20211016

Ribadeando en Internet Archive e na Biblioteca Nacional de España

   Internet Archive é, como o indica o seu nome, un arquivo de internet. De xeito evidente, hai moito tempo que internet deixou de ser arquivable na súa totalidade, co aumento de material e os contínuos cambios ós que se ve sometido. Mais, dentro do posible, Internet Archive representa o que máis se parece á memoria de internet. E aí está tamén este blog, Ribadeando, xunto con outros proxectos irmáns ou achegados, FQRibadeo, Tentando educar, Feiras de Ciencia na Galiza, Publicado en Ribadeo...

   Hai tempo que me teño referido a Internet Archive no blog para diferentes cousas, e agora deixo o enderezo xenérico que o blog ten alí.

   En https://web.archive.org/web/*/http://ribadeando.com aparece o enderezo usado dende comezos de 2020, https://www.ribadeando.com/ , un agasallo.

   En https://web.archive.org/web/*/http://ribadeando.blogspot.com aparecen rexistros dende 2005 ata a actualidade, https://ribadeando.blogspot.com, aínda que agora mesmo algún navegador+configuración dá problemas de acceso a este último enderezo.

   Por último, a día de hoxe, ribadeando (en url https://ribadeando.blogspot.com) tamén pode atoparse recollido pola web de lembranza da Biblioteca Nacional de España en http://www.dl-e.es/openwayback/wayback/*/http://ribadeando.blogspot.com.

Ningún comentario: