20090809
Unha obra rápida
Hoxe tomei unha foto dunha obra que bateu marcas de rapidez en Ribadeo: a que remata de facerse para substituír o chan da praza do mercado, realizada entre mércores e mércores a zona norte primeiro e entre mércores e mércores a zona sur despois.
Xa teño falado de que pode ser dubidosa a necesidade do cambio de chan, pero coido é innegable tanto a rapidez, sen distorsinar o mercado semanal e permitindo esta mesma mañá o mercado dos domingos, como o resultado dun chan liso e con ocos para as árbores ben delimitados (en realidade, sen rematar aínda nese sentido a suxección das beiras), a partir de rectángulos separados sobre un entramado de ferros que fai a obra consistente, a parte de agradable.
Publicado por
agremon
ás
8/09/2009 11:59:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
arquitectura
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario