Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta pirogravados. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta pirogravados. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20241029

Unha viaxe por Ribadeo

    Onte foi a inauguración da nova exposición de pirogravados de Antonio Martínez ('Pimpelo'), neste caso, adicada a vistas diversas de Ribadeo. 46 pirogravados expostos na Vella Oficina de Turismo, realizados con medidas de encadre normalizadas dunhas vistas que nos son comúns.

    En xeral, non teñen cor, pero hai algún que si. Preguntado ó respecto, o autor indicou que consideraba que algún necesitaba a cor, por ser visto con normalidade así; e doutro xeito, perdían vitalidade en relación ó real. Para entendérmonos, están nesa situación o pirogravado dos Cocos ou o da figura do Marqués de Sargadelos.

    Outra figura a cor é a do escudo de Ribadeo. Cunha característica: feita antes da aprobación do novo escudo, cunha estrela que terá oito puntas (outro día podemos falar diso, da estrela e das puntas), a reprodución pirogravada está feita coa tradicional ata o de agora estrela de cinco puntas, como aparece en baixo na imaxe correspondente.

    Os gravados foron realizados entre o pasado ano e o presente, e cada un supuxo non menos de vinte horas de execución, de duración abondo variable segundo diversos factores.

    A inauguración congregou numeroso público, parte do cual aparecemos agrupados en torno ó autor na foto tomada por Marta Saiz. Nas fotos aparece tamén a ferramenta principal usada no traballo.















 

20240605

Unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez

     Non é a primeira vez que Antonio Martínez expón os seus pirogravados en Ribadeo. Así, en setembro de 2021 unha nota de prensa do concello (aquí, a súa versión en Crónica3) daba a nova de que a súa exposición duraría ata o 14 de setembro. Desta volta, en 2024, foi en maio, coincidindo con Letras no Campo. E, se a perdiches, aquí tes tres vídeos de lugare diferentes da exposición para facerte unha idea dela: