20211123

Homenaxe particular antifascista.

    Nos arredores do 20N deste 2021, a máis das misas por Franco coa bandeira golpista ou diversas manifestacións brazos en alto para saúdo fascista, diversos medios activos en investigacións sobre 'o réxime', o nazismo, a ultradereita... teñen sufrido ataques continuados que os deixaron total ou parcialmente fóra de xogo, coas perdas non só económicas que a desaparición da vista na rede leva consigo. Deixo esta pequena entrada coma homenaxe particular ós medios dos que teño noticia que foron tumbados. Pode que sexan máis, mais istos polo menos sono. Sirva o anuncio, se queres, a propaganda das súas ligazóns como mínimo apoio e compensación pola súa desaparición temporal -esperemos- da rede.

https://www.lamarea.com

https://www.elsaltodiario.com

https://kaosenlared.net/

https://www.laultimahora.es/

https://arainfo.org/

    Remato de tentar acceder, e cando esto escribo tres dos cinco sitios están caídos. Dentro dun pouco, poden ser todos. Ou ningún. Mais sexa como sexa, aquí quedan as ligazóns e apoio ante algo que non debera ocorrer.

Ningún comentario: