20230614

92 anos atrás: Ribadeo, 1931

    De cando en vez boto unha ollada e exploro a páxina web do concello. Hoxe tocoulle á parte do arquivo, do que xa teño colgado algunha cousa en Ribadeando. Nesta páxina non hai que mergullarse moito para atopar o plano de Ribadeo de 1931 que deixo en baixo (pódese ampliar), xunto coa explicación que aparece na páxina. E, máis aló da explicación, o ver algo como a antiga estrada ou a estrada de Vilaselán e comparalas coa actualidade son cousas chamativas, aínda que non tanto como a superposición sobre o plano dun 'novo Ribadeo' de rúas perpendiculares e glorietas.

Plano de Ribadeo de 1931.

O Obradoiro de Emprego Doc Tic III dixitalizou e restaurou dixitalmente un plano de Ribadeo.

Foi elaborado polo enxeneiro municipal Antonio Barrera Ibarreche en 1931.

Polo mal estado de conservación no que se atopa as súas condicións de acceso son restrinxidas, pero permítese a súa descarga.


Ningún comentario: