Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta illa concello faro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta illa concello faro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20220810

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha. AVV Por Nuestro Faro

Os faros de Illa Pancha, por Hugo Vital Hidalgo, na Galipedia, Lic. CC BY SA 3.0

 

As datas esquecidas no acceso á Illa Pancha

Expoñemos deseguido as datas máis significativas e os trámites, moi resumidos, do asunto do acceso á Illa Pancha polos veciños e visitantes. Non entramos aquí en outras graves irregularidades como é a falla de Estudo de Impacto Ambiental, preceptivo en Rede Natura 2000, a fosa séptica sen resolución dende agosto de 2018, o desdoblamento do proxecto, etc.

Véxanse as datas e os pasos deste proceso:

Decembro de 2103: A Autoridade Portuaria anuncia a posta en marcha do Programa « Faros de España ».

Febreiro de 2014: O proxecto da Illa Pancha chega a Ribadeo pero o Concello non informa ao vecindario.

24 de xullo de 2014 : O Concello informa favorablemente o proxecto pero non informa ao vecindario. Tampouco esixe a entrada libre, que xa era o momento para deixalo claro e non admitir nengún trámite máis sen que esto quedara sentado. Tampouco lle pon pegas ao uso exclusivo da illa para os usuarios dos apartamentos. Este é o primeiro documento do Concello en relación cun proxecto que xa levaba seis meses en Ribadeo

24 de abril de 2015 : O Sr. Alcalde de Ribadeo declara ao diario El País que o proxecto de Fomento é “un premio para Ribadeo” pese a que a porta estará pechada ao público.

30 de abril de 2015: Nace “Por Nuestro Faro” como un grupo de Facebook chegando en poucos días aos 700 afiliados. Recollida de sinaturas contra o proxecto, máis de 2600.

30 de xuño de 2015: Apróbase a concesión pola Autoridade Portuaria por vía directa, ou sexa, sen concurso público. O alcalde non di nada, o Concello non esixe o seu dereito a presentar un proxecto propio nen defende o dereito de outras empresas a concursar. O proxecto xa leva no Concello máis de un ano.

Xullo de 2015: Accións e movilizacións do colectivo Por Nuestro Faro. Manifestos baseados en Non á privatización, acceso libre a Illa Pancha.

Novembro de 2016: O Sr. Alcalde recoñece de palabra por primeira vez que o acceso a Illa Pancha debe ser libre “Esto non Grecia, as illas non se poden privatizar” (menudo desliz).

Decembro de 2017: O Concello concede a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de que a porta da illa esteña aberta ao publico, pero este pequeno matiz non se comunica á opinión pública.

Os apartamentos empezan a dar servizo exclusivamente ás persoas que aluguen unha habitación. A porta está pechada e o Concello non se comproba se se cumplen as condicións da licenza, ou sexa, se a porta está aberta ou non.

Xuño de 2018: O Colectivo Por Nuestro Faro solicita o acceso ao expediente do proxecto. O Concello non resposta en dous meses. O colectivo Por Nuestro Faro recurre á Valedora do Pobo Galego esixindo a aplicación da Lei de Transparencia. Os apartamentos levan medio ano funcionando ca porta de acceso pechada ao público e o Concello non o comproba.

Xaneiro de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro accede ao expediente despois de seis meses de solicitalo porque a Valedora do Pobo Galego obliga ao Concello a cumplir a lei de transparencia. O colectivo descubre por primeira vez o documento de inspección onde consta que a porta estaba aberta as duas da tarde do día 1 de decembro de 2017 (¡qué casualidade!), o que deu pe a conceder a licencia de apertura.

Abril de 2019: O colectivo Por Nuestro Faro denuncia ao Concello que a porta sigue pechada despois de verificalo repetidamente. O Concello non resposta .

Xuño de 2019: O colectivo denuncia os feitos á Fiscalía de Mondoñedo.

Setembro de 2019: A Fiscalía resposta que a porta debe estar aberta dacordo ca lexislación vixente, pero non é delicto penal e remata a sua actuación. O colectivo publica a resposta da fiscalía. A porta segue pechada.

Outubro de 2019: O Concello comunica á concesionaria que debe manter aberta a porta da illa ao acceso libre da veciñanza e visitantes, e advirtea do posible uso do decreto 144/2016 da Xunta de Galicia que o faculta para suspender a lizenza de actividade por incumplimento das condicións, pero o Concello non aplica nengunha medida eficaz e a porta segue pechada. Neste momento xa van 21 meses cos apartamentos funcionando sen que o Concello tome medidas eficaces para cumplir as condicións da licenza.

Agosto de 2021: A porta de acceso á Illa Pancha ábrese a algunas horas para o acceso á cafetería. O resto do ano segue pechada, con algunha apertura esporádica.

Agosto de 2022: A Autoridade Portuaria esixe a apertura parcial da porta da Illa en horarios controlados.

En resumen, o Concello de Ribadeo nunca esixiu a apertura da porta de acceso á Illa Pancha por iniciativa propia. Cando o fixo foi polas denuncias do colectivo Por Nuestro Faro que demostrou a flagrante ilegalidade da situación. Ainda máis, deixou que actividade seguise durante 21 meses sen comprobar o cumprimento da licenza e cando tomou algunha medida foron simples notificacións, pero non se aplicou a lei que esixe o cumplimento das licenzas con peche da actividade en caso de incumprimento grave.

20160714

Illa Pancha, fase II

Atardecer de onte sobre a Illa Pancha, por José Lombardero Bellón

Onte espertábase o día en Ribadeo con ceos despexados que se cubriron ó pouco. A nova do día, un titular de 'La Voz de Galicia' que daba conta de que o día anterior, martes, tivera lugar unha Xunta de Goberno municipal na que se daba licenza para as obras de habilitación do vello faro da illa Pancha como hotel, mentras se rexeita a construción da cafetería na illa.
Aforrando pasos, cara a última hora da tarde o grupo 'Por Nuestro Faro' emitiu un comunicado. Antes, o concello tamén emitira unha nota de prensa. Embaixo deixo ambas con algún comentario.
Comunicado de 'Por nuestro faro':
¿ADEUS, ILLA PANCHA ADEUS?
O Concello de Ribadeo ven de acordar a concesión da licencia municipal para poñer en marcha un hotel de duas suits na Illa Pancha e aplazar a instalación dunha cafetería baixo cuberta de plástico. Ou sexa a decisión política de Suarez e o BNG de dar todo tipo de facilidades a este proxecto vai adiante con tódalas consecuencias. Estas serán que a destrucción da Illa Pancha, tal como a coñecemos ate agora está garantida. Anque polo dagora non se autorice a cafetería, o simple comezo das obras, as medidas de seguridade, a presencia de automoveis, furgonetas, materiais de construcción, persoal, cartelería, etc. xa determina un cambio irreversible na imaxen e na situación actual da illa e o do faro.
A disculpa do alcalde cando declara que a licencia para este proxecto debe ser concedida preceptivamente contrasta co sua decisión política de rexeitar o galpón que a empresa Galigraín proxectaba no porto de Figueirúa en febreiro de 2008. Daquela Suarez levou ao pleno e conqueriu a rexeita por unanimidade, mesmo sen que se chegase a presentar o proxecto técnico. Esta foi unha decisión política pura e dura, daquela Suarez tiña catro concellais, agora ten once, a lexislación é a mesma pero os intereses políticos son outros. A Illa Pancha vai quedar convertida nunha estrafalaria reliquia do pasado polas comenencias da carreira política dunha persoa e @s suas compañeir@s de viaxe. Porque non nos engañemos, se ben a promoción inicial foi do Ministerio de Fomento, coa colaboura da Xunta de Galicia, a tramitación posterior do expediente deixa tantas portas abertas e ten tantas carencias que o Concello de Ribadeo tiña infinidade de oportunidades de conxelalo ou mesmo suspendelo. Dende a falla de informe da Rede Natura 2000, de memoria económica e de sustentabilidade, ate as contradiccións cas recomendacións da Reserva da Biosfera, pasando polo dubidoso proceso de convocatoria e exposición pública, o alcalde estaba perfectamente autorizado para darlle marcha atrás se non tivese decidido lévalo adiante dende o primeiro día. O mesmo os incumplimentos de prazos e os aprazamentos sucesivos. O expediente debeu de entrar no concello de ribadeo nos primeiros meses de 2014. A data exacta non a sabemos pola obstrucción informativa de Suarez. Dende esa data ate a publicación por El País dun informe sobre a reconversión dos faros, o 22 de Abril de 2015, o alcalde non deu nengún tipo de información e a exposición pública se a houbo levouse co máximo sixilo. As suas declaración a El País non deixan lugar a dúbidas: O proxecto era “un premio para Ribadeo” polo ben que se levaba a política urbanística. Repárese no contido da frase.
Ata aquí chegamos. O colectivo “Por Nuestro Faro” carece de recursos para enfrontar unha demanda xudicial pero non imos quedar calados. Consideramos dende o comezo que a Illa Pancha non se debe privatizar nen coverter o faro nun hotel porque forman parte dun patrimonio sociocultural irrenunciable, eso por enriba de outras consideracións legalistas, ambientais ou economicistas e imos seguir nesa teima. A ILLA PANCHA E DOS RIBADENSES E DE ADEUS A ILLA PANCHA NADA.

Colectivo “POR NUESTRO FARO”
E a nota de prensa da alcaldía:
"OS CONCELLOS SOMÉTENSE A ACTOS REGRADOS", DI SUÁREZ BARCIA
Faro da Illa Pancha
13/07/2016 


O alcalde, Fernando Suárez, asegura que "o Concello fai o que debe, da as licencias que se teñen que dar e denega as que non se poden outorgar". Na xunta de goberno celebrada nas últimas horas o Concello concedía a licenza para a conversión en hotel do Faro da Illa Pancha e denegaba a licenza para a apertura dunha cafetería nese lugar, xa que conta con informes desfavorables de Patrimonio, do Plan de Ordenación do Litoral e de Costas.
O rexedor contou que "nesta última xunta de goberno se deu licenza municipal para a conversión do Faro da Illa Pancha nun hotel e rexeitouse ao mesmo tempo para facer un anexo dun bar cafetería".
Suárez Barcia foi contundente: "teño que dicir, debemos dicir desde o goberno municipal, que o Concello fai o que debe, fai o que ten que facer, que é dar as licencias que se teñen que dar e denegar as que non se poden outorgar. Digo isto porque se os informes previos que teñen que ser preceptivos e vinculantes, é dicir, obrigatorios e que ademais hai que facerlles caso… se estes son positivos si que hai que dar a licenza de obra, e se os informes preceptivos e vinculantes non son favorables o Concello non pode dar a licenza de obra".
O alcalde ribadense explicou que "se pediron os informes preceptivos e vinculantes á Autoridade Portuaria, ao POL, a Patrimonio, a Costas do Estado, a Urbanismo, que depende da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, todo isto é o que se chaman actos regrados. Témonos que someter os Concellos a unhas regras, non temos liberdade para facer o que nos pete. O alcalde e a xunta de goberno non teñen a liberdade caprichosa de dicir isto gústanos e si lle damos para adiante e isto non nos gusta e non lle damos. Non podemos facer o que queiramos, senón o que debamos e o que teñamos que facer tanto eu como todos os meus compañeiros e compañeiras da xunta de goberno". E engadiu: "e o que debemos facer é iso, dar unha licenza para a conversión dun faro en hotel porque é correcta e non dar a outra para facer un bar cafetería porque é incorrecta e non se axusta ás normas e conta con informes desfavorables de Patrimonio, do Plan de Ordenación do Litoral e de Costas".

Coido que hai que comentar ao menos algunhas cousas.
Primeiro, aclarar que a licenza ten que ser comunicada oficialmente para a súa aplicación.
A nota do concello saiu antes de que fora emitido o comunicado do grupo. Logo considerou que a decisión 'había que explicala' para que a xente 'comprendera'. Hai un dito que se ben é certo que non sempre se axusta ós feitos, soe dar bos resultados na súa aplicación: 'excusa non pedida manifesta acusación'. Tanto é así que parece pervivir dende tempos de uso do latín: 'excusatio non petita, acusatio manifesta'.
A nota do grupo cónstame que foi realizada sen coñecer a nota do concello, tendo coñocemento só da nova titulada 'El pintoresco faro de la Illa Pancha de Ribadeo será reconvertido en un hotel' da Voz de onte mércores. Puxen os dous documentos en orden temporal diferente para que tivera algún sentido.
Entendo que máis aló da vulneración das leis de protección Natura 2000 e outras, do tratamento opaco e asimétrico da información, aínda están presentes outras cuestións, como os prazos; que a concesión é nula, pois neses momentos (13 de xullo) xa tiñan rematado varios prazos que implican a caducidade do contrato, co que a licenza estaría dada en base a unha concesión inexistente.
Dende onte, a enaxenación dun ben común e a loita porque non sexa así deu un xiro. Mais non rematou. Coido que a etiqueta 'illa Pancha' ten aínda un longo recorrido no blog.
--
Última hora:
Apenas pasou unha hora dende a publicación e xa hai novidades: o concello non deu resposta polo momento á petición de información cursada polo Valedor do Pobo o día 17 de xuño. Coido que cando menos, iso non se corresponde coa explicación de neutralidade e sinxela administración de papeleo dada na nota de prensa. "14/7, 9 e pouco da mañá:da oficina do Valedor do Pobo comunícannos en conversa telefónica que remitiron petición de informe ao concello o dia 17/6/16, dándolle un prazo de 15 dias para respostar. a día de hoxe, case un mes despois, non hai resposta. Aclara que esperan outros 15 días (ou sexa en total un mes) antes de reiterar o requerimento e que nos notificarán a resposta, se se produce ou a non, no prazo de 30 dias. Lembrou que (mesmo discurso do alcalde) as licencias son actos regrados, polo que o concello ten que conceder a licencia se os informes son favorables. Mais ó ser preguntado por se os informes non poden ser discutibles, ou os ten que aceptar o concello preceptivamente, deunos a razón de que os informes poden ser discutibles. Así ós informes da rede natura e de viabilidade económica. Foi ó facer estas precisións cando o interlocutor comezou a cortar dicindo que agora había que agardar a resposta ou non resposta do concello. Velaí a transparencia."

20221116

Novas sobre a illa Pancha, dos tribunais e da AVV Por Nuestro Faro

     Hoxe, 16 de novembro, deuse a coñecer un feito encamiñado por outros anteriores: O TSXG desestima o recurso de Eirobra S.L.para evitar o acceso libre á illa Pancha. Despois de anos loitando, a AVV Por Nuestro Faro ve cumprido un dos seus obxectivos, o lograr que a illa sexa do pobo. En realidade, o obxectivo aínda non está conseguido, entre outras cousas porque o acceso pode considerarse parcial ó estar regulado temporalmente, pero esa regulación mesmo podería considerarse beneficiosa. O caso é que a concesionaria non pode dicir 'ti entras se eu quero e cando eu queira', e sei que non fun o único que veu o paso negado á illa.

    Como ó final a cousa ía polo xulgado, e contra o concello de Ribadeo, foi o concello o encargado de dar a noticia, cunha nota que deixo abaixo.

    Tamén a AVV Por Nuestro Faro, en relación ó uso da illa Pancha, volve a preguntarlle ó concello de Ribadeo por cousas como o cumprimento da concesión, se xa foi inspeccionado o cumprimento da Declaración Responsable da empresa que deu pé a abrir a cafetería, ou o estado e legalidade da fosa séptica, 'perdida' na administración dende hai varios anos e que pode ser unha fonte de vertidos á ría.

    Nota de prensa da AVV Por Nuestro Faro:

Na sede electrónica do Concello acumúlanse os correos sen resposta que a asociación de Veciños «Por Nuestro Faro» lle ten dirixido ao alcalde, con datas como 28/08/2021 ou 28/03/2022. Mesmo tras a mediación da Valedora do Pobo, organismo en Galicia encargado de velar pola transparencia e o dereito á información, non obtivemos do Concello ningunha resposta clara nin directa.

Por esa razón, o 16 de novembro de 2022 enviouse un novo correo ao Concello de Ribadeo, insistindo na necesidade de obter informacións concretas sobre cuestións vitais na Illa Pancha.

Á vista do despregue de camiños, varandas, terrazas e niveis que ocupan de xeito amplo a visión de calquera visitante que se interne na illa, volvemoslle preguntar ao alcalde se está en posición de dicirnos «se a cafetaría e os seus servizos invaden terreos da Illa Pancha fora do espazo concedido de 500 m²». En consecuencia, preguntamos se «as obras de execución da cafetaría da Illa Pancha, que funciona dende agosto de 2021, se axustan ao proxecto inicial».

Tamén reiteramos a pregunta sobre se por fin «existe informe da inspección técnica» que daría o visto bo á Declaración Responsable da empresa concesionaria para abrir a cafetaría (lembremos que a cafetaría se abriu por primeira vez fai xa 15 meses).

Doutra banda, e dado que o sistema de eliminación de residuais proposto pola concesionaria está a tramitarse desde agosto de 2018, quixéramos saber se a día de hoxe “no concello de Ribadeo existe constancia de que a fosa séptica teña resolución favorable de Augas de Galicia» e que aclare «cal é o sistema de depuración de residuais, tendo en conta que pode estar vertendo á Ría de Ribadeo en zona de protección dá Rede Natura 2000, e que este proxecto foi presentado antes de que existise a cafetaría que obviamente incrementa as emisións ao medio ambiente.».

AVV Por Nuestro Faro

    Nota de prensa do concello:

TAMÉN O CONDENA AO PAGO DAS COSTAS

Acceso á Illa Pancha

16/11/2022

O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a inadmisión a trámite por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do recurso de casación presentado polo concesionario do Faro sobre o uso e acceso á Illa Pancha. Barcia subliña que agora está ben clariño: é libre para todas e todas. 

O rexedor lembrou que "hai poucos meses o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu de xeito claro que o acceso á Illa Pancha debía ser libre e público con independencia da xestión que poida facer a actividade privada, que nunha pequena parte da illa concesionou o Estado a través da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao".

Suárez Barcia dixo que "con isto quedaba resolta calquera outra interpretación xurídica ao tempo que confirmaba a actuación administrativa levada a cabo polo Concello de Ribadeo en todo este proceso".

O alcalde ribadense manifestou que "lamentablemente, vimos que a aplicación das sentenzas non eran todo o inmediatas que deberan ser posto que durante un tempo seguiuse a incumprir por parte do concesionario coa pasividade da administración titular da Illa, A Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, o que obrigou ao Concello a impoñer sendas multas coercitivas ao titular da actividade privativa e finalmente un requirimento de non argallar máis para incumprir as normas ou o Concello veríase na necesidade de executar as accións subsidiarias pertinentes para garantir o acceso público".

Fernando Suárez contou que "o concesionario apelou esta sentenza e agora vimos de saber hoxe que o Tribunal desestima completamente ese recurso, e aínda por riba, o condena en costas".

O rexedor subliñou que "desde o Concello de Ribadeo, celebramos que dunha vez por todas quede ben clariño para todos: particulares, institucións, concesionarios, etc, que o uso e o acceso é libre. Xa vemos que a Autoridade Portuaria, titular da Illa, foi tomando as medidas necesarias para que nunca máis teñamos que perder o tempo en andar xogando ao gato e ao rato. Alegrámonos e valorámolo positivamente".

E engadiu que "desde o Concello de Ribadeo manifestamos, como sempre o temos dito, que nada temos que obxectar ás actividades que o Estado poida concesionar nesta illa, apartamentos turísticos ou unha cafetería, como de feito o fai noutros espazos públicos da súa titularidade no resto do litoral, pero queremos que o resto de cidadanía poida ir, pasear, pescar ou facer o que lle pete, dentro dos dereitos e deberes que calquera persoa poida facer no resto do litoral".

20161128

NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”

Onte o colectivo 'Por Nuestro Faro' emitiu unha nota de prensa, a raíz das novas que apareceron nos xornais a fin de semana (sábado). Á súa vez, ditas novas tiñan orixe na nota de prensa do concello de venres á tarde na que se daba cota dunha carta enviada polo concello á Autoridade Portuaria de Ferro-S. Cibrao, moi posiblemente impulsada pola insistencia de 'por Nuestro Faro' de que o contrato sobre a illa estipula que se hai hotel, só quen sexa cliente el terá acceso á illa, implicando unha discriminación e unha privatización encoberta. Así pois, para amosar toda a secuencia, deixo a continuación a nota de por nuestro faro, a nota do concello e a carta do concello á Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao. A historia anterior, en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/Illa Pancha

1.-
NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A última declaración do Sr. Alcalde sobre a Illa Pancha non aporta nada novo ao que xa sabemos dende hai ano e medio. O seu apoio decidido a un hotel de duas suites quedou perfectamente reflectido nas declaración que fixo a un diario madrileño o día 22 de Abril de 2015. Caseque un ano antes de que a empresa concesionaria presentase o proxecto definitivo e sen nengún tipo de informe técnico nen económico o Sr Alcalde xa tiña tomada a decisión de apoiar este proxecto porque tal como declarou era “un premio para Ribadeo”. Deixémonos de lerias, foi unha decisión política, como o foi a de rexeitar o galpón no porto de Figueirúa e mesmo levalo a pleno sen ter nengún proxecto nen informe técnico. Como ben se sabía que habería espertar unha forte rexeita social mantívose en segredo. Despois veu a tramitación das licencias, primeiro de un proxecto, despois de dous, sen explicación alguna polo concello nen pola Autoridade Portuaria. Sen informe de afección á Rede Natura 2000, sen informe económico nen criterios de sostibilidade que exixen a lei de Portos, a de Costas e a Reserva da Biosfera. Despois de que a propia Dirección Xeral de Medio Ambiente recoñecese –negro sobre branco- que non recibiu o expediente, e polo tanto que so podía informar sobre a obra interior do faro, cousa polo demais allea a suas competencias. Este é o cenario cando nos avisan de que non se daría a licencia de apertura en función dos informes técnicos senon da decisión persoal do señor alcalde, ou sexa o contrario de que se ven declarando dende hai moitos meses. En realidade o que se está buscando son disculpas para resolver favorablemente o recurso presentado pola empresa concesionaria por aprobarle a cafetería e darlle argumentos para un eventual contencioso.
Polo demais abonda un exemplo que tódolos días escoitamos comentar nas ruas ¿Por qué os prantexamento que se propoñen para as catedrais non valen para a Illa Pancha?. Se a cafetería das Catedrais debe estar mais afastada da costa ¿porqué se tolera e se apoia un hotel no medio da Illa Pancha?. En proporción o coherente sería poñer un hotel de sete plantas nas Catedrais. Se propoñemos un aparcamento a varios centos de metros das catedrais ¿porque defendemos un aparcamento no medio e medio da Illa Pancha?. Falemos claro ¿hai un criterio ambental distinto en casa caso ou hai intereses políticos e personais inconfesabeis?.
Ribadeo, 27 de Novembro de 2016
2.-

BARCIA DI QUE "ISTO NON É GRECIA, ONDE SE PRIVATIZAN AS ILLAS"-
Acceso á Illa Pancha-
25/11/2016-
O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle unha carta á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao na que lle solicita que se manteña o acceso público á Illa Pancha. No escrito sinálase que o Concello esixirá, á hora de tramitar a licenza de actividade ao hotel que albergará o vello faro, que por parte do titular se manteña o devandito acceso a ese espazo.-
O rexedor explicou que "este documento que acabamos de enviar á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, como titular da Illa Pancha e de todo o que alí contén, ten que ver con estas obras que contan coa súa preceptiva licenza para a construción dun hotel, e que no seu momento deberase garantir o acceso público a toda a Illa para que o Concello poida dar a licenza de actividade".-
Suárez Barcia sinalou que "hai que ter en conta que a Autoridade Portuaria só concesionou unha parte da Illa, non toda. E si ben é certo que nestes últimos decenios a Illa estivo pechada ao uso público xeral por tratarse dun uso de interese xeral como era un faro, e podía ser comprensible esa actitude, agora non se entendería, agora que se privatiza a través dunha concesión que soamente quede restrinxida para uns poucos afortunados". O rexedor lembra que "a lei de Costas e toda a normativa que dela deriva é moi clara ao respecto. Toda a Illa ten a catalogación xurídica de dominio público marítimo terrestre polo que corresponde unha utilización libre, pública e gratuíta para os usos comúns, tales como pasear, estar, etc… tanto para os que sexan clientes ou para os que non o sexan".-
O alcalde ribadense dixo que "isto non é Grecia, onde se privatizan as illas. Polo tanto, e aínda que cumpre con todas as autorizacións a conversión dese edificio en hotel, desde logo deberán ter o acceso aberto para todo o público por parte do Concello, senón o Concello non poderá dar a licenza de actividade necesaria para poder operar"
3.-
Coido que agora, quen poda xulgar, terá algún dato máis que as notas aparecidas nos xornais.

20220130

AMariñaXa sinala a Illa Pancha de man de Covadonga Suárez

    Hoxe, A Mariña Xa publica a entrevista que lle fixeron a Covadonga Suárez, presidenta de 'Por Nuestro Faro', onde salienta diversos aspectos da ocupación privada do ben común que é a Illa Pancha. A máis da ligazón xa posta, copio o texto:

 

Entrevista: “O alcalde de Ribadeo non valora o faro como elemento histórico”

30 xaneiro, 2022

Covadonga Suárez, presidenta da Asociación de Veciños Por Nuestro Faro fala da problemática que está a sufrir a Illa Pancha que alberga dous faros, o antigo, de planta cadrada e actualmente rehabilitado como aloxamento turístico, e construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX e erguido sobre unha torre circular de formigón

Vostede é presidenta da Asociación Por Nuestro Faro, non?

Sí, en efecto. A asociación como tal constituiuse hai unhos meses, pero existimos como colectivo dende o ano 2015. Todo comezou cando me enterei pola prensa de que querían privatizar a Illa Pancha para montar un hotel. Nun primer momento quedei asombrada de que algo así fose posible.

Eu, e coma min moita xente, pensaba que a illa estaba pechada ao público por motivos de seguridade, pero o máis importante é que iso iba contra a idea de que o patrimonio público non se podía ‘vender’ nin ‘alugar’, e aínda menos un lugar emblemático como a Illa Pancha.

 

Aínda non sabía cando, cómo, nin qué empresa ía facelo pero enseguida tiven a percepción de que se trataba dunha maniobra política que non tiña en consideración, non só ao pobo de Ribadeo senón aspectos fundamentais como son o concepto do público, e o respeto dunha zona protexida pola Rede Natura 2000 (lugar de interese comunitario, LIC, et Zona de especial protección das aves, ZEPA).

“Unha das condicións da licencia de apertura do hotel era o acceso libre á illa á cidadanía en xeral, algo que non se está cumprindo e que conta coa complicidade do Concello de Ribadeo, que non esixe que se cumpla”

Hai moita xente implicada nela?

Despois disto abrín un grupo en Facebook e púxenme a recoller firmas en Avaaz. E de seguida copezou a xuntarse xente arredor á idea. Así, hoxe o grupo conta con 804 membros. A asociación como tal formouse hai pouco para facilitar a xestión das nosas iniciativas, cun núcleo permanente de dirección que se reúne periodicamente.

Cales son os principais obxetivos? Cal é a problemática do Faro?

Como dicimos no noso grupo de Facebook: queremos unha illa Pancha libre, protexida e pública, e son dereitos que non se están a respetar. Hoxe sabemos, despois de moito indagar, que unha das condicións da licencia de apertura do hotel era o acceso libre á illa á cidadanía en xeral (non só aos clientes do hotel), algo que non se está cumprindo e que conta coa complicidade do Concello de Ribadeo, que non esixe que se cumpla. Tampouco existe o informe de impacto medioambiental, necesario nunha zona protexida. E ben sabido que os intereses particulares, personalistas ou partidistas son incompatibles coa defensa do público. E eses intereses comezan a facerse evidentes no momento mesmo no que o Goberno central de Rajoy decide levantar unha lei que prohibe a explotación dos faros para uso hoteleiro: a anulación de esta lei ten lugar en maio de 2015, mentras que as xestións privadas xa empezaran en decembro de 2013. É dicir, que cando saíu a noticia nos xornáis, en abril de 2015 o faro estaba ‘apalabrado’xa facía moito tempo.

A continuación foi unha odisea tentar de reunir información que xustificase as decisións das institucións ata o punto de ter que recurrir ao Defensor del Pueblo de Madrid, que chamou ás portas pertinentes para acabar dándonos a razón, aconsellou paralizar as obras do hotel e manifestou a necesidade dun informe simplificado de avaliación medioambiental. Puertos de Ferrol-San Cibrao comprometeuse a aportalo pero nunca foi presentado, e o Goberno local púxose de perfil. Nada cambiou, fíxose o hotel e pechouse a illa aos ribadenses. Despois comezou a tramitación dunha cafetería que abriu este verán por sorpresa, coa que, aseguraba a empresa promotora, abrirían a illa a todos, pero a día de hoxe, a illa segue pechada. O muro co que se atopa a nosa asociación é a falta premeditada de información nunha tramitación feita de irregularidades e de silencios.

Non entendemos por qué a illa está pechada na súa totalidade se a concesión comprende un espazo de 500 metros. Outra cousa que non se entende é por qué é necesario un hotel para abrir a illa a unhos poucos, e unha cafetería para abrila a todos, eso sí só nos horarios dos negocios privados que a ocupan.

 

No que se refire á cafetería, por exemplo, sabemos que contou coa licencia de obra. Soupémolo tarde e pola prensa, como xa é costume. Esa licencia foi acordada no período de confinamento, o ano pasado, é decir, en silencio, sen público. Entón fixemos alegacións, por exemplo lembramos que aínda non había estudo de impacto medioambiental e que a fosa séptica estaba sen legalizar (e iso xa dende os tempos do hotel), pero non foron aceptadas. Agora en vez da licencia de apertura existe a ‘comunicación previa’, unha declaración da empresa promotora na que asegura que todo está correcto. O problema é que o Concello de Ribadeo 5 meses despois aínda non formulou a acta de inspección municipal, que é como dicir que o cren cegamente.

Que dixo a Valedora do Pobo? O Concello responde as vosas cuestións ou demandas?

Hai unhas semanas decidimos recurrir á Valedora do Pobo para obter respostas. Sinxelamente, o alcalde de Ribadeo non contesta a ningunha petición de información pola nosa banda, e vémonos obrigados a dirixirnos á Valedora, que é a institución que garantiza a transparencia. Enton, recibimos un correo coas respostas do Concello pero sen a información que requeríamos. É dicir, limítanse a decir que todo está en orden, pero eles mesmos recoñecen que aínda non hai acta de inspección municipal, polo que non poden saber se todo está en orden. E esperpéntico.

Ou sexa, seguimos sen saber por qué non se respeta o acceso libre á illa, se os horarios de apertura da illa son os que se anuncian nas redes sociais e se foron autorizados, cómo se aplica a lei de Costas que especifica que non se pode pechar a beira do mar, se as obras realizadas e engadidos (varandas, camiños, terrazas, escaleiras, etc,) se axustan ao proxecto, se a nova actividade non engade riscos de afección medioambiental, se a fosa séptica segue sen legalizar,…

Así que, Por Nuestro Faro volveu dirixirse á Valedora para pedirlle que profundice nas súas investigacións no procura de estas informacións

O alcalde ou o equipo de Goberno non valora que o Faro e a Illa Pancha sexa un elemento histórico da vila e polo tanto de acceso libre?

E así, o Concello vai facendo tempo. O Goberno local de Fernando Suárez nunca fixo presión de ningún tipo, ao contrario, como pode verse non da información, non resposta aos nosos correos. Cando a noticia saiu nos xornáis en 2015, o alcalde declarou que poñer un hotel na Illa Pancha era un premio para Ribadeo e a súa contención urbanística no pasado. O problema é que o premio é para a empresa privada que a explota e para os clientes do hotel que non son de Ribadeo e que desfrutan da exclusividade dun lugar único. Nin promociona o turismo xa que ten o acceso pechado, nin da diñeiro a Ribadeo porque está lonxe do centro, nin crea postos de traballo, como é normal nun hoteliño de dúas suites.

Non o valora entón.

Non cremos que valore o faro como elemento histórico porque, como xa dixera nun xornal o 9 de xuño de 2017, a él dáballe igual que montaran alí un hotel, unha cafetería ou unha tenda de roupa, unha declaración que está moi lonxe de sacralizar o espazo da illa Pancha. Por outra banda, o acceso libre, contemplado na licencia de apertura do hotel e concedida polo propio Concello, non foi respetado nin garantizado. E agora permite que os horarios dunha cafetería decidan a apertura de toda a illa no verán. Pero para ser sinceros, o silencio e a opacidade co que trata todo o tema xa é proba suficiente.

Que lles parece a descisión da creación do hotel e da cafetería?

Cremos que a decisión de permitir a implantación dun hotel e unha cafetería é absolutamente arbitraria, que non respeta o que entendemos que non é explotable, un símbolo patrimonial, e unha zona protexida polas leis europeas, españolas e comunitarias. Pero aínda máis, o noso obxetivo como asociación é coidar dun ben público e servir á veciñanza. Por eso, e dado que as institucións non o fan, Por Nuestro Faro seguirá de cerca todo o que pase na illa e informará aos ribadenses pertinentemente da situación sempre que sexa posible.

Como se atopa agora mesmo? paralizadas as obras ou pola contra seguen adiante? Conta coas licenzas pertinentes?

As obras están acabadas pero nin sequera se sabe cal é o horario da cafetería nin si hai un horario oficial de apertura da illa, nin quen o decide, nin quen pecha ou abre a illa. Sabemos que está pechada aos ribadenses.

“Non cremos que o alcalde valore o faro como elemento histórico porque, como xa dixera en xuño de 2017, a él dáballe igual que montaran alí un hotel, unha cafetería ou unha tenda de roupa”

 

 

 

 


20210422

NOVIDADES SOBRE O ACCESO PÚBLICO A ILLA PANCHA. Nota de prensa Por Nuestro Faro

Aspecto actual do acceso á illa Pancha

NOVIDADES SOBRE O ACCESO PÚBLICO A ILLA PANCHA

Por Nuestro Faro

    Como xa temos informado ata a saciedade, o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de actividade para os apartamentos turísticos da illa Pancha o día 1 de decembro de 2017, despois de que a inspección técnica comprobase que naquela data, ás dúas da tarde a porta de acceso á Illa Pancha estaba aberta “de par en par”.

    Tamén temos publicado repetidamente que unha das condicións que poñía o concello era que o acceso público á toda a illa estivese garantido para os ribadenses e visitantes.

    Asemade lembraremos que nin a porta, nin a a ponte, nin os accesos aos apartamentos entraban dentro da concesión aprobada pola Autoridade Portuaria o día 30 de Xuño de 2015. A devandita concesión só incluía uns cincocentos metros cadrados a carón do antigo faro e pequenas parcelas colindantes. Ou sexa, non incluía os 4300 metros cadrados con vexetación da illa.

    Mesmo temos reproducido a publicidade da empresa concesionaria que anunciaba “toda la isla a disposición exclusiva” ou “una isla con acceso restringido”.

    Seguindo cos feitos comprobados, en xaneiro de 2019, despois de seis meses dándonos voltas no concello e tras recorrer á lei de Transparencia diante da Valedora de Pobo Galego, que obrigou ao concello a facilitarnos o acceso a esa documentación, puidemos consultar a parte do expediente que se refería á concesión da licenza de apertura e por primeira vez comprobamos, negro sobre branco, que unha condición básica para conceder esa licenza era que a porta estivese aberta ao público. Xa pasara mais de un ano, o concello tiña agochada esa información e a porta seguía pechada.

    Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o Sr. Alcalde non respondeu.

    O día 24 de xuño de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos mais significativos que avaliaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta seguía pechada.

    E houbo que agardar ao 3 de outubro de 2019, ou sexa 21 meses, para que o concello de Ribadeo notificase por escrito á empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao público a porta de acceso á Illa Pancha. En todo ese tempo o concello non moveu peza para defender os dereitos lexítimos dos veciños e estivo dando largas e apoiando o interese particular dunha empresa privada. E non só iso, ocultouse a información e todo seguiría no segredo dos papeis se non fose polas denuncias do noso colectivo. Folga suliñar que en abril de 2021, tres anos e catro meses despois de conceder a licenza a porta segue pechada.

    O motivo desta longa introdución é que nas últimas horas tivemos acceso a unha nova documentación, que non podemos publicar integramente por condicionantes legais, na que se constata que o concello está obrigado a tomar medidas eficaces para garantir aos veciños o libre exercicio do seu dereito a facer uso dos terreos non concesionados da Illa Pancha. Neste novo expediente, que por certo obra en poder do concello sen que o teña comunicado á opinión pública, aparece ¡19 veces!, negro sobre branco que a lexislación vixente esixe que o vecindario teña acceso libre a un espazo público e nós engadimos que o concello de Ribadeo non fai nada para beneficio e aproveitamento privado. En concreto trátase de un proceso xudicial, no que o noso grupo non tivo unha participación directa e do que non podemos dar mais datos polas limitacións anteditas, pero debemos informar de que temos o texto íntegro do mesmo, que solicitamos ao Xulgado nº 2 do Contencioso Administrativo de Lugo e recibimos no día de antonte e que confirma plenamente que a porta da Illa Pancha debe estar aberta ao público sin ningún tipo de restricións. Entendemos que o concello de Ribadeo ten a responsabilidade institucional e democrática de dar conta aos veciños de esta información por tratarse dun asunto público de interese xeral. E non se trata de compensar senón de cumprir a lei diante da veciñanza.

COLECTIVO POR NUESTRO FARO

Ribadeo 22 de Abril de 2021

20220818

Acceso á illa Pancha: teatro e realidade. Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro

 

Acceso á illa Pancha: teatro e realidade

(Nota de prensa AVV Por Nuestro Faro)

Dado que o Concello de Ribadeo está publicando notas con información nesgada sobre o asunto do Faro e da Illa Pancha vémonos na obriga de clarexar algúns puntos para dar unha información veraz á opinión pública.

1. O Concello de Ribadeo apoiou dende o primeiro momento a proxecto de privatización da Illa Pancha promovido pola Autoridade Portuaria, non só porque o alcalde o considerase «un premio para Ribadeo» (El País, 24 de abril de 2015). Hai outros exemplos, como unha carta á Autoridade Portuaria (08/06/2017, web do Concello) onde o alcalde escribe «Que quede claro, e digo outra vez máis, que nunca dixemos que alí non podía existir un hotel, que non podía existir unha cafetería ou que non podía existir unha tenda de roupa».

2. O Concello escribe á Autoridade Portuaria hai dous meses informando sobre o que todo o mundo sabe : que a porta da illa está pechada. Pero hai 7 anos que isto é así. Lembremos que en 2017 Fernando Suárez autoriza a reapertura do hotel tras as deficiencias técnicas observadas, e solventadas, segundo os técnicos. Nesta ocasión Fernando Suárez informa de que o promotor remataba de presentar unha terceira declaración responsable ademais de garantir o «acceso público á mesma Illa Pancha». Como sabemos o acceso público nunca foi respectado polo concesionario nin esixido polo Concello. Catro anos despois, o concesionario, coa apertura da cafetería decidiu abrir a illa en función de horarios ditados polo seu propio interese comercial, sen que iso supuxese o máis mínimo problema para o Concello de Ribadeo. Coa recente resolución da Autoridade Portuaria de abrir a illa ao público, o Concello acata -porque llo mandan expresamente- unha das condicións de apertura do hotel. Cinco anos despois da reapertura.

3. O Defensor del Pueblo informou á Autoridade Portuaria e ao Concello o día 16 de febreiro de 2016 de que o proxecto era ilegal porque lle faltaba o Estudo de Impacto Ambiental que esixe a lexislación vixente española e europea en zonas afectadas pola Rede Natura 2000. O Sr. Alcalde púxose de costas e consultou a súa opinión á Autoridade Portuaria que respondeu con evasivas e sen ningún argumento xurídico. O Defensor emitiu cinco informes máis (ata o 18 de outubro) ratificándose no seu informe inicial. A Autoridade Portuaria acabou recoñecendo que era preceptivo o Estudo de Impacto Ambiental pero non o realizou. O Concello seguiu poñéndose de costas e aínda aprobou o proxecto de cafetería o día 18 de maio de 2021, sen este estudo obrigatorio por lei.

Polo tanto o Sr. Alcalde non informa da realidade cando afirma que se seguiron os trámites legais. O que se seguiu foron as instrucións da Autoridade Portuaria pero non a lexislación vixente. Aínda máis, no pleno do 23 de marzo de 2017, no que estivemos presentes, o Sr. alcalde declarou que o Defensor del Pueblo podía ser un incompetente. Folgan comentarios.

4. O Concello segue defendendo o dereito da Autoridade Portuaria a regular as entradas e saídas e a concesionar un edificio do que non fai uso dende 1981, e ese é un asunto no que imos incidir, porque non hai ningunha norma legal que ampare o devandito dereito. Véxase o artigo “Los Faros españoles: evolución legislativa y régimen de utilización” (Angel Menéndez Rexach. Profesor emérito Universidad Autónoma de Madrid. 2021).

A AVV “Por Nuestro Faro” seguirá defendendo os intereses dos veciños de Ribadeo e dos visitantes a facer un uso totalmente libre da Illa Pancha porque é un dereito democrático e legal como temos demostrado en infinidade de ocasións. Sen ir mais lonxe a illa do faro de Tapia está totalmente aberta ao público sen ningún tipo de limitacións. Que nos expliquen por que alá si e aquí non, e deixen de xogar con radiais e querellas.

20220418

Ante a noticia da nova sentenza sobre o acceso á illa Pancha. Nota de prensa de Por Nuestro Faro

 

Nota de prensa de Por Nuestro Faro 

Ante a noticia da nova sentenza sobre o acceso á illa Pancha

 

        O día 14 de abril de 2022 tivemos coñecemento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do día 22 de marzo anterior, que desestima o recurso da empresa concesionaria dos apartamentos da Illa Pancha contra a sentenza do Xuzgado nº2 do Contencioso Administrativo de Lugo favorable ó concello de Ribadeo que esixía a apertura ao público da porta de acceso. Dito así semella que a illa estará aberta aos veciños nos próximos días, pero de iso non hai indicios. Para que se entenda a situación, debemos lembrar que o concello concedeu a licenza de actividade dos apartamentos o día un de decembro de 2017, ca condición expresa de que a porta estivese aberta ao público sen limitacións. Sen embargo, pese as reiteradas denuncias do noso grupo de que a porta seguía pechada, o Sr. Alcalde negouse a aplicar a lei, suspender a licenza e pechar os apartamentos por incumprimento das mínimas condicións de seguridade do establecemento hostaleiro. E aquí chegamos a un punto decisivo que tanto o concello como os tribunais de xustiza eluden sistematicamente pese ás denuncias do noso grupo: O peche sistemático da porta da Illa Pancha non só incumpre as esixencias da Lei de Costas sobre o dereito de acceso da veciñanza á zona de servidume de tránsito, senón o que é moito mais grave, a barreira que supón a porta a ambulancias, equipos de extincións de incendios e outros servizos de este tipo. Aquí debemos suliñar unha vez mais que a connivencia entre o concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria do Ministerio de Fomento para privatizar a Illa Pancha bordea nunha responsabilidade criminal en caso de accidente, incendio ou imprevistos similares. Por eso cargar as tintas agora sobre a empresa concesionaria, que naturalmente ten a sua parte de responsabilidade, non deixa de ser unha artimaña para eludir o nó gordiano da cuestión, que é a decisión política do concello de Ribadeo e da Autoridade Portuaria de privatizar a Illa Pancha a calquera custe. 

Imos facer un breve reconto dos feitos para poñer ao dia ao lector non iniciado. 

    1º- Entre 2013 e 2015 o Concello de Ribadeo e a Autoridade Portuaria consensuaron os procesos e os trámites para privatizar a Illa Pancha. 

    2º- O día 1 de decembro de 2017 o Concello de Ribadeo concedeu a licenza de apertura dos apartamentos ca condición de que a porta de acceso estivese aberta ao público en xeral pero a porta seguiu pechada, con aperturas intermitentes, de onde se desprende que o concello non fixo nada práctico por esixir o cumprimento das condicións da licenza. 

    3º- En xaneiro de 2019 os representantes de Por Nuestro Faro puidemos acceder por primeira vez ao expediente da concesión da licenza de actividade, despois de seis meses de reclamalo ao concello e vernos na obriga de solicitar a intervención da Valedora do Povo de Galicia, diante da negativa reiterada da administración local a permitirnos ter acceso ao expediente. Nesa data soubemos por primeira vez que a licenza de apertura estaba condicionada á apertura do acceso ao público en xeral. Pero xa tiveran pasado 13 meses e a porta seguía pechada e o concello non fixera nada para que se abrise. 

    4º- Os días once de abril e oito de maio de 2019, visto que a porta de entrada na Illa Pancha seguía pechada rexistramos sendos escritos no concello de Ribadeo dando conta ao Sr. Alcalde desta circunstancia, ao mesmo tempo que o puxemos en coñecemento da opinión pública. Só suliñar que o Sr. Alcalde non respostou. 

    O día 24 de xuño de 2019 formalizamos unha denuncia por escrito na Fiscalía do Xulgado de Mondoñedo polo recorte dos dereitos democráticos dos veciños, ao non permitirse o acceso a un espazo libre de uso comunitario, engadindo os documentos máis significativos que avaliaban os feitos denunciados. Ao cabo de poucas semanas a fiscalía confirmounos que a apertura da porta era preceptiva sen ningunha dúbida. Pero a porta seguía pechada. 

    Finalmente, o dia 3 de outubro de 2019, despois das nosas denuncias reiteradas e dos informes da Fiscalía, o Concello de Ribadeo notificou á empresa concesionaria a obrigatoriedade de manter aberta ao público a devandita porta da Illa Pancha. A partir de esta data a concesionaria presenta un recurso contencioso administrativo contra o concello no Xuzgado nº 2 de Lugo que dicta sentenza en abril de 2021, reiterando que a porta debe permanecer aberta con un informe no que se reafirma ¡19 veces! neste punto crucial, pero a porta segue pechada. Deseguido a concesionaria recorre esta sentenza ao TSXG  e agora temos a nova sentenza deste alto tribunal que é negativa para  concesionaria ademais de cargarlle as costas. Ou sexa doblemente negativa. 

    5º- Ao longo deste proceso, e agora ímolo reiterar, o noso colectivo ten esixido ao concello repetidamente que aplique neste caso a lexislación sobre incumprimento de licencias sen mais dilacións,  non so pola perda de dereitos dos veciños e visitantes senón o que é moito mais grave polos riscos de seguridade derivados do peche permanente do acceso a un servizo público.   Debe engadirse que hai outros moitos aspectos legais que deberan incluírse neste trámite, especialmente o cumprimento do estudo de impacto ambiental que esixiu o informe do Defensor del Pueblo de febrero de 2017, ratificado cinco veces máis, a falla de resolución sobre os verquidos á ría pola fosa séptica non autorizada, a falla de memoria económica de viabilidade do proxecto, a invasión reiterada dos espazos non concesionados, a falla de informe sobre as obras da cafetería e outra serie de puntos de dudosísima legalidade. 

    En resumen, a sentenza agora coñecida do TSXG só ven a ratificar e confirmar que as denuncias da Asociación Por Nuestro Faro, sempre se axustaron a dereito e sempre defenderon os intereses colectivos dos ribadenses, e mesmo que o concello non fixo mais que dilatar as decisións e agochar información para facilitar a privatización da Illa Pancha e impedir que os veciños e veciñas poidan desfrutar do seu dereito legal a entrar nese espazo cando lles pete. 

    En consecuencia, o noso colectivo esixe unha vez mais que se cumpra a lei e pregunta ao Sr. Alcalde por qué se manten unha actividade que incumple as condicións da licenza despois de catro anos e medio xenerando un risco evidente para a seguridade e dando pe a duas sentenzas condenatorias. 

AV POR NUESTRO FARO 

Ribadeo, 18.4.2022 


 

20170609

Puertos minte. Mentres, o concello co cú ó aire en Facebook (e Puertos tamén)

Puertos minte. É unha conclusión que se pode sacar da pouca información que chega do que di Puertos na última comunicación sobre a illa Pancha. A modo de notas rápidas para quen lea as notas dos xornais de onte:
   1.Non era de esperar unha rectificación dun organismo autónomo como Puertos, despois de pasar do tema legal estando sobre aviso e concedendo en exclusiva por unha concesión oficialmente de 500 m2 unha illa cunha extensión emerxida que pode supoñer case 20 veces máis.
   2.Puertos, segundo a prensa, non insiste tanto en que este todo perfecto (e menos argumentando) como en que pode pasar (porque si), dado o avanzado do desenvolvemento, sen contestar ós requerimentos de puntos concretos de Defensor e Por Nuestro Faro, mesmo mentindo e/ou ignorando cousas como que se escavou unha foxa séptica na illa mentras di que as obras foron interiores e non afectaron polo tanto ó entorno.
   3.E bótase sobre o concello dicindo que deu por bo o que facía portos, e agora o nega.
Mentres, o concello queda en ridículo ó verse o tipo de precintos que está a poñer (neste caso e noutros), permitir poñer prohibidos en terreo público administrado polo concello ou ó haber fotos que amosan que a xente entra no faro sen máis, en coche ou para facer fotos de primeira comunión ás que tanto o fotógrafo como ACISA dan difusión en Facebook e que, polo texto, sirven para promocionar o 'aloxamento turístico'. Por suposto, Puertos tamén queda en ridículo cando no contrato fala dunha varanda para as instalacións e nas fotos vese un neno desfrutando do faro (algo que querería todo Ribadeo), saltando normalmente sen que ningunha varanda estea feita, estando xa abertos -e pechados- os apartamentos.
Por poutra banda, ambas administracións ningunean ós administrados mentras ás veces parecera que se tiran os trastos á cabeza. Anda que non leva preguntado Por Nuestro Faro, aínda sen resposta cousas como como poden deixarse as chaves dunha illa en exclusiva cunha concesión de un vinteavo dela, ou onde está o informe de non necesidade de estudo ambiental -e non serve dicir 'non fai falta', como fai Puertos.
Hai máis consideracións, mais é cousa de ilas desgranando pouco a pouco. Hoxe, só algo solto, xunto coas notas de prensa de Por Nuestro Faro e concello (posterior á de Por Nuestro Faro, pois foi colgada ás 5 e media da tarde do xoves na web do concello).
a)Por Nuestro Faro:
NOTA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO SOBRE A RESPOSTA DA AUTORIDADE PORTUARIA 
En primeiro lugar a A.P tarda catro meses para respostar sobre un tema da maxima urxencia por razóns obvias.
En segundo lugar segue movéndose nun limbo xurídico, limitándose a rexeitar de plano as contundentes denuncias do Defensor del Pueblo que reproducimos literalmente a continuación:
“La ley aplicable a este supuesto es la Ley 21/2013 de Evaluación Ambiental (LEA) y no el texto refundido de la Ley aprobado por el Real Decreto Legislativo 1/2008 […]. Según el artículo 7.2 de la LEA, los proyectos no incluidos ni en el anexo I ni el anexo II que puedan afectar de forma apreciable, directa o indirectamente, a Espacios Protegidos Red Natura 2000 deben ser objeto de evaluación ambiental simplificada, conforme al procedimiento previsto en los artículos 45 y siguientes de la LEA […]. De aquí se concluye que:
a) No se ha tramitado el procedimiento previsto para la evaluación simplificada exigible en este caso, conforme a lo dispuesto en el artículo 45 y siguientes de la Ley de Evaluación Ambiental.
b) No se ha efectuado una evaluación sobre todas las repercusiones del proyecto atendiendo a los objetivos de conservación del espacio del Río Eo (Zona de Especial Conservación, ZEC) como exige el artículo 46 de la Ley de Patrimonio Natural y Biodiversidad (LPNB). Por ejemplo, no se han analizado las consecuencias sobre el espacio de cambiar la situación actual (un faro en desuso) por otra en la que las instalaciones se destinan usos turísticos y recreativos (hotel con cafetería); los efectos de las obras y de la presencia del público y vehículos sobre flora y especies de aves de interés para la conservación, etcétera, atendiendo a dichos objetivos de conservación, y especialmente los que motivaron la declaración como ZEC. Tampoco se justifica suficientemente en los informes ambientales recibidos que el proyecto no afecte de forma apreciable al espacio, valoración que igualmente debería estar referida a dichos objetivos de conservación.
El hecho de que el uso turístico sea autorizable en el ZEC, no exime de evaluación, como se desprende también específicamente del artículo 5.2 del Plan Director de los Espacios de la Red Natura 2000 de Galicia. No debe confundirse, por tanto, que un uso sea autorizable con el hecho de que deba ser evaluado. Una correcta evaluación de los impactos es decisiva, además, para la determinación de las medidas correctoras que deban adoptarse no sólo durante la ejecución de las obras sino también durante la explotación de la instalación turística, una vez que las administraciones se hayan asegurado de que el proyecto no causará perjuicio a la integridad del espacio en cuestión; o para la determinación de las medidas compensatorias procedentes, conforme a lo dispuesto en el artículo 46 LPNB y la adopción de los instrumentos de seguimiento.
[...]La Autoridad portuaria puede ordenar la paralización de las obras hasta que se complete la evaluación aplicando las normas de procedimiento administrativo común y en función del resultado de esta, favorable o no al proyecto,decidir sobre la pervivencia de la concesión otorgada; o también puede dirigirse al órgano sustantivo “en sentido estricto”, para que inicie la evaluación ambiental.”
En realidade a resposta da AP ven a confirmar que nunca se fixo unha avaliación do conxunto do proxecto e da sua actividade e que se limitou a un simple expediente de reformas ou obras desconecendo toda a normativa ambental vixente en Europa, España e Galicia.
Pola outra banda non se fai a mais mínima referencia a outras irregularidades denunciadas polo noso grupo respecto da concesión por vía directa dos 4300 metros da illa, a falla de informe económico de sostibilidade, e o incumplimento da lei de Costas en canto ao acceso libre dos veciños. En resumen, agardamos que o Concello de Ribadeo estude polo miudo os argumentos xurídicos do Defensor del Pueblo, así como as nosas denuncias baseadas no asesoramento da Sociedade Española de Ornitoloxía e outros gabinetes xurídicos.

b) Concello: 
FOI ENVIADO NAS ÚLTIMAS HORAS
Escrito á Autoridade Portuaria
08/06/2017
O alcalde, Fernando Suárez, envioulle un novo escrito á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao pedíndolle que garanta o libre acceso á Illa Pancha. O rexedor referiuse tamén ao pronunciamento efectuado por ese ente nas últimas horas sobre o hotel situado nesa paraxe: “alégranos que o procedemento de concesión estea ben, porque había preocupación na sociedade”. E lembrou que a Autoridade Portuaria tardou catro meses en emitir unha resposta a este respecto.
Fernando Suárez manifestou que "era tempo de que se producise ese pronunciamento, dado que xa van case catro meses desde que iniciamos a petición de respostas, e alegrámonos tamén que digan que o procedemento de concesión está todo ben porque había parte da sociedade preocupada en iso, e sobre todo entidades supostamente equidistantes do poder político como pode ser o Defensor del Pueblo, que estaba tamén absolutamente convencido de que había unha serie de irregularidades na concesión".
O alcalde declarou: "e polo tanto a miña obriga como responsable político municipal foi preguntar e transmitir estas preocupacións para asegurar unha situación xurídica que podía ser complexa".
O rexedor ribadense subliñou que "por outra banda, hai que discernir entre a concesión coa licenza de obra ou coa licenza de actividade. E en canto á actividade ese hotel segue tendo varios problemas que non están resoltos. Que quede claro, e digo outra vez máis, que nunca dixemos que alí non podía existir un hotel, que non podía existir unha cafetería ou que non podía existir unha tenda de roupa. Alí pode existir o que a normativa municipal prevea que pode existir, pero o que dicimos desde o Concello é que as actividades que poida haber alí débense adaptar ás normativas municipais de seguridade, de hixiene, sanitarias, de accesibilidade, de confortabilidade, etc…, na illa Pancha, na vila de Ribadeo, en Remourelle, en Rinlo, en Covelas ou en calquera das parroquias do noso concello".
Suárez Barcia pregúntase: "¿qué quero dicir con isto? Pois que a auga potable non se pode levar a caldeirados como se pretende, senón a través dunha tubaxe de auga potable da traída municipal e onde o interesado debe acometer as melloras que o Concello lle indica, por non estar adaptada a existente para un uso dun hotel. Igual que na illa Pancha, que na vila, que na parroquia de Arante ou que en calquera outro recuncho deste concello".
Fernando Suárez engadiu: "¿qué queremos dicir tamén? Que como puidemos constatar hai uns días nin a propia Policía Local puido entrar á illa para precintar a actividade, porque o concesionario non o facía, e téndolle que pedir autorización para entrar á propia Autoridade Portuaria. Isto evidentemente contrasta con que os establecementos públicos, como é o caso deste hotel, teñen que contar con libre acceso. ¿Cómo se non pode acceder a policía se hai un incidente?, ¿cómo se non pode acceder un servizo médico de urxencia se un usuario ou usuaria dese hotel ten un percance?, ¿cómo se non poden acceder os bombeiros se hai un incendio?. En definitiva aplicamos aquí o mesmo que a calquera hotel na vila, en Vilaframil, en Ove ou en Couxela, en calquera parroquia do concello".
O rexedor ribadense manifestou que "é por todo isto polo que lle lembramos á Autoridade Portuaria, a través dun escrito que saíu de aquí o día de onte, que máis aló do que eles concesionaran para o Concello de Ribadeo é necesario manter o acceso público libre, en especial para cumprir con toda esta regulamentación que acabo de indicar. Aquí na illa Pancha ou insisto, en calquera das rúas ou espazos da vila de Ribadeo, ou en calquera das rúas ou espazos das parroquias do concello de Ribadeo. A lei é para todos igual, están afectos tanto na illa como en terra, todo o mundo". 

O escrito dirixido a puertos, de lonxitude parella á nota, pode verse aquí.
Coido que está claro que o concello fixo con Puertos algo como 'se ti dis que está seguro, está seguro', e logo ' Seguro?', para volver outra vez con ben, 'se ti o dis, a min váleme'. Iso si, mentras, primeiro dise en pleno que os servizos xurídicos do concello non congtan, logo que segundo os servizos xurídicos do concello, e hai intento de 'personificación na causa' co Defensor del Pueblo, e logo de novo non se mentan os servizos xurídicos do concello para volver ó rego do que di Puertos sen a mínima análise.

20220528

Por Nuestro Faro responde ó grupo parlamentarIo do BNG. Nota de prensa 20220528

Por Nuestro Faro responde Ó grupo parlamentarIO dO BNG

Hai uns días, a AA VV Por Nuestro Faro dirixiuse ao BNG nacional para coñecer a súa postura como partido fronte á explotación privada de Illa Pancha, dado que participan activamente na defensa da Illa da Creba en Muros. No noso correo deixamos constancia da posición do Concello de Ribadeo como partidario da privatización de Illa Pancha e de que logo de mes e medio de dar a coñecer a resolución do TSXG, onde se di que a illa debe estar aberta ao público, aínda non sexa aplicada.

Un día despois, o grupo parlamentario do BNG respondeunos defendendo a legalidad do Concello pero sen dar unha resposta directa con respecto á política do BNG, supoñemos que por falta de información obxectiva sobre o tema, polo que nos temos dirixido de novo ao grupo parlamentario para matizar a nosa pregunta, aportar explicacións e enviar documentación.
De xeito moi resumido tratamos de explicar a situación en 4 folios.

Aclaramos que:

«a nosa pregunta non concirne a suposta legalidade ou ilegalidade dos trámites administrativos seguidos polo Concello, […]. Particularmente quixéramos saber cal é a posición política do BNG respecto da privatización da Illa Pancha, se non considera que os dereitos dos veciños son vulnerados como o foron na Illa da Creba».

Lembramos que:

«O nacemento do colectivo POR NUESTRO FARO, […] foi determinado pola evidente usurpación dos dereitos dos veciños a favor dunha empresa privada e ahí entra en primeiro lugar a decisión política do Ministerio de Fomento e a decisión política de apoialo abertamente dende o primeiro momento do alcalde de Ribadeo do BNG.»

Expoñemos que:

«No caso da tramitación do proxecto da Illa Pancha hai numerosas e evidentes irregularidades denunciadas repetidamente polo noso colectivo, […] notificadas ao Concello de Ribadeo e á Autoridade Portuaria repetidamente, sen que estes organismos adoptasen medidas eficaces para cumprir a legalidade.»

E citamos dúas cuestións nas que está directamente implicado o Concello de Ribadeo.

A primeira: «A falla de Estudo de Impacto Ambiental (polo menos simplificado) que esixe a lei 21/2013 de Avaliación Ambiental para proxectos en Zona de Protección da Rede Natura 2000. [...] Diante das demoras e incumprimentos da Autoridade Portuaria, o Defensor del Pueblo ratifica cinco veces máis os seus prantexamentos ata o 10 de outubro de 2018.[...]A actitude do Concello de Ribadeo foi someterse ao criterio da Autoridade Portuaria cando a competencia para conceder as licenzas era exclusivamente súa e intransferíbel».

A segunda: «refírese ao acceso á illa polos veciños, visitantes e medios de auxilio, emerxencias, ambulancias etc.». «O día 23 de novembro de 2016 o Sr. Alcalde declarou aos medios que non se podería conceder a licenza de actividade se non se establecía o acceso libre á totalidade da illa e o día 1 de decembro de 2017 aprobouse a concesión da licenza de actividade ca condición expresa de que a porta estivese expedita para o público en xeral. A realidade é que a día de hoxe, 24 de maio de 2022, a porta de acceso segue pechada (agás algunhas horas en días de verán por acceso á cafetería)».

E, no que respecta á sentencia do TSXG, facemos fincapé en que:

«As sentenzas non lle dan nengún respaldo ás decisións políticas do Concello nin xustifican a súa omisión de suspender a licenza. Sinxelamente, deixan claro que o acceso debe ser libre e quitanlle a razón a empresa concesionaria, pero a decisión política do Concello de Ribadeo de eludir a aplicación da norma devandita é independente das sentenzas xudiciáis, e forma parte das súas competencias ineludibeis.»

En resumen, a suposta legalidade á que se acolle o alcalde de Ribadeo para xustificar o seu apoio político deliberado ao proxecto de privatización da Illa Pancha é doada de desmontar sen entrar noutros aspectos sumamente dubidosos como son o desdobre inicial de proxectos, a tramitación con lexislación equivocada, a fosa séptica sen legalizar dende agosto de 2018 verquendo á Ria de Ribadeo (Rede natura 2000), a acupación da zona non concesionada polos usuarios dos apartamentos, a falla de memoria económica e a contradicción neste punto entre o proxecto inicial e o que foi aprobado posteriormente. En fin, unha riola de irregularidades como mínimo discutibeis que o Concello de Ribadeo pasou por alto e segue a pasar ca disculpa (suposta) de que non son da súa competencia pero evitando verificación dos feitos reais.»

Covadonga Suárez, en representación da AA VV Por Nuestro Faro


20170523

Un comentario propio e unha nota de prensa do concello, coa Pancha ó fondo

Portada do Concello de Ribadeo no Facebook, hoxe.

    Onte tivemos unha pequena xuntanza algúns dos membros que participamos en Por Nuestro Faro. As novas que van saíndo nos xornais en resposta á nova actitude do concello, na que comezamos a recoñecernos, anímannos. Recibimos asemade ánimos na rúa, de xente que caladiñamente estivo ó noso carón aínda que se mantivera apartada, e que agora abandoa o silencio tras recoñecer unha situación máis relaxada. Segue aumentando o número de peticións para participar no grupo de Facebook, principal expresión na rede... Dende hai xa máis de dous anos que o grupo se comezou a xestar, a idea dunha illa Pancha común, en harmonía co entorno e co que ten de símbolo para o pobo, segue inalterada. O traballo de procura de documentación, lexislación, asesoramento, seguemento do proceso, etc, foise estruturando pouco a pouco e segue nestes momentos nos que sentimos que aínda hai que facer para apoiar a quen está connosco.
    Queda a continuación a nota que onte apareceu na web do concello:
A ENTIDADE NON CONTESTOU AOS ESCRITOS ENVIADOS HAI MESES
Faro da Illa Pancha
22/05/2017
O Concello pídelle á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao a revisión da concesión para uso hostaleiro do Faro da Illa Pancha.
O Concello ven de pedirlle á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao a revisión de oficio do seu acto de concesión administrativa para instalación de uso hostaleiro no faro da Illa Pancha. O alcalde, Fernando Suárez, manifesta que esta decisión prodúcese a raíz dos pronunciamentos do Defensor del Pueblo nos que advertía de graves irregularidades na tramitación dese expediente por parte da Autoridade Portuaria.
O rexedor explicou que "acabamos de instar formalmente á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao para que proceda á revisión de oficio do seu acto de concesión administrativa para instalación de uso hostaleiro no faro da Illa Pancha. A Autoridade Portuaria é o organismo dependente do Ministerio de Fomento e é titular da Illa Pancha e responsable tamén da concesión administrativa outorgada no seu momento a unha empresa para a conversión dun edificio que está enclavado nunha parte da illa, o antigo faro, como uso hoteleiro".
Suárez Barcia sinalou que "esta decisión que acabamos de adoptar transcende desde o punto de vista administrativo, e ben dada a raíz dos pronunciamentos de hai meses do Defensor del Pueblo, e dos que tivo coñecemento este Concello, nos que advertía de graves irregularidades na tramitación dese expediente por parte precisamente da Autoridade Portuaria, fundamentalmente sinalando a omisión do trámite medioambiental".
O alcalde subliñou que "despois de que en dúas ocasións este Concello se dirixira formalmente á Autoridade Portuaria, concretamente o 22 de febreiro pasado e reiteramos un escrito o 29 de marzo, para pedirlle que aclararase esas supostas graves deficiencias de tramitación, e non tendo a día de hoxe resposta formal de ningún tipo pola súa parte, algo que nos parece inconcebible desde o punto de vista ético e legal, sobre todo".
Fernando Suárez indicou que "por todo isto debemos considerar que efectivamente o que manifestou o Defensor del Pueblo debe considerarse correcto. Polo que, aplicando formalmente un precepto da lei de procedemento administrativo, queremos instar á Autoridade Portuaria para que proceda á revisión de oficio por nulidade de pleno dereito na tramitación deste acto administrativo de concesión".
O alcalde ribadense engadiu que "agora eles estarán obrigados a comunicarnos a resolución que vaian adoptar, toda vez que desde o Concello queremos garantir a legalidade e a seguridade xurídica de todas as actuacións da administración e particularmente as que adopta o Concello de Ribadeo, co fin exclusivo de evitar, se fora o caso, prexuízos de imposible ou difícil reparación, como ben puideran ser as responsabilidades patrimoniais".