Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta José Luis Trashorras. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta José Luis Trashorras. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20230618

A idade dos alcaldes de Ribadeo na democracia: Alcaldía de Ribadeo e idade

    A idade dos alcaldes non pasa a ser un dato máis, por moito que poda ser indicativo sobre o entorno no que se move e algún xeito de como fai as cousas. Non é a primeira vez que deixo no blog un gráfico sobre as idades dos alcaldes de Ribadeo. Aquí vai a actualización dos datos que teño (que non son os de todos os alcaldes) con previsión ata o fin do mandato que remata de comezar.

    Os once alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordenados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos que teñen datos sen cubrir).
    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende a chegada da etapa democrática. E en Ribadeo, aínda despois de ter o alcalde máis novo no 2007 e ter un novo alcalde tamén novo, parece que se vai incorporando á tendencia xeral.
    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a alcaldía foi abondo menos continuista que na actualidade; de feito, o mandato que recén remata completou 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da ditadura.
    Unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento (excepto o actual), polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
    E unha lista ata a actualidade:
    1979 - Mario Meira, substituído uns meses en 1981 por José Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato a partir de 1981 Antonio Martínez
    1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentres non se resolveu unha disputa de votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
    1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
    1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
    2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
    2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia
    2023 - Daniel Vega Pérez

--

Versión anterior (2019)

Eleccións municipais en Ribadeo:

Eleccións municipais 1979

Eleccións municipais 2003

Eleccións municipais 2007

Eleccións municipais 2011

Eleccións municipais 2015

Eleccións municipais 2019

Eleccións municipais 2023

Eleccións municipais en Ribadeo (na Galipedia)

20191215

A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade

    No seu momento, esquecín poñer ó día un gráfico curioso: o das idades dos alcaldes de Ribadeo. Aproveito agora para actualizalo de xeito parcial.

    Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos tos sen cubrir).
    O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende o advenimento da etapa democrática. E en Ribadeo, despois de ter o alcalde máis novo no 2007, vaise incorporando á tendencia xeral.
    A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a alcaldía foi abondo menos continuísta que na actualidade; de feito, o actual mandato completará 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da ditadura.
    Unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento, polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
    E unha lista ata a actualidade:
    1979 - Mario Meira, substituído uns meses por M. Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez
    1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
    1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
    1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
    2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
    2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia 

--

Versión anterior (2017)

20070601

Alcaldes de Ribadeo. Un pouco de historia

Por algo que non ven a conto púxenme a saber os alcaldes dende a época democrática en Ribadeo. Faltábame algún, pero coido que agora xa están todos.
1979 - Mario Meira, substituído uns meses por Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez
1983 - Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de votos impugandos en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que deixalo polo que parece por incompatibilidade coa Deputación Provincial e rematou o mandato José Luis Trashorras.
1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
Anotación posterior: 2007 - Fernando Suárez Barcia
Pois esa é unha parte da historia democrática de Ribadeo. Hai moitas máis. Por exemplo, se contamos as asociacións de veciños.
Nota moi posterior: homenaxe ós alcaldes democráticos de Ribadeo no 40 aniversario das corporacións democráticas (2019)

20200506

Artigos en Galicia Digital, ata o momento

Listados en https://www.galiciadigital.com/opinion/autor.189.php

20081229

José Luis Trashorras Méndez


Non se me dan ben as necrolóxicas.
Coido que se pode dicir del que era unha boa persoa.
Pero así non se lle fai xustiza para ter unha semblanza, necesaria para a súa lembranza ata o 28 de decembro de 2008 dende o seu nacemento en Meira. Fomos compañeiros varios anos no IES Porta da Auga, ata a súa xubilación no 2004, provinte do C.P.Gregorio Sanz (do que saiu no 1987 para dirixir en Comisión de servizos o daquela recén criado Centro de Adultos) e doutros centros máis pequenos en lugares diversos da xeografía galega.
Ten publicado "El Camino de Santiago", con D.L. no 2004, obra en verso e en castelán (como corresponde á súa especialidade) sobre o tema.
Tiña 64 anos.
Foi alcalde de Ribadeo dende marzo de 1985 ata o 1987 con maioría absoluta de AP, e en recoñecemento a ese feito as bandeiras están a media asta no concello. Á fronte da alcaldía promoveu o premio literario 'diadema de Ribadeo', que leva homenaxeado a varias xeracións de estudantes e visto nacer e medrar o interese de estudantes pola literatura.
En Ribadeo, ten sido pregoeiro do antroido (ver o seu pregón no ano 1998) e tamén das festas patroais no ano 2000. Asemade, no 2001, e xa como fillo predilecto de Meira, foi o pregoeiro na súa terra.
Ten participado no Consello da Caixa Rural Provincial, sendo secretario Xeral da Caixa Rural Galega.
A imaxe á beira é un pequeno artigo seu para a revista escolar 'Xerfa' para honrar a compañeiros no IES xubilados no 2002, xubilación que cando lle tocou a el o turno puido desfrutar pouco tempo.

20150504

Sic transit gloria mundi: Calvo Sotelo

    Onte, 3 de maio, fixo sete anos que finou Leopoldo Calvo-Sotelo.
    Onte, quizais non vin abonda prensa, pero diría que a súa figura esfumouse, a máis das esquelas como a que presento, da comarca do sábado 25 de abril.
    Lembro o que puxen no blog este mismo 4 de maio de 2008. Levaba por título 'A ver se me engano'.
    O pasamento de Calvo Sotelo coincidiu no tempo coa ampliación da Ponte dos Santos. E coa loita cidadá contra a nave macro en Mirasol. Multitude de xente como despedida ou como mirón dun espectáculo. Daquela aínda había quen dicía/apoiaba que non estabamos en crise.
    Anos antes fóralle concedido o Marquesado da Ría de Ribadeo, e como tal saiu na convocatoria de luto oficial nun BOE en domingo e con dous únicos artigos: o luto oficial e a concesión de honores a título póstumo.
    E un ano despois, Ribadeo fixo o seu recoñecemento. Viu Feijoo. E din conta da homenaxe. Ó contrario da homenaxe non feita ós irmáns Moreno.
Agora, anos despois, parece que a sombra se instala. Pasou a homenaxe e pasou o día, pasou a romería.
    En maio tamén cumpren anos os pasamentos de Hernán Naval e José Luis Trashorras. Non sei se terán esquela. No concello segue a cita na sala de plenos sobre que o pobo honra a quen honra ó pobo.
    Descansen en paz.