20211107

Ría de Ribadeo. Unha nota máis sobre o nome. Evaristo Lombardero

   Como ampliación e crarexamento da nota anterior sobre a tramitación do cambio de nome da Ría de Ribadeo por parte do IGN, imos aportar algúns datos mais. Véxase o parágrafo que reproducimos onte, agora mais ampliado:
 
"Con fecha 8 de julio de 2021 el IGN solicitó a la CENG informe preceptivo en cumplimiento con lo establecido en el artículo 24.3.a del Real Decreto 1545/2007, de 23 de noviembre, por el que se regula el Sistema Cartográfico Nacional. El 13 de septiembre, el IGN envió, para estudio de esaComisión Especializada, la documentación aportada por los interesados, así como el informeredactado por este Instituto, realizado en base a la documentación obrante en los fondos del IGN yla aportada por los interesados.
Sometida la cuestión a la deliberación de la CENG y su Grupo de Trabajo, esa Comisión decidió pormayoría que debía mantenerse la denominación «Ría del Ribadeo» como identificador geográfico y,además, considerar el topónimo «Ría del Eo» con carácter alternativo, es decir, oficial al mismo nivelque el identificador geográfico, y redactó informe en ese sentido con fecha 6 de octubre de 2021."
 
    Agora obsérvese o seguinte: Nas datas nas que o IGN tramitou eses escritos ca CENG o prazo de presentación de informes e alegacions polas partes interesadas estaba aberto e non se coñecia a data de finalización do devandito prazo. Só o día once de outubro, ou sexa cinco días despois de que a CENG emitise a seu informe, se nos comunicou ás partes interesadas que o prazo remataría 10 días hábeis mas tarde, prazo que logo foi ampliado outros cinco días a petición da Deputación de Lugo. Así pois o prazo de presentación de documentación e alegacións da partes interesadas rematou o dia catro de novembro, pero o informe da CENG, presuntamente redactado despois de estudar os informes e documentación da partes interesadas e que serviu de base á resolución do Director Xeral de IGN, foi emitido cinco días antes de que se fixase un prazo para a presentación de alegacións ,e un mes antes de que se pechase o devandito prazo. Resulta obvio que para proseguir neste expediente e que os pasos seguintes teñan un mínimo de credibilidade é imprescidible a dimisión do director xeral do IGN.
-- 
Algunha entrada anterior:
Ditame da Comisión de nomes xeográficos do Ministerio de Fomento en 2008

 

Ningún comentario: