Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta cámaras. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta cámaras. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20151029

O Gran irmán, cada vez máis cerca

Coido que na tele están a poñer a edición XXL de Gran irmán. O morbo é así.
O que se está a propoñer estes días en Viveiro (e cando vexas as barbas do teu veciño cortar...) comparte nome e orientación de vixiancia, pero é outra cousa: pásase da vixiancia limitada no tempo e voluntaria a cambio de prestacións en televisión á vixiancia continuada con cámaras na rúa a todo o que use o espazo público, ó estilo do 'gran irmán' ideado por George Orwel.
Din  que nunha enquisa primaveral, máis das 3/4 partes das persoas coincidirion en que sería unha vila máis segura con cámaras de seguridade. Será que o pensan, aínda que non sei como era a proposta da enquisa, nin o deseño da poboación enquisada.
De pronto, en xuntanza mantida onte, advírtese que non será así, que non será un 'gran irmán'. Na xuntanza participaron unha empresa de seguridade que comezará a encargarse do tema, os empresarios (a función para a que é ideada é para a protección dos comercios), responsables políticos e xefes policiais. Entendo que a poboación de Viveiro está constituída por veciños, pero por ese concepto non había representación, e a referencia ó gran irmán era para os veciños.
Na xuntanza tamén se dixo, parece ser, que Viveiro era un pobo seguro, pero aínda así, que as cámaras disuadirán ós ladróns. A instalación está prevista en 7 lugares, o que implica como mínimo, outras tantas cámaras, para as que se espera subvención, claro.
Cámara de seguridade. autor:Rama. lic. CeCILL
Hoxe, con medios, é doado facer unha vixiancia intensiva. Cámaras fixas, pero tamén drones (polo momento non é o normal por estas terras). E, que evitan? Se a xente ve invadida a súa intimidade e non fai a vida normal, é un perxuízo de entrada tan grande como a intrusión de cando en vez para roubar. Se non varía a súa vida normal, os ladróns cambiarán as súas pautas e o que servirá será para controlar a vida da xente. Poderá evitarse sempre algunha cousa, e dará oportunidade a outras. En Ribadeo, hai poucos meses, nmun edificio no que os veciños están vixiados nas súas entradas e saídas, pois conta con catro cámaras cenitais na rúa instaladas por unha entidade bancaria, houbo un par de roubos no mesmo día, e logrouse identificar ós veciños que entraban e saían, pero non ó ladrón. Referente ó servizo desas mesmas cámaras poderiamos seguir a falar sobre o que permiten facer, pero entendo que a cousa está clara: as cámaras póñense co pretexto da seguridade, e o seu uso implica unha seguridade cando menos, sesgada, e un control para quen estaba mellor sen el. Os cacos toman medidas, a xente normal, non. E é a que se ve ou pode ver afectada.
---
adxunto o publicado por Iván Arias Balsa (inv. en dereito constitucional da USC) na Voz de Galicia/A Mariña o 20151031:
Sobre a videovixilancia urbana en Viveiro
O 28 de outubro, La Voz de Galicia anunciounos que, en Viveiro, se ía dar unha reunión a «catro bandas» para decidir sobre a proposta dos comerciantes locais para implantar un sistema de videovixilancia urbana, co cal se enflautan os corpos de seguridade pública e o mesmo Concello.
As taxas de criminalidade no Concello de Viveiro, no ano 2011, dacordo a estatística da Subdelegación do Goberno en Lugo, son as máis baixas do conxunto de España. Viveiro é un lugar apacible. É certo que se deron casos delictivos graves; pero fóra de zonas onde podería operar a videovixilancia, como portais, pisos, e sobre todo, o rural do municipio. A resolución de casos criminais no noso municipio ronda o 100%, de tal forma que a totalidade dos delincuentes locais son sometidos á acción da xustiza. Non empeoraron as cousas dende entón.
40.000, ou 60.000 Euros, son un custo considerable para unha medida que non aportará melloras tanxibles á seguridade cidadá, excepto meter medo. Máis cando as medidas de vixilancia por cámaras son doadamente vulnerables se non existe unha resposta inmediata (imaxinemos: enmascararse ou cambiar a roupa canto antes despois de cometer o feito delictivo). É dicir: as cámaras non evitan o delicto se non existe un control, en tempo real, por unha patrulla que saia ó encontro do delincuente no momento que se produce o suceso.
A instalación de cámaras de gravación en lugares públicos mermará os dereitos fundamentais da cidadanía, nunha vila onde todos nos coñecemos, e onde calquera medida de seguridade resulta evidente para calquera tipo de delincuente ou pirata. ¿Cal é o sentido de establecer unha vixilancia pública tan insalvable para ?e vulneradora? os dereitos dos veciños? ¿O «Gran Hermano» orwelliano chega a Viveiro? ¿Asumimos a perda de liberdade para favorecer unha improbable mellora da seguridade?
Faría ben o Concello (que non o fará) en solicitar do Goberno central a autorización para a realización dun referendo municipal, para que os veciños ?«quinta banda» e interesados neste asunto?, co seu voto, se pronunciasen sobre a medida da instalación deste tipo de sistema de control. Porque o que está en xogo non é a seguridade pública ?que parece que xa existe, a xulgar polas estatísticas? senón que os dereitos e liberdades públicas de tódolos habitantes e visitantes de  Viveiro.

20180216

O gran irmán, cada vez máis grande

Xa levamos varios anos nos que nos van chegando novas da vixiancia total en China, con millón de cámaras de vixiancia só en Pequín, e a experiencia de control biométrico a traverso de cámaras nunha rexión enteira máis extensa que España 'para control terrorista'. Aquí non chegamos a tanto, pero as cámaras instálanse para control, mesmo con subvencións da Xunta. Un alicerce máis para contar coa última tecnoloxía de detección en Ribadeo. Non evitará un roubo, nin servirá para esclarecelo, pero poden controlar se saio ou entro da casa. Literal.
Agora estou esperando a ver a nota de prensa do concello (se a saca) na que dea conta do mesmo que pon a Voz hoxe, "O Concello considera que o número tan importante de vehículos que circulan polas nosas rúas fai insuficientes as tradicionais formas de regulación e control presencial do tráfico, e que estas circunstancias aconsellan a incorporación dun apoio tecnolóxico sobre as funcións de vixianza que ten encomendadas a Policía Local". Precisamente cando se trata de 'humanizar' máis rúas, e aínda que o recurso a bici non sexa moi promocionado, os vehículos de dúas rodas sen motor van facéndose un oco pouco a pouco na xeografía urbana. Instalarase un conxunto de cámaras, con recoñecemento de matrícula agora que se vai poñer unha gasolinera no polígono... si, para recoñecemento dos vehículos que circulan polo polígono mesmo. Pero dende o concello falan de rúas... O dito, espero a ver a nota de prensa.
Cámaras de vixiancia. KRoock74, CC BY-SA 3.0, collida de https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/45/Dome_CCTV_cameras.JPG
Sobre cámaras de vixiancia en Ribadeo: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/02/fora-dos-focos-con-liberdade.html

20160525

Dereitos vulnerables

Hai case un mes que saltou a nova de que a asociación Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) pediu á AEPD en 2015 que sancionaran ó Concello de Viveiro polas videocámaras instaladas. Ribadeo tivo algunha tentativa de instalar cámaras por iniciativa da entidade pública que é o concello, que non fructificou polo momento, segundo a prensa, por falta de orzamento. No blog teño falado varias veces do tema. Por exemplo, en febreiro (Fóra dos focos, con liberdade), en outubro (O gran irmán, cada vez máis cerca) ou hai un ano (Xa votaches, agora témosche vixiado). Fíxeno porque considero que é unha vixiancia que vai contra o cidadán, non ó seu favor. E non son o único que pensa así: ata a UE advirte do perigo.
Como segue o caso de Viveiro? Non hai novas dende hai un mes, mais as cámaras foron desactivadas despois da denuncia, e polo tanto, deben seguir desactivadas, aínda que estaban en funcionamento dende 2008, sen autorización. E sen inspección... despois de acudir ó Valedor e de denuncias anteriores. Con recoñecemento da propia Policía Local, en teoría encargada do manexo, de se se habían pedido os permisos obrigados ou as horas de gravación.
Seguimos con Viveiro... porque a pesar do manifesto descontrol sobre a vixiancia ós veciños, a asociación de comerciantes viveirense pretendeu instalar tamén cámaras. Xa se remitiu información a Madrid, á AEPD, e estaba avisada unha empresa para a adaptación dos sistema á protección de datos. Iso dicía a prensa hai un mes.
Mais ou menos daquela, a ACIA ribadense tamén declarou que manexaba a idea da instalación. Polo que parece é a moda: vixía. O obxectivo parece ser evitar roubos. Ou destrozos. Ou que todos nos comportemos de xeito educado. A realidade , á vista está, pode ser ben diferente, con literalmente calquera cuns certos coñecementos e ganas accedendo ós sistemas e ós datos xerados. En Ribadeo non se instalou 'por falta de cartos'.  Como iso depende da asignación orzamentaria, con variar as partidas, solucionado. Así de doado pode ser que alguén se meta nas nosas vidas.
Vixiando a saída do edificio no que vivo hai cámaras, instaladas por unha empresa privada. Os veciños das 18 vivendas, vixiados nas nosas entradas e saídas. Sen pedilo, claro. Pode ser que tentaran atracar a oficina bancaria do baixo... ou que intentaramos facelo nós!. Polo momento, xa houbo roubos no edificio coas cámaras instaladas, e non serviron de nada. Houbo altercados na rúa, e que eu saiba, non se usaron. Pero seguen a controlar en imaxes as entradas e saídas. Suponse que os datos están controlados. Na época de internet, enviando imaxes por internet, cunha cadea de tratamento de imaxes na que interveñen terceiras persoas, controlados?
Estamos a perder a intimidade, e con ela a independencia. O das cámaras é un momento máis que non debemos pasar, para poder afrontar outras verquentes máis espiñosas, como que, ó ter o posicionamento activado, a compañía correspondente saiba onde estamos en cada momento. Neste caso, o 'obxectivo' e poder prestarun servizo máis axeitado. A cambio, calquera (aí están as contínuas excepcións de seguranza) pode acceder a onde estivo o teléfono (e o posuidor) en cada momento nos últimos meses... Algo que pode resultar alucinante visto de xeito gráfico , de consecuencias imprevisibles e que é cualificado como 'doado de facer' a outro móbil.
Temos dereitos, mais como non os defendamos, podemos falar xa, en pasado, porque sempre haberá xente que pense en conseguir máis a base diso precisamente: de que quedes ti con menos.

20161007

Cámaras (neste caso, a privacidade non ten que ver)

Hai poucos días saltou a nova de que Meteogalicia ía instalar cámaras na zona. En concreto, unha en Ribadeo.
O primeiro, aclarar que é ben diferente unha cámara de visión xeralista cara ó ceo ou grandes distancias que aquelas outras cámaras que se están extendendo en multitude coa desculpa de vixiar bancos comercios, etc, e que xa teño denunciado no blog máis dunha vez (o gran irmán, cada vez máis cerca, dereitos vulnerables, fóra dos focos, con liberdade, xa votaches, agora témosche vixiado, etc) ó tempo que cada vez están máis de actualidade. Non, as cámaras de Meteogalicia son instaladas con outro tipo de mentalidade.
Mais a cousa é que están a presentarse como novidade, e non son tal, pois en Ribadeo na actualidade o Club Náutico ten unha cámara instalada deste tipo, refrescada de xeito máis abondoso que a que pretende Meteogalicia (vese a un camión atravesar a ponte en 6 imaxes diferentes, cada poucos segundos, mentras está previsto que as de Meteogalicia refresquen a imaxe cada 5 minutos, segundo o xornal). E Moito tempo antes, Eomática tivo instaladas cámaras ata en tres lugares diferentes de Ribadeo, amosando a vista sobre os tellados e o ceo, se ben na actualidade desistiu por temas de acceso ós puntos de instalación.
Que aportan pois as cámaras de Meteogalicia? Unha visión do ceo, que se superporá e será complementaria coa información aportada pola cámara do Club Náutico en caso de que a orientación non coincida. Algo que está por ver.

20160223

Fóra dos focos, con liberdade

Non é a primeira vez que aparece no blog o tema da vixiancia (ver embaixo). A máis da vixiancia a que nos vemos sometidos ó ter que ceder información á compañía telefónica ou ó banco, e en moita maior medida, imos deixando o noso rastro informativo en internet. Cada vez máis. E, ó que parece, lonxe de fuxir dese sometemento, queremos abrazar un cada vez maior.
Iso se deduce da proposta que, en liña con outras semellantes ó longo da xeografía próxima e lonxana, valorou a ACIA e tamén, de xeito independente, ten pensado propoñer o grupo local de C's: incorporar cámaras de vixiancia en Ribadeo.
Coido que a idea foi rexeitada xa algunha vez, máis ben por custe ou por baixa delincuencia que por outra cousa. O motivo da vixiancia, o vandalismo ou os roubos, son accións imposibles de solucionar a curto prazo e que necesitan educación en primeiro lugar. Mais requírese solución rápida, e entón dise que se hai vixiancia, non haberá transgresión.
A historia di máis ben o contrario: a vixiancia favorece a transgresión selectiva, cualitativamente máis grave, favorecendo á xente que ten máis posibilidades de saltarse as normas, á que ten máis práctica... e incidindo o castigo sobre os delincuentes e delitos menores ou ocasionais, criminalizando a todos (ou hai alguén perfecto?) mentres se controla a toda a sociedade (o que require por unha parte, un esforzo, e por outra, alguén que exerza o control, que posiblemente estará encantado de exercelo e non o deixará escapar).
Por experiencia persoal, tendo a entrada do edificio vixiada por cámaras dunha entidade bancaria, podo dicir que non evitou roubos no edificio, nin que quen os perpetrou siga sen ser capturado por seguir a ser descoñecido, nin mesmo que un entrante do edificio sexa un dos lugares máis porcos de Ribadeo, con acumulación recurrente de mexos e devoltos -en particular, en días de movida-, estando no centro do pobo. As cámaras non o evitaron e seguen sen evitar esas cousas, pero si me teñen vixiado na miña entrada e saída da propia vivenda. E é que eu vivo, móvome á vista das cámaras, pero non son un delincuente profesional, e polo tanto, non estou preparado para saltar esa vixiancia que si están preparados para saltar con tranquilidade quenes delinquen de xeito habitual.
Cámara de vixiancia en fachada
O caso é que, así as cousas, deixar a resposta da instalación en mans da existencia ou non de cartos, implica un si á vixiancia, pendente só da priorización da implantación en relación con outras outras accións que pugnan polos cartos. É dicir, implica que se implante a vixiancia medio prazo. E deixa fóra o sentido ético, a privacidade, o que se vai a facer con eses datos... non tendo tampouco en conta os estudos sobre o rendemento, a efectividade da medida.
Non se trata de ter ou non cousas que ocultar, de secretismo, senón de estar baixo vixiancia e perder a intimidade en función dunha seguridade que tampouco se logra. Coido que a frase 'quen perde liberdade por ganar en seguridade perde ambas' (algo semellante dixo Benxamín Franklin) é abondo adecuada e ilustrativa.
--
Sobre a vixiancia e as cámaras en Ribadeo:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/10/o-gran-irman-cada-vez-mais-cerca.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/05/xa-votaches-agora-temosche-vixiado.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2009/12/os-santos-inocentes.html
E na UE:
http://www.europarl.europa.eu/news/en/news-room/20151022IPR98818/Mass-surveillance-EU-citizens%27-rights-still-in-danger-says-Parliament

20221107

As formigas e os humanos

 As formigas e os humanos

    Os formigos e as humanas ... Non, non vai diso, de cambio de sexo ou de xénero, ou contraposición sexual, ou de interacción entre especies. Co que ten que ver é co cambio de concepción das ideas, do mundo, polo uso e secuestro da linguaxe e da imaxe, do noso ser, que nos fai cada vez máis, formigas.

    Estamos en plena batalla mundial polos datos. Pola súa obtención, apropiación e uso no marco do que se chama 'economía de datos', que é moito máis que economía 'de cartos', pois está ligada á sociedade e ás persoas e todas as súas (nosas) manifestacións e actuacións. Calquera interacción que teñamos ou deixemos de ter pode converterse en datos, que unha vez que nos son enaxenados (é dicir, que se apropian deles outras persoas ou entidades) deixan de pertencernos en exclusiva, ou mesmo de pertencernos sen máis, para pasar a ser algo comercializable no mercado e usable para dirixir a 'nosa' próxima compra ou a nosa próxima votación, ou a nosa próxima elección de parella.

    Non, non é ciencia ficción, senón algo que con menor ou cada vez maior éxito (tanto na recollida de datos, como na apropiación, como no seu uso) se está a producir xa hoxe. Mesmo hai modelos diversos para iso da 'economía de datos', tentando que se fale moito de como o goberno chino é capaz de acceder de xeito inmediato ós nosos datos por medio das as empresas multinacionais chinas mentres se fala abondo menos de que as empresas -a maioría, norteamericanas- tecnolóxicas multinacionais leva anos accedendo ós nosos datos. Sen ir máis lonxe, hai anos que o ficheiro que descarguei sobre min dende Facebook tiña case mil megas, é dicir, un tamaño equivalente a máis de cen millóns de palabras, varios centos de Quixotes. Do mesmo xeito, hai anos que a tecnoloxía fai a quen a controle capaz de espiarnos coas cámaras dos nosos propios aparellos, portátiles ou móbiles practicamente a vontade, de tal xeito que estamos literalmente nunha vixilancia dixital, ou, nunha imaxe máis arrepiante, nunha polo momento tosca cárcere dixital.

Formigas formando unha ponte. CCBYSA 2.0, de gl.wikipedia.org, por Geoff Gallice
    Volvendo ás formigas, xa aló polo 1930 Maurice Maeterlinck describía no seu libro 'a vida das formigas' dun xeito detallado como as formigas estaban clasificadas e a súa vida dependía desa clasificación, desenvolvéndose no que se podería dicir 'xeito maquinal', sen liberdade máis que a correspondente a unha distribución estatística sinxela. E si, o formigueiro, debido a ese reparto de tarefas ata o mínimo detalle, florece, e as formigas están dispersas por toda a superficie terrestre a excepción de lugares como a Antártida. É dicir, ocupan unha extensión comparable á dos humanos, con outro sistema social. A cousa é que a vixilancia continua (se queres, non a chames vixilancia, di 'observación') xera a capacidade de coñecernos mellor que nós mesmos, e con ela, a de interferir nas nosas decisións, que pasan a ser nosas só na ficción, e nos converten en algo así como formigas que teñen asignado un papel. Papel que pode ser diverso, e abranguer dende o que mercar ata o que votar. Que gran cousa sería que puideramos dispoñer nós mesmos, e só nós, deses datos para aproveitalos para os nosos propósitos, a modo de 'tónicos para a vontade' e poder mellorar o conseguir o que queremos. Cousa ben diferente é que sexan outros poderes os que usen eses datos para tentar que queiramos o que lles interesa e logo mellorar a consecución deses intereses que nos inducen.

    Mentres, segue aumentando o uso das tarxetas, con máis posibilidade de rastreo do manexo de cartos e máis dependencia dos bancos, coa desculpa de ser máis aséptico en pandemia e máis 'práctico' en xeral. Ou, de xeito incomprensible para min, as peticións de cámaras de vixilancia en lugares públicos, coa desculpa da seguridade, cando está demostrado que cazan as pequenas faltas de xente que non está preparada para evitalas por non facelo de eito organizado, mentres quen o fai a propio intento, de xeito programado, burla a vixilancia de diferentes xeitos. E, mentres, quen ten o control da cámara sabe se pasaches diante dela, en que sentido, como ías vestido, se ías ás présas... No noso edificio roubaron en varias portas hai máis dun lustro. Naquel momento, igual que hoxe, déixanlle a unha empresa privada que teña catro ou cinco cámaras nos baixos do edificio, escrutando á rúa, á xente que entra e sae tanto como á que está a tomar viños. Por suposto que tomar viños non e unha actividade delictiva, pero a observación pode tranquilamente facer posible un ficheiro no que apareza tódalas veces que unha persoa vai tomar un viño a un determinado local e canto tempo bota na tarefa, repartido entre o tempo que pasa dentro e o tempo que pasa na rúa co vaso ou fumando. Iso non serviu para cazar ó delincuente, que aparece nunha toma tapado con capucha e cargado co botín. Ata hoxe. Iso si, poden saber a que horas entro e saio da casa, se saio só ou acompañado, ver como vou vestido e facer deducións de cara onde me podo dirixir. É dicir, ter monitorizada parte da miña vida, que pasa a serme expropiada. E que 'non faga ningún dano' non é motivo para que me collan a vida e pase a ter vixilancia constante, e, nun momento dado, queiran cambiar o meu comportamento ou as miñas querencias, e teñan datos abondo para exercer algún tipo de castigo -multa, por exemplo- se non fago eses cambios, se non vou polo rego...

20200629

AS MÁMOAS DAS PALLAREGAS. TRABADA . Emilio Piñeiroa Lozano

   A Prehistoria abrangue un longo período de tempo que se inicia coa orixe da especie humana, hai máis de dous millóns de anos, e se estende ata aparición da escritura (300 a. C.).
   Durante miles de anos, o seres humano foi cambiando o seu aspecto físico e aprendeu a fabricar instrumentos, dominar o lume, comunicarse, domesticar animais, etc.
   Destas actividades non existen documentos escritos, unicamente nos chegaron testemuños arqueolóxicos: pedras talladas, fósiles, instrumentos, pinturas, gravados,etc.
   Ao principio, no periodo Paleolítico, a humanidade vivía da caza e da recolección, e era nómade.
   Posteriormente, no Neolítico, aprendeu a domesticar animais e a cultivar a terra, e volveuse sedentario. Xurdiron os primeiros poboados e actividades como o tecido a a cerámica.
   Realizamos unha aproximación á Prehistoria do Concello de Trabada, apoiándonos nas escasas referencias bibliográficas e no informe do Departamento Territorial de Cultura e Turismo de Lugo.
   Debemos advertir que os datos no futuro poden variar somentes como resultado de novos estudos e intervencións arqueolóxicas.
   O obxectivo é conquerir o respeto do noso Patrimonio Cultural e a súa conservación, potenciando o seu coñecemento e o seu disfrute.

O Neolítico: Megalitismo

   Adoitase definir O Neolítico como o periodo no que eclosiona un xeito diferente de produción: o paso da economía baseada na caza, na pesca e na recolleita, ata o sistema no que predomina a agricultura e gandería. As comunidades galaicas coidaban animais coma o porco, a cabra, a ovella e cultivaban cereiais coma o trigo e o centeo. O home era sedentario. É a Idade da Pedra Pulida, comeza no ano 5 000 a .C. e remata tres mil anos despois.

   O Megalitismo caracterízase polas estruturas ou megalitos (mega=grande; lithos=pedra) construídos con grandes pedras, polo que se considera un fenómeno cultural, do que a súa caracteristica máis salientable consiste na construción de monumentos xeralmente funerarios a base de pedras colosais.
   Na área galega o megalitismo está representado por menhires; en Galicia chamámoslles “pedras fitas”, e antas cubertas por túmulos que reciben distintos nomes segundo a zona mámoas, medorras, medoñas, modias, medas, etc.
As pedras fitas relaciónanse co culto ás encrucilladas e ós camiños, así os cruceiros serían os continuadores dese culto.
Gargantáns. Moraña (Pontevedra)
Dombate. Cabana de Bergantiños (A Coruña)

   As mámoas teñen forma circular ou ovalada. Segundo a estrutura arquitectónica das antas podemos distinguir tres grupos: cámaras simples, as chantas (esteios) delimitan un espazo funerario de forma poligonal cuberto por unha laxe horizontal; cámaras con corredor, cámara poligonal aberta da que arrinca un corredor e cámaras rectangulares, de planta rectangular.

   Partes que compoñen o monumento megalítico: mámoa, túmulo de terra con forma de casquete esférico que engloba e protexe o resto do conxunto; no centro atópase a anta, cámara megalítica, espazo onde se depositan os cadáveres; un corredor feito de laxes de menor tamaño, comunica a anta co exterior do monumento.
   Enterramento megalítico. Fonte: Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

   A cronoloxía varía segundo os diferentes investigadores, é un periodo de tempo moi amplo, dende 5 000 anos a.C. ata 2 000 a.C.
   O número de mámoas en Galicia pode ser superior a 5 000. Murguía dicía “ non hai campo ermo en Galiza no que os ollos afeitos non atopen a grande ou pequena mámoa”, se ben moitas perdéronse no decorrer dos anos.
   Actualmente hai catro conxuntos BIC (Ben de Interese Cultural): dolmen de Dombate( Cabana de Bergantiños), a necrópole de Santa Mariña (O Incio, Samos e Sarria), dolmen de Axeitos (Ribeira) e a Casa da Moura de Cabaleiros (Tordoia). A estos unirAnse outros 48 xacementos, entre eles a anta de Santo Tomé. O Valadouro

O Megalitismo no Concello de Trabada

   Segundo o inventario de 1987-88 do Departamento Territorial de Cultura e Turismo. Lugo.

CÓDIGO               NOME PARROQUIA

GA27061001         Mámoa do Marco de Pena Verde San Estevo de Fórnea
GA27061006,7-10 Mámoas das Pallaregas (5) San Mateo de Vidal

   Este mesmo organismo o 29/06/2009 dí: as mámoas das Pallaregas foron inventariadas en 1998, pero é moi probable que non existan, xa que na mesma ficha dánse como pouco probables. Así mesmo, a poucos metros das anteriores, no Monte da Forca había unha mámoa, tiña cámara funeraria ou anta, pero foi totalmente destruída. (1987-88). Un posterior informe deste Departamento sobre As Pallaregas di que pode haber 5 mámoas.

   Plan Xeral de Ordenación Municipal de Trabada 2009. Aprobación Inicial. Elementos que constitúen o Catálogo de bens Arqueolóxicos son:
   En Vilarbetote (Sante): 4 mámoas de O Monte, a morfoloxía orixinal atópase modificada debido ó aplanamento da masa tumular polos traballos agrícolas.
   En Vilapena, 5 mámoas no monte de Liñeiras, así como 3 máis situadas no Chao de Liñeiras, 1 no Chao do Couso e outra nas Campelas, sendo o estado de conservación malo, provocado polos efectos da repoboación forestal.
   No lugar de Cabana, parroquia de Trabada, mámoa de Pico Grande. Masa tumular alterada e situada nunha zona de repoboación forestal.
   En Vidal, no lugar das Pallaregas, 5 mámoas, 3 delas en mal estado debido a que a masa tumular foi rebaixada en altura polas labores forestais. Situadas nunha zona de repoboación forestal.. Dúas destas mámoas atópase en estado regular, ás que lle adicaremos un estudo.

   A investigación baseouse nos traballos de campo ante a ausencia de referencias bibliográficas. Como resultado foi o descubrimento de dúas mámoas nas Pallaregas.

MÁMOAS DAS PALLAREGAS

Situación: Parroquia de Vidal (Trabada)
Parte alta da parroquia de Vidal, na estrada que une Fórnea con Valboa, preto da capela de San Fernando.
Monte de eucaliptos.

MÁMOA 1

X 649071 Coordenadas Latitude: 43º 28´ 30 ´´ N
UTM Xeográficas: Lonxitude: 7º 9´ 26 ´´ W
Y 4815386

Fuso: 29 Altitude(GPS): 347 metros.


Atopamos restos de mámoa, túmulo de terra con forma de casquete circular (16m. de diámetro, aproximadamente). No centro atópase restos da anta, cámara megalítica, espazo onde se depositaban os mortos.
Parte da masa tumular foi destruida por un gran corte lonxitudinal que chega ata o centro da mámoa.
MÁMOA (TÚMULO)

MÁMOA 2
X 648860 Coordenadas Latitude: 43º 28´ 36´9 ´´ N
UTM Xeográficas: Lonxitude: 7º 9´ 34´6 ´´ W
Y 4815508

Fuso: 29 Altitude(GPS): 347 metros.

A mámoa na que está inserida esta anta mide uns 20 metros de diámetro e pódese considerar como o megalito, arquitectonicamente mellor conservado por non dicir o único da Mariña Oriental; na Mariña Central atópase a mámoa de Santo Tomé no Valadouro;

Corresponde ao tipo de anta coa cámara poligonal formada por pedras de mediano tamaño (esteios) lixeiramente inclinados cara ao interior; a pedra cobertora (tapa) atópase fóra dos seu sitio; non hai vestixios do corredor. Arredor da cámara hai estradas pedras miúdas que, probablemente, forman parte da estrutura tumular.

20091228

Os Santos Inocentes






Os Santos Inocentes pagaron o pato do nacemento de Xesús, di a crónica. Xesús naceu xa perseguido, e, a modo de señuelos para despistar os misiles disparados contra un avión, tentaron despistar, e conseguírono parece, do nacemento de Xesús. A cambio, as súas vidas. E agora, en lembranza, fánse as inocentadas.
Por iso das inocentadas, algún ano xa teño sacado algún comentario que me teñen feito no blog. Este ano, non. Onte, houbo un incendio nun piso de Ribadeo; por afectar a unha persoa coñecida (que agora está no hospital debido ós gases do incendio) prestei algo máis de atención, e puiden ver que alomenos algún dos comentarios feitos non corresponden á realidade, crucificando á persoa antes de que a realidade saia á luz. Por eso a reportaxe fotográfica de ir ver a súa casa ó lonxe.
A primeira, a do incendio, na que se ve a importancia que tivo e que foi unha sorte que fora collido a tempo polo Grumir, pois podía ter ido adiante todo o edificio.
A segunda e terceira, dende a mesma rúa Transversal, dous indentados na rúa ded iferente aspecto, cun resalte que lembra ás inocentadas. Un, reconducindo dunha anchura a outra o asfaltado, fai torcer a beirarúa. A outra sinxelamente métese na beirarúa polas dúas bandas, achegando terreo ó valado. A axustar que ambos valados son moi recentes, e entendo que provisionais tanto pola construcción como polo que representan de collerlle espazo á rúa. Un deles (o segundo), ten unha razón de ser na súa provisionalidade, un pequeno terraplén á súa beira, e o outro, o muro que limita o terreo contiguo e que se pode observar na foto na parte inferior esquerda.
As outras dúas fotos non corresponden xa á mesma rúa. Unha é unha visión máis do resultado da fin de semana, que tamén lembra ó esprito das inocentadas sen selo, e á que habería que engadir tantas outras cousas (como un regueiro de terra resultado de arrastrar o abeto decorativo dun comercio en Rosalía de Castro, por dar outro exemplo). a final, unha das tres cámaras que vixían o novo local de venda automática en Ribadeo. Eu cría que as cámaras estaba prohibidas para observar os viandantes, e só se poñían por vixiancia adminstrativa (tráfico ou seguridade cidadá dos corpos do estado ou das administracións), pero non, parece que non é así e tamén en Ribadeo nos achegamos á descrición do Gran Irmán, despois de nonseicantas tempadas en antena.
Inocentada? Non, en tódolos casos, os inocentes somos nós, pero no sentido antigo.

20201115

Medo

Medo
   "A xente ten medo". Unha afirmación xenérica que collo dun artigo no que un representante partidario ataca a que el di que é a postura dun goberno municipal. Naturalmente, unha postura que interpreta a través dos seus propios filtros, da súa propia postura. 
   Chámanme a atención varias cousas en relación a unha frase tan curta.
   Chámama pola indefinición de 'xente'. Inatacable porque evidentemente hai xente que ten medo. A calquera cousa. E calquera temos os nosos medos. Coido que ata a hai  temerosa de que lle toque a lotería, impulsándoa a non xogar. Pero iso non precisa que a case toda a xente, que lle toque a lotería non é algo que lle produza medo. De feito, eu mesmo non soo xogar á lotería, pero non por esa causa. Ou sexa, unha xente que pode ser calquera ou ninguén.
   Medo. A que? Eu teño medo, si. De feito, non un só, senón que podería falar en plural, 'medos'. Pero non por iso pido protección para os meus medos, traducida no artigo de referencia na petición de máis cámaras de seguridade desas que vixían a todos. Desas que os malfeitores estudan como esquivar, e rematan afectando ás persoas que cren que non deben temer nada ás cámaras. Desas que producen á longa máis medo.
   Unha tradución a feitos que tamén pide que se faga más presente a policía. O que me lembra que reclamei no seu momento, -hai máis dunha década, e por certo, sen éxito- o cumprimento da promesa dun alcalde da ampliación de horario policial. Como medida complementaria, non suplementaria. É dicir, algo a engadir de xeito conxuntural a outras medidas reclamadas, e non unha cousa permanente que viñera a suplir accións para eliminar as causas que facían conveniente a ampliación horaria.
  Pero o que máis me chamou a atención foi, unha vez máis, a instigación ó medo, a súa potenciación. Un comportamento equivalente a quen ceba un sistema retroalimentándoo, para que aumente a saída. Algo que se empregaba ata o de agora para que aumente o bo, non o malo, non para producir unha enfermidade social facendo medrar un sentimento negativo.
  E é que nunha sociedade como a actual, onde o individuo está limitado no exercicio da súa maioría de idade polas institucións que a sociedade acepta, levamos tamén xa tempo sometidos a estruturas non elixidas que tentan levarnos a un curro que nos deixe presos de quen as manexan, sexan políticos, empresas ou o que sexa... mesmo ofrecéndonos un mundo peor (a lembrar que a relixión tenta levarnos a un curro, pero ofrecéndonos un mundo mellor...)

20150528

Xa votaches. Agora témoste vixiado

É curioso. A información asimétrica. Tenta procurar algo de información das administracións en España e verás os muros cos que te atopas. Dende cousas tan nimias en aparencia como o coñecer que vai haber pleno e que se vai tratar ata a información sobre o hotel da illa Pancha ata outras de abondo máis peso que xa nin te proporás coñecer. En relación ós dous exemplos, para o primeiro, anos despois de pedir neste blog que se faga público en internet -aquí, a última vez que o lembrei-, terás que ir ó taboleiro de anuncios do concello e mergullarte entre papeis diversos de xeito periódico, pero non cada moito tempo. Para o segundo, ir ó concello, ver o documento -nas mesmas condicións que antes, sen saber ademais en principio que ten que haber algo semellante alí- e logo largarte a mirar a información a Ferrol.
Iso, da información que tentamos obter nós.
De nós, non é que tenten obter información, senón que a obteñen -e se é o caso, a exixen de xeito repetido-. De xeito xenérico, a min, como a outra moita xente, téñenme vixiado literalmente dende que saio da casa, unha empresa privada, da que pode recabar información a administración. As fotos embaixo non son de agora, senón de algo que leva ocorrendo xa hai tempo, a conta da protección da antiga Caixa Galicia. Algo que leva a vixiancia privada 24/24 dun espazo público:
Vixiancia en Abanca-Ribadeo

Vixiancia en Abanca-Ribadeo
E o anterior é só un detalle. Calquera que pase por aí ou tome un viño enfronte tamén estará no oollo da cámara, outros poderán ter esa información que nin a mesma persoa que é recollida poderá ter; moitas veces, nin saberá que está sendo recollida. Ademais, se se me ocorre conectar o meu teléfono intelixente co xeoposicionamento, poderei saber a miña posición, pero, quen dubida que se poda conectar e extraer datos de xeito remoto sobre a miña posición?
Hai algún tempo, xusto antes da campaña electoral, saíu a nova de que 'veciños e policías' pedían máis cámaras para rematar co vandalismo. Coido que xa hai demasiadas, e que quen se propoña facer mal terá xeito abondo de saltarse as limitacións, mentres a consecuencia dese maior número de cámaras, a xeralidade de persoas teremos máis sobre nós o gran irmán.
A cousa viña no xornal o 5 de maio a conto do estado do ascensor da Atalaia. Dende aquela recollín varias entradas en diversas web sobre o tema. Un tema que parece que non comprendemos o alcance que ten para as nosas vidas no futuro. Algo que parece nimio pero que está relacionado coa perda de liberdade individual e o control sobre tanto da administración como de (e a traverso de) determinadas empresas.
Xa votaches? Pois vaite, que te temos vixiado/controlado...
Un par de lugares por se te queres informar:
Reflectindo sobre a cibervixiancia.
A campaña de Amnistía Internacional contra a vixiancia masiva.

20210929

Cegueira íntima, xuíz cego


   Un xuíz non ve delito en captar na rúa imaxes íntimas de mulleres para subilas a páxinas porno... Ese é o titular, e os titulares poden ser enganosos. E no corpo da noticia? Pois, en resume, nun corpo de texto que coido máis acaído que o titular por algún detalle, o argumento é que as imaxes collidas na rúa, en zona pública, non atentarían contra a intimidade.

   Se eu tentara poñer na miña ventá unha cámara para ver quen fai o cafre de noite na rúa, remataría denunciado por toma de imaxes en vía pública sen consentemento. Outra é que o baixo do edificio esté vixiado por cinco cámaras á rúa, instaladas a instancias dunha entidade con poder económico e nula responsabilidade na toma de imaxes, pois está amparada pola lei para evitarlle preuízos que aínda non foron causados. Iso, aínda que eu non poidera instalar unha soa despois de anos de sufrimento de prexuízos. Seguindo por esta liña, lévanos directamente á valía das leis e á inundación de cámaras na nosa vida. Pero deixemos o que sería unha longa discusión e volvamos ó comezo.

   É un xuíz quen decide. Non hai delito. As imaxes son íntimas (de mulleres mexando, tomadas sen elas ser conscientes da captura do momento, cunha cámara disposta de tal xeito para verlles -segundo parece- ben entre as pernas). As imaxes foron subidas a páxinas porno.

   Antes de continuar, axusto un par de cousas. Unha, non son xuíz, nin estudei dereito, logo o que comentarei a continuación é algo así como o que se podería comentar nun bar, coa diferenza de que é impreso e quizáis algo máis meditado, aínda que só sexa polo tempo que leva escribilo e repasalo. Outra, que a miña sensibilidade, educación, sociedade na que vivo... é dicir, a base da que parto, seguro que son diferentes das de miles de millóns de persoas. Vale, agora xa podo seguir.

   O xuíz debe aplicar a lei, e é segundo a súa interpretación da lei, que decide que é unha cousa que poidera ser normal no sentido de conforme á normativa aínda que non sexa o máis frecuente ou habitual (ver dicionario da RAG). Ben, isto último coido que sería unha anormalidade, precisamente o tomar a lei sen relacionala coas persoas, coa sociedade, o tomala en abstracto.

   Non hai -collo de novo o dicionario da RAG- quebrantamento da lei. Cabe dicir que a lei non ten por que ser xusta. Xustiza na primeira acepción do dicionario, 'Respecto e recoñecemento dos dereitos e do mérito dunha persoa', tendo en conta que 'todos somos iguais diante da lei', e polo tanto, todos temos os mesmos dereitos. Millor paso por aquí rápido...

   As imaxes son íntimas. Hai moito tempo que a construción da intimidade sábese cultural, é dicir, varía dun lugar e tempo a outro, e o que se chama 'partes íntimas', tamén. É dicir, é algo relativo. Pero na nosa sociedade, coido que é admitido con abonda amplitude que os órganos xenitais visibles son partes íntimas, na quinta acepción do dicionario: 'Que pertence a un individuo en particular e que, xeralmente, permanece oculto aos demais'. Esa parte da definición, 'que, xeralmente, permanece oculto aos demais' coido que debería ser fundamental para o caso.

   Ás imaxes dáselles difusión nun lugar onde o contexto e uso son ben diferentes do que tiña a vítima no momento no que foi capturada cada imaxe: dun alivio fisiolóxico a unha páxina porno. A máis, nunha sociedade capitalista, coido que habería que contar con que as páxinas porno sacan beneficio, e anda que non se leva dado voltas con eso dos dereitos de autor roubados!

   Coido que os xuíces poden ser cegos, non só en sentido literal, senón tamén e sobre todo no figurado. Cunha cegueira, esta si, íntima. No primeiro sentido do dicionario da RAG.

20080824

Dúas horas dunha persoa con nome raro


Esta noite en Pequín eran as 7:30 da mañá mentras aquí estabamos nas 1:30, en pleno jolgorio nouturno na rúa e locais. Alí, unha centena de homes preparábanse para dar unha mostra de voluntade ó correr o máis rápido posible 42.196m, a maratón, mentras aquí unha boa porcentaxe da xuventude comezaba xa a atiborrarse de alcool. A tele comezara a conexión coa tristemente célebre Praza de Tiannamen uns minutos antes, para dar a partida puntual e disciplinada, ó que parece ser o estilo chino. Ós comentaristas déulles tempo de repetir varias veces os nomes dos tres españois participantes, Julio Rey, José Ríos e Chema Martínez, así como que se esperaban altas temperaturas (non pasara unha hora eran xa de 28ºC) e que o plusmarquista mundial, Haile Gebraselasie, non participaba por decisión propia ante a contaminación da capital china. O certo é que o percorrido, boa parte del por parques ou zonas axardinadas, non parecía estar demasiado contaminado a esas horas.
Unha maratón olímpica alónxase abondo (alomenos nos primeiros quilómetros) doutras de tipo populoso como pode ser a de Nova Iorque, con cen veces máis participantes.
Así ós 3 minutos xa se observaban na pantalla dous corredores craramente rezagados do resto. Ó seguinte, tiñamos na imaxe outro andando, posiblemente o primeiro dos lesionados. Ós 7, había craramente un grupo perseguidor desgaxado. Ós 10, os comentaristas daban nota de Julio Rey no grupo duns 30 na cabeza; non falaban nada nembargantes de José Mª Martínez, tamén nese grupo de alta velocidade que estaba a progresar pola Cidade Prohibida.
20 minutos e un atleta negro, africano de Kenia, Wanjiru, da o primeiro dos seus tiróns, facendo que se vexa unha longa liña de corredores. Wanjiru? Iso dixo o comentarista ata o final, pero na pantalla apareceu reiteradamente o apelido Wansiru, comentando que estes atletas de nomes raros cambian de apelidos, segue a chamalo igual en troques do que aparece escrito: Samuel Kamau Wansiru.
Chocoume nunha competición deste estilo un xesto de camaradería. O avituallamento que pasan ós 22minutos deixa ver como os dous kenianos en cabeza, tendo que coller líquido da mesma mesa, se pasan dun ó outro unha botella, colaborando normalmente.
Os 10.000m son pasados en 29:25 por Chema Martínez en primeiro lugar do grupo de cabeza, oito corredores que pasaran antes os 5.000 en 14:33 (é dicir, segundo 5.000 en 14:52) A partires de aquí, xa so se comenta dos outros dous españois para tentar de ver o retraso que acumulan cada 5km. Así, despois de falar o comezo sobre todo de Julio Rey, mesmo na chegada, ó estar entrevistando a chema Martínez, nin deixaron tempo para ver o estado en que chegaba ou o tempo de retraso sobre o primeiro (por outros datos propios, sobre un 11minutos despois).
Minuto 34: 7 en cabeza, todos africanos. E coido que todos co símbolo de Nike visible...
Minuto 37: Chema re-contacta co grupo entre a música china soando polos altavoces da praza de Tiannamen e o punchi punchi entre o boureo da rúa.
Minuto 40: As cámaras enfocan ó grupo onde vai Julio Rey e noto a disciplina dos policías chinos, firmes fronte a beirarúa, sen xirar a vista ó paso dos atletas. Lembro por exemplo a carreira na Olimpíada de L.A. (por certo, marca olímpica do portugués Carlos Lópes con 2:09:21 ata hoxe) cuns policías abondo máis relaxados.
Os 15km pásanse en 44:36 polo grupo de cabeza (+5.000 en 15:11); J. Rey desconta 26s máis.
a música segue a soar (no belo recorrido, de aires chinos; na rúa, o de todos coñecido)
Minuto 53: grupo de 5 en cabeza, 2 kenianos (Wansiru e Lel), un marroquino (Gharib), Un etípoe (Merga) e un eritreo, Kifle. O maratón segue a verse chan (de feito, a altura do recorrido ía de +40m ós +53, só 13 m de diferencia en máis de 40km.
20km. 59:10 (+5.000 en 14:34), atravesando Chema 1.15 despois e Rey 1:36. A media maratón pásase en 1:02:34, e os dous españois vese que acumulan desventaxa xa de xeito craro: +1:21 e +1:52.
25km. 1:13:58 (+5000 en 14:48) para o grupo de cabeza, estando o 6º clasificado xa a 1/4 de minuto e Chema Martínez a 2:38 (13º) e Julio Rey 20º a 3:43.
Wansiru segue pegando cando lle parece ataques para tentar despegar a Gharib; nunha destas (1:28) queanse na cabeza Merga e Wansiru e os outros vánse retrasando, a excepción de Gharib, que reengancha algo máis adiante.
30km: 1:29:14 (+5.000 en 15:18). Se ben o comezo da carreira os cámaras daban importancia a tódolos grupos, cada vez se decantan máis pola cabeza, que xa só abandoan esporádicamente. Chema, 14º, pasa a 3:24, Rey, 39º, a 8:35 e Ríos, na última referencia que da o locutor (o seu tempo por pantalla coido que non saiu nunca), 71º, a máis de 13 minutos.
1.44:37 é a marca de paso dos 35km (+5.000 en 15:24). O 4º xa vai retrasado case minuto e medio, e Chema, 15º cun retraso de 5:13. Segue Gharib á cola dos outros dous, pero segue.
1:49:30, Wansiru ataca de novo, e esta volta quen se queda é Merga. Gharib vése algo desprazado e a distancia vai aumentando, pero parece craro o destino final: 1º Wansiru, 2º Gharib, 3º Merga. 2 minutos despois, Gharib está a 15m mentras Merga vai xa a case 100. Aínda 2minutos despois, Wansiru está distanciado 50m, e un despois, alóngase achegándose ós 100m.
40km: 1h59m54s por Wansiru. Gharib pasa a 18s e Merga a 1:57. O cabeza de carreira fixo nos 5.000m anteriores 15m40s. Pouco despois, entrada no estadio (novo, imponente, flamante, bonito estadio nacional) do atleta de 21 anos, cun ritmo e estilo que parece que comezara a correr agora mesmo. 2:06:32. Nova marca olímpica. Ó atravesar a meta, persínase e xunta as mans como agradecemento ou pregaria. Despois, arrodíllase e repite antes de cubrirse coa bandeira. Gharib chega 44s despois. E dramáticamente, despois de entrar no estadio 3º cus 25 m de separación, sen forzas, Merga deixa o 3º posto a Kebele, que chega cunha diferencia de 3:28, relegando a Merga, da mesma nacionalidade, que despois de ser adiantado afúndese totalmente ó 4º posto con 3:49 respecto a Wansiru, e chega a meta andando: está a piques de perder un posto máis, pois Lel (+3:52) pisoulle os talóns. 5º é un suízo, Rothlin, do que pouco se soubo en toda a proba, pero chegou só con 4:03 de retraso.
Os españois? Chema, 2:14:00, 16º, comenta a súa carreira e quédome cun retazo: nos avituallamentos xa vía que se lle ían e aproveitaba a súa maior habilidade para reintegrarse ó grupo. É dicir, dende abondo antes de que fora definitivamente separado da cabeza de carreira, a carreira xa se lle fora da súa propia cabeza. Pero seguiu aí.
Na rúa (Ribadeo, case as 4 da mañá) están de celebración. Pero non polos xogos, senón de despedidas de solteiro ou sinxela celebración de celebración. Aquí, a superación máis ben parece destinada ó Guinnes alcohólico que a calquera superación persoal en positivo.
Por certo, onte no El País, unha nova sobre o abandono do tema do ruído por parte dos concellos. Se queren exemplos, Ribadeo da abondos (un? estivemos sen sonómetro case catro meses, ou sen case, que non sei exactamente o día de envío e o día de chegada, e se faltou algún día, non chegou a unha semana).

20240501

LAS GARRAPATAS. José María Rodríguez Díaz (2012)

    Non quería deixar pasar o 1 de maio sen publicar algo. Tiro dunha entrada de José María publicada tal día coma hoxe hai 12 anos. Como outras veces, axusto que difiro en varias cousas das que di, o que non quere dicir que estime que ten parte de razón...

Martes, 01 de mayo de 2012

LAS GARRAPATAS

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 19:22

Reducir la palabra crisis al campo de la economía para desviar la atención de otras causas, como está haciendo estos días la mayor parte de los analistas, es un grave error de consecuencias funestas. Una de ellas es que el gobierno, para tratar de enderezar la situación económica, no ha dudado en entrar a saco en la vida de los españoles despojándolos del relativo estado de bienestar de que disfrutaban y de todos los derechos conseguidos a lo largo de tantos y difíciles años de lucha, trabajo y sacrificio, en vez de fijar la atención en la verdadera causa de este desastre económico, que no es otra que los gastos insostenibles e improductivos originados por el establishment político de nuestra nación, formado por una clase política que, con sus abusos, mal gobierno y despilfarro improductivo, origina esta situación, al colocar Estado de Bienestar versus Estado de las Autonomías.

Y fue así como el gobierno, para salvar el modus vivendi de la clase política, ha emprendido una alocada carrera de recortes, limitaciones y supresiones de derechos en todos los campos de la vida de los ciudadanos, haciendo caer sobre ellos todo el peso de la deuda del Estado, generada por la ineficiente clase política, para alcanzar por medio de estos amargos e inhumanos recortes un imposible equilibrio entre ingresos y gastos, destruido por los sucesivos errores y gastos excesivos de los anteriores gobiernos, con el fin de hacer frente a las urgentes demandas de los mercados y a las exigencias de Bruselas. Continuar, por ejemplo, con los ridículos pinganillos en el senado, mientras al pueblo le quitan el agua y el pan, no deja de ser sólo un pequeño ejemplo de lo que está sucediendo.

Y así, en su lucha para paliar este grave problema generado por la clase política, que no por el pueblo, empezaron a sucederse sin solución de continuidad todos los viernes una serie de recortes en los derechos de los ciudadanos, cada cual más sangrante, que nadie sabe como ni cuando tendrá fin. Empezaron llenando las arcas sin fondo de los bancos con el dinero de nuestros impuestos, en vez de dedicarlo a reactivar la economía de nuestro país. Y no contentos con este fraude, cargan sobre los hombros del pueblo las deudas de los clubes de fútbol, los inconmensurables e inútiles gastos de los 17 estados autonómicos, las 50 diputaciones, los 4000 chiringuitos, las 13 televisiones autonómicas, la duplicidad de las Cámaras parlamentarias y los derroches efectuados en la duplicidad de funciones de nuestros ayuntamientos, diputaciones, autonomías y estado central, sin contar con los inmensos derroches efectuados con nuestros impuestos a favor de las arcas de los sindicatos, patronales y partidos políticos. Todo un inmenso escenario levantado para sostener, sin producir, a la gran masa de gente que integran nuestros partidos políticos que, como las garrapatas, clavan sus garras en el pueblo para engordar chupando su sangre.

Viendo el peligro que sus atractivas colocaciones podían correr por falta de fondos en el Tesoro, no dudaron en tomar al pueblo en sus manos y estrujarlo como a un limón, día tras día y acuerdo tras acuerdo, para chupar su jugo y conjurar así el peligro que corren sus chollos. Y en esa actitud continúan, confabulados todos sin distinción de colores políticos, como se confirmó con el hecho de premiar a Zapatero con el Gran Collar de Isabella Católicay un puesto en el Consejo de Estado, aunque guardando ante el pueblo la apariencia engañosa de juego político, mientras el pueblo agoniza lentamente y sin fuerzas para protestar. Esto es lo que debemos a nuestra ínclita clase política.

Hecha esta reflexión y emulando a Cicerón, se plantea la consiguiente pregunta: ¿Hasta cuando vamos a permitir que abusen así de nuestra paciencia?-

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20151115

Os faros, a nosa cultura, as nosas cousas, nós.

falto de tempo para ir máis aló, subo dúas cousas que me fai chegar Pablo Mosquera, ambas relacionadas coa illa Pancha.
A primeira, un artigo que ten aparecido xa nos xornais:
"
Nuestros faros
Entre las siete maravillas del mundo antiguo se encuentra el Faro de Alejandría. En la isla de Pharos para guiar la entrada de los buques, entre el año 294 a.c y 247 a.c.. En la Alta Edad Media, Beda el Venerable escribe De septem mundi miraculis, dónde vuelve a nominar el Faro de Alejandría. Será el arquitecto Paolo Vitti quien lo describe como una construcción con tres cuerpos bajo la linterna que proyecta el fuego mediante un espejo.
Aun recuerdo el magnífico trabajo que publicó en La Vanguardia de Barcelona el excelente jurista Profesor Manuel Jiménez de Parga, cuando afirmaba que los Derechos Humanos han ido incorporando sucesivas generaciones de tales, como el derecho al patrimonio histórico, artístico, ecológico y cultural. De tal postura se deduce que el sujeto de tales derechos es el ciudadano y que la administración de tales derechos es el garante ante las Cámaras Parlamentarias en las que reside la soberanía popular.
¿Alguien duda que los faros son patrimonio de la ciudadanía, más allá de su función como señales marítimas? ¿Alguien duda que esos faros del siglo XIX están íntimamente vinculados al paisaje de nuestras costas y que su emplazamiento no es casual en la historia del territorio por sus relaciones con la mar?. ¿Alguien puede disponer de tales catedrales de la mar océana sin consultar con los habitantes del territorio más allá de que su primer motivo -vigías de la navegación- este superado por la tecnología al uso?.
En cada faro hay una lección de arquitectura y de ingeniería. Sus habitáculos están impregnados por la vida de los torreros y sus familias. Su emplazamiento va mucha más lejos del histórico Plan General de Señales Marítimas de 1847, o del trabajo de la Comisión de Faros que contribuye a su desarrollo por emplazamientos, calendario de puesta en escena, modificaciones y capacidad para cumplir su objetivo como elemento preventivo de los siniestros marinos.
De las fogatas en islas y salientes marinos, en tiempo de navegación próxima a la costa mediante referencias visuales, hemos pasado a la navegación por satélite y sofisticados elementos propios del avance en electrónica, robótica e informática. Hasta los hermosos sextantes son piezas de museo. Ya nadie repara en el número de lados que contiene la linterna que se alza sobre la torre, y que define junto a la distancia del haz luminoso la categoría del vigía. Incluso se confunden las balizas con los faros.
No conozco a nadie que haya hecho una tesis doctoral sobre el contenido de los libros que obraban en los faros: Diario personal de operaciones del torrero; libro de órdenes; libro registro de comunicaciones; libro de cuentas particulares de los efectos que suministra el Depósito; libro de cuentas particulares de los efectos adquiridos en la provincia; libro cuaderno de consumo y servicio de efectos; libro cuaderno de servicio; libro diario de servicio; libro inventario de alta y baja de muebles enseres; libro del movimiento y consumo de aceite. La cantidad de anotaciones que diariamente aquellos ermitaños de la costa anotaban para dejar constancia de su observación.
Dicho todo esto, al igual que defendemos la Basílica de San Martiño, la Catedral de Mondoñedo, Valdeflores o Santa María del Campo, debemos defender el Faro de Isla Pancha (1859), La Atalaya (1864), Roncadoira (1974), La Coelleira (1864), Estaca de Bares (1850); Ortegal (1864). Son como el Camino de la Costa hacia Compostela o San Andrés en O Cabo do Mundo, una ruta del patrimonio histórico y cultural de la antigua Diócesis de Britonia que funda Maeloc en el siglo VI d.c: Son los Petos de las ánimas de pecios y marinos muertos para recordar los naufragios de la Costa más al norte.
Pablo Mosquera Mata
"
A segunda, unha convocatoria:
"
Reunión en San Martiño


En diversas reuniones que hemos tenido en torno a eventos culturales, se han puesto de manifiesto inquietudes realistas sobre el estado de nuestra cultura en la comarca- antigua provincia de Mondoñedo-.
Somos firmes partidarios de pasar desde la preocupación a la acción (preocupar-ocupar). Y por tal motivo se propone una reunión inmediata para analizar el problema y elaborar -si es posible- un compromiso común para el próximo 2016.
Lugar y día:
Rectoral de San Martiño. Próximo 20 de noviembre a las 20 horas.
Temas:
Situación.
Compromisos comunes 2016.
Declaración sobre la ocupación de los faros.
San Martiño y Mondoñedo: objetivos 2016.


Reunión abierta a todo el que sea creyente… en los derechos humanos, su tercera generación, derecho a defender y divulgar el Patrimonio histórico, artístico, cultural y ecológico de nuestra madre Isis.


Pablo Mosquera "Bígaro"
"
Pois iso. Organización non para defender algo noso, senón para defender o de todos, o común.
--
Nota posterior: a xuntanza convocada na segunda nota foi anulada.
Illa Pancha. Captura en http://www.bing.com/maps/

20211129

Só hai unha cousa peor ca violencia: o sometemento á violencia.

Só hai unha cousa peor ca violencia: o sometemento á violencia

     O título é unha cita que vin atribuída a un primeiro ministro hebreo, Levi Eshkol. No marco do 'conflito' árabe-israelí, empregouna para xustificar a violencia de estado contra a violencia nas rúas.

     Supoñamos que acordamos con el no valor desas verbas. E agora veñamos a España. Para facer a situación equiparable, no marco da lei mordaza (Lei Orgánica de Seguridade Cidadá, de 2015, aprobada en solitario polo PP), habería ou ben que ver o pobo como violento que loita contra unha violencia sometedora, ou ben tratar en xeral ó pobo como o inimigo que quere subxugar a España. No primeiro caso, a cita estaría tratando esa 'violencia popular' como mal menor... É no segundo, sería dicir que España é en si o interese de catro que estarían a subxugar ó resto, usando as leis ó seu favor e defendendo o seu uso co recurso á violencia.

     Non sei se está claro. A cousa víuseme á cabeza ó ler esta mañá unha entrevista, tratando no fondo sobre os cambios legais que parece que se aveciñan sobre dita lei mordaza. Un resume dos cambios, segundo a entrevista, sería (con comentarios meus entre paréntese):

     - que os atestados policiais deixen de ter presunción de veracidade (en realidade, sería poñelos ó mesmo nivel de veracidade que outras fontes a confrontar, non que se deixen de considerar)

     - que calquera poderá manifestarse sin necesidade de comunicalo antes á Subdelegación do Goberno (entendo que máis ben, sen necesitar a aprobación dela conforme ó dereito de manifestación)

     - que o ter estupefacientes pase a ser infracción leve (dependendo de diversas variables, claro)

     - que as retencións para identificación pasen a ser de dúas horas e non de seis como agora (é dicir, que non se use a retención como castigo preliminar, senón para o motivo para o que se permiten)

     - que os axentes non poderán usar bólas de goma como 'elemento disuasorio' (é dicir, sen motivo previo, e con certa ironía, pois se se consulta o dicionario, verase disuadir como 'conseguir mediante razóns e argumentos que [alguén] abandone unha idea ou renuncie a levar a cabo un propósito, unha acción.').

     A posibilidade deses cambios está levando a algúns membros das 'forzas de seguridade do estado' a montar manifestacións nas que, aparentemente, non se ven sometidos ás mesmas condicións polas forzas de seguridade do estado en servizo que se foran doutros colectivos. E ó carro súmanse representantes de PP, Vox e C's.

     Os motivos das manifestacións? Polo que parece, que o cambio legal aumentaría a desprotección desas forzas de seguridade (que, lembremos, teñen o monopolio legal do uso da violencia).

     O dilema, sempre segundo a entrevista á que me refiro, parece o seguinte: se quitan os 'elementos de disuasión', ¿como actúan os corpos e forzas de seguridade? É dicir, a pregunta leva consigo ás forzas de seguridade vistas cunha función non de seguridade, senón como elementos de 'disuasión'.

     Hai tempo que lin que se un axente usa unha arma é que fallou na súa misión. Pero debía ser nun texto estranxeiro, que aquí a doutrina pídese que pase pola exacerbación do uso legal da violencia: fóra restricións e constricións. Que está máis que demostrado que tamén hai axentes do orde que minten? Non importa, presunción de veracidade para evitar inconvenientes, para evitar 'un mal maior'. Que algúns poden dar unha malla sen vir a conto? Cámaras fóra, que, parodiando un dito machista de hai tempo, se o axente non sabe o motivo, o afectado xa saberá por que. Que unha bóla de goma pode sacar un ollo? Mala sorte, con non ir (nin achegarse) á manifestación, asunto solucionado. Para que ir?

     Volvo ó título. Parece que se tratara de que o medo á policía, á súa violencia, faga someterse ós cidadáns. E iso, segundo consta, é peor ca violencia puntual: é violencia continuada. O mesmo día que escribo isto, Manuela Carmena axustou: "A extrema dereita baséase nunha alteración da realidade social para xerar o medo". Non é raro entón que Vox se sume as manifestacións esixindo liberdade de represión.

     Collo por último outra cita: "O paso que (...) está dando hoxe debería enviar unha mensaxe clara: nunha sociedade libre, é inaceptable desenrolar un poderoso (...) patrocinado polo estado contra usuarios inocentes e contra aqueles que procuran facer do mundo un lugar mellor". Quen queira procurar a cita terá que mirar nunha demanda de Apple contra un fabricante de software espía, non contra a lei mordaza. Pero se é usado nese caso (e é posible usalo neste) é só porque é un principio xeral. Ou non?

20150305

Formación de Ribadeo ó mundo

APAGA é unha asociación con base en Ribadeo. Creada e actuando dende hai xa abondos anos, mantén unha estrutura formativa que ampara a formación en automoción en Galicia e alén das nosas fronteiras. As xornadas de automoción primeiro, despois os forum ou as mostras de vehículos son parte dunha asociación que se move. Unha parte máis oculta é a participación en programas con xeración de materiais formativos ou os envíos de xente a formarse ó estranxeiro.
Este ano está previsto que sexan 38 profesores os que 'vexan mundo' por Italia, Alemaña ou a República Checa: "o obxectivo destas xornadas de traballo, que son de 7 días no país de acollida, é facer visitas a empresas, especialmente aos seus departamentos de formación; a centros educativos; a institucións como cámaras de comercio, departamentos de empresas dedicados a emprendimento e todo ese tipo de accións de nivel formativo. O que se pretende é coñecer novos sistemas educativos e de xestión, as relacións que hai entre as empresas e os centros educativos e aquí xoga un papel importante coñecer como funciona o sistema de formación dual naqueles países onde xa está en marcha, xa que nestes momentos se está implantando aquí, no noso país. Tamén é importante establecer contactos para a mobilidade de alumnos. Este proxecto é un acordo con 9 centros educativos de Galicia, de Murcia e de Navarra".
En resumo, formando dende Ribadeo a partires dunha estrutura que apsa desapercibida para moita xente no pobo.
Como nota á marxe e por coincidir na área de actividade, onte mesmo podíase ver un alumno ribadense de automoción entrando nun programa de televisión cun raro cacharro feito por el mesmo: Unha formigoneira circulante. O construtor, Diego Vizoso Castro. Alguén que non é novo nisto da automoción, pois antes de entrar en FP xa tiña desarmado e armado vehículos de dúas e catro rodas. Sinxelamente, agora tocoulle a un de tres por encargo.

20210224

Ah, que onte foi o 41 23-F?

Gutiérrez Mellado e Adolfo Suárez. Recoñecemento: Ministerio da Presidencia. Goberno de España

   Pois si, onte xa fixo 40 anos... e segue a estar baixo secreto información relativa a ese 23 F do 1981. Por exemplo, quen estivo detrás para que comezara o sarao? En retrospectiva, vistas as penas que foron aplicadas, cabería pensar que o 23 F non comezou ese día, senón moito antes, que non foi cousa de militares só, senón con respaldo noutros poderes capaces de frear as condenas, que non foi solucionado vía político-militar, senón que houbo un pacto político con eses outros poderes, e que antes, pero sobre todo despois, o pobo, a xente, nós, fumos apartados de calquera posibilidade de participación e decisión.

   Cabería dicir que a apertura democrática chegou ata o 23 F aumentando o seu horizonte, pero non continuou facéndoo despois: sinxelamente, teríase entrado nunha época de regates onde se se avanza nalgures é para retroceder no resto. Unha época de horizonte máis romo, por non dicir borroso, con néboa, sen un punto fixado onde ir, polo que, se se avanza, non se sabe moi ben cara onde.

   E así seguimos. Máis aló do mito das figuras de Gutiérrez Mellado, xunto con Santiago Carrillo e Adolfo Suárez, recollido polsa cámaras como acto de resistencia, e a prosa para enxalzar e protexer algunha figura, a historia segue tamén cuberta de néboa.