20090802

Xira

Escoitando na rúa as gaitas, leo na prensa os premios do festival On/Off, mentras as rúas están repletas e en Santa Cruz acumúlase a xente para a xira presentada onte, nun discurso non ó uso que espero meter en breve no blog.
Entre outras cousas, falou de que xira non viña de xirar (xa se verá cando esteña o discurso de onte no blog), se ben cando me enterei do significado da verba 'xira' (bonita, xeitosa, en linguaxe coloquial da xente nova posterior ó comezo da celebración ribadense) en portugués, a asociei de xeito indeleble á celebración de Santa Cruz.

Ningún comentario: