20230618

A idade dos alcaldes de Ribadeo na democracia: Alcaldía de Ribadeo e idade

    A idade dos alcaldes non pasa a ser un dato máis, por moito que poda ser indicativo sobre o entorno no que se move e algún xeito de como fai as cousas. Non é a primeira vez que deixo no blog un gráfico sobre as idades dos alcaldes de Ribadeo. Aquí vai a actualización dos datos que teño (que non son os de todos os alcaldes) con previsión ata o fin do mandato que remata de comezar.

    Os once alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordenados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos que teñen datos sen cubrir).
    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende a chegada da etapa democrática. E en Ribadeo, aínda despois de ter o alcalde máis novo no 2007 e ter un novo alcalde tamén novo, parece que se vai incorporando á tendencia xeral.
    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a alcaldía foi abondo menos continuista que na actualidade; de feito, o mandato que recén remata completou 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da ditadura.
    Unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento (excepto o actual), polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
    E unha lista ata a actualidade:
    1979 - Mario Meira, substituído uns meses en 1981 por José Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato a partir de 1981 Antonio Martínez
    1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentres non se resolveu unha disputa de votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
    1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
    1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
    2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
    2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia
    2023 - Daniel Vega Pérez

--

Versión anterior (2019)

Eleccións municipais en Ribadeo:

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023

Eleccións municipais en Ribadeo (na Galipedia)

Ningún comentario: