20210418

Solucións urxentes para tempos urxentes?

   Remato de ver o vídeo da ONU con ese título, sen o interrogante (https://www.youtube.com/watch?v=xVWHuJOmaEk). Vícheo? Se non foi así, aquí en baixo o tes.

   O caso é que sempre tiven a idea de que as solucións urxentes -é dicir, as dadas con urxencia- só poden ser provisionais, ata ter unha visión xeral abondo como para aquilatar solucións definitivas, que poden ser as provisionais máis perfiladas. E tempos urxentes pódese dicir que son todos. E cada vez máis, a medida que pasa a vida. Evidentemente, non nos podemos encher de anguria por iso, pois non sería bó para as decisións, para as solucións, pero quen estaría contra o solucionar os problemas -os problemas dos tempos- xa?

   Os tempos poden ser urxentes, mais as solucións non deben selo, a conta que crear máis problemas que necesiten novas solucións.

   En fin, aqui queda o vídeo, en certo xeito, necesario, nestes definidos como tempos urxentes. Mais, no sentido no que remato de indicar, sería bó un pouco de reflexión persoal antes de encaralo: para ti os tempos pódense cualificar como urxentes? Si? Non? Por que? Cres que as solucións deben ser urxentes no sentido de inmediatez temporal do paquete de solucións, que hai que poñer tódalas solucións en marcha dunha tacada? Pódese facer? E urxentes no sentido de que hai que comezar xa, aínda que se saiba da súa provisionalidade? Urxentes para ti ou para a sociedade da que formas parte?

 



Ningún comentario: