APAGA é unha asociación con base en Ribadeo. Creada e actuando dende hai xa abondos anos, mantén unha estrutura formativa que ampara a formación en automoción en Galicia e alén das nosas fronteiras. As xornadas de automoción primeiro, despois os forum ou as mostras de vehículos son parte dunha asociación que se move. Unha parte máis oculta é a participación en programas con xeración de materiais formativos ou os envíos de xente a formarse ó estranxeiro.
Este ano está previsto que sexan 38 profesores os que 'vexan mundo' por Italia, Alemaña ou a República Checa: "o obxectivo destas xornadas de traballo, que son de 7 días no país de
acollida, é facer visitas a empresas, especialmente aos seus
departamentos de formación; a centros educativos; a institucións como
cámaras de comercio, departamentos de empresas dedicados a emprendimento
e todo ese tipo de accións de nivel formativo. O que se pretende é
coñecer novos sistemas educativos e de xestión, as relacións que hai
entre as empresas e os centros educativos e aquí xoga un papel
importante coñecer como funciona o sistema de formación dual naqueles
países onde xa está en marcha, xa que nestes momentos se está
implantando aquí, no noso país. Tamén é importante establecer contactos
para a mobilidade de alumnos. Este proxecto é un acordo con 9 centros
educativos de Galicia, de Murcia e de Navarra".
En resumo, formando dende Ribadeo a partires dunha estrutura que apsa desapercibida para moita xente no pobo.
Como nota á marxe e por coincidir na área de actividade, onte mesmo podíase ver un alumno ribadense de automoción entrando nun programa de televisión cun raro cacharro feito por el mesmo: Unha formigoneira circulante. O construtor, Diego Vizoso Castro. Alguén que non é novo nisto da automoción, pois antes de entrar en FP xa tiña desarmado e armado vehículos de dúas e catro rodas. Sinxelamente, agora tocoulle a un de tres por encargo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario