20111029
Concienciándonos para o 20N
20111012
Interpretacións
Na vida preséntanse moitas situacións con intepretacións múltiples. No día 'da hispanidade', 'da raza', 'do Pilar', 'do descubrimento de América (daquela aínda non se lle chamaba así, nin se sabía o que era)', 'da apertura dunha nova rota de Indias', etc, unha foto:
![]() |
| O sol, onte pola tarde, antes de poñerse tras o Mondigo |
... unha grúa solitaria destaca sobre as casa de Ribadeo ... No blog aparece algunha foto con máis de vinte no mesmo horizonte, hai uns anos.
20111104
Eleccións? Si, pero a vida segue
O ramal de FEVE que ía levar a pasta de Ence a Xixón retrásase un ano máis. As primeiras novas situaban a súa finalización o pasado ano, pero despois de varias rectificacións, parece que a última data sitúao a comezos de 2013. Mentras, o tráfico seguirá por Ribadeo na súa totalidade. E o mantemento da ría, segue como está, con movemento relativamente pequenos aquí e aló, dos que o último é onde se vai depositar a area que se saque do dragado.
Coto, valorando a presentación dun ERE. O dedo acusador apunta a débedas dos concellos, que non especifica cales son.
E o problema do ruído aínda non se solventou en Ribadeo, como apunta unha resolución aparecida onte no DOG.
As eleccións? O sistema non parece asegurar que amañen moito. E aínda que hai que encher espazo e ocuparán tempo nos medios, moito, o desencanto nótase. As alternativas? Tentan presentarse, pero a ilusión parece cousa de contos de fadas, non da realidade.
20211123
Homenaxe particular antifascista.
Nos arredores do 20N deste 2021, a máis das misas por Franco coa bandeira golpista ou diversas manifestacións brazos en alto para saúdo fascista, diversos medios activos en investigacións sobre 'o réxime', o nazismo, a ultradereita... teñen sufrido ataques continuados que os deixaron total ou parcialmente fóra de xogo, coas perdas non só económicas que a desaparición da vista na rede leva consigo. Deixo esta pequena entrada coma homenaxe particular ós medios dos que teño noticia que foron tumbados. Pode que sexan máis, mais istos polo menos sono. Sirva o anuncio, se queres, a propaganda das súas ligazóns como mínimo apoio e compensación pola súa desaparición temporal -esperemos- da rede.
https://www.elsaltodiario.com Remato de tentar acceder, e cando esto escribo tres dos cinco sitios están caídos. Dentro dun pouco, poden ser todos. Ou ningún. Mais sexa como sexa, aquí quedan as ligazóns e apoio ante algo que non debera ocorrer.
20111019
Non é que non teña ideas; é que se as explico, perderei as eleccións
Estes días, lendo 'Mando a distancia' de Lorenzo Abadía (un libro que me recomendaron, me prestaron e recomendo; aquí, a versión pdf) puiden ver un pouco de teoría sobre representación política e pensar cun pouco máis de profundidade en quen e cómo dirixe a sociedade. E, dentro do que cabe, coido que se pode dicir que o sucedido con Durán é un mal menor, unha cousa de pequenos, unha trastada fronte o funcionamento xeral. A quen lle seguirá parecendo que o 15M son perroflautas e anexos?
20110824
Cambios 'de última hora'
O primeiro, manifestouse branco sobre negro algo que se colara sen detección nin comentario subseguinte por parte de ninguén coñecido (alomenos, por min), unha variación na lei que indica que os partidos extraparlamentarios deben recoller sinaturas para poder presentarse ás eleccións, en cantidade relativa co censo da xurisdicción: o 0,1%, pero en 20 días. Parece pouco, pero non o é. Non é o mesmo votar dentro dunha estrutura xa articulada, para todo o mundo, que recoller sinaturas dende unha micro estrutura. E poñéndolle impedimentos, por certo: puiden comprobar como a un determinado partido se lle permitía poñer unha mesiña na rúa para recollida de sinaturas un día e non ó seguinte, por exemplo. De novo, unha cousa así favorece ós partidos grandes e tenta cortar a introduccción de cambios vía novos partidos. A disculpa? Económica, e para facilitar a limpeza electoral (limpeza en canto a que se hai menos partidos, veriase máis claro a quen votar, on menos intromisións)
Despois, un acordo para unha reforma partidista da constitución. Partidista no sentido que sería a reforma en base únicamente ó acordo dos 'grandes partidos', sen consulta ó pobo. En contra dos debates pra a reforma en profundidade d constitución, nos que e debatía non xa a refoma, senón tan só a portunidade dunha reforma, agora un apretón de mans entre dous señores que en teoría representan a case todo o mundo, e listo (por suposto, en teoría: súmense os vots e verase que lle falta moito para ser tan representativos despois de saír das urnas, e moito máis despois das derivas que collen apartándose dos mandatos dos votantes). E para facer que? Non para dar máis dereitos, senón para poñer máis cortapisas á (posible) actuación económica do estado: un teito de gasto. Lembras a que se armou a nivel mundial hai menos dun mes nos EEUU? Pois algo semellante á causa do xaleo. En troques de introducir racionalidade e retorno dos fondos inyectados ó sector privado ou variación para que non pague menos impostos quen máis gana, isto, que é evdente que permitirá elevar o teito de gasto cando haxa que salvar á banca pero non cando a consecuencia diso haxa que sacar cartos de educación ou sanidade.
A aínda máis, reforma da contratación laboral (a peor, claro): contratos de formación ata 30 anos e encadeamento de contratos temporais. é dicir, contratos máis precarios. Iso si, suavizando as palabras.
Engadido: páxina para congtribuír a avalar partidos ra a súa presentación ás eleccións: http://www.yoavalo.org/p/27 (en Lugo; noutras provincias, cambiar de páxina a partires desa mesma)
20110809
Enterádevos: a revolución xa ten comezado
A conto do 15M moito se ten escrito, moitos noivos lle teñen saído, que logo na mior parte dos casos sentíronse despechados sen ter chegado ó noviazgo en ningún caso. Moitas veces se ten dito que o 15M acábase, e moitas ten continuado. E adaptado. E adoitado por máis xente, que sentindo que non comparte todo (ideas, actitudes, métodos) cos outros participantes do movemento, cada vez ve máis craro que comparte moitas cousas, máis das que o separan. Tense visto asamblea tras asamblea.
E mentras, o movemento pasou a ser europeo para ser mundial, sumándose con outros movemento nados noutros lugares, algúns téndoo como referenza, outros como un compañeiro máis. Diriamos 'compañeiros de viaxe' senón fora porque tamén neste caso as ideas, pero tamén as actitudes e os métodos, difiren en parte, pero son compartidos na súa maioría. En tódolos casos, comezaron por ser invisibles para forzar a súa visibilidade, e logo, o seu protagonismo e quedar a súa presenza a longo prazo.
E vese un futuro: a loita. Que pase de pacífica a violenta, como remarca E. Dans na súa entrada de hoxe, depende de diversos factores, pero dende o primeiro momento sábese que pode variar por un -por un só, con moitas posibilidades diferentes para ise 'un'- motivo. Pero sempre, contínua.
Mentras, o movemento vai voltándose máis extenso e asumindo tarefas, diversificando, e calando máis na xente. Aí están a jmj ou o 20N como próximos obxectivos cos que interactuar, pero sobre todo a mensaxe de que o movemento non se para, porque segue a medrar, a dar ideas, a ver as posibilidades de futuro, a sentirse sociedade, a sociedade.
Na Mariña, con retraso respecto ó centro, o movemento segue avanzado. Non en liña recta, que un camiño non é unha liña, senón unha superficie alongada que mesmo pode dar curvas apra sortear obstáculos, pero avanzando. Por exemplo, poñendo na rede máis información cun novo lugar en internet para indignados A Mariña, despois do blog. Sabendo que a rede non é máis que unha parte do mundo real. E tendo á vista que unha revolución non ten por que ser rápida nin violenta, aínda que poda ser calquera das dúas cousas, mesmo forzada a ser as dúas.
