARECE A DENOMINCIÓN RÍA DE RIVADEO


LICENCIADO MOLINA. 1.550 


    Bartolomé Sagrario de Molina, nado en Málaga en data descoñecida e falecido entre 1572 e 1577 foi un coengo da catedral de Mondoñedo, onde residiu dende 1547, despois de viaxar por Galicia dende 1533. Escribiu un libriño titulado “Descripcio del Reyno de Galizia y de las cosas notables del” editado en Mondoñedo en 1.550. Existe unha edición facsímile dispoñible na rede. (Ed. Faxtor. Valladolid 2005). Na “Parte III” trata “De los Puertos y Rías del Reyno” e na IV “De los Rios y Pueblos”. Describe algúns aspectos das rías galegas e poboacións colindantes e refírese textualmente á Ría de Arousa, Ría de Betanzos e Ría de Viveiro. Cita nove veces a Ribadeo con expresións como: “…toma la mar en una ría que está Ribadeo…”. En ningún caso utiliza expresións do tipo “Ría do Landro” ou “Ría do Eo” ou otras que se presten a confusión. En resumo nombra varias rias galegas cas mesmas denominacións que coñecemos na actualidade de tal xeito que semella razoable supoñer que ese era o uso cotián a mediados do século XVI ou algún decenios antes, tendo en conta as súas viaxes por Galicia dende 1533 e que o libro foi escrito entre 1547 e 1549. Pola otra banda diferencia perfectamente os conceptos de porto, ría e río. (Véxase José Filgueira Valverde. 1949) 


CRISTOBAL DE BARROS. 1.569 


    Cristobal de Barros é un asesor da corte de Felipe II coñecido pola sua actuación na organización técnica da escuadra española na batalla de Lepanto. En 1569 redacta un informe encargado pola corte de Felipe II para coñecer os recursos en materia de construción naval na cornixa cantábrica. O parágrafo que nos interesa di así:
Lo que se a hecho çerca de las maderas.
En lo que toca a las maderas, yndiferentemente y sin execuçion alguna se cargan en todo el Prinçipado de Asturias y en la ria de Rivadeo en grandisima cantidad y en algunos puertos de Galiçia, esto en birtud de algunas liçençias que para heso se dan, digo para Galiçia, que en l’Asturias y en la ria de Ribadeo no las piden…

    Véxase: Javier Enríquez y Enriqueta Sesmero, Revista de Estudios Marítimos del País Vasco, San Sebastián 2000. 


FASTOS DE CASTROPOL EN EL SIGLO XVI 


    É un longo poema relacionado ca redención do poder episcopal da vila de Castropol (1574-1579). O poema comenza así:


Castropol, do antiguamente
por Estrabón se designa
que fue la ciudad Olina
muy famosa y preminente
sita do ba la corriente
del rio Eo al mar Oceano
entre el reino Galeciano
y Asturias, haciendo raya
por la ría, puerto y playa
que oy de Riuadeo se nombra…


    Véxase: Eloy Benito Ruano. Fastos de Castropol en el Siglo XVI. Boletín de Estudios Asturianos, RIDEA nº 20, 1966. Este autor expón que a autoría podería atribuírse a D. Pedro Alvarez de Acevedo, nativo de Castropol e bacharel ou licenciado por Salamanca. Polos relatos do extenso poema deduce que fue redactado a finais del século XVI ou comezos do XVII. Aos efectos do tema que tratamos a expresión : “la ría… que oy de Riuadeo se nombra” ten un significado inconfundible.
    Fermín Bouza Brey comenta tamén este poema en “Noticias históricas sobre la introducción del maíz en Galicia” Imp. Y Editorial Maestre. Madrid.1953. 


PEDRO DE TEIXEIRA. 1.622 


    Pedro de Teixeira Albérnaz é un cartógrafo portugués adscrito á corte de Felipe IV amplamente coñecido polas magníficas edicións actuais dos seus traballos e por numerosas comunicacións en prensa e medios de divulgación. Teixeira foi comisionado por mandato real para estudar as costas españolas e portuguesas, iniciando un percorrido e traballo de campo dende a fronteira vasco-francesa en setembro de 1622, que remata no 1630 despois de algunhas interrupcións. Nos documentos accesibles describe polo miúdo, tendo en conta as condición e medios da época, os portos, ríos, medios defensivos, enseadas, recursos económicos, incluso roupas e costumes das diferentes comunidades polas que pasa, constituíndo un material moi importante na historia da cartografía española.
    Os seus traballos, que estiveron perdidos ou esquecidos ate hai poucos anos consisten nunhas descricións literarias dos seus achádegos e dúas coleccións de debuxos ou mapas. Dos traballos literarios coñécense tres exemplares ou reproducións manuais, non todos idénticos. Un deles, conservado na Biblioteca Nacional española foi editado no 1908 e no 1910 no Boletín da Real Sociedad Geográfica. A primeira e unha edición parcial e a segunda completa.
    Os códices achados recentemente son dous. O primeiro leva por título “Compendium Geographicum” e foi descuberto na Universidade de Upsala (Suecia). Está accesible nunha magnífica edición da Fundación Alvargonzález, a Universidade de Upsala e o Museo Naval (Gijón, maio, 2001). En resumen o Compendium Geographicum é un caderno de oito láminas que inclue unha “Tabla Primera del Orbe de la Tierra”, a segunda da Península Iberíca e outras seis das costas cantábrica e a atlántica galega. Aínda mais cada mapa acompañase de unhas breves notas que fan referencia as terras e costas. Ademais de esta colección de mapas o Compendium Geographicum inclúe un relato descritivo máis amplo que as notas mencionadas e semellante, aínda que non idéntico, ao documento conservado na Biblioteca Nacional. En un dos mapas que leva por titulo “Principado de Asturias” aparece reflectida a denominación “Ría de Ribadeo”, así como nos textos devanditos.
    Un segundo achádego dos traballos de Teixeira, moito mais importante e extenso que o anterior, tivo lugar en decembro do 2000, por un grupo de investigadores españois, na Biblioteca Nacional de Viena, onde estaba depositado. Leva por título “Descripción de España y de las costas y puertos de sus reinos” e tratase de un códice que inclúe unha descripción literaria similar á xa coñecida da Biblioteca Nacional Española, anque non idéntica e 99 mapas da Península Ibérica, os reinos ou rexións e unha serie de cartas ou debuxos de localidades, portos, rías etc. Segundo os expertos esta obra inaugura a cartografía moderna no noso país. Este segundo achádego deu lugar á publicación de un tomo de gran calidade, con artigos de diversos autores( Ed. Nerea. San Sebastián, outubro, 2002).
    Recentemente tivemos novas dun novo achádego na Biblioteca Casanatense de Roma, de un documento que leva por título: “Descripción de la Costa de España hecha por (o lugar do autor queda en branco)”. Segundo algúns autores este novo documento sería unha reprodución dos anteriores.
    Os traballos de Texeira non foron editados no seu tempo por considerarse materiais reservados ou segredos de interese estratéxico, segundo algúns autores. Todos os achádegos devanditos son reproducións manuais.
    En todos os traballos de Teixeira, tanto nun mapa do Principado de Asturias como nas notas acompañantes ou nos documentos literarios descritivos aparece recollida a expresión “Ría de Ribadeo”, debendo suliñarse que en todo o seu percorrido só aparece a mesma fórmula na “Ría de Santander” e nas restantes rías galegas. Nos documentos devanditos non aparecen expresións do tipo “Ría do (nome de un rio)” ou fórmulas que se presten a confusión.
    Pola outra banda, tendo en conta o método de traballo (un auténtico “traballo de campo”) e os contidos diversos dos relatos de este autor, que sobrepasan amplamente o que sería unha sinxela carta xeográfica ou de navegación, pódese afirmar que Teixeira atópase por primeira vez (quedaría a dúbida de Santander) ca denominación “Ría de unha vila ou cidade” ao chegar a Ribadeo, e así o rexistra citando despois ás restantes rías galegas (Ría de Vigo, Ría de Pontevedra, etc). Dos datos anteriores despréndese que a fórmula “Ría de Ribadeo” xa era a expresión utilizada naquela época entre os veciños da comarca, o que concorda cos documentos presentados anteriormente.
 

ACTAS NOTARIAIS RECOLLIDAS POR JOSE MARIA LOMBARDERO NOS ARQUIVOS HISTÓRICOS PROVINCIAIS DE LUGO E OVIEDO (Datos inéditos)
 

   Este historiador revisou as actas de escribanos do Arquivo Histórico Provincial de Lugo dos séculos XVI e XVII para un estudo sobre os movementos portuarios e comerciais na Ría de Ribadeo (O Comercio Marítimo da Ría de Ribadeo nos séculos XVI e XVII, ed. Lar 2018), atopando máis de 700 documentos que conserva fotocopiados. De eles, en 115 manuscritos notariais aparece a expresión “Ría de Ribadeo” ou “Ría y Puerto de Ribadeo”. Tamén en tres ocasión mencionase a “ría” sen especificar máis detalles. En ningún caso se encontra a expresión “Ría del Eo” ou fórmula similar que se poda prestar a confusión. Cinco de estas actas corresponden ao século XVI, a partir do 4 de agosto de 1586 (non se conservan anteriores) e as 110 restantes ao século XVII.
    Convén suliñar que o traballo de este autor non estaba orientado a buscar este dato e que a maioría dos documentos son de lectura moi difícil ou imposible, polo tanto é probable que o número real de citas da Ría de Ribadeo sexa moito maior. Semella evidente que o uso da expresión “Ría de Ribadeo” entre os escribanos de Castropol ou Ribadeo era o cotián nos séculos XVI e XVII.
    Este autor tamén ten revisando o Arquivo Histórico de Asturias para o estudo dos movementos portuarios de Navia e Luarca (ed. CICEE, Gijón, 2021). Da devandita revisión apórtanos a instancia que Juan Alonso dirixe ao rei o ano 1696 da que extractamos o parágrafo seguinte:
… está pendiente de que S.M le honre en atención a sus servicios y los que han hecho a su real corona sus ascendientes, con el título de Marqués, y que asimismo de nuevo ha ofrecido a S.M. 3.000 carros de madera puestos a su costa en la lengua del agua de la Ria de Ribadeo en el Principado de Asturias…” (AHA, C/5753, 20-7-1696).
    Suliñemos que nesta revisión tampouco se atopou a expresión “Ría del Eo” ou “Ría del Navia” ou outras que se presten a confusión.

II.- DOUS DOCUMENTOS ESPECIALMENTE SIGNIFICATIVOS DO SÉCULO XXI


    GONZALO ANES ALVAREZ DE CASTRILLON, nado en Trelles (Coaña) no 1931. Economista e historiador, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela e na Complutense de Madrid. Entre as numerosas actividades do seu curriculum suliñamos a de Director da Real Academia de la Historia. “La Ría de Ribadeo” artigo publicado no diario ABC o día 27/8/2002, no que expón as bases históricas e xeográficas da denominación “Ría de Ribadeo”.

 
    FRANCISCO QUIROS LINARES. CAMPO DEL TABLADO. Revista Asturgalaica de Cultura. nº 2, pax. 5, 2005. “UN HITO CARTOGRÁFICO DEL EO: EL MAPA DE PEDRO DE TEIXEIRA”. Quirós Linares foi unha autoridade indiscutible da xeografía española, catedrático da Universidade de Oviedo e autor de numerosos traballos e publicacións. No artigo citado resalta a importancia da obra de Teixeira e usa dúas veces a denominación “Ría de Ribadeo”.

III.- LISTAXE DE MAPAS E CARTAS MARIÑAS ONDE APARECE A DENOMINACIÓN “RÍA DE RIBADEO”


ABREVIATURAS E FONTES: 


BN MAD Biblioteca Nacional Mapas antiguos digitalizados; BDM Biblioteca Digital Mundial; CHA: Cartografía Histórica de Asturias. Juan Sevilla 2.008; CME: Cartografía Militar de España; CP: Colección particular; G BDG Galiciana Biblioteca Digital de Galicia; IGN: Instituto Geográfico Nacional; MN: Museo Naval; RBGP: Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
    (Non se inclúen as abreviaturas e fontes de documentos illados que aparecen reflectidas en cada un deles).

RESULTADOS:

1632 DESCRIPCIÓN DE LA COSTA DEL PRINCIPADO DE ASTVRIAS. Pedro de Teixeira. COMPEMDIVM GEOGRAPHICVM. Ed. Ramón Alvargonzález Rodríguez. Gijón, 2001. Pags. 100-101, 103, 123, 141 (cita dúas veces a Ría de Rivadeo) e 142.(Inclúe mapas e textos).

1634 LA DESCRIPCIÓN DE ESPAÑA Y DE LAS COSTAS Y PUERTOS DE SUS REINOS. EL ATLAS DEL REY PLANETA. Pedro de Teixeira. ED. Nerea. San Sebastián 2002. Pax. 324 e nº 40 dos mapas (Mapa e texto).

1776 MN Plano de la Ría de Rivadeo. Escuela de Navegación del Departamento de Ferrol. Luis Videgaray. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-7 2ª

1777 BN MAD (nº 6150) Mapa del Principado de Asturias al Serenísimo Sr. Don Carlos Antonio Príncipe de Asturias por D. Tomás López.

1787 MN Ría de Rivadeo. Tomas Ramery. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-21.

1787 MN Plano de la Ría de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Vicente Tofiño de San Miguel. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-5.

1788 MN Plano de la Ría de Rivadeo. Miguel de la Fuente. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-3 5ª.

1788 MN Ría de Ribadeo Tomás Ramery. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-7

1788 Plano de la Ría de Ribadeo. Escola Náutica de Barcelona. Roquer, Josep. Museu Maritim de Barcelona.

1789 CP Carta Esférica de la Costa de Galicia. D. Vicente Tofiño de San Miguel.

1798 BN MAD (nº 1072). Asturias Principatus. FRANZ LUDWIG GÜSSEFELDT. Nuremberg.

1810 BN MAD (nº 500). A New Map of Spain and Portugal compiled by Jasper Santial. London

1811 BN MAD (nº 5991) Mapa de España.

1812 BN MAD (nº 7052) New military Map of Spain and Portugal. Published by John Stockdale. London.

1820 BN MAD (nº 2580) Carte Physique de l´Espagne et de Portugal. Par Bory de St Vicent.

1835 MN Plano de la Ría de Rivadeo. Miguel Antonio Blanco Ortigueira, José Antonio Villamil Saavedra y Miguel Peres Golfullo. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-8.

1835 MN Plano de la Ría de Rivadeo. Miguel Antonio Blanco Ortigueira y José Antonio Villamil Saavedra. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-1.

1835 MN Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Autor desconocido. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-30.

1837 BN MAD (nº 6270) Mapa del Reino de Leon y del Principado de Asturias. Por A.H.DUFOUR. París.

1838 CHA (pag.187) Mapa de las Provincias de Asturias, León y Palencia del Guardia Nacional.

1841 BN MAD (nº 6310) Mapa General de los Caminos de España y Portugal. Por A.H. DUFOUR. París.

1842 BN MAD (nº 10408) Spanien u. Portugal. In VIER BLÄTTERN.

1843 CHA (pag 90) Mapa del Reyno de Leon y del Principàdo de Asturias. A.H. Dufour.

1845 BN MAD (nº 2104) Carta Geométrica de Galicia. Domingo Fontán.

1847 CHA (pag.192) Provincia de Oviedo, antiguo Principado de Asturias. R. Alabern y E. Mabon.

1847 BN MAD (nº 1968) Carta Esférica de la Costa de Galicia, desde la Punta Barroco hasta Cabo Toriñana. D. Juan de Dios Sotelo. Gefe (sic) de Escuadra. Secretario de Estado y del Despacho de Marina.

1850 BN MAD (nº 6324) Mapa General de España y Portugal. G.de Medrano. Francisco Nacente Editor.

1852 BN MAD (nº 6003) Mapa de España y Portugal por D.Pedro Martín de López.

1852. MN. Carta Plana del puerto de Ribadeo. Antonio Rafael Martínez. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-2.

1853 BN MAD (nº 9457) Provincia de Oviedo. Grabado por R. Mabern y E. Mabon.

1855 BN MAD (nº 6528) Mapa Topográfico de la Provincia de Oviedo. Por D. Guillermo Schulz. Corregido con arreglo a los datos suministrados por la Diputación Provincial.

1856 MN Carta Náutica de la Ría de Ribadeo. Antonio Miguel Blanco y Juan Tomás Cucullu. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-2.

1856 MN Plano Geométrico de parte de la Ría de Rivadeo. Juan Tomás Cucullo.

1857 CHA (pag.195) Mapa Geológico de la Provincia de Oviedo. Guillermo Schulz.

1859 BN MAD (nº 3095) Colección de Mapas Especiales de España. División Moderna. Por D. Miguel Avellana.

1860 BN MAD (nº 7592) Península Española. Francisco Coello.

1860 MN Plano de la Ría de Ribadeo. Felipe Santiago de Palacio.

1860 MN Plano da Ría de Ribadeo. Juan Tomás Cucullu. Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-1.

1861 BN MAD (nº 7593) Península Española. Francisco Coello.

1862 BN MAD (nº 1466). Bosquejo Dasográfico de la Provincia de Oviedo. D. Francisco García Martino.

1863 BN MAD (nº 4216) Atlas de España y de sus Posesiones en Ultramar. D. Francisco Coello.

1864 BN MAD (nº 5778) LUGO. Atlas de España. D. Francisco Coello.

1866 CHA (pag.203) Provincia de OVIEDO. Asturias. A. Ronchi y Cia Editores.

1868 BN MAD (nº 7714) Planos de los Puertos de Cedeira y de las Rías de Vivero y Ribadeo. Tte. de Navío D. Pedro Ruidavets. Dirección de Hidrografía.

1867 G BDG Provincia de Lugo F. Rubio y Cia. Ed.

I870 BN MAD (nº 7406) Oviedo. Principado de Asturias, Por Francisco Coello.

1870 BDM Provincia de Lugo. Francisco Boronat y Satorre.

1872 BN MAD (nº 10407) Spanien und Portugal in IV BLÄTTERN.

1877 BN MAD (nº 4226) España y Portugal. Para uso de las escuelas. Por D. José P. Morales.

1878 BN MAD (nº 6527) Mapa Topográfico de la Provincia de Oviedo. Por D. Guillermo Schulz.

1879 BN MAD (nº 4224) España y Portugal por D. Francico Coello.

1879 BN MAD (nº 6417) Mapa Geológico de España y Portugal. Don Federico Botella y de Hornos.

1879 CHA (pag.117) Provincia de Oviedo. Francisco Boronat y Satorre.

1880 BN MAD (nº 6333) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1880 BN MAD (nº 4204) España Mapa General. Emilio Valverde.

1880 BN MAD (nº 6069) Mapa de las aguas Minerales y termales de España y Portugal por el inspector general de Minas Excmo. Sr. D. Federico de Botella y de Hornos de la Real Academia de Ciencias.

1880 BN MAD (nº 6304) Mapa General del Distrito Militar de Galicia. D. Emilio Valverde y Alvarez.

1880 BN MAD (nº 9435) Atlas Geográfico Descriptivo de la Península Ibérica. Provincia de Lugo. D. Emilio Valverde.

1880 BN MAD (nº 9456) Atlas Geográfico Descriptivo de la Península Ibérica. Provincia de Oviedo.

1881 BN MAD (nº 6348) Mapa general de la península Ibérica Islas Baleares y Canarias. D. Emilio Valverde y Alvarez.

1881 Carta Geográfica Descriptiva de la Provincia de Lugo. D. Emilio Valverde. Ilustración Gallega y Asturiana.

1881 G BDG Principales Puertos de Asturias y Galicia. Ilustración Gallega y Asturiana.

1882 BN MAD (nº 3258) Costa Septentrional de España. Ría de Ribadeo. Por el Teniente de Navío don Pedro de Riudavets. Dirección de Hidrografía.

1883 BN MAD (nº 6335) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1883 BN MAD (nº 6336) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.(Nota: Este mapa parece igual ó anterior, pero é outra edición diferente, ver orixinal).

1883 CHA (pag.211) Mapa industrial y comercial de la provincia de Asturias. Pedro Milá. Lit. Pigrau.

1884 BN MAD (nº 5990) Mapa de España. D. Carlos Ibáñez. Reservas y Depósitos del Ejército.

1884 BN MAD (nº 6339) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1885 BN MAD (nº 4203) España Mapa general. Emilio Valverde.

1885 BN MAD (nº 6330) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1885 BN MAD (nº 6420) Mapa Geológico e la Península Ibérica. Depósito de la Guerra. D. Emilio Valverde y Alvarez.

1886 BN MAD (nº 7231) Nuevo Mapa de España y Portugal y de sus colonias. J.Dosseray. Bruselas.

1886 Mapa del Antiguo Reino de Galicia y Principado de Asturias. En Guia del Antiguo Reino de Galicia y Principado de Asturias. Emilio Valverde y Alvarez.

1888 BN MAD (nº 6442) Mapa Hipsométrico de España y Portugal. D. Federico Botella y Hornos.

1888 BN MAD (nº 7230) Nuevo Mapa de España y Portugal y de sus colonias. J.Dosseray. Bruselas.

1889 BN MAD (nº 6413) Mapa Geológico de España. Excmo. Sr. D. Manuel Fernández de Castro.

1889 BN MAD (nº 6331) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1889 CP Puerto de Ribadeo. Sociedad Minera de Villaodrid.

1890 BN MAD (nº 6332) Mapa general de España y Portugal y Principales Posesiones Españolas. D. Faustino Paluzie.

1891 BN MAD (nº 4223) España y Portugal por Elías Zerolo. Garnier Hermanos. Paris.

1891 BN MAD (nº 6296) Mapa Estadístico Minero de España.

1892 BN MAD (nº 6297) Mapa Estadístico Minero de España.

1896 BN MAD (nº 3268) Costa Septentrional de España. Desde el Puerto de Vega hasta el Cabo Toriñana. Depósito Hidrográfico.

1898 BN MAD (nº 2055) Carta General de la Costa Septentrional de España. Desde Cabo Ortegal hasta el rio Adour. Depósito Hidrográfico.

1898 BN MAD (nº 6340) Mapa general de España y Portugal. Por José Paluzie Lucena.

1898 CHA (pag.213) Provincia de Oviedo. Dirección General de Obras Públicas.

1900 BN MAD (nº 9434) Provincia de Lugo. Dirección General de Obras Públicas.

1900 BN MAD (nº 9455) Provincia de Oviedo. Dirección General de Obras Públicas.

1901 CHA (pag.215) Oviedo. Benito Chias Carbó.

1904 CHA (pag.115) Ferrocarril de Los Cabos (Pravia) a Ferrol. D. Reinoso. Tipolitografía J. Palacios. Madrid.

1905 BN MAD (nº 6038) Mapa de Galicia. Nueva Historia y Monografías Geográficas de las Provincias de España. A. Pérez Asensio Pizarro.

1909 CP Mapa General de España y Portugal y excolonias españolas. José Palucié Lucena.

1910 BN MAD (nº 3485) Côte Ouest de France et Côte Nord d´Espagne. France Service hydrografique et océanografique de la marine.

1914 BN MAD (nº 3486) Côte Ouest de France et Côte Nord d´Espagne. France Service hydrografique et océanografique de la marine.

1915 CP Provincia de Oviedo Ed. Martín. Barcelona.

1917 BN MAD (nº 5779) Atlas Enciclopédico de España. Lugo. CASA EDITORIAL CALLEJA.

1920 CHA (pag.219) Asturias, Lugo. CUERPO DE ESTADO MAYOR DEL EJÉRCITO.

1920 RBPG Plano de la Ría de Ribadeo. J. Cadenet, L.Galván y J.Becerril. Sección de Hidrografía. Madrid.

1927 BN MAD (nº 5967) Mapa de Asturias por Guillermo Schulz.

1928 CP Plano de la Villa de Ribadeo. Editorial A. Martín. Barcelona.

1944 BN MAD (nº 9773) Ribadeo. Serie 1:50.000. Dirección General del Instituto Geográfico Catastral.

1945 BN MAD (nº 11064) Vegadeo. Dirección General del Instituto Geográfico y Catastral.

1957 CP Carta Náutica de la Ría de Ribadeo. Benito García Espina.

1959 CME. Plano Director Ribadeo.

1964 Army Map Service. US Army.

1968 CP Provincia de Oviedo. Diputación de Asturias.

1983 IGN. Península Ibérica Baleares y Canarias. Instituto Geográfico Nacional.

1985 Carta Náutica Ria de Ribadeo. Instituto Hidrográfico de la Marina.

1986 Principado de Asturias. Caja de Ahorros de Asturias.

1988 Comarcas de Galicia. Consellería de Presidencia. Xunta de Galicia.

1988 IGN. Serie 1:200.000 Mapa Provincial de Asturias. D.G. del Instituto Geográfico Nacional.

1989 CME. Vegadeo. Cartografía Militar de España.

1990 IGN. Serie 1:25.000 Vegadeo. D.G. del IGN.

1990 IGN. Serie 1:25.000 Ribadeo. D.G. del IGN.

1992 Mapa de Carreteras. Principado de Asturias. Consejería de Industria, Turismo y Empleo. Oviedo.

1993 Gijón to Punta Candelaría. Spain North Coast. Almirantazgo Británico.

1993 Ports of the North. Coast of Spain. Amirantazgo Británico.

1993 Carta Náutica Ría de Ribadeo. Instituto Hidrográfico de la Marina.

1994 CME. Ribadeo. Cartografía Militar de España.

1998 Carta Náutica Ría de Ribadeo. Instituto Geográfico de la Marina.

1999 IGN. Mapa Topográfico Nacional. D.G. del IGN. 1:25.000. (Neste mapa aparece a dobre denominación “Ría de Ribadeo” e “Ría del Eo”).

2002 IGN. Lugo Mapa Provincial. D.G. del IGN.

2004 IGN. Galicia Mapa Autonómico. D.G. del IGN.

2004 IGN. Asturias Mapa Autonómico. D.G. del IGN.

2004 IGN. Serie 1:25.000 Ribadeo. D.G. del IGN.

2006 Carta Náutica Puerto de Ribadeo. Instituto Hidrográfico de la Marina.