20210930

O desenvolvemento de Ribadeo. Ribadeo dinámico

   Onte, o eldiario.es publicou un mapa no que, collendo datos do catastro, pode verse o plano de alturas dunha poboación española calquera, en calquera ano dende o 1900 ata a actualidade. Collendo eses planos correspondentes a Ribadeo de 10 en 10 anos, do 1900 ata o 2020, fixen unha montaxe na que van aparecendo cada segundo os planos en orde correlativo (e volve comezar). Realmente pois, o que presento é só unha parte da información que se pode obter na páxina https://www.eldiario.es/economia/mapa-alturas-edificios-catastro-vertical-urbanismo-espana-vive-pisos-casas_1_8331375.html accesible para calquera, mais o aspecto dinámico dalle un aquel diferente.

   Usa un código de cores, que deixo xusto abaixo.

   As alturas póñense no plano que corresponde co ano de comezo de construción, e seguen nos planos sucesivos ata a actualidade. Hai que coller o conxunto como algo aproximado aínda que corresponda co catastro. Por poñer un exemplo, vese o cemiterio (non na animación que deixo, senón na web de eldiario.es) que aparece con 1 planta, que sería a planta baixa, cando en boa parte non levanta do chan nin medio metro.
   Por outra banda, os que aparecen son edificios que chegaron ata os nosos días, non contabilizando edificios que desapareceron.
   Unha última nota: as vías de comunicación que aparecen como referencia son as actuais.
   Que vos aproveite!

Coma outras veces, pódese confrontar as imaxes coas correspondentes a Vilalba.

Ningún comentario: