20211006

Por Nuestro Faro levará ante a Valedora do Pobo ao concello. Nota de prensa de Por Nuestro Faro

 


 

 Por Nuestro Faro levará ante o valedor do pobo ao concello

Nota de prensa de Por Nuestro Faro

Nas últimas semanas a Asociación Veciñal «Por nuestro Faro» dirixiuse a diferentes entidades: Defensor del Pueblo, Autoridade Portuaria. Nun principio, o obxectivo era obter información sobre a sixilosa apertura dunha cafetería en Illa Pancha, e pedir explicacións ante as aparentes irregularidades en relación á súa instalación e posta en marcha, así como ao acceso á illa en horario hostaleiro.

No momento de redactar este escrito cúmprense 40 días dende que nos diriximos ao Concello de Ribadeo, vía a súa sede electrónica, para preguntar se a cafetería contaba con licenza de actividade, se na devandita licenza figuraban as condicións de acceso, se estas condicións concordaban coa Lei de Costas (que non sinala limitación horaria), se as obras e engadidos varios se axustaban ao proxecto, e se se tiña en conta o impacto medioambiental derivado da actividade, entre outras cuestións. Pois ben, 40 días despois non obtivemos resposta algunha. Isto non é algo novo, o correo precedente que dirixiramos ao Concello fai máis de 9 meses preguntando polas palas mecánicas que revolvían a terra na illa Pancha tamén se quedou sen resposta.

Pero iso non é todo: o pasado 27 de setembro recibimos un correo do Defensor del Pueblo. Nel comunicábanos que polo momento non se pode tramitar a demanda que lle diriximos xa que o Concello de Ribadeo non lle enviou a información que requirida por esta entidade, e por iso «ante a tardanza en recibir a información que esta institución solicitou ao Concello de Ribadeo, infórmaselle de que con esta mesma data solicitouse a súa remisión urxente».

En consecuencia, ante o que parece unha estratexia de silencio total, a asociación «Por nuestro Faro» dirixirase nos próximos días á Valedora do Pobo (institución que trata en Galicia as queixas relacionadas co incumplimiento da Lei de Transparencia) para denunciar a actitude do Concello de Ribadeo.

Á marxe, como asociación de veciños, queremos deixar constancia do noso sentimento de desarraigo e marxinalización social ante este proceder por parte do Concello de Ribadeo, exercido cada vez de forma máis desacomplexada, e iso malia os formalismos administrativos e publicitarios utilizados para maquillalo. Recordemos que a petición na sede electrónica do Concello fíxose a través da tramitación denominada «Transparencia» e do procedemento chamado «Solicitude de Acceso á Información Pública polos Cidadáns». E isto non deixa de ser absolutamente irónico, así como o feito de que unha gran parte das entradas publicadas no perfil facebook do Señor alcalde, cuxa coidadosa selección temática é evidente, y que comezan pola palabra «Informando».

Asociación «Por Nuestro Faro»

Ningún comentario: