Hai tempo que me veño preguntando, en diversas posts, pola estructura que ten ou a que podería ter Ribadeo, para poder facer un deseño como por exemplo no PXOM. Xa dixen, e O Tesón fixo notar, que nese documento non aparecía por ningún sitio unha definición de ribadeo futuro. O caso é que nesta segunda parte de agosto voltou o tema por outra banda totalmente diferente: as obras da A8 deixaron a Ribadeo só coa entrada do Voar se se ven de Asturias... e parece que non se sabe moi ben a) cando se pode amañar esa entrada e b) onde iría a entrada nova, pois non está contemplada en documentos anteriores ó PXOM e este leva camiño de tardar máis que a autovía. Por eso hai quen se pregunta algo que para min é erróneo: quedará Ribadeo só cunha entrada? Por moi lerdos que sexan no ministerio e/ou no concello á hora de tratar estas cousas, estarían ambos tolos de quedar Ribadeo cunha única entrada. Claro que tolos hai moitos...
![](//photos1.blogger.com/blogger/7979/755/320/DSCI0007peq.1.jpg)
![](//photos1.blogger.com/blogger/7979/755/320/DSCI0008peq.1.jpg)
Mentras, as dúas fotos de hoxe ilustran dúas curiosidades ribadenses destes días, o que parece una imaxe de fenómeno eólico nun deserto, e corresponde ós efectos das obras da autovía, e o que aprece unha especie de ofrenda, seguramente os restos dun botellón nas pistas preto do faro... ambos, sen comentarios. Ambas, feitas onte.
4 comentarios:
Pois non me parece a segunda como restos dun botellón ¿non?. Está todo demasiado 'decorado'. ¿son mazás sobre pratos unha botella e un ramo de frores?
que cousas máis raras te atopas... eu nunca me atopo con nada
É que tes que patear máis Ribadeo...
Si, ´eso, mazás, etc., e xa poño noutro sitio que me falaron de ritos satánicos...
A verdade e que pateando Ribadeo vense cousas curiosas. Sobre todo as obras da Autovia e as consecuencias que para Ribadeo vai ter. Aínda que penso que e beneficiosa, a primeira consecuencia e mala. Refirome o cierre do acceso dende a ponte Dos Santos. Según a miña modesta opinión o responsables do ayuntamiento no deberon permitir tal peche nestas datas. Se o ficheron sabendo as consecuencias que podría ter, malo... e se o permitiron por non saber, malo tamén. O importante non e saber, e ter o telefono do que sabe... e na axenda non o debían ter.
Por outro lado, como se permite que moitos camiños, antes con un riego asfático (DTS), se cerren o tráfico e se mande os vehículos por camiños sen asfaltar.Mais parecen pistas forestais. Si estan abertos o tráfico rodado nesas condicions calquera pode reclamar daños a empresa constructora e o ayuntamiento no seu vehiculo por circular por tales viales.(A miña experiencia asi mo dice, so hai que saber como plantear a denuncia).
Ademais teño unha pregunta a que naide me deu resposta. Se a ponte se desdobla en Autovia, esta previsto unha parte da novo tableiro da ponte para o paso de peatons?. Fagoa porque hoxe en día moita xente cruza a ponte andando e no futuro pode ser unha sorpresa desagradable, si eso non esta previsto, o non poder circular nin bicicletas nin peatons por as autovias. Espero que si se pensara neste aspecto o desdoblar a ponte e no futuro se poida, seguir cruzando a pe e disfrutar das vistas que ofrece.
Ata o proximo verán.
Fdo.: Lucentum
"O importante non e saber, e ter o telefono do que sabe"
Ja, ja, ja... que bo!! é unha das miñas frases favoritas. continuamente digo iso, e faime gracia velo neste post.
Unha aperta
Publicar un comentario