20090221

Unha vista recente


O Parque de indianos, polo momento, é novidade. Aquí, unha vista desde ó seu interior á rotonda futura (hoxe aínda non é rotonda, senón cruce), casa do Óptico e Vía Transversal. Tamén se pode observar algo do estado no que xa está a fonte/estanque.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Agremón, ¿que galego practicas tí?

Moitas veces teño moitas dificultades para leer os teus comentarios.

Por exemplo: "rotonda futura". En galego escríbese: futura rotonda.

agremon dixo...

... pois non sei que galego practico. Tento de facelo máis ou menos axeitado ás normas, pero tendo en conta que comecei a falalo antes de que houbera normativa oficial.
En canto ó caso da rotonda, coido que se pode discutir polo significado que pretendía, pero si, máis común é o que ti dis.