20090307
Unha semana
Ogallá as cousas sempre foran tan rápidas: pouco despois dunha semana despois de que o alcalde lle tirara das orellas a fomento nos medios de comunicación, ten a palabra de amaño dos desperfectos que se poden observar a conta da autovía no concello. calro que polo momento só é a palabra, pero algo é algo, cando a visita se produxo despois das eleccións. Do que non dixo absolutamente nada é da entrada a Ribadeo polas glorietas de Vilaselán cando se ven de Galicia... parece que xa non é cousa de eleccións nin de compromiso. Sinxelamente, nonentra dentro do saco da autovía o ter aí unha saída ata dentro de moito tempo.
Unha nota última: debido a unha nota sobre a homenaxe a Calvo Sotelo (do que hai un boceto polo que parece, pero non se sabe aínda como vai a chegar a termo), a aprece unha referencia na Voz de Galicia ao Tesón e á última asamblea. Coido convinte que se se le a nova da voz, (por outra parte, abondo informativa), se lea tamén a parte final da referencia á Asamblea xeral no blog de O Tesón. Seguindo con isa mesma nova, ofrece un boceto de como será o altorrelevo de homenaxe.
e seguen caendo as novas sobre ruído. Burela aprobou a ordenanza municipal sobre contaminación acústica mentras que ribadeo a eliminou do último pleno e no sei se a meterá neste próximo (que tocaría o día 9 pero que se vai retrasar ó 16 polo que parece). Non sei como está redactado nin como será a súa aplicación, pero hai non moito (a outra semana) que se pechou un local e saltaron á prensa as protestas dos propietarios. Atención á argumentación da protesta tentando de evitar o peche: non que non se mereza, senón que outros merecían máis ese peche, por estar colocados en posición de peche dende hai máis tempo. Da unha idea do tipo de razonamento que se emprega moitas veces no funcionamento destes locais, e mesmo polos institucións que deberan vixiar. Exemplos teño. Sen ir máis lonxe, habería que ir ó razoamento que fai que aquí en Ribadeo se anuncien na páxina do concello establecementos que acumulan deceas de denuncias documentadas sobre ruídos a parte doutros incumprimentos dende seguridade a estrutura do local.
A imaxe terceira, algo no que me fixei antonte cando tomaba as fotos do estado actual do Xardín de Sela, o que se pretende 'xardín de Indianos' (as dúas primeiras). Un edificio rematado hai non moito que acumula visibles dende o exterior cinco avisos de venta de pisos, máis os baixos. Só ahi un ano sería impensable tal cousa.
Publicado por
agremon
ás
3/07/2009 08:20:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
O Tesón,
política,
ruído,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario