20090202
Charla coloquio
Estaba anunciado como charla coloquio, pero foi un mítin. quizais non queda bonito chamalo polo seu nome na precampaña, pero... os que esperabamos que houbera algo de coloquio saímos preguntándonos porque non o houbo. E, unhas cousas levan a outras, aínda que o BNG comezou o acto vinte minutas tarde, tampouco ninguén dixo nada do retraso. O certo é que, en particular Quintana, falaron ben, claro e con liña, sen arrebatar, pero tratando firmemente de convencer. De calquera xeito, ó non ter a ninguén fronte de si, a min sempre me queda a dúbida. Así, falaron de que cando os empresarios van fóra (a outro lugar de España) non teñen ventaxas por estaren sufrindo aquí os mellores vales inundados para producir electricidade, e que polo tanto, era cousa de cobrar xa en orixe. Pero non de que Industria é unha consellería levada polo partido e que agora mesmo (periódico de hoxe), o tema do temporal aínda non se solucionou en toda Galicia. É un exemplo, que non pretendo facer nin apoloxía nin denigramento, máxime tendo en conta que hoxe o PSOE ten outro acto (tampouco mítin) que a bo seguro será semellante e, se vou, algo terei que dicir. En todo caso, despois de comparar.
Nun mítin, parece como se quedaran cousas na sombra. por iso quedan a sombra de Quintana (arriba) e do alcalde á beira. Asemade, a presentación é importante: queda o esceário preparado e a lembranza de cando a farándula de 'Os mortos', a luz non cubría todo o esceário, quedando parte na penunbra. E queda un detalle do cine teatro, do teito, que aproveitei para deixar mentras estabamos a esperar...
Publicado por
agremon
ás
2/02/2009 07:26:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
política
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario