Esta mañá leo que antes da guerra civil española, unha organización con dous millóns de afiliados daquela, a CNT, tiña un único 'liberado', que era o secretario do comité confederal (Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista, Carlos Taibo, Ed. Xerais de Galicia, Vigo 2005, p.102). E non se me ocorre máis que comparalo co que pasa en Ribadeo. E bótome as mans á cabeza.
Logo penso: claro, son institucións diferentes... e é a única atenuante que se me ocorre, aínda que supoño que haxa máis. Logo, paso a 'pero, ten que ter este tipo de organziación o concello? e de aí, a outras cousas que están a suceder en Ribadeo, a parte dos dous 'liberados'
1 comentario:
Os liberados neste concello só existen desde fai catro anos. Antes non os había e o concello funcionaba igual ou, se cadra, millor. O único obxeto de esta liberación é promocionar o partido e mesmo a persoa cos cartos dos cidadans.
Publicar un comentario