20150310

Algún apunte máis sobre a residencia de anciáns de Ribadeo

Despois do fin de ano,a residencia non se ve avanzar tanto, pero segue a un ritmo estable, cubrindo as divisións externas e internas. Algunha foto así o amosa. E, cara ó futuro, menos se verá do que se vai facendo, ó quedar cada vez máis oculto polos propios muros. Como comparación, poden mirarse as entradas anteriores correspondentes á residencia de maiores de Ribadeo, como esta ou o conxunto.
Fachada surleste (a longa, centro e esquerda da imaxe) e norleste (a curta, á dereita). As fotos están tomadas dende a r/Alfredo Deaño. Á dereita, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Fachada suroeste. Á esquerda, r/Paco Lanza
Parte norte da fachada surleste.

Ningún comentario: