20210927

No camiño


   Sabido é que o camiño de Santiago representa para Galicia un icono, unha atracción e unha fonte de diversas cousas, entre elas, cartos. É por iso que non é unha novidade que sexa estudado e exposto de diversos xeitos. A exposición 'No camiño. As imaxes que viron os peregrinos' incide nesta liña de difusión e posta en valor do camiño de Santiago a través das imaxes doutros tempos. Imaxes que non só din do camiño senón de nós mesmos, do noso pasado e polo tanto, do noso presente.

   Hoxe foi a inauguración da exposición na Igrexa de Santa María do Campo de Ribadeo, onde estará ata o próximo luns 4 de outubro, podendo visitarse mañás e tardes os vinge paneis de que se compón. Paneis que abordan temas como 'De camiños e peregrinos: a axuda da técnica', 'De muros e valados: marcando límites' ou 'De xentes e de vida: de feira e de festa'. A exposición acompáñase dunha obra impresa que a reproduce para lembrar na casa.

Ningún comentario: