Polo momento está incompleto, pero xa é indicativo. A idea xurdiume despois de ver onte un artigo sobre o aumento de idade dos alcaldes a medida que se ía afastando o tempo da proclamación da Constitución Española, é dicir, do aumento da media de idade coa 'consolidación da democracia'. Quixen comprobar se en Ribadeo pasaba algo polo estilo. Xulgade vos mesmos o resultado, mesmo con lagoas de idades de varios alcaldes nun par de mandatos. A ter en conta que houbo un tempo no que a alcaldía foi abondo menos continuísta que na actualidade; de feito, os dez anos co mesmo alcalde que estamos a cumprir estes días representan o maior período seguido co mesmo alcalde en Ribadeo dende os tempos da ditadura, pasando de ter a menor idade de acceso a unha idade 'normal' entre os alcaldes ribadenses.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgjfbEzKemo6n5LGXaSSQOr68yxHMYr5h6tcsrDaIijO6Z0v7CD_Q9mWlC9QHD4XvcyvZHY1fc2SzSxdVbvFXSdYWEZHEjUG-YZurg-cMa2A7qh_r7QCRBtBh_tua-PLy9sJAviPQ/s1600/idade+dos+alcaldes+de+Ribadeo.png)
Pouco a pouco irei completando o gráfico coas idades que faltan. E unha nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de nacemento, polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos, cando lle falta un día para cumprir os 46.
--
Versión posterior (2019)
Ningún comentario:
Publicar un comentario