20090201

Dúas fotos e un aviso

Onte foi a Asamblea de O Tesón. En breve aparecerá a acta correspondente, pero de pronto, está xa a acta aprobada onte.
Á beira, unha foto da que quedará nostalxia, o aviso da Innovación de que pechan, e por iso liquidan. Xunto ó cartel de aviso, un traxe de noiva. O peche está programado para marzo, polo que escoitei.
A outra foto un xerador. Está aínda ahora, a medio día do domingo no sitio que se ve, na rúa Pasarón, preparado para se anoite houbera vendaval. Pregúntome eu cómo deixa o concello, sen solucionar os ruídos da noite, que se instalen, mesmo precautoriamente e estando xa na OMIC reclamacións por perdas da fin de semana pasada a pesares dos xeradores funcionando, xeradores que veñen a aumentar o ruído. Por certo, non se encenderon, pero houbo ruído e os incumprimentos típicos como o de ter música na hora de desaloxo. típico tamén, o concello desaparecido.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Non entendo que segan se poñer solucions tódolos partidos que pasaron polo concello. Ou pensan que non e un problema ou estan máis untados que a nocilla ou non sei que pensar