20220408

Sexta concentración pola paz en Ribadeo

    Onte, xoves 20220407, tivo lugar diante da Casa do Concello a sexta concentración pola paz. Deixo algunha foto de Suso Fernández, como testemuña das ata 25 persoas que acudimos, o que foi dito polo altavoz (Evaristo Lombardero, Antonio Gregorio, José Ángel Salvatierra), que non tapa os horrores dunha guerra, e un primeiro aviso que alí se deu: o martes próximo, 12 de abril, ás oito da tarde na Casa do Mar terá lugar a charla pola paz impartida por Gonzalo Moure.




Ningún comentario: