20090822
A ría de Ribadeo en baixa
Sabendo que hoxe (sábado 22 de agosto de 2009) era unha das mareas máis vivas do ano, fun aproveitar para coñecer un pouco mellor a ría.
Segundo se pode ver na toma de pantalla do wxtide, un programa de predicción de mareas, en realidade a baixa desta mañá de sábado (0,24m) era un pouco menos viva que a da noite pasada (0,14m), ó revés das altas, na que a maior era ista tarde. O malo foi que a vella cámara quedou sen pilas cando pode dicirse que estaba comezando a labor, o que fixo que me quedara sen moitas tomas que quería facer.
As fotos están ordeadas segundo están tomadas: dende o centro camiño dos bloques polo Parador. A primeira é unha toma do sixpac con números para comentar ó non poder obter tódalas fotos que quixera, números que seguen noutra de abondo máis adiante (en ambos casos, é convinte ampliar a imaxe para poder velos).
O 1, marca un profundo oco por baixo das escaleiras dos bloques, oco que continúa cara ó 5 e máis aló, e manifesta como se está a afundir toda isa zona, escapando a area por baixo das escaleiras (entre outras zonas) como ocorre en 2, o que da lugar a un tumultuosos rego que corre por 3 ata atoparse en 4 con outro con maior fluxo aínda e que vai serpenteando polo muro de rochas ata a praia de bloques, sen apartarse moito en ningún lugar, pois o mesmo que se ve saír auga polos escalóns finais das escaleiras, é de supoñer que saia noutros lugares das rochas.
Hoxe podíase observar na zona 6 rochas (supoño que restos da construcción do peirao) aproximadas ó muro do peirao, e ben diferenciadas da area que cobre a zona contigua, que se diferencia ben da zona de algas na foto e apréciase asemade a diferencia coa zona de lama máis cara á beira.
O 7, é a zona de beira onde se pasa de non ter case inclinación a unha inclinación da area debida ós desprendementos que van parar á canle dragada á beira do peirao. Ista zona case segue unha curva con centro o pico sur de Mirasol.
A primeira das fotos é unha vista sobre o peirao, onde se aprecia o tesón de Mirasol en boa parte da súa extensión, na que puiden comprobar que, sen mollar en absoluto o corpo, chegábase a ver perfectamente a parede norte das naves, a mesma que se ve na foto.
A segunda, dende o mesmo lugar, amosa case toda a extensión do tesón de Castropol, que é o que menos sobresae dos da zona. Parece que o tesón 'empuxa' as embarcacións cara ó peirao castreño.
A terceira amosa a area na enseada la Lieira e a parte sur do tesón das Figueiras, zona onde se pode ver os cultivos mariños e a unión en marea baixa entre o tesón e a area da Lieira.
Na seguinte, a cuarta, vese o límite entre as dúas fotos anteriores.
A quinta enfoca a zona da Lieira, vendo a zona norte do tesón de castropol e a alineación de cultivos.
A sexta amosa Castropol dende o Paruqe do mineral, achegando a imaxe e confrontando a escasa amplitude da pasaxe entre tesón e peirao.
A sétima enfoca o fondo a ría nunha posición semellante á última, que será comentada logo.
A número oito achega a escea co detalle da 'península' que ten o tesón na zona suroeste, fronte á Vilavella. Asemade pode verse o entronque da canle oeste da ría coa canle principal, así como dirtinguir o manexo de recolectores no tesón.
Nove: a unión entre os tesóns da Vilavella e de Mirasol, en dúas fotos (unha delas con numeración), onde se pode ver a anchura da canle principal nese punto, e a lingua de area que une ambos bancos (nº 8), que cando xa comezara a subir a marea aínda pasaba dos setenta e cinco metros, e que permite o paso entre ambas zonas a pé nas horas de mareas baixas normais.
O nº 9 sinala unha zona de irregularidades na superficie do tesón, con area pouco consistente e charcos encerrados no seu interior. Contrasta coa dureza doutros lugares deste tesón.
O nº 10 indica unha zona do tesón de Mirasol que está comezando a ser colonizada por vexeración, que forma pequenos montículos.
Iste tesón ten uha consistencia abondo máis homoxénea que o ada Vilavella, e a súa altura máxima (aproximadamente no punto nº 11) é de 1,4 ou 1,5m sobre a marea mínima, isto é, comeza asomar cando a marea está uns 50-60cm por baixo da media.
Nestes tesóns a zona de baixada pronunciada está ó oeste, notándose especialmente na zona do pto. nº 11, a máis achegada ó peirao e a que máis sofre de derrumbes nos dragados.
Na foto dez obsérvase máis en detalle a zona de unión dos tesóns.
A penúltima, a once, amosa a mesma zona, pero agora enforntada á zona de lama dos bloques, onde se ve o debuxo das canles de desaugue que liberan a auga non só da lama do fondo, senón a que se acumula na area baixo a explanada de herba, o que o mal estado da beira norte de dita explanada.
Na seguinte e última, a décimosegunda, vése unha toma entre os bloques e o fondo da ría, tomada dende o parque do mineral. Apŕeciase que o tesón da Vilavella cambia de estrutura a medida que se mete más cara ó sur, pasando a estar con vexetación. Asemade, vése a liña que forma a costa con esta marea, aliñada co espolón da praia artificial, e formando un entrante que chega a conectar polo fondo por unha estreita canle co brazo principal de ría que vai cara á Veiga.
E, o próximo ano? Verase...
Publicado por
agremon
ás
8/22/2009 02:30:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
Medio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario