20211124

Nova marca do concello de Ribadeo

    A falta de máis dun mes para rematar o ano, o concello xa batiu hai un par de días a súa propia marca de novas publicadas na sección da web no ano en curso, 348. Aparte doutras novas que se teñan podido difundir sen deixar constancia no apartado correspondente. 

    Deixo a continuación unha gráfica que amosa a evolución día a día do número de novas publicadas polo concello nestes últimos anos, coa liña correspondente a 2021 en verde clariño máis grosa que o resto (a medida que van pasando os anos, as liñas que os representan son máis grosas)

    A horizontal en verde clariño que se observa na parte superior dereita débese a que aínda non rematou o ano, e, no seu defecto, non se conta entón ningunha nova dende hoxe ata o fin de ano.
    A destacar que o único ano que racha a tendencia á alza en relación ó anterior é o de 2020, podéndose interpretar como outro efecto da pandemia.


Ningún comentario: