![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiP9dyAoveY8R1zVH0eKbEsm94tS0OpvApWfR9np1PKMpGVnEOUlkDLv3ct0s2wclRXCU1-CWVunnYEbtofaJYTbE8BdO1GASQjf4l_uK85H4KtWpdCGraELQoWmZieXmyn808H/s400/Ernestina+Mansilla.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEja2Z2Y9YdcWMQ-G6ul84LMkjCGaUq_jy97sXdWt87nvXofpGv8pogz-GSIEehXXZGB-L0tMn7r7hDKm5K9bydtfJL2P_g_LpUcMjWgvXxLJAF-aebt_BRq0pr6v3Ne0TO5bgy_/s400/Amadora+su%C3%A1rez+Couto.jpg)
Hoxe é a estrea da película 'Os mortos van á présa', logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine.
O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre Buenos Aires e Amador Fernández, e Amadora Suárez Couto ó tramo entre Daniel Cortezón e o aparcamento municipal (ambas fotos do Sigpac á beira e ordeadas, centradas nas rúas e sinaladas). Ambos viales terán nomes propostos por diversas asociacións nunha xuntanza do Consello Sectorial da Muller. Quedan outros viales pendentes de nomear, polo que é de supoñer que pronto haberá máis incorporacións ó nomenclátor local. Queda tamén unha referencia a Ernestina Mansilla que resulta quizáis negativa: "Había además en Ribadeo una Fundación Clemente Martínez, escuela graduada, con su capilla aneja, en cuyo frontis y grabadas en mármol están las palabras evangélicas: «Lo que hicisteis con uno de estos pequeñuelos, conmigo lo habéis hecho». Pero la fundación fue suprimida para estos efectos por los herederos de doña Ernestina Mansilla, y desde entonces la enseñanza pública queda servida de precario. Ribadeo tiene instituto, tiene franciscanos; pero sólo hay dos escuelas de niños y una de niñas. La Junta de Enseñanza Municipal pide un grupo escolar.", referencia publicada o 25 de decembro de 1929 en "El Sol" de Madrid e logo en forma de Libro, titulado "Viaje por las escuelas de España". Por certo, algo ben diferente do que ocorre hoxe, con gastos por cada adolescente ribadense da orde de 8 000 €/ano para a súa formación.
Mentras, está selándose xa a última zapata da Ponte dos Santos, nunha actuación que entendo estaría prohibida por Medio Ambiente, igual que outras semellantes efectuadas na Ponte. Pero 'estaría' non é efectivo.
Un apunte sobre o tema dos nomes: enviarei un escrito ó concello polo tema do nome da ría en Google maps. Gor particular, hai tempo que enviei debidamente a referencia para que fora corrixida, pero nin caso. E hai tempo que falei delo tamén a responsables do concello, e tamén nin caso. (ver os dous mapas de Google de abaixo na opción ampliada)
Visualizar o mapa ampliado
Visualizar o mapa ampliado
Ningún comentario:
Publicar un comentario