20120608

Corrupción (e van ...)

Onte nos xornais viña unha nova que xa non é inquietante por coñecida: en europa están preocupados pola corrupción, na que se levan a palma precisamente os PIGS (é dicir, nós, máis Portugal, Italia e Grecia). Hoxe, que NovaGalicia (por que seguirá levando o nome de Galicia como insignia cando xa non é galega nin edificante para Galicia?) e CatalunyaCaixa necesitan entre as dúas 9 000 000 000 €. Apostíllase que se trata de inxección de cartos que fará o estado, non de perdas a asumir, pois non se sabe que vai ser delas (é dicir, . aflorar como perdas máis adiante ...). Claro que a operación vai contemplada dentro da nova (outra vez, xa non tan nova por estar afeitos a cousas destas) de que o sector bancario necesita 40 000 000 000 € (ou sexa, 6 663 860 000 000 pts) 'ou cousa polo estilo'.
A culpa lévaa o ladrillo, que debe ser a parte material do furado, pero segue sen falarse da culpa en canto a persoas que tomaron decisións, alimentaron a queima de cartos ou se beneficiaron direitamente de tantos ceros con algún número diante.
En Ribadeo, entre nubes sae un sol que ilumina o día ...

Ningún comentario: