20210731

Nova marca do blog

Toma de pantalla de hoxe a mediodía. Os datos do mes acumúlanse coa etiqueta do primeiro día do mesmo.

   Aínda non rematou o mes de xullo, pero o número de visitas ó blog volve a estar nun máximo mensual: máis de 54 000 visualizacións no que levamos de xullo. Se contamos 31 días, aínda non transcorridos, dan a case 1750 diarias, un tráfico considerable de ben máis dunha cada minuto.

   Ben mirado, non tanto para máis de 6500 entradas realizadas dende o 11 de agosto de 2005. (antes tiña outro blog, que durou algo máis dun ano plenamente activo e xa non está consultable)

   Claro que eso non se logra nin sen traballo nin sen xente que o lea, que compartides o logro comigo. Por iso non espero a ter unha marca ó fin do día, senón que queda como un paso máis deste blog que xa vai tendo unha idade pero que polo momento seguirá adiante.

Ningún comentario: